A Consellería de Vivenda e Solo, dirixida pola nacionalista Teresa Táboas, vai iniciar unha "estratexia de recuperación" que inclúa a rehabilitación das vivendas e a "revitalización económica e social" na comarca do Eume. A directora xeral de Fomento e Calidade de Vivenda, Encarna Otero, explicou que se vai poñer en marcha o 'Diagnóstico do hábitat rural de Galiza' para coñecer o estado das edificacións, a existencia de servizos como auga, saneamento ou alumado, o uso do parque inmobiliario ou a presenza de actividade industrial na zona.
Priorizouse o estudo daquelas zonas con alta densidade de núcleos rurais, por iso se elixiu a comarca do Eume entre outras para detectar o risco de abandono ou deterioro. A base de datos resultante estará dispoñible para os departamentos da Xunta e para o Concello de Cabanas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario