30 de nov. de 2007

Acordos de "La ciudad del motor"

Resumo do Pleno ordinario

1. Aprobación acta setembro. Todos.

2. Ratificación acordo Xunta de Goberno Local sobre subvención PXOM. Todos a favor, pero unicamente o BNG presentou observacións que non agradaron ao equipo de goberno:

O presuposto para o Plan Xeral vai ser menor que o da anterior lexislatura e foi pactado por PP-AEC para 2007 cando aprobaron o presuposto do presente ano (con Don Pepe Rey de alcalde).

DATOS. A licitación de 2007 é de 123.000 euros, mentres que a licitación 2005-2006 fora de 175.174,62 euros. Polo tanto reduciron en 52.174,62 euros o que representa que PP-AEC traballan para un PXOM de segunda.

Ademais o BNG criticou que non se dese conta no Pleno ordinario da semana pasada tal e como acordou a propia Xunta de Goberno Local. Aínda por riba o Pleno da Corporación tivo que remendar a solicitude da Xunta de Goberno, porque PP-AEC non renunciaran á anterior subvención expresamente e polo tanto a solicitude parte realmente do Pleno da Corporación.


3. Proposta desafección escola das Viñas. Todos a favor de que quedase sobre da mesa.


O BNG expuxo que habería que reabrir a escola de infantil que pechou con Pepe Rey e PP gobernando con pactos de conveniencia, tal e como o BNG solicitou no Pleno. Ademais, tamén recriminou o BNG a infrautilización dos edificios públicos: Concello novo, Concello vello e Apeadoiro do ferrocarril na parroquia de Cabanas.

O grupo de goberno conxelou temporalmente a súa proposta para presentar un estudo.

4. Solicitude financiamento mellora de abastecemento de auga. Todos a favor, menos o BNG que se abstivo.

Acordo: "Solicitar á Xunta de Galicia... o financiamento da mellora do abastecemento de auga a Cabanas co obxecto de atende-las necesidades de suministro no concello e de maneira específica na parroquia de Laraxe"

O BNG solicitou a retirada da proposta posto que non ten o aval da Comisión veciñal nin dos veciños afectados que demandan solucións para a falla que hai neste momento.

Esta proposta xa fora demandada longamente pola corporación municipal (solucións da Ribeira -aprazada por oposición PP-PSOE-, do Belelle -descartada segundo o alcalde- e Río Eume -sen especificar o lugar nin o proxecto nin nada-) e segundo estimacións oficiosas do grupo de goberno tardaría entre 5 e 10 anos a dotación de auga...

A proposta foi presentada sen proxecto e só foi un afectado dos pozos.

En resposta posterior ao BNG non saben nada dos 550.000 euros comprometidos por Augas de Galiza no exercicio de 2007.

5. Solicitude modificación transporte escolar. Todos a favor, menos o BNG en contra.

Acordo: "Apoio do pleno para seguir adiante con estas medidas [restitución da antiga liña de transporte dende Soaserra e cambio de zona educativa] encamiñadas a evita-lo desarraigo social dos máis cativos, xa que os pais e nais dos nenos dese entorno teñen os nenos matriculados no devandito colexio "Eladia Mariño" e as actividades preescolares tamén as están realizando no mesmo colexio".

Distintas fontes indican que o acordo que adoptou o Pleno camufla deliberadamente a realidade da zona.

O BNG tratou de aclarar que significa a expresión "reinserción do transporte" e o alcalde explicou que consistía en "cambiar de zona educativa para o Eladia Mariño". Os nenos e nenas que desexen ir ao Mosteiro de Caaveiro en vindeiros cursos poden quedar sen transporte escolar cando tradicionalmente os nenos de Regoela e Soaserra foron ao Mosteiro de Caaveiro.

Apuntan que foi moi clarificadora a explicación de Campos cando indicou que un dos motivos para votar a favor desta demanda era que o taxi pagado polo Concello de Cabanas no que veñen dous nenos empezaba a ser moi criticado popularmente (agora dedícase a defender ao segundo candidato do PSOE?).

Tamén o PSOE puxo o seu gran de area ofrecendo o transporte mixto de maiores con nenos. E como é que hai cartos para un taxi para dous nenos e non para un microbús?

A recuperación da liña de transporte do Eladia Mariño sería unha boa nova, pero restando a liña do Mosteiro de Caaveiro non o é tanto porque limita a libre elección dos pais.

Dende o BNG consideran ademais que é un agravio comparativo que a protesta de dous reciba o apoio incondicional do goberno local de PP-AEC, mesmo cunha reunión coa inspectora da zona, mentres que ante as advertencias de perigosidade dunha das liñas por parte dun número bastante maior de pais o goberno local quedou de brazos cruzados.

6. Apoio declaracón Torre de Hércules da Coruña como ben do patrimonio mundial. Unanimidade.

7. Proposta IEN para construción convencional na antiga Astano. Todos a favor.

Iniciativa IEN para solicitar a construción civil de buques na antiga Astano. O vindeiro 31 de decembro remata a moratoria que lle impide ó estaleiro de Fene funcionar coma un máis dentro do grupo Navantia. A solicitude final do escrito é para que Xunta e Goberno central negocien con Europa a carga de traballo, plena ocupación, e que as auxiliares entren dentro do negocio directamente.

8. Mocións PSOE e BNG sobre violencia de xénero. Todos a favor.

Lectura das mocións do BNG e do PSOE.

Moción do PP: Como agravante comparativo despois de rexeitar o goberno de conveniencia a introdución de propostas nacionalistas, o PP introduciu unha moción sen rexistro (da que ao parecer non entregaron copia) coa autorización do alcalde.

9. Moción BNG sobre galescola. Todos a favor.

Disque todos a levaban no programa, pero en realidade só a propuxo o Grupo municipal do BNG outra vez máis. Quen impulsa a través do Pleno o desenvolvemento dos Servizos Sociais no Concello de Cabanas? O BNG.

Novas publicadas na prensa

Sección local dos xornais

O pleno cabanés que se celebra esta tarde debaterá a solicitude dunha subvención para redactar o PXOM (La Voz de Galicia, mércores 28/11/2007) {ler artigo}

El Colegio de Educadores recurre las bases para contratar a un animador (La Opinión de A Coruña, mércores 28/11/2007) {ler artigo}

El BNG denuncia que la empresa de Castrillón se retrasó en pagar el IBI (La Opinión de A Coruña, domingo 25/11/2007) {ler artigo}

______________________

Na rede tamén interesa a lectura:
Menéame {ler artigo1}

Chuza {ler artigo2}

E o alcalde foi o 3 de decembro de viaxe a Santiago a apoiar a Feijoo nas promesas incumpridas:

Foto de familia: El Correo Gallego

Será verdade que vai baixar? Disque os pepes andan polo pobo dicindo que só sobe un euro, Don Pepe que xa estaba de antes...
En fin, será que a culpa téñena os demais, será que está traballando...
Pero outros apuntan unha nova "teoría":
6000 euros de churrasco de Santa Marta saen a 1,81 euros por veciño/a.
110.000 euros de soldos políticos do goberno saen a 33,33 euros por veciño/a.
+35,14 euros (o que sobe a rodaxe!). Aínda hai máis...

26 de nov. de 2007

Pleno Ordinario en "La ciudad del motor"

Acábannos de informar que o vindeiro mércores 28 ás 19.30 h vai ter lugar o Pleno Ordinario da Corporación bimensual. A orde do día é a seguinte:

1. Aprobación da acta de setembro

2. Ratificación do acordo da Xunta de Goberno Local sobre subvención PXOM

3. Proposta de desafección da Escola das Viñas

4. Solicitude de financiamento para mellora de abastecemento de auga

5. Solicitude de modificación do transporte escolar

6. Apoio á declaración da Torre de Hércules como ben do patrimonio mundial

7. Proposta IEN para construción convencional na antiga Astano

8. Mocións PSOE e BNG sobre violencia de xénero

9. Moción BNG sobre galescola

Parte de control

10. Informes de presidencia: decretos alcaldía

11. Rogos e preguntas

23 de nov. de 2007

Máis impostos en "La Ciudad del Motor"


Hoxe publícanse no Boletín Oficial da Provincia os textos completos dos impostos de contribución, rodaxe e IAE para empresas de máis de un millón de euros de volume de traballo.
O resumo é como segue


1. IAE

ANO 2007

Increméntase para aquelas empresas que facturen máis de 1.000.000 de euros

En Industrial (Vilar do Colo) 1,75

Zona da N-651 e Areal da Madalena: 1,40

Igual no resto: 1,2

ANO 1992: tódalas zonas 1,2

2. IVTM

ANO 2007

Turismos: 1,20 agás os de máis de 20 cabalos (1,30).

Autobuses, camións: 1,20

Ciclomotores: 1,40

Motocicletas ata 125 cc: 1,50

Motocicletas de máis de 125 cc: 1,40

ANO 2001

1,00 por cento para todos

IBI

ANO 2007

Bens urbanos: 0,55 por cento

Bens rústicos: 0,65

ANO 2003

Bens urbanos: 0,40 por cento

Bens rústicos: 0,65

Como expuxo o portavoz municipal do BNG, Xosé Manuel Pérez Sardiña, "o incremento dos impostos débese ao despilfarro de recursos económicos, aos elevados soldos dos políticos municipais e á contratación da empresa de rallys". Algo que, segundo o BNG, desfonda economicamente o Concello de Cabanas xa que levou a facer unha modificación de crédito sobre fondos de Tesourería nese mesmo Pleno, incrementando así o endebedamento.

_____________________________


Por certo, hoxe o alcalde piloto faise de Covas cando lle preguntan pola empresa Pressboxes... Esta empresa ten que ver cos rallys, e así o indica a páxina web "es una agencia especializada en deportes del motor. Elaboración de contenidos tanto para formatos audiovisuales como en formatos escritos. Desde Pressboxes cubrimos tanto los Campeonatos de España de Rallyes como el Campeonato Gallego. Si tienes una necesidad de comunicación relacionada con el deporte del motor, Pressboxes es la respuesta. Fotografías, vídeos, servicios de prensa y contenidos periodísticos son nuestra especialidad".

Pero que fai esa empresa levando a publicidade do Concello de Cabanas por 27.000 eurazos ao ano?

De verdade lle falla a memoria ao alcalde piloto?


Disque dúas das tres empresas que se presentaron ao procedemento negociado tiñan a mesma persoa titular, como vedes é fácil de comprobar na páxina web a titularidade de Pressboxes (con sede en Vigo).


Pero aínda por riba cóntannos que o concurso a dedo fíxose sen que ningunha das empresas baixase un céntimo da consignación de saída!

Son desgraciadas coincidencias de "La ciudad del motor".

Ata a próxima esqueirada.....

6 de nov. de 2007

Rúas abertas

Queixas veciñais:
Desde que bigobernan o PP e AEC nin capaces son de rematar as obras...



E xa medra a herba!

Levan as rúas de Laraxe así desde principios de ano e a obra aínda non rematou porque disque "ten que repisar...".
A Deputación provincial subvencionou a totalidade desta obra e así non a certifican.
Preguntámonos desde aquí:
Haberá escasez de fondos no Concello para pagar e por iso queda a medias...?

Accesos e auga para outro día


O alcalde pospuxo unha reunión cos veciños de Laraxe para despois do rally de terra. Non é de recibo que a auga quede para despois do espectáculo de terra. É a primeira vez que lles pasa algo así aos veciños de Cabanas e o peor de todo é que o goberno PP-AEC adía cada vez máis as solucións aos asuntos que afectan directamente ao pobo.
Os veciños opinan que a situación xa pasou a ser caótica despois dun ano de total abandono e parálise do bigoberno PP-AEC.
As empresas marcharon e onte inaugurouse a estrada Vilar do Colo-Fonfría coa participación de representantes do PP -Castrillón-, AEC -Rey- e o PSOE -Cabana- que acompañaron ao delegado provincial e á conselleira Mª José Caride. La Voz, Diario de Ferrol e La Opinión.
Os acordos do Pleno da Corporación propostos polo BNG están sen cumprir, o do 18 de outubro pasado:

A que a Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes manteña os accesos provisionais de obra na AC-141 á altura de Fonfría mentres non se redacte, aprobe e execute unha solución satisfactoria.

A que a Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes presente URXENTEMENTE á Asociación de Veciños de Santa Cruz do Salto e ao Concello unha alternativa viable e executable de acceso aos lugares do Igrexario, Os Martices, O Feal, O Cotiño, Os Ribas, O Alto, Os Bouces, Valedoso, Barqueiro, Manxarín, Porcar, Os Piñeiros, Relousada, A Fontenova , Salto de Riba e Salto de Baixo que reduza os longos percorridos e resolva a incomunicación coas liñas de transporte de viaxeiros e escolar

3º A que a Consellería presente á Asociación de Veciños de Santa Cruz do Salto unha alternativa de vial de servizo á zona de montes da Areeira-Fonfría.

E o de 23 de marzo de 2005

1.-Reiterarlle a Xunta de Galicia que realice un estudo xeolóxico mais completo que o formulado no estudo de impacto ambiental para fundamenta-la mellor solución técnica que garanta o subministro de auga tanto para o presente coma para o futuro.

2.-Solicítarlle á Xunta de Galicia que He presente ó pleno da corporación alternativas construtivas ós terrapléns do río Va e a Fontenova (Dana), como poden ser dous viadutos soportados en piares.

3.-Solicitarlle á Xunta de Galicia que lle presente ó pleno da Corporación alternativas construtivas á afección dunha hectárea de parque natural das fragas do Eume.

4.-Solicitarlle á Xunta de Galicia que 1% cultural da adxudicación da obra se invista na mellora da infraestrutura cultural e deportiva das parroquias afectadas polo vial.

5.-Darlle traslado destes acordos ó Conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda e o Director Xeral de Obras Públicas.

A Xunta segue sen ter a conformidade dos veciños que exixiron sempre o 100% e o alcalde piloto do "novo" Concello caladiño co 50% sen papeis e sen as solucións que prometeu publicamente.