25 de feb. de 2011

Patrimonio confirma a chambonada da coalición PP-AEC en Laraxe

Corte de radial no Camiño Inglés, O Pereiro-Laraxe
O candidato á alcaldía de Cabanas, Xosé Manuel Sardiña, fará prioritario desbloquear canto antes as obras de abastecemento e, co apoio dos veciños, vai solicitarlle á Xunta a restitución do Camiño Inglés por Vilar do Colo e mais a execución íntegra do proxecto de abastecemento
Cabanas.- La Opinión de A Coruña publica hoxe un artigo sobre a paralización das obras de dotación de abastecemento de auga en Laraxe, xa denunciadas neste blog.

A Dirección Xeral de Patrimonio ordenoulle ao Concello de Cabanas que realice unha prospección arqueolóxica en Laraxe antes de proseguir coas obras de abastecemento que comezaron o pasado mes de outubro para dotar de auga a parroquia cabanesa e o polígono industrial de Vilar do Colo. Este requisito da Consellería de Cultura está motivado polo cambio do trazado do Camiño Inglés ao seu paso polo municipio. Este cambio na ruta peregrina, que atravesaba o parque empresarial, desviouse tras a modificación a dous núcleos do Peón e O Pereiro e motivou recentemente unha contentura no rexedor local. As contradicións do alcalde son de libro.
Por esta razón o Concello, segundo lle confirma a Xunta a La Opinión, "antes de comezar a obra solicitou autorización e, debido a que parte do proxecto discorre polo trazado, ordenouse realizar unha prospección arqueolóxica do ámbito". Os resultados destes traballos "poderán condicionar as obras así como o establecemento de medidas protectoras", destaca.
Crítica ós recortes da Xunta en abastecemento
Por outra banda, o candidato do BNG á alcaldía comprobou ademais unha serie de recortes aplicados pola Xunta de Feijoo ó proxecto de abastecemento para Cabanas, elaborado polo bipartito en 2006. Neste sentido, tal e como se pode comprobar no mapa publicado na web da Xunta, o goberno autonómico e o Concello prexudicaron a Cabanas ao excluíren a achega do servizo básico a varios rueiros de Laraxe e toda Soaserra. Xosé Manuel Sardiña entende que Feijoo e Castrillón defraudan os compromisos adquiridos coa xente e aprobados polo Pleno da Corporación e demandará o cumprimento do acordado co apoio da sociedade.

17 de feb. de 2011

O BNG aposta por ampliar o aparcamento no Areal

Vista da nova localización do cruceiro
(A anterior ao fondo)

Xosé Manuel Sardiña, candidato do BNG á alcaldía de Cabanas, vai pedir o apoio dos veciños para mudar o rumbo e conseguir un auténtico progreso no Areal que beneficie a xente e mais os servizos da zona.
 Cabanas.- O Grupo do BNG presentou unha moción o pasado mes de setembro sobre a ordenación urbana na zona do cruceiro do Areal. A proposta nacionalista pretendía que o ben cultural se mantivese vencellado á estrada principal e se conservase o aparcamento na parte traseira do Oito. 
Distintos sectores da sociedade de Cabanas consultados polo BNG apreciaron como idónea a reordenación do espazo que ocupaba o vello cruceiro e amosáronse favorables á súa mellora. Pese a ter un sentido respectuoso coas tradicións locais, a moción foi rexeitada pola actual coalición de goberno PP-AEC.
A proposta do BNG pretende acadar un progreso importante no Areal, que segue igual que cando entrou o actual goberno municipal, iso si con menos prazas de aparcamento. A última sorpresa, que ten preocupada á veciñanza, vén da supresión da zona de aparcadoiros no lugar previsto para a recolocación do cruceiro, aproximadamente a 40 m de distancia da anterior localización. Así, o futuro espazo destinado polo goberno PP-AEC ao cruceiro está valado e o Concello sinalizou a prohibición de aparcar.

15 de feb. de 2011

O BNG cambiará a torpeza da coalición PP-AEC na xestión de infraestruturas

As obras de abastecemento en Laraxe carecen de permiso de Patrimonio ao cambiar o trazado do Camiño Inglés
 O voceiro do BNG, Xosé Manuel Sardiña,  considera que hai que mudar a improvisación e a falta de planificación na dotación de infraestruturas e explica a situación cun símil futbolístico: "o PP meteu un gol en propia meta"

Cabanas.- A auga de Laraxe terá que agardar as autorizacións administrativas pertinentes. Aplaudida por Germán Castrillón, a decisión da Xunta de modificar o trazado da entrada do Camiño Inglés en Cabanas provocou o primeiro contratempo relevante nas previsións dun proxecto de infraestruturas "estrela". Trátase da obra de Abastecemento para o polígono de Vilar de Colo, adxudicada en 1.437.588,10 euros á UTE “Construcciones Ramón Vázquez Reino- Excavaciones y Obras Públicas de Galicia”.
As obras, cun prazo de execución de oito meses, estaba previsto inicialmente rematalas en maio de 2011, mes electoral. Pero tal e como xa explicou o rexedor do PP para o proxecto da N-651 "será necesaria a autorización da Xunta para levar a cabo esta actuación". Despois de que a UTE investise un mes e medio de traballos na zona prioritaria de abastecemento, a decisión precipitada e pouco meditada de mudar a vía xacobea crea  trastornos e atrasos imprevistos no "proxecto estrela" do rexedor.
O pasado venres 11 de febreiro, a empresa veuse obrigada a recoller a maquinaria por carecer de autorización da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural para obrar na zona de afectación do Camiño de Santiago. Laraxe queda empezado pero sen rematar e, esta semana, a empresa pasou a traballar na zona do Oito, no Areal, cos conseguintes custos económicos e atrasos nos prazos.

Atrasos sobre atrasos
Plan Abastecemento 2006
Pero estes atrasos xa son crónicos. Coa chegada do PP ó goberno da Xunta, modificouse o plan de abastecemento para Cabanas e reformouse o abastecemento reclamado pola Corporación de todo Laraxe e mais Soaserra. Así se constata no plano do bipartito que data de 2006. Este plano-anteproxecto pon en evidencia as voltas que deu Feijoo para adxudicar un investimento que reduce as parroquias e as persoas beneficiadas polo servizo pero gasta máis con cargo ás arcas municipais. O BNG demandará o cumprimento do Plan aprobado pola Xunta de recibir o apoio dos veciños.

Cabanas sen orzamento
Por outra banda, a prórroga do orzamento de 2010 ten no aire a contribución municipal de 477.575 euros comprometidos coa Xunta para sufragar os gastos do proxecto de abastecemento en 2011. A situación económica municipal tórnase delicada despois de catro anos de gasto sen freo por parte da coalición PP-AEC. O BNG está barallando  a aplicación dun Plan financeiro extraordinario para recuperar a economía local dos dispendios que está a deixar a coalición PP-AEC.

10 de feb. de 2011

O BNG exíxelle á coalición PP-AEC que deixe de facer sudokus coas cifras do paro

O sudoku de Castrillón
"É moita hora de coller un novo rumbo e superar a actual atonía, parálise e esgotamento da coalición PP-AEC", afirma Xosé Manuel P. Sardiña
Neste senso, Xosé Manuel P. Sardiña valora con optimismo as potencialidades de crecemento de Cabanas e entende que hai que colaborar coa sociedade para clarificar a situación e deste xeito concienciar da necesidade dun cambio político que achegue novos aires ó Concello.
Cabanas.- As cifras e consideracións achegadas polo goberno local sobre as cifras do paro evidencian a manipulación máis absurda e grotesca feita dende un laboratorio de despacho gris.
O alcalde do PP, Germán Castrillón, converte as cifras dos últimos anos nun sudoku-adiviño estirado e encollido a comenencia para confundir e, á vez, negar a realidade. Realmente, a situación local tórnase en dramática cando o propio goberno local non está capacitado nin sequera para poñer en orde os números e recoñecer o problema ó que se enfronta. Deste xeito, a xente de Cabanas está quedando sen oportunidades pola política capitalista do PP a nivel local e autonómico.
Datos con comparativas irregulares
Nos últimos tres anos da crise internacional, tomando como referencia os datos de decembro de 2007  e 2010, hai un incremento do 67,9% na cifra de desempregados anotados nas oficinas do INEM, un 25% máis na media anual dende a chegada de Feijoo á Xunta. A taxa de desemprego oficial -calculada sobre os datos dispoñibles do INEM, os únicos oficiais a nivel local- é claramente superior á cifra autonómica e á fornecida polo concello, así, pasouse dun 12% de tasa de paro no comezo de lexislatura a un 19,4% no último ano.

Cifras manipuladas
Contrastan os datos barallados polo goberno local cos datos oficiais das afiliacións á Seguridade Social en alta para o Concello de Cabanas. De feito as afiliacións oficiais baixan a cifra nun 9,2%, de 1055 afiliados en xuño de 2007 a 958 en decembro de 2010, duplicando á baixa os datos da comarca (4,61%).
Polo que respecta ás medias anuais achegadas polo goberno local, hai un erro evidente en contraste cos datos oficiais do Instituto Galego de Estatística (IGE) segundo se pode comprobar no seguinte cadro:
Fonte2004200520062007200820092010
IGE186185163149169209212
Concello210210210192192192--
No último ano, e non sobre a maquillaxe de once meses utilizada pola coalición PP-AEC, o número de persoas desempregadas en Cabanas era de 210 en fin de ano de 2009, sendo un ano máis tarde 231, o que supón un incremento do 10% interanual, claramente superior ás medias estatais e autonómicas de destrución de emprego.
Para Teresa García "no concello está instalado un goberno que lle quere pechar os ollos á sociedade diante das evidencias ao manipular gravemente as cifras, hai que deixar de facer sudokus" máxime cando a comarca sofre con especial virulencia unha crise global que nalgúns medios xa se atreven a cualificar de depresión laboral.

CADRO RESUMO:


FONTES OFICIAIS EMPREGADAS (IGE):

Conceptos básicos de economía 


Como calcular a taxa de paro municipal

9 de feb. de 2011

Pleno extraordinario convocado para a data límite legal

Cabanas.- O rexedor de Cabanas, Germán Castrillón, convocou hoxe para o día 22 de xaneiro ás 10 h o Pleno reclamado pola oposición para tratar as irregularidades na obra de soterramento das liñas eléctricas en Porto. A coalición PP-AEC elude así a exixencia inmediata de responsabilidades políticas ata dentro de dúas semanas, no límite máximo legal establecido en quince días dende a solicitude. Mentres, a empresa encargada das obras reclamou por rexistro a certificación final o pasado día catro de febreiro.
O BNG entende que se trata dunha manobra máis do goberno local para gañar tempo, non asumir as responsabilidades e seguir como se nada.

7 de feb. de 2011

O BNG exixirá responsabilidades políticas polo soterramento en Porto

Camiño sen rematar 3.02.2011, Porto
 Os feitos e contradicións do rexedor expostos na prensa están conmocionando a opinión pública
O máis grave ocorrido en Cabanas desde o Penso
 Cabanas.- O BNG exixiralle á Xunta de Goberno Local responsabilidades políticas pola certificación final da obra de Soterramento das liñas eléctricas aéreas nas inmediacións do CEIP de Porto que data do 15 de decembro de 2010. Esta actuación foille contratada de xeito directo á empresa Construciones Lemos Martínez SL o pasado 2 de decembro de 2010, como única empresa poxadora, e certificada quince días despois por un importe de 195.172 euros, financiados nun 80% pola Consellería de Industria e fondos europeos.Así, o BNG entende como necesario e urxente depurar responsabilidades políticas de xeito inmediato sen agardar a sentenzas que nunca chegan. O BNG respecta as accións da xustiza, mais subliña que unha cousa son as responsabilidades xudiciais e outra diferente as políticas.

Visitas á zona
Extracción da auga dunha arqueta
cun tubo de nivel 03.02.2011, Porto
En varias visitas ás obras de soterramento ao longo de xaneiro e febreiro de 2010, Xosé Manuel Sardiña constatou as dificultades de acceso para as persoas, algunhas con muletas ou maiores, nun camiño cortado con montes de barro e sen limpar, “unha obra máis propia de Tanzania que da Unión Europea”, conclúe. Así mesmo, a primeira semana de febreiro constatou que as gabias nin estaban compactadas nin repostos os pavimentos demolidos -tal e como prevía o proxecto de obra-, á parte da deficiente ou inexistente sinalización e protección de seguridade, mesmo unha das arquetas que albergarán as futuras liñas eléctricas estaba a ser baleirada de auga cun tubo de niveis.
Destas irregularidades ten constancia directa o rexedor municipal, Germán Castrillón, xa que se atopou co portavoz municipal do BNG nas obras inacabadas sobre as 13.30 h do pasado venres 4 de febreiro, alí estaba a maquinaria da empresa subcontratada para compactar e pavimentar con asfalto un vial impracticable por mor das obras durante dous meses.
Ademais, o aglomerado anunciado en prensa polo alcalde non chegou. O BNG reclámalle rigor ao alcalde xa que a maquinaria do futuro aglomerado botou unha semana en xaneiro traballando nun carreiro de a pé en Cabanas mentres non se remataban as obras de canalización de Porto. Castrillón debe deixar as milongas e explicar como lle bota a culpa á chuvia no caso de Porto cando o carreiro de Cabanas se aglomerou sen contratempo ningún.
Feitos graves e explicacións
Asfaltado o pasado 04.02.2011, Porto
Deste xeito, “dende o BNG requiriremos unha aclaración inmediata do que ocorreu e está a ocorrer e que ademais se asuman ao máis alto nivel as consecuencias políticas", manifestou Xosé Manuel Sardiña, que engadiu que "estamos a falar dun feito moi grave mentres o goberno segue co seu coma se nada". Para o voceiro do BNG, Xosé Manuel Sardiña,  “vai sendo hora de que PP e AEC saian da despreocupación e paguen polos danos causados contra os veciños e contra a administración municipal”.
A falta de atención ás demandas veciñais é crónica no Concello de Cabanas e o candidato do BNG á alcaldía apunta que “buscaremos o apoio da xente para darlle novo rumbo ó concello e solucionar a recollida de augas e o illamento que lesionan dereitos básicos dos veciños e veciñas”.

5 de feb. de 2011

Xosé Manuel P. Sardiña, candidato á alcaldía

Xosé Manuel nas Fragas do Eume
Cabanas.- O BNG elexiu como candidato á alcaldía de Cabanas a Xosé Manuel P. Sardiña. Xosé Manuel naceu en Cabanas e viviu dende a súa infancia en Irís. Na década dos noventa en Compostela acadou o grao de licenciado e máster en Filoloxía Galega. Participou activamente nos movementos estudantís universitarios e desenvolveu a súa vida profesional nas áreas do asesoramento a empresas, grupos de investigación universitarios  e docencia universitaria.
Afiliouse a Galiza Nova hai vinte anos, é concelleiro desde o 2000 e ten exercido diferentes responsabilidades no BNG en Cabanas e en Ferrolterra.  Foi candidato en 2003 e 2007, cando o BNG triplicou a súa representación municipal.
Teresa García acompañará a Xosé Manuel nos primeiros postos da candidatura nacionalista para as eleccións municipais de maio. É licenciada en Ciencias Económicas pola Universidade de Santiago,  empresaria emprendedora, concelleira do BNG dende 2007 e actual responsable local en Cabanas.
A candidatura do BNG combinará renovación e experiencia e mais contará con capacidade de xestión e cun amplo coñecemento de Cabanas, as persoas necesarias para lograr que Cabanas colla novo rumbo.

4 de feb. de 2011

O PP impediu que o Pleno se pronuncie contra a suba da auga, o gas e a luz

Cabanas.- Cos catro votos en contra do PP, que se xustifican para ocultar a chegada do novo imposto indirecto sobre a auga promovido dende a Xunta de Galiza, e as abstencións de AEC e PSOE, o alcalde popular evitou unha reprobación corporativa á inxusta suba, que neste 2011 se cerne sobre os fogares galegos, da luz, do gas e da auga. Ademais, o PP co seu voto negativo negoulles o apoio ás centrais galegas, prexudicadas seriamente polo decreto do carbón.
Xosé Manuel Sardiña, voceiro do BNG, lamenta a actitude servil dos concelleiros da dereita cos intereses do PP a nivel autonómico e non comparte as contradicións dun discurso que defende co seu voto un abuso  máis sobre as economías domésticas e, á vez, abandona a loita contra o decreto do carbón que prexudica severamente a Galiza.
Así mesmo, o voceiro do BNG cre que esta votación é un caso que debe facer reflexionar á xente sobre quen incumpre por regra as súas promesas subindo impostos e quen mira realmente polos dereitos da maioría social. Neste sentido, o BNG procurará o apoio da xente para emprender accións sociais, crear emprego e procurar que pague máis quen máis consume.

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS DA MOCIÓN CONTRA A SUBA DA AUGA, A LUZ E O GAS
A actualsituación de crise económica está a provocar maiores dificultades económicas enmoitos fogares galegos e, neste contexto, non se debe cargar ás economíasfamiliares con subidas no custo dos seus consumos básicos. Xusto o contrario doque están a facer o Goberno do Estado e a Xunta de Galiza.
O Gobernodo PSOE continúa despregando a súa políticaantisocial, ao servizo da grande banca e, neste caso, das grandeseléctricas. A decisión de subir un 9,8 por cento o recibo da luz e en torno ao4% o gas é un duro golpe para as economíasmáis modestas, isto é, para aqueles sectores sociais que xa están a sufrir as peoresconsecuencias da crise, que son os mesmos que non tiveron nada que ver coa xeración da crise, a mans dun Gobernoque prometeu por activa e por pasiva que a factura da crise non a pagaría amaioría social.
A medida éespecialmente lesiva para Galiza porque, ademais de termos menores salarios epensións que a media do Estado, o 30%do incremento da suba débese, tale como recoñeceu o propio Goberno do PSOE, á entrada en vigor do Decreto do Carbón. Ou sexa, que non só esteDecreto vai representar a parálise das centrais térmicas galegas e a destruciónde miles de postos de traballo, senón que aínda por enriba os consumidores galegos terán que financiar, víaincremento do prezo da electricidade, asperdas que esa parálise vai producirás empresas eléctricas.
Somos así dobremente “pagáns”, porque pagamos a electricidade máis cara eporque as nosas centrais deixarán de producir por unha decisión política do Goberno do PSOE que, máis unha vez, antepón os intereses das concas mineiras deAsturias e León aos de Galiza.Unha decisión do Goberno do PSOE que en ningún caso foi contestadaadecuadamente polo PP, que recentemente votou xunto co PSOE no Senado contraunha iniciativa do BNG para modificar o Decreto do Carbón.
Ademais, cómpre recordar que Galiza é produtora excedentaria de enerxíaeléctrica, cun desenvolvido sector eólico e con produción hidráulica e térmica,que teñen un forte impacto ambiental no país. Non obstante, os beneficios paraGaliza destas instalacións son máis ben escasos, ao non ter Galiza autonomíafinanceira e, xa que logo, recadarse de xeito centralizado os tributos,principalmente o de sociedades.
O Gobernodo PSOE xustifica a medida na existencia dun déficit tarifario, isto é, nofeito de que o recibo da luz supostamente non cubre os custos de produción.Este déficit é o resultado da aplicación dunha Lei Eléctrica irracional que sóbeneficia as grandes eléctricas. Con esta Lei, o prezo da enerxía non reflicte o custo real de produción con cadatecnoloxía (hidráulica, nuclear, gas natural, fuel, etc). É o quilovatio máis caro o que marca o prezode todos os quilovatios, conindependencia de canto custase a produción de cada un deles.
Así, odéficit existe por unha lexislación promovida en 1997 polo Goberno do PP deAznar, que fai un uso ineficiente dos recursos, ao servizo do sector privado dexeración eléctrica. De feito, os beneficios das grandes eléctricas son hoxemaiores que cando se ligaba o prezo da enerxía ao custo real de produción decada unha das tecnoloxías. Isto é o que explica que o prezo da electricidade sexa máis caro no Estado español que en estadosda UE máis desenvolvidos, como Francia, Finlandia ou o Reino Unido.
O Goberno da Xunta de Galiza do PP segue esta mesmapolítica de incrementar o custo dos servizos básicos para a cidadanía. Así,acaba de aprobar en solitario unha lei de augas que contén dous novos tributos,o canon da auga e o coeficiente de vertido, coa única intención de aumentar arecadación, a costa de familias e particulares. Xa no primeiro ano deaplicación destes dous novos tributos, a Xunta de Galiza, prevé duplicar arecadación prevista polo canon de saneamento para o ano 2010, cun incremento depreto de 35 millóns de euros. Unha persoa que viva soa e que teña un consumomedio, duns 3 m3. ao mes, verá como a carga tributaria do seu recibo da auga seincrementa en máis dun 363%; e unha familia de tres membros, con ese mesmoconsumo por persoa, terá que soportar un incremento do 171%.
Non hai política máis antisocial que incrementar o custode servizos básicos nun contexto de forte crise económica, e por isto mesmo,opoñémonos á suba do prezo da electricidade, do gas e ás modificaciónscontempladas na Lei de Augas de Galiza, que incrementarán o custo da auga.
Polo o exposto, o grupo municipal do BNG solicita doPleno da Corporación municipal a adopción do seguinte
ACORDO
1. Instarao Goberno do Estado a:
§  Dar marchaatrás á subida da luz e gas decretada polo Goberno, de xeito que en ningún casoo seu prezo se incremente por riba do IPC.
§  Modificara actual Lei Eléctrica, de xeito que se clarifique o custo real da xeración deenerxía.
§  Modificaro Decreto do Carbón, de xeito que non prexudique ás centrais galegas das Pontes e Cerceda.
2. Instar ao Goberno da Xuntade Galiza a modificar a Lei de Augas, de xeito que, de ningunha maneira, supoñaun incremento da carga impositiva na situación actual de crise.

2 de feb. de 2011

Cabanas rompe o récord absoluto en número de parados


A peor nova para a loita contra o desemprego dos últimos catorce anos tivo lugar no mes de xaneiro de 2011, cando se rexistran 249 persoas anotadas nas oficinas de emprego, segundo as cifras facilitadas pola Xunta de Galicia.
O paro incrementouse nun 70%  dende a chegada ó goberno da coalición PP-AEC. Así, en xuño de 2007 o número total de persoas desempregadas ascendía a 145
Factoría de persoas paradas
O BNG considera que Galiza e Cabanas semellan unha factoría de persoas paradas, pois dende que Goberna o PP no Concello e na Xunta hai algo máis dun cento de persoas desempregadas máis, o que supón un ritmo de vertixe na destrución de emprego, a consecuencia directa de que a coalición de goberno local desatendese a economía local e as súas oportunidades.
De cara aos vindeiros meses, para o voceiro do BNG, Xosé Manuel Sardiña, será prioritario conseguir o apoio da xente e así poder loitar con políticas innovadoras contra o desemprego dende o goberno local.