30 de set. de 2008

BLANCO PARGA : O RÍO CHAMOSELO PRESENTA UNHA ACIDEZ MIL VECES SUPERIOR AOS SEUS VALORES HISTÓRICOS

Grazas por achegar a verdade a www.vadeando.com
O deputado do BNG, Fernando Blanco Parga, explicou hoxe no pleno do Parlamento que o nivel de PH do río Chamoselo segundo unha medición realizada o pasado 8 de setembro era de 3,05 na ponte Romana e de 3,07 na desembocadura. Así, reclamou o parlamentario que “hai que selar os taludes” da autovía para evitar que estas augas con elevadísimo nivel de acidez baixen ao río Eume.
Informe de 2007
Blanco Parga subliñou a existencia de analíticas de laboratorio sobre o Chamoselo e o Eume, a instancias do concello das Pontes, en maio de 2007 e mais requeriu unha resposta do director de Augas de Galiza. Os dados constatados naquela data eran escandalosos, “en maio de 2007, os niveis do PH nos distintos puntos de medición era do 5,92, 4,12 e 4,93”. E a Consellería de Medio Ambiente non reaccionou na práctica e de aí as consecuencias que paga a Xunta agora.
Ademais, o parlamentario nacionalista reclamou os datos que Endesa debe achegar das analíticas diarias das augas e aclarou que o peche da mina das Pontes eliminou o “elemento corrector da acidez das augas do Chamoselo”.

O río Chamoselo sen tratar
O conselleiro de Medio Ambiente e o grupo socialista aseguraron descoñecer a existencia das analíticas municipais de 2007 e anunciaron investimentos por case 5.000.000 de euros para corrixir a acidez do Eume. O grupo popular falou dos ríos en xeral e non acertou a clarificar a situación real do Eume. No concello de Cabanas, o PP non informou máis nada desde que o BNG solicitara en xullo Xuntas de Portavoces.
Blanco Parga tivo que lembrar que o informe do goberno nacionalista pontés xa se tiña remitido á Consellaría de Medio Ambiente desde onde confirmaron a apertura dun expediente, en resposta ás analíticas que se achegaban.
Para rematar, Blanco Parga asegurou que o dispositivo de corrección da situación organizado por Sogarisa no río Eume “é correcto", pero a Consellería só ataca "os síntomas, non o lugar onde reside o problema, o río Chamoselo”, ao tempo que reiterou a necesidade de selar os taludes e criticou que o dispositivo organizado neste río “non se está a facer con criterio técnico”.
1/10/2008. Hoxe a cousa xa é laida co cal... pero quen controla este escándalo: PH 12 (Chamoselo nun día de río acedo a río alcalino!!!)
Para rematala:
Non hai quen dimita?
SOS río Eume

28 de set. de 2008

Festas, furados e amiguismos do PP-AEC

O pasado 5 de setembro unha festa technorave removeu os cementos de confianza entre a veciñanza e o goberno local. Ninguén puido crer como se podía botar toda a noite con música a tope saída duns bafles con 10.000 w de potencia e perturbar gravemente o descanso de toda a poboación desde unha pista municipal anexa ao campo de fútbol do Club Xuventude Cabanas cuberta por unha carpa que podía aloxar entre 800 e 1000 persoas.
Máis pegada quedou a xente vendo ao alcalde na festa tomando uns grolos e gozando do momento ata altas horas.
Pero a cousa non queda aí, a vaga de queixas veciñais foi tan forte que chegou a Garda Civil ao día seguinte a restablecer a orde legal porque a festa techno carecía de autorización municipal, e tamén se puido saber que Costas non outorgou permiso, nin de celebración nin de acampada (si, acampada!!!).
O portavoz municipal do BNG, Xosé Manuel Pérez, preguntou pola autorización municipal, non ten; preguntou polas medidas adoptadas para garantir o descanso da xente: "as medidas oportunas" contestou o rexedor; pediu aclaración sobre cando se parara a festa: "ás 10 da mañá", segundo o alcalde...
Ben, hai novas sobre o asunto. As pescudas realizadas constatan a autorización municipal para usar os aseos do Campo de Fútbol municipal e mais unha zona de acampada. Estaba apalabrada a celebración doutra technorave para o vindeiro ano e prevíase unha "grande churrascada" durante a festa ilegal para evitar churrasquiños espontáneos. Os promotores da festexada rave son para máis sinais...
tachán... de Narón. Máis comentarios.

Iso na praia pero como comentou unha señora o outro día, "dá pena ver esta tapa, os camiós rompen todo e non hai quen mire por nada, que non pase unha desgracia". Todo son festas e alegrías en épocas de crise, pero o goberno de comenencia non mira polo que hai que mirar e aí está o exemplo.
Na pista de Laraxe a Santa Cruz, para máis sinais.

O BNG de Cabanas critica o esgotamento e falta de rumbo do goberno local

O goberno de comenencia local desatende as necesidades e as demandas da cidadanía, presenta proxectos incompletos e mesmo retira o acondicionamento da Veiga por falta de permisos e autorizacións
O Grupo Municipal do BNG tivo que reclamar, no Pleno Ordinario do día 24, previsión ao goberno local de cara ás propostas do Plan Turístico do Eume promovido pola Deputación Provincial, correspondéndolle a Cabanas 120.000 euros. PP e AEC retiraron do Pleno a proposta de acondicionamento da Veiga por non presentar autorizacións, non acreditar a titularidade de terreos e incumprir os requisitos urbanísticos (modificación puntual das Normas Subsidiarias na zona). Esta situación evidencia “o fracaso na xestión” da coalición gobernante segundo declarou Xosé Manuel Pérez Sardiña. Ademais, PP e AEC mantiveron unha proposta de sinalización dos rueiros “deficiente” que o BNG instou a corrixir e adaptar ao decreto de sinalización turística da Xunta de Galicia e ao nomenclátor oficial do Concello publicado en 1996 pola Consellería de Presidencia.
No que se refire ao Plan de Cooperación Provincial dotado con case 300.000 euros, o BNG demandou que as obras de saneamento de Porto inclúan os núcleos do Rego, As Modias e o río Dana (incluíndo o CEIP “Eladia Mariño”, ver mapa). Criticou duramente a improvisación e dispendio que representa a previsión dunha estación de bombeo en Fraián que deixa fóra de cota núcleos previstos na pasada lexislatura para sanear e exclúe o 50% dos fogares que carecen de saneamento na zona. O portavoz do BNG, Xosé Manuel Pérez Sardiña, considera que “se están a tirar os cartos dunha maneira escandalosa en obras deficientemente planificadas”.
Neste sentido, o voceiro nacionalista criticou ao goberno de coalición por unha proposta de saneamento para o PEIM 2008 da Consellería de Medio Rural –realizada a comezos de ano- que só vai beneficiar á concelleira popular de Servizos Sociais despois de atravesar case medio quilómetro por montes. Todo isto “é unha infamia cando o saneamento do núcleo de Pedreiras, con case 100 habitantes, está bloqueado pola incompetencia de PP e AEC” que consignan 119.000 euros para expropiacións de beirarrúas pero “nin un só euro para garantir a dotación deste servizo básico”.
Considera esta situación unha nova evidencia de que “estes gobernantes colocáronse aí para servirse a eles mesmos e non á xente de Cabanas, por iso están esgotados e sen programa”. Así mesmo, lembrou que o BNG xa demandara a través de moción de urxencia hai dous meses propostas consensuadas para o saneamento ás que se opuxo o alcalde e o seu equipo con evasivas.
O portavoz municipal do BNG, Xosé Manuel Pérez Sardiña, advertiu ademais do baixo caudal do río Dana e de dous casos de picaduras graves a rapaces que xogaban pola zona do Batán debido a un insecto indeterminado, preto do CEIP “Eladia Mariño”.
Cabanas, 26 de setembro de 2008

21 de set. de 2008

Vivenda vai recuperar núcleos rurais do Eume




A Consellería de Vivenda e Solo, dirixida pola nacionalista Teresa Táboas, vai iniciar unha "estratexia de recuperación" que inclúa a rehabilitación das vivendas e a "revitalización económica e social" na comarca do Eume. A directora xeral de Fomento e Calidade de Vivenda, Encarna Otero, explicou que se vai poñer en marcha o 'Diagnóstico do hábitat rural de Galiza' para coñecer o estado das edificacións, a existencia de servizos como auga, saneamento ou alumado, o uso do parque inmobiliario ou a presenza de actividade industrial na zona.


Priorizouse o estudo daquelas zonas con alta densidade de núcleos rurais, por iso se elixiu a comarca do Eume entre outras para detectar o risco de abandono ou deterioro. A base de datos resultante estará dispoñible para os departamentos da Xunta e para o Concello de Cabanas.

20 de set. de 2008

PP e AEC non reaccionan ante a crise

O goberno de comenencia PP-AEC amodiño vaise consumindo. O PP de Santiago require restrinxir gastos pero non se aplica en Cabanas malia á situación desastrosa á que os conservadores encarreiran as arcas municipais. Se non son capaces de facer cumprir as súas promesas electorais de cursos gratuítos dificilmente van facer o que lles manden de Santiago. A convocatoria do Pleno Ordinario da Corporación do vindeiro mércores 24 de setembro, ás 19.30, inclúe solicitudes necesarias como a wimax de Vilar do Colo á Consellería de Innovación e Industria e o capricho de cambio de zona educativa para Soaserra despois do comezo do curso escolar á Consellería de Educación.
Así mesmo, tamén se inclúen na orde do día asuntos como as propostas sen consensuar de subvención á Deputación da Coruña sobre turismo e plan de cooperación.
Pero non son os únicos asuntos que hai sobre da mesa porque desde o pasado 9 de setembro o Grupo municipal do BNG solicitou unha reunión de Xunta de Portavoces para tratar a situación do Plan Xeral de Ordenación Municipal, coñecer concretamente as medidas oportunas adoptadas para a protección da legalidade na urbanización das parcelas Q e acondicionamento do río Baa en Vilar do Colo, informarse sobre a situación da praia da Madalena e a autorización dunha festa de música Techno que parou a Garda Civil por protestas veciñais (segundo nos informan asistiu a ela o alcalde e membros de protección civil), ademais de pedir a limpeza de viais e propiedades municipais por parte do Concello de Cabanas, despois de que a Deputación Provincial concedeu 2 cuadrillas de obras para este fin. A ver se non mandan aos traballadores limpar muros privados en zona VIP ou anotar en tempos de crise quen fala ben e mal do alcalde. Ademais, requiriuse información do estado do contorno do campo de fútbol da Veiga, da apertura do punto de información turística e falar das propostas de obras do POS 2009, mellora do abastecemento e saneamento e promoción turística.
Como ben se ve, as cousas que lles interesan aos veciños seguen sen ser atendidas.

18 de set. de 2008

O BNG propón mellorar a seguridade na volta do Espiño


Mapa completo
O BNG presentou unha nova iniciativa no Parlamento galego encamiñada a mellorar as condicións de seguridade da volta do Espiño. Fernando Blanco Parga pon en evidencia a imprevisión dos gobernos de Fraga en canto ao cruzamento da estrada das Pontes e do gasoduto a Sabón. Esa falta de previsión causou a modificación do proxecto inicial da estrada e deu como resultado un trazado extremadamente perigoso. Agora o BNG solicita medidas concretas para evitar danos innecesarios nos vehículos que moi a miúdo perden o control nesta volta tan perigosa.

10 de set. de 2008

O BNG felicita á Consellería de Educación por manter o autobús para o CEIP Mosteiro de Caaveiro e critica a improvisación coas rutas do Eladia Mariño

O Bloque Nacionalista Galego aplaude a decisión da Consellería de manter o autobús ao CEIP Mosteiro de Caaveiro, atendendo así á decisión da maioría de pais e nais de Soaserra e Regoela que matriculan os seus nenos no centro educativo da Capela. A nosa posición no Pleno da Corporación contra o cambio de zona educativa evitou que un atropelo contra a vontade maioritaria e contra a liberdade de elección se producise pola porta de atrás coa anuencia de tódolos demais grupos políticos. Non obstante, o BNG ten que lamentar que a Consellería non chegase a un acordo mellor coa minoría de pais e nais afectados posto que representa ao final un dobre gasto e unha incerteza para a comunidade educativa do Eladia Mariño a dous días do comezo das clases.
Os partidos políticos estamos para que os nosos veciños e veciñas teñan servizos, non para quitárllelos e, neste caso, o BNG sabía que, sen mudar a zona educativa, hai unha solución coa modificación das rutas do Eladia Mariño que respecta a decisión da grande maioría de pais e nais de Soaserra e Regoela que escolleron ir ao CEIP Mosteiro de Caaveiro. Debémoslle de aclarar á cidadanía que o BNG opúxose ao cambio de zona educativa pero non á modificación das rutas e, así, propuxemos que o Concello e a Consellería de Educación lles buscasen solución aos problemas de seguridade vial no Peón, Laraxe, onde se mantivo durante un ano un risco alto de accidente para o bus escolar de xeito totalmente inconsciente polas autoridades. Agardamos que esta mudanza de percorrido fose consultada coas ANPAS para evitar problemas de última hora, como os acontecidos o ano pasado, e teña en conta a demanda de maior seguridade vial apoiada pola maioría dos pais da zona. O BNG considera propio da improvisación que o PSOE lle comunique á comunidade educativa a través dunha nota de prensa unha mudanza das rutas sen explicar canto van tardar e mais onde van comezar e rematar os itinerarios. Ademais, lamentamos que a dous días do inicio do curso escolar a Consellería e o Concello non foron capaces de poñerse de acordo para retirar uns colectores do lixo que obrigan aos nenos e nenas a ir polo medio da estrada despois de baixar no bus no CEIP Eladia Mariño.
O BNG ten constancia, agora confirmada, de que a alcaldía e dous matrimonios da zona trataron de convencer e presionar para que os pais e nais de Soaserra e Regoela optasen polo CEIP Eladia Mariño e deixasen o Mosteiro de Caaveiro, o cal resultou un fracaso e unha lección para unha minoría que se cría poderosa. O BNG ten que lembrar que cando o CEIP Eladia Mariño abandonou esa zona educativa os pais e nais de Soaserra e Regoela tiveron que custear do seu propio peto o taxi que levaba os nenos ao Mosteiro de Caaveiro e logo de loitar moito conseguiron o servizo de autobús que garantía os seus dereitos. O BNG considera por igual os dous colexios posto que pertencen á mesma administración educativa e danlle servizo a nenos doutros concellos integrándoos na comunidade educativa con éxito e bo labor profesional e repectamos e defendemos a decisión e a libre elección de centro dos pais e nais.
Concluímos logo que a Consellería decidiu axeitadamente e non se deixou influír por unha minoría de políticos, entre os que se atopa o candidato número dous da candidatura socialista nas anteriores eleccións municipais. O BNG entende pero non comparte neste caso a preocupación e os nervios do PSOE e tamén a desidia do PP, e recomendámoslles que atendan os intereses xerais e non só os dos seus achegados.

9 de set. de 2008

Desastre ecolóxico pola actuación da SEPES en Vilar do Colo

A entidade estatal do solo, SEPES, arrasou o contorno natural do río Baa e do Camiño de Santiago ao seu paso polas marxes do polígono industrial de Vilar do Colo, en Laraxe (Cabanas). Sen o informe de Patrimonio cometeu esta entidade estatal unha gamberrada brutal e cruel contra os valores culturais dun pobo, pero o secreto mellor gardado vai ser descubrir que informes poden abeirar semellante abuso contra o medio, reducindo a charqueiras o río Baa.
Ningunha medida de protección ambiental ou do patrimonio foron adoptadas no inicio das obras de urbanización do bloque Q e acondicionamento do río Baa. A SEPES actuou sen contemplacións e con saña contra todo o que se atopou por diante. Así o denuncian a Plataforma de Defensa dos Camiños, a Asociación Etnográfica e da Natureza Amigos e Amigas do río BaaLa Opinión e Diario de Ferrol.
No concello de Cabanas cobren todo cunha escura alfombra, como xa é habitual. Nin tan sequera reciben ás asociacións, porque os gobernantes, malia a cobraren ben en épocas de crise, están ausentes ou agachados detras das mesas cando hai auténticos problemas.

7 de set. de 2008

PP-AEC atrasan o PXOM e non presentan melloras para facer atractiva a licitación

O Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) de Cabanas está de loito e seguirá por un tempo ao non presentar melloras salientables a coalición de goberno local no pasado Pleno da Corporación. 
O Grupo Municipal do BNG criticou duramente a política regresiva e de atraso que PP-AEC están a desenvolver en Cabanas neste asunto. Os dous grupos do goberno prometeron nas eleccións a licitación urxente do Plan Xeral, pero despois de case ano e medio de lexislatura resulta ridículo e mesmo unha "fraude" ao pobo, segundo as consideracións do BNG, non ter resultados concretos e si fracasos sonados con erros irrepetibles. Súmase outro incumprimento máis dos programas electorais da coalición gobernante. 
Neste último Pleno, o portavoz municipal do BNG, Xosé Manuel Pérez, evidenciou a improvisación do goberno local en canto á tramitación do PXOM e afirmou que a coalición gobernante é "incapaz de afrontar retos tan importantes como o Plan Xeral para este Concello e para os veciños". Así, mentres que a Xunta de Goberno local do 27 de agosto se marcou o obxectivo de mellorar as condicións para facer máis atractiva a licitación do Plan, dous días antes, o 25 de agosto, Germán Castrillón asinara unha modificación de créditos que "non inclúe ningunha medida para paliar o seu fracaso" na tramitación do documento. Ironizou o portavoz nacionalista coa grande "previsión" do goberno local e concluíu que PP e AEC "deron no cravo" porque, segundo a lectura política do voceiro nacionalista, estes partidos "non queren facer o Plan Xeral" nesta lexislatura.

6 de set. de 2008

As contas de 2007 debaixo da alfombra do goberno local

A coalición de comenencia PP-AEC oculta as contas municipais de 2007, ano en que xa gobernaron D. Pepe e mais D. Germán ao completo. A lexislación de réxime local sinala como data máxima de rendición das Contas anuais polo goberno local ante a Comisión Especial de Contas o 1 de xuño, esquivando o control político da oposición. Ademais PP e AEC van camiño de incumprir o prazo de presentar a documentación contable diante do Consello de Contas de Galiza que remata o vindeiro 15 de outubro.
O voceiro municipal do BNG, Xosé Manuel Pérez, exixiulle á coalición gobernante que presente de xeito inmediato as contas municipais, posto que o goberno oculta a procedencia de 208.000 € de diñeiro non gastado en 2007, e concluíu que a coalición PP-AEC xestiona o Concello de Cabanas igual ca o caótico reparto de "bola, empanada e churrasco" ás persoas romeiras de Santa Marta.
Escolma da intervención do voceiro municipal:

5 de set. de 2008

O BNG denuncia que o PP incumpre o seu programa electoral

No Pleno de onte pola tarde coméntannos que se aplicou novamente o rodillo de PP-AEC, coa abstención de IVC, para subir as taxas e o prezo público dos pavillóns, das actividades e dos cursos de informática. En resumo os globais son os seguintes:
Palilleiras, aeróbic, debuxo: +64,83%. 9,10 € a 15 €.
Informática: +119,78%. 9,10 € a 20 € ata 15 horas; máis de 15 horas a 30 € +239,67%.
Vela: =+0%.

As críticas e o voto en contra do BNG fundáronse na falta de datos sobre o custo real dos servizos, xa que son claramente insuficientes os estudos económicos asinados por Luís Chillón, delegado de Facenda, que ademais chegou media hora tarde ao Pleno, despois de ter que atrasar a corporación 5 minutos o inicio da sesión. Malia a demandar o BNG estudos máis profundos foron aprobadas as novas subas.

Defrauda así o Partido Popular aos votantes, tal e como manifestaron Xosé Manuel Golpe e Teresa García, posto que o partido do alcalde Castrillón incumpre o programa presentado ás pasadas eleccións municipais de 2007:
  • Promover de forma gratuita acciones de carácter educativo-cultural destinado a personas adultas.
  • Realización de cursos gratuitos para los habitantes de Cabanas de informática, idiomas, etc. según demanda.
O nerviosismo do PP e dos seus socios de goberno de AEC deixouse sentir con interrupcións á oposición, por parte da delegada de Cultura Esperanza Gayoso, e faltas de respecto do portavoz popular, Luís Chillón, abeiradas nun alcalde que non é quen de ordenar o Pleno imparcialmente, posto que, sen motivo, chegou a interromper ao portavoz do BNG, Xosé Manuel P. Sardiña, no uso da palabra cando estaba a pedir precisamente menos crispación ao PP.
Na súa intervención, relacionada cunha modificación de créditos, o voceiro municipal do BNG evidenciou a parálise que lle causa a coalición gobernante a Cabanas e os prexuízos que recaen sobre os veciños coa xestión nefasta dos recursos públicos que a coalición de comenencia PP-AEC está a levar a cabo. Criticou o rotundo fracaso na licitación do PXOM da coalición gobernante e a conseguinte imprevisión do equipo de goberno, que ademais é incapaz de dotala de melloras que beneficien ao conxunto do pobo. Reafirmouse en que o PP só mira para o pasado con enganos e falacias, o que evidencia unha ineptitude alarmante no tocante á xestión municipal. "Co PP Cabanas dificilmente pode ter un futuro mellor", sentenciou o voceiro nacionalista.
Por outra banda, Aetna, unha asociación de defensa dos ríos galegos, saíu denunciando o esmagamento do río Baa pola SEPES.

3 de set. de 2008

Sen permiso de Patrimonio comezan os traballos de acondicionamento da 1ª fase de Vilar do Colo

Hoxe sae en La Opinión o inicio das obras de urbanización do Bloque Q e comercial e acondicionamento do río Baa sen permiso de Patrimonio.

Por outra banda, un vídeo bárbaro: Protesta do Bloc Jove balear polos casos de corrupción do Partido Popular.

2 de set. de 2008

Recuperando a memoria 2, publicación do BNG en conmemoración do mitin de San Marco

A publicación do 21 de agosto, en conmemoración do mitin de San Marcos, elaborada polo voceiro municipal do BNG, Xosé Manuel Pérez Sardiña:






Recolle a transcrición de 6 cartas de Regoela datadas en 1910, unha breve referencia á política local durante a República en Cabanas (1931-1936) e mais a primeira listaxe de represaliados cabaneses (1936-1950).