29 de xan. de 2011

O BNG saca adiante a moción a prol das caixas galegas

Cabanas.- No Pleno Ordinario de 26 de xaneiro, o BNG acadou os apoios necesarios para aprobar unha moción de urxencia contra a privatización e bancarización das caixas galegas. Cabanas é dos primeiros concellos galegos que se posiciona contra as pretensións do Goberno estatal de borrar dun plumazo o carácter público dalgunhas caixas. Para o BNG resulta esencial para recuperar o país da crise manter os estreitos vencellos entre Galiza e as caixas de aforro que agora pretende o goberno do PSOE sacrificar no altar dos mercados. O portavoz do BNG, Xosé Manuel Sardiña, agradeceu a sensibilidade da Corporación municipal nun momento crítico para a economía da nación galega.

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
Ao tempo que se está a iniciar a andaina da nova caixa de aforros galega, logo de acometer un proceso de integración que conta cun alto grao de consenso dos axentes sociais de Galiza, e que ten por obxectivo primordial seguir dotando a Galiza dun instrumento financeiro solvente ao servizo da economía do país, o Goberno Central vén de formular unha proposta de reforma do sistema financeiro que avanza cara a privatización das caixas de aforro e implica unha mudanza substancial de dito proceso e aboca a “Novacaixagalicia” a transformarse nun banco privado. A decisión do Goberno Central non ten fundamentos técnicos ou económicos, é exclusivamente política, e ten coma orixe a absoluta subordinación do Goberno do Estado aos intereses do capital financeiro. Constitúe un chanzo máis no proceso de consolidación do capital financeiro, auténtico detonante da actual crise económica polas súas prácticas especulativas guiadas por un afán de obter enormes lucros por riba da evolución da economía real, e que agora quere saír reforzado incidindo claramente no sistema público de pensións e nas propias caixas de aforro. O BNG vén advertindo do deseño adoptado polo Goberno Central, consensuado co PP, que fomentaba a desterritorialización, bancarización e privatización das caixas de aforro, plasmando tanto na creación do Fondo de Reestruturación Ordenada Bancaria (FROB), como na aprobación dunha reforma express da normativa ordenadora dos órganos reitores das caixas de aforro, que serven de marco xurídico de referencia no cal se sustenta agora a nova reforma deseñada polo Goberno Central. Perante iso, o BNG promoveu unha reforma da Lei de caixas de aforro de Galiza cuxa finalidade é a de colocar o aforro galego ao servizo do tecido produtivo do país e ademais defendemos desde o primeiro momento a fusión galega como ferramenta clara do reforzo e blindaxe do sistema financeiro galego. Mais agora, ese resultado de contarmos cunha única caixa de aforros galega está en cuestión, certamente por unha repentina actuación unilateral do Goberno Central e do Banco de España, mais tamén polo amparo que lle outorga o marco xurídico deseñado logo dos cambios legais que, consensuados polo PSOE e PP, foron acometidos ao longo dos últimos dous anos.Galiza non pode ficar impasíbel perante a tentativa de quedar sen unha caixa de aforro que se encargue de nutrir o financiamento necesario para o tecido produtivo do país, onde as empresas e emprendedores galegos obteñan os recursos precisos para facer viábeis os proxectos que crean valor, riqueza e emprego en Galiza. A privatización da nosa caixa galega significaría a desaparición dun sistema financeiro galego propio. Sen dúbida, constituiría unha apropiación indebida da caixas de aforros galega aos seus lexítimos propietarios, as institucións e impositores, para permitir a absorción do aforro galego polos poderes financeiros alleos a este país. Alén diso, a privatización das caixas de aforro non vai resolver a crise económica actual, senón que pola contra vaina agudizar ao reforzar máis o poder do capital financeiro privado en detrimento das maiorías sociais que se sumirán nunha fonda crise social.No BNG estamos convencidos que é o momento de defender os intereses de Galiza, reclamando tamén ao Presidente da Xunta de Galiza que se poña á fronte da contestación do deseño dun novo mapa financeiro que non respecta nin a galeguidade, nin a vocación social da nova caixa de aforros galega, e faga valer o consenso acadado na sociedade galega a prol dunha caixa de aforros que cumpra dun xeito efectivo o seu papel social de contribución ao impulso da economía produtiva do país.Polo o exposto, o grupo municipal do BNG, solicita do Pleno da Corporación a adopción do seguinte
ACORDOS
1. Rexeitar frontalmente as pretensións do Goberno do Estado de privatizar e bancarizar a nosa caixa galega (Novacaixagalicia).
2. Solicitar do Goberno do Estado a retirada do denominado “Plan de reforzamento do sector financeiro” no que atinxe ás caixas de aforro.
3. Reclamar do Goberno da Xunta de Galiza a que defenda as competencias estatutarias de Galiza, actuando decididamente para evitar que o proceso de reestruturación das caixas de aforro galegas leve aparellada a entrada de capital privado nos seus órganos de decisión e a transformación nun banco privado.
4. Expresar o compromiso inequívoco en manter o vixente modelo de caixas de aforro, con vocación social e vinculación territorial, e demandar dos Gobernos central e galego que eviten calquera tentativa para que as caixas de aforros sexan alleadas en favor da banca privada e do capital financeiro.

28 de xan. de 2011

Milleiros de galegos e galegas dinlle non ó pensionazo

Manifestación da CIG en Ferrol
Cabanas.- O portavoz municipal do BNG de Cabanas , Xosé Manuel Sardiña, subliñou o éxito da folga xeral convocada en Galiza pola CIG para protestar contra o recorte das pensións e o aumento da idade de xubilación.
O voceiro nacionalista participou o mércores á  mañá na multitudinaria manifestación da CIG en Ferrol acompañado de veciños e veciñas da localidade. Asegurou que "fomos milleiros e milleiros de galegos e galegas que dixemos non ao pensionazo" e considerou que o acordo entre Goberno, patronal e algunhas centrais sindicais "confirma que a idade de xubilación se vai atrasar ata os 67 anos, que se van recortar as pensións e que haberá que cotizar máis anos".
Por iso, o portavoz municipal do BNG considerou o pacto estatal "unha traizón aos intereses da maioría social" e apostou por "loitar por pensións dignas e públicas".

24 de xan. de 2011

O BNG denuncia que o PP presenta mocións fantasma

Nos últimos oito meses, o alcalde censurou o debate de sete iniciativas do BNG, o 44% das presentadas
Cabanas.- Dende maio de 2010, o BNG rexistrou 16 iniciativas para debate en Pleno das que sete foron censuradas polo alcalde ao seren excluídas da orde do día dos cinco últimos plenos ordinarios convocados. 
O BNG constatou que existen mocións do Grupo Municipal Mixto sen debater e suxeriulle o seu debate en dous plenos extraordinarios solicitados polo BNG, pero os grupos implicados declinaron a boa disposición do Grupo Municipal do BNG a prol dun dereito básico democrático como é debater as iniciativas que rexistren os representantes políticos do pobo. Aínda así, a día de hoxe quedan dúas mocións sen tratar relativas ao canon dixital e mais ós investimentos no ensino público despois de que os concelleiros do BNG incluísen cinco das iniciativas nos plenos extraordinarios convocados durante o 2010. Mesmo no Pleno extraordinario de xuño, o rexedor que pernocta en Narón chegou a reclamar documentación xa rexistrada para atrasar a celebración do Pleno sobre a N-651 demandado por diversos colectivos veciñais.
Mocións fantasma
En contraposición ás actuacións irregulares que sofre o BNG, pola contra, o PP goza de manga ancha e non pasou por rexistro ningunha das 6 mocións que o alcalde incluíu automaticamente na orde do día. Incrementando a impunidade das actuacións antidemocráticas, o caso máis vergoñento terá lugar no Pleno que terá lugar o vindeiro mércores cando a Corporación teña que debater por imposición do alcalde dúas mocións do PP sen rexistrar, sen especificar na súa cabeceira o nome e apelidos do portavoz do Grupo Popular, precipitadamente dimitido no mes de novembro, e sen tan sequera sinatura.
A debilidade e o caudillismo do PP evidénciase unha vez máis cun alcalde que salta todas as regras de trato igualitario para todos os grupos e favorece  sen pudor ningún a súa opción política fronte á oposición. Faise evidente que o alcalde abusa das súas prerrogativas e bloquea o debate de cuestións de interese local e xeral posto que segue sen incluír no Pleno mocións rexistradas polo BNG e, no entanto, as mocións fantasmas do PP sen rexistrar e sen asinar aparecen como puntos da orde do día do Pleno con impunidade total.


Orde do día do Pleno ordinario do vindeiro mércores ás 19.30 h
1. Aprobación se procede da acta da sesión anterior.
2. Mancomunidade de concellos Galegos do Camiño Inglés.
3. Moción grupo BNG contra os recortes sociais nos orzamentos da Xunta de Galicia de 2011.
4. Moción do grupo BNG contra os recortes sociais do Estado e da Xunta de Galicia..
5. Moción do grupo BNG contra a suba dos bens de priraeira necesidade (luz, gas e auga).
6. Moción do grupo popular contra a rctirada da axuda de 426 euros aos parados de longa duración.
7. Moción do grupo popular en contra da subida do recibo da luz acordada para o primeiro trimestre de 2011.
Parte de control órganos da Corporación.
6. Informes da Presidencia.
a) Resolucións da Alcaldía.
7. Rogos e preguntas.

22 de xan. de 2011

A casa de Juan Ares abandonada á súa sorte

O BNG demandou por escrito medidas hai un ano e Germán Castrillón nin sequera se molestou en contestar
Cabanas.-  O pasado 10 de decembro o tellado da Casa de Juan Ares, protexido por Patrimonio, derrubouse no Areal. Ao parecer, en varias ocasións o Concello expedientou os propietarios, que se atopan inmersos nun proceso xudicial polo futuro do inmoble.
O abandono na conservación dunha parte da vivenda provocou o derrube do tellado da casa fundada por Juan Ares Fernández no ano 1889, unha das primeiras vivendas da parte baixa do municipio de Cabanas.
A coñecida como Casa de Ares sofre unha deterioración importante a pesar do seu valor arquitectónico e histórico. 
Malia a que o BNG reclamou en abril de 2010 medidas específicas ao concello e á Demarcación de Estradas no aglomerado da N-651 tanto para garantir a integridade do Ben como para evitar desgrazas, posto que se realizaba con máquinaria que facía tremar ostensiblemente o chan e a estrutura da vella construción, tanto o alcalde, Germán Castrillón, como a Demarcación non contestaron o escrito do BNG dirixido a estas administracións o que fai sospeitar a ausencia de medidas de conservación específicas nesta actuación.
Germán Castrillón, no día da súa presentación como candidato do PP, explicou que o Concello abriu varios expedientes de infracción urbanística debido ao estado de abandono do inmoble, desocupado desde hai anos, e responsabilizou os herdeiros da vivenda da inacción do concello e tamén apuntou aos temporais do inverno como factores decisivos no desboroamento do tellado pero esquenceu as recentes actuacións da Demarcación de Carreteras do Estado.
O BNG entende que se poido facer máis para evitar as fortes vibracións na reposición do firme da N-651 pero o alcalde nin demandou medidas específicas nin solicitou asesoramento da Dirección Xeral de Patrimonio para garantir a conservación e con botar balóns fóra non se solucionan os problemas.

21 de xan. de 2011

Cultura pagou con fondos públicos 1500 copas de alcol na romaría de Santa Marta


O grupo de goberno en solitario deulles o visto bo ás facturas da festa a remates de 2010
A FACTURA DE SANTA MARTA 2009
Cabanas.- Viño, cervexa, ron e augardente para a romaría tradicional do Areal da Madalena.
As facturas fraccionadas por valor de 800 euros e asinadas pola delegada de Cultura, Esperanza Gayoso, enmárcase na celebración da tradicional Romaría de Santa Marta que se celebra a comezos de agosto. Coa cantidade de alcol mercado o concello puido servir ao redor de 1200 copas de viño, 250 cervexas e máis de medio cento de chupitos.
A coalición PP-AEC aprobou no Pleno de setembro de 2010 os gastos derivados da romaría de Santa Marta, que inclúen boa parte dos 16.000 euros destinados pola concellería de Cultura a financiar a celebración desta festa. Entre o groso das facturas validadas polo Pleno do Concello, cos votos de PP e AEC, atópanse algunhas rechamantes, relacionadas con carpas, degustación e consumicións, como as 1500 copas sufragadas con cargo ás arcas da administración local que se poderían servir coa cantidade de alcol mercado.
Nas tres facturas que contiñan os produtos etílicos, expedidas a nome do Concello de Cabanas, detállanse as bebidas para acompañamento do xantar celebrado o 3 de agosto de 2009 no piñeiral da Madalena. Ademais, no evento romeiro ofrecéronse 200 paellas, que supuxeron 900 € en total, así como degustacións variadas por 802,50 €, estas a cargo dun coñecido hotel da zona que albergou unha exposición do PP nas pasadas eleccións de 2007. O Concello coroou todo iso con 200 botellas de viño, 3 botellas de licores e un barril de 30 litros de cervexa, que representaron o 32% do gasto final do xantar.
Das contas rendidas por Cultura ao Pleno municipal tamén se desprende que o maior gasto contraído na Santa Marta pola delegación de Cultura está relacionado coas carpas despregadas para actividades e música, cos concertos e exposicións de artesanía. Neste capítulo desembolsáronse máis de 8.700 euros, que o BNG estima no 50% do gasto final.
As facturas restantes repártense entre o pagamento ás tradicionais actuacións musicais e á propaganda necesaria para anunciar a festa en papel e mais en cuñas radiofónicas.
Segundo o estado de ingresos, este evento celebrado en 2009 recibiu o patrocinio publicitario do Xacobeo que ascendeu a 6000 euros compartido co II Rally de Terra de Cabanas.
O BNG lamenta que a coalición PP-AEC utilice a institución municipal para incitar ao consumo de alcol e ironiza con que “queren que o pobo beba para esquecer a pobre xestión dos servizos municipais e dos retos locais”.


20 de xan. de 2011

O cambio do Camiño Inglés aféctalle á Humanización da N-651

A Xunta, trala modificación de parte do trazado do Camiño Inglés ao seu paso por Cabanas, deberá autorizar as actuacións na N-651 que afecten o Camiño Inglés (Ver La Opinión de A Coruña)
Cabanas.- A modificación dun quilómetro do trazado do Camiño Inglés ao seu paso por Laraxe impón dereitos de pasaxe e xera cambios na afección sobre veciños, Concello e mesmo o Ministerio de Fomento, que se verán obrigados a solicitar autorización á Dirección Xeral de Patrimonio para executar calquera tipo de obras ou corta de arboredo.
A Humanización da N-651 atópase deste xeito con novas dificultades para materializar novas beirarrúas e accesos amplamente demandados pola veciñanza.
A Humanización da N-651, xa adxudicada en xaneiro de 2008 a Proyfe, segundo o alcalde "está pendente de ser aprobada". Mentres que, o pasado mes de agosto, en resposta a unha pregunta do deputado nacionalista Francisco Jorquera, Fomento respondeu que "o proxecto de actuacións de seguridade viaria na N-651 en Cabanas, atópase actualmente en redacción".
O BNG sumárase ás reivindicacións veciñais sobre do proxecto da N-651 cunha emenda que saíu adiante cos votos favorables da oposición e coa abstención do socio do PP no Goberno local, Agrupación de Electores de Cabanas. Pero o BNG denunciou onte que parte das alegacións non foron remitidas polo Concello á Demarcación de Estradas do Estado e advertiu da "vinculación urbanística" do plan de melloras da estrada estatal despois de que o Pleno o informase favorablemente cos votos de PP e AEC.
Ante a modificación operada sobre o Camiño Inglés para salvar a urbanización das parcelas Q en Vilar do Colo, unha obra amplamente demandada vese atrasada innecesariamente á espera das posibles modificacións que poida exixir a Xunta de Galiza.

19 de xan. de 2011

O BNG en contra da suba dos bens de primeira necesidade: auga, luz e gas

Cabanas.- O BNG rexistrou unha moción para instarao Goberno do Estado a que dea marchaatrás á suba da luz e gas, de xeito que en ningún casoo seu prezo se incremente por riba do IPC.A proposta do BNG abonda en que é necesario modificara actual Lei Eléctrica, de xeito que se clarifique o custo real da xeración deenerxía e mais modificaro Decreto do Carbón, de xeito que non prexudique as centrais galegas.Tamén o BNG lle exixe ao Goberno da Xuntade Galiza a modificar a Lei de Augas, de xeito que, de ningunha maneira, supoñaun incremento da carga impositiva na situación actual de crise.
O Grupo municipal agarda poder defendela no Pleno que terá lugar o vindeiro mércores 26, posto que o alcalde limitou o número de iniciativas a 3 para excluír as propostas do BNG que non lle conveñen.
Exposición de motivos da moción:
A actualsituación de crise económica está a provocar maiores dificultades económicas enmoitos fogares galegos e, neste contexto, non se debe cargar ás economíasfamiliares con subas no custo dos seus consumos básicos. Xusto o contrario doque están a facer o Goberno do Estado e a Xunta de Galiza.
O Gobernodo PSOE continúa despregando a súa políticaantisocial, ao servizo da grande banca e, neste caso, das grandeseléctricas. A decisión de subir un 9,8 por cento o recibo da luz e en torno ao4% o gas é un duro golpe para as economíasmáis modestas, isto é, para aqueles sectores sociais que xa están a sufrir as peoresconsecuencias da crise, que son os mesmos que non tiveron nada que ver coa xeración da crise, a mans dun Gobernoque prometeu por activa e por pasiva que a factura da crise non a pagaría amaioría social.
A medida éespecialmente lesiva para Galiza porque, ademais de termos menores salarios epensións que a media do Estado, o 30%do incremento da suba débese, tale como recoñeceu o propio Goberno do PSOE, á entrada en vigor do Decreto do Carbón. Ou sexa, que non só esteDecreto vai representar a parálise das centrais térmicas galegas e a destruciónde miles de postos de traballo, senón que aínda por enriba os consumidores galegos terán que financiar, víaincremento do prezo da electricidade, asperdas que esa parálise vai producirás empresas eléctricas.
Somos así dobremente “pagáns”, porque pagamos a electricidade máis cara eporque as nosas centrais deixarán de producir por unha decisión política do Goberno do PSOE que, máis unha vez, antepón os intereses das concas mineiras deAsturias e León aos de Galiza.Unha decisión do Goberno do PSOE que en ningún caso foi contestadaadecuadamente polo PP, que recentemente votou xunto co PSOE no Senado contraunha iniciativa do BNG para modificar o Decreto do Carbón.
Ademais, cómpre recordar que Galiza é produtora excedentaria de enerxíaeléctrica, cun desenvolvido sector eólico e con produción hidráulica e térmica,que teñen un forte impacto ambiental no país. Non obstante, os beneficios paraGaliza destas instalacións son máis ben escasos, ao non ter Galiza autonomíafinanceira e, xa que logo, recadarse de xeito centralizado os tributos,principalmente o de sociedades.
O Gobernodo PSOE xustifica a medida na existencia dun déficit tarifario, isto é, nofeito de que o recibo da luz supostamente non cubre os custos de produción.Este déficit é o resultado da aplicación dunha Lei Eléctrica irracional que sóbeneficia as grandes eléctricas. Con esta Lei, o prezo da enerxía non reflicte o custo real de produción con cadatecnoloxía (hidráulica, nuclear, gas natural, fuel, etc). É o quilovatio máis caro o que marca o prezode todos os quilovatios, conindependencia de canto custase a produción de cada un deles.
Así, odéficit existe por unha lexislación promovida en 1997 polo Goberno do PP deAznar, que fai un uso ineficiente dos recursos, ao servizo do sector privado dexeración eléctrica. De feito, os beneficios das grandes eléctricas son hoxemaiores que cando se ligaba o prezo da enerxía ao custo real de produción decada unha das tecnoloxías. Isto é o que explica que o prezo da electricidade sexa máis caro no Estado español que en estadosda UE máis desenvolvidos, como Francia, Finlandia ou o Reino Unido.
O Goberno da Xunta de Galiza do PP segue esta mesmapolítica de incrementar o custo dos servizos básicos para a cidadanía. Así,acaba de aprobar en solitario unha lei de augas que contén dous novos tributos,o canon da auga e o coeficiente de vertido, coa única intención de aumentar arecadación, a costa de familias e particulares. Xa no primeiro ano deaplicación destes dous novos tributos, a Xunta de Galiza, prevé duplicar arecadación prevista polo canon de saneamento para o ano 2010, cun incremento depreto de 35 millóns de euros. Unha persoa que viva soa e que teña un consumomedio, duns 3 m3. ao mes, verá como a carga tributaria do seu recibo da auga seincrementa en máis dun 363%; e unha familia de tres membros, con ese mesmoconsumo por persoa, terá que soportar un incremento do 171%.
Non hai política máis antisocial que incrementar o custode servizos básicos nun contexto de forte crise económica, e por isto mesmo,opoñémonos á suba do prezo da electricidade, do gas e ás modificaciónscontempladas na Lei de Augas de Galiza, que incrementarán o custo da auga.

15 de xan. de 2011

O BNG demándalles manter os dereitos sociais ao Estado e á Xunta de Galiza

Cabanas.- O BNG presentou por rexistro unha nova moción que manifesta a súa desconformidade cos recortes económicos previstos polos gobernos estatal e pola Xunta nas áreas sociais dos orzamentos do presente 2011. A proposta expón o seguinte:

A actual crise económica está a ser o marco idóneo paraque tanto o Goberno do Estado como a Xunta de Galiza estean a levar a cabomedidas de claro carácter antisocial, que seguindo os ditados de organismoscomo a UE, o FMI ou a OCDE, e baixo o pretexto de reducir gastos e fomentar unhapolítica de austeridade, están a supoñer un forte recorte das prestacións eservizos sociais, e polo tanto, un empeoramento das condicións de vida damaioría da poboación.
Neste contexto, o último paso é o anuncio do Goberno doEstado de que presentará a finais de xaneiro unha proposta de reforma dosistema de pensións. Este anuncio ven encadrado nunha campaña con numerosasdeclaracións tanto do Goberno como de membros e institucións destacadas dadereita económica e dos poderes financeiros que tentan amosar unha imaxealarmista e catastrofista do sistema público de pensións, aludindo á súa futurainsostibilidade, coa clara intención de crear alarma social, que é o mellorrecurso para posteriormente xustificar reformas regresivas na Seguridade Sociale abrir o campo a fondos de pensións privados e á privatización do propiosistema.
Así, as declaracións que os diferentes membros do gobernodo Estado están a facer sobre as medidas que se contemplarán nesta reforma nonpoden ser máis preocupantes. Anúnciasenos o incremento da idade legal dexubilación até os sesenta e sete anos, e anúnciasenos tamén pensións de menorcontía, a través da fórmula de incrementar os anos para o cómputo da contía dapensión. Estas dúas medidas, de levarse adiante, suporán un empeoramento dascondicións de vida da gran maioría da poboación, ao ter que traballar máis anose recibir unha pensión menor.
Segundo o propio ministro de Traballo e Inmigración, areforma incluirá o retraso da idade de xubilación até os sesenta e sete anos, oque suporía a maior idade legal de xubilación dos países do noso entorno. Non éesta a medida máis acaída para fomentar o reparto do traballo e loitar contra oaltísimo desemprego xuvenil, que se sitúa no 34,6% en Galiza (III trimestre daEPA).
Ademais, o goberno do Estado está a propoñermodificacións no cálculo da contía das pensións. Na actualidade a contía dapensión calcúlase en función do base reguladora da persoa cotizante nos seusúltimos quince anos antes da xubilación, e o goberno propón ampliar este período até os vinte anos nunha primeira estancia,propoñendo que nunha segunda fase se eleve até os vintecinco anos. O incrementono período de cálculo diminúe a contía da pensión a percibir na maioría doscasos. Diversas persoas especialistas en economía estiman que, por cadaincremento dun ano no período de cálculo da pensión, a contía descende de medianun 1%. Así, de incrementarse en cinco anos este cómputo, a pensión media dungalego ou galega, que está en 730,70 euros mensuais, descendería en 36,5 euroscada mes, e 511 euros anuais. Isto significa que ao ano, Galiza deixará depercibir en concepto de pensións, 227,3 millóns de euros anuais. Estesdescensos duplicaríanse nunha segunda fase que prolongaría este período até osvintecinco anos.
O BNG afirma que o actual sistema de pensións é sólido esolvente, e tamén que poden ser necesarias algunhas reformas no mesmo, pero asmesmas deben servir para corrixir os aspectos regresivos que contempla o Pactode Toledo, pacto apoiado polo PP e polo PSOE, e que supuxo o primeiro paso parao retroceso do carácter público do Sistema de Pensións. Polo tanto o BNG oponsefrontalmente á reforma tal como a ten anunciado o goberno do Estado.
Non obstante, a reforma daspensións non é o único motivo para preocupármonos. Tanto a Xunta de Galiza comoo Goberno do Estado acaban de levar a cabo medidas que provocarán grandesdificultades, especialmente aaquelas persoas que se encontran en situación de desemprego e carecen decalquera cobertura económica.
Os galegos e as galegas por debaixo do limiar da pobrezaascenden a máis de 600.000 persoas. Non obstante, o número de persoasperceptoras da renda de integración social de Galiza (RISGA) é menor de 5.000 eos orzamentoselaborados pola Xunta de Galiza para 2011, malia recoñecer que vai haber un incremento de solicitudes do 18%, para 2011, vén conxelar para2011 as partidas dedicadas a estas persoas, como son as prestacións sociais decarácter periódico destinadas a garantir recursos económicos de subsistencia aquen careza deles, como a renda de integración social de Galiza (RISGA); asAxudas de Emerxencia Social; o Servizo de Asistencia no Fogar e as destinadasao financiamento dos Plans Concertados e de Servizos Sociais Comunitarios, última esperanza de obter un ingreso para moitosgalegos e galegas que carecen de calquera outro apoio. Ademais, o goberno do PPrecorta drasticamente os recursos destinados as políticas sociais e, nomeadamente,as transferencias que en materia social realiza a administración galega aos concellos.
Neste contexto a supresión por parte do Goberno do Estadoda axuda de 426 euros que viñan recibindo 9.000 galegos e galegas, agrava asconsecuencias dos recortes sociais practicados pola Xunta de Galiza,incrementando a pobreza e agravando as desigualdades no noso país,especialmente nun momento no que os traballadores e traballadoras que perderono seu emprego no punto máis álxido da crise (finais de 2008 e comezos de 2009)están a piques de esgotar a cobertura por desemprego.
Poloo exposto, o grupo municipal do BNG solicita do Pleno da Corporación municipala adopción do seguinte
ACORDO
1.Instar ao Goberno do Estado a que retire a actual proposta sobre a reforma daspensións e, nomeadamente, que se defendan os seguintes criterios ante unhafutura reforma:
  • A idade legal de xubilación debe permanecer nos sesenta e cinco anos.
  • O período para o cálculo da contía da pensión manterase os quince anos de cotización, podendo optarse por fórmulas que permitan seleccionar o período da vida laboral con maiores bases de cotización da futura persoa pensionista.
2. Instar ao Goberno do Estado a manter o Programa Temporal deProtección por Desemprego e Inserción (PRODI) co fin de asegurar que ningunhapersoa desempregada quede sen cobertura.
3. Instar á Xunta de Galiza a incrementarsubstancialmente a dotación orzamental para a inclusión social e, en concreto,incrementar a contía da RISGA e das Axudas de Emerxencia Social.

13 de xan. de 2011

Camiño Inglés de quita e pon en Cabanas

Cabanas.- A Xunta de Galiza acaba de mudar un quilómetro do Camiño Inglés na súa entrada ao Concello de Cabanas, segundo podemos ler hoxe na Opinión. A solución darílle vía libre á urbanización da zona cabanesa de Vilar do Colo próxima ás vivendas do Pereiro e así esquivar a afección sobre os terreos que impoñía o camiño.
As obras da SEPES, que arrasaron o río Baa e mais a traza do Camiño Inglés que agora se cambia, estaban paralizadas dende 2008. Mesmo a Xunta arranxara a remates do ano Xacobeo que acaba de rematar a deteriorada traza de 1998.

1 de xan. de 2011

PP e AEC subiron a contribución un 10% para 2011

Cabanas.- Mentres a maioría dos concellos galegos conxelan grande parte das súas taxas nun aninovo marcado pola suba da luz, os cabaneses pagaremos un 10% máis de contribución  (IBI) e ademais subirán os prezos das licenzas urbanísticas das obras menores.
Nun ano xa marcado por subas como a do prezo da luz, o gas natural ou a bombona de butano, o bipartito local de PP-AEC deulles nesta lexislatura o visto e prace a unhas ordenanzas fiscais que lles soben as cotas aos cidadáns en impostos e taxas.
En Cabanas, despois da suba do coeficiente de cálculo do IBI urbano un 37% en 2007, lévase incrementando todos os anos o prezo do imposto sobre bens inmobles un 10% en base á actualización  dos valores catastrais impulsada polo goberno local en 2008. A escaseza de recursos económicos polo malgasto do PP-AEC, mesmo obrigou a recobrar este ano pasado atrasos do IBI non recadados de 2007.
Ademais, entre os casos en que os contribuíntes notarán un aumento nas súas facturas atópase o recibo das licenzas urbanísticas para obras menores camuflado a través dunha "actualización" dos prezos unitarios. O BNG votou en contra porque non estaba de acordo con varias cantidades e mais con algúns conceptos.

SUBAS NOS SERVIZOS BÁSICOS 
As tarifas dos principais servizos básicos, como a luz, o butano e os transportes, volverán subir co comezo de 2011. Deste xeito, a luz vén subindo cada ano dende 2003, aínda que só dende 2006 (5,28%) o fai por riba do IPC. Se en 2007 a suba foi do 2,98%, en 2008 rexistrou un incremento do 9,08%. En 2009 creceu un 3,5% e en 2010, un 2,6%. Nesta ocasión, a Tarifa de Último Recurso (TUR) da luz subirá un 9,8%.
No transporte, Renfe subirá entre un 2,3% e un 4,8% os billetes dos seus distintos servizos. Os de Proximidades e Media Distancia convencional encareceranse un 3,1%, aínda que os bonos 'multiviaxe' destes trens farano un 2,3%.
A estas novas facturas sumaráselle no seu momento, previsiblemente despois das eleccións, o canon da auga de aprobación recente pola Xunta de Galicia, apoiado polo PP desde o Pleno da Corporación.
 
AUTOESTRADAS 
Do mesmo xeito, a peaxe das autoestradas dependentes da Administración Xeral do Estado subirá unha media do 1,44% a partir do 1 de xaneiro de 2011. Así, o traxecto entre A Coruña e Vigo custará, segundo a información de Audasa, 12,9 euros para os turismos.
Pola súa banda, o prezo do selo de Correos para o envío nacional de cartas de ata 20 gramos de peso subirá un 2,94% e pasará a custar 0,35 euros. O franqueo para cartas de entre 21 e 50 gramos subirá un 11,1%, ata 0,50 euros. En canto a envíos internacionais, o selo sitúase en 0,65 euros para Europa e en ata 0,8 para outros destinos internacionais.