30 de abr. de 2010

O BNG quere Eume sen peaxe e acceso en Andrade como solución ás caravanas

O BNG entende que a solución aos atoamentos de tráfico na ponte de pedra do Eume pasan necesariamente pola liberación da peaxe e a construción dun enlace da AP-9 en Andrade. Estas actuacións terían un impacto positivo e evitarían seguir facendo de Pontedeume e Cabanas un colapso permanente de tráfico. Así o explicaron hoxe pola mañá os dous portavoces do BNG en Pontedeume e Cabanas e mais a parlamentaria Ana Luísa Bouza nunha rolda de prensa que tivo lugar en Ferrol.
Lamentaron os representantes do Bloque os reiterados incumprimentos dos compromisos adquiridos pola administración central do PSOE, que agora se xustifica en cuestións técnicas sen achegar alternativas, ou pola administración autonómica gobernada polo Partido Popular, que xa votou en contra dunha proposta nacionalista de resolución presentada canda os orzamentos da Xunta do presente ano.
Malia a esta situación, segue habendo unanimidade na sociedade local e nos plenos municipais para reclamar unha solución satisfactoria. De feito, tal e como explicou o voceiro de Pontedeume a Corporación veciña aprobou unha moción que aínda está á espera de ser tratada en Pleno en Cabanas.
Segundo explicou o voceiro do BNG de Cabanas, "as dúas ribeiras do Eume están moitos días do ano máis lonxe en coche ca Ferrol da Coruña". Esta situación arrastrada dende hai moitos anos agrava os prexuízos que padece o comercio comarcal por causa das limitadas e obsoletas infraestruturas que hai neste momento no Eume, incapaces de absorver o tránsito comarcal segundo aseguran os nacionalistas.

29 de abr. de 2010

Pleno extraordinario para tratar alegacións ao orzamento e ás ordenanzas

Hoxe terá lugar un Pleno extraordinario ás 19.30 h na Casa do Concello.
A Corporación vai tratar as alegacións á ordenanza de telefonía e mais ao orzamento municipal para 2010, que inda non entraron en vigor.

Contestación de Zapatero a Jorquera sobre o veto á antiga Astano:

27 de abr. de 2010

O Congreso aproba a proposición do BNG sobre o IVE para os alimentos



Madrid, 27 Abril 2010. O Pleno do Congreso dos Deputados aprobou este serán, e a pesar do voto en contra do PSOE, admitir a trámite a proposición de lei do BNG que demanda a aplicación do IVE super reducido do 4% a todos os produtos alimenticios. A iniciativa do BNG recibiu o respaldo de todos os grupos da Cámara agás o socialista. O resultado da  votación foi: 173 votos favorábeis, 167 en contra e 2 abstencións. 


O PP de Cabanas á contra de propostas positivas



Hai que lembrar que no Pleno da Corporación de marzo o  grupo municipal do PP , cunha curteza de miras evidente, rexeitou unha emenda do BNG presentada polo portavoz Xosé Manuel Sardiña para instar ao Goberno á aplicación deste IVE. Deste xeito e unha vez máis, a Corporación queda no furgón de cola dos pronunciamentos políticos a prol dunha reforma de impostos social, que beneficia directamente os sectores produtivos galegos e os consumidores.

Os consumidores serán os grandes beneficiados 

Precisamente, subliñou Jorquera, dous dos produtos máis consumidos, a carne e o peixe que supoñen o 47,6% do gasto en alimentación, “aínda tributan ao 7%,e a partir do segundo semestre, faráno ao 8%.”. Neste sentido, a aplicación da proposición de lei do BNG suporía unha importante rebaixa no custe da cesta da compra. 


Estímulos fiscais para o sector pesqueiro e agro-gandeiro 

“Con estas medidas, indicou, amortiguamos o impacto que sobre os prezos, e o consumo en xeral, terá a suba do IVE que entrará en vigor despois de xuño”. Salientou tamén a importanza de contribuir a mellorar a situación do sector pesqueiro e do da carne, “ambos cun peso moi relevante na economía galega, e que están a atravesar unha profunda crise”. Uns sectores estratéxicos para Galiza. 

Nesta liña, Jorquera salientou que tanto o sector agro-gandeiro como o pesqueiro poñen en valor os recursos propios, aseguran a suficiencia e calidade alimentaria e a súa actividade é básica para a preservación do medio e loitar contra a desertización poboacional do agro. Por iso, precísanse políticas de estímulo fiscal que axuden á súa recuperación. 
Máis aquí

O BNG reitera a reclamación para solucionar os atascos do Eume

Cabanas, 27 de abril de 2010.- O pasado venres, o Grupo Municipal do BNG rexistrou unha nova moción que propón unha solución ás retencións diarias que se producen na antiga ponte do río Eume. O BNG pretende que o Pleno de Cabanas inste ao Ministerio de Fomento a retomar a viabilidade do Enlace coa AP-9 en Vidreiro, dándolle unha solución definitiva ás retencións diarias de tráfico entre as dúas ribeiras do Eume co establecemento da gratuidade da peaxe.
Neste sentido, o BNG trata de darlle novamente resposta ao Goberno do Estado, que descarta a construción do enlace coa AP-9 en Vidreiro, malia ter consignado nos Orzamentos Xerais do Estado para 2009, unha partida de 400.000 €.
As razóns que se aducen para tal negativa fan referencia á normativa sobre novos enlaces, a seguridade dos túneles, en relación á proximidade do túnel de Campolongo.Desde o BNG consideramos máis que discutíbel que tal normativa poida “comprometer” definitivamente esta actuación e que se trata dunha escusa do goberno.Dende o BNG, non son cribles que as dificultades técnicas sexan insalvábeis para a execución do Enlace de Vidreiro; o que non existe é vontade de facelo por parte do goberno do Estado, xa que o enlace pode situarse á distancia necesaria do túnel, á altura da área de descanso que está a carón da urbanización de FADESA.
Desde logo, pódese comprobar que non vai ser maior que a distancia que existe do túnel de Cabanas ao desvío (un quilómetro aproximadamente) ou a distancia desde a saída do túnel do Sartego para Neda (bastante menos de un quilómetro).A construción do enlace en Vidreiro e a gratuidade da peaxe representan a día de hoxe as únicas alternativas que existen para absorber as grandes cantidades de tráfico que diariamente colapsan a N-651 e, por desgraza, non se ofrecen por parte do Ministerio –nin existen- outras solucións que, cando menos, palíen as retencións de tráfico na ponte. 
Pontedeume e Cabanas posúen varios quilómetros de travesía urbana con limitacións de velocidade e tramos de trazado relativamente sinuoso que dificultan a fluidez de tráfico, unido á contaminación acústica que provoca nos propios núcleos que atravesa.A construción do Enlace e a gratuidade da peaxe neste tramo son medidas xa apoiadas por varias Corporacións locais da zona e demandadas socialmente. Son medidas que terían unha inmediata repercusión positiva no relanzamento industrial da comarca, dotada, daquela si, dunhas boas comunicacións, así como tamén un efecto positivo nas economías destas localidades e de toda a comarca.

18 de abr. de 2010

O BNG demanda cobertura total de TDT en igualdade de condicións para toda Cabanas

O grupo municipal do BNG propónlle ao Pleno da Corporación municipal:
  1. Instar á Xunta de Galiza a que garanta a cobertura total da TDT para o territorio do concello en igualdade de condicións para todas as familias e estabelecementos, contemplando as axudas que fosen necesarias.
  2. Remitir ao Goberno galego as reclamacións de falta de cobertura e colaborar na tramitación das axudas que se estabelezan para garantir esta cobertura universal.

Iniciativa do BNG no Parlamento
Nascomparecencias do Secretario Xeral de Medios da Xunta de Galiza no Parlamentogalego, para informar do apagamento analóxico e a implantación da TDT, o BNGmanifestou a súa preocupación polas zonas sen cobertura. Na súa resposta, oSecretario Xeral, indicou que as mesmas se cubrirían por satélite e que, unhavez rematado o despregamento, os fogares sen cobertura poderían instalarunha antena parabólica e recibir o sinal da TDT vía satélite.
Indicoutamén que estaban a negociar co Estado axudas económicas para a instalación dasantenas parabólicas nos casos de familias con escasos recursos económicos, quenon supoñan unha discriminación destes fogares a respecto dos que teñen accesoao sinal terrestre que gozan de axudas.

Os "despistes" do PP descubertos polo BNG
Recentemente,o BNG dirixiuse ao Goberno do Estado, a través do Congreso dos Deputados, paracoñecer as datas de implantación deste sistema e as axudas previstas e na súaresposta confirmaron o obxectivo de lograr a universalización no acceso á TDT ecomo solución máis axeitada para realizar a extensión complementaria utilizar osinal vía satélite. Tamén afirmaron que o Estado non contempla axudas para acompra dos equipos de recepción por satélite.

A proposta do BNG
O BNGdemanda solucións para as poboacións situadas nasdenominadas “zonas de sombra”, como é o caso de moitos núcleos de Lugo e dasoutras provincias galegas, que non poderán sintonizar a TDT despois de que o 3de abril de 2010 se produza o último apagamento analóxico. Por outra parte haique ter en conta que non se dan datas para a implantación desta cobertura porsatélite nin se ten previsto habilitar axudas para a instalación de antenas víasatélite. Hai que ter en conta que a instalación básica, que inclúe a antenaparabólica, o receptor de satélite e a man de obra pode subir até os 300 euros,moito máis caro que o servizo de TDT. E para moitas economías familiares,especialmente para persoas con pensións mínimas, supón un gasto moi importante, á parte de que as persoas residentes nas zonas de sombra non sonresponsábeis de non teren cobertura de TDT.

17 de abr. de 2010

Xosé Manuel Sardiña aposta porque se mellore o pintado da Estatal 651

Segundo o voceiro do BNG o alcalde debe reflexionar e desculparse diante dos veciños
Os veciños merecen ser escoitados todos por igual, non uns máis ca outros

A protesta dos veciños de Porto e Laraxe foi provocada polo o pintado da Estatal-651 e pola desinformación e a falta de dedicación do goberno PP-AEC. O BNG comparte o malestar  dos veciños e lembra que estas obras, como outras moitas, non lle foron informadas. A coalición PP-AEC restrinxiu e limitou o coñecemento dos proxectos importantes e mesmo se nega a tratar na Xunta de Portavoces a actuación na estrada xeral 651. O goberno local, non conforme con isto, xa pasou a ofender e faltarlle ó respecto aos veciños. Deste xeito, o rexedor popular, Sr. Permuy, demostra un especial empeño en facer realidade a frase de Groucho Marx: "A política é a arte de buscar problemas, encontralos, facer un diagnostico falso e aplicar despois os remedios equivocados".
Á vista da situación, Xosé Manuel Sardiña, portavoz municipal, pídelles aos veciños que temperen a situación e convídaos a traballar nun documento de melloras que o BNG presentará tanto no Pleno como na Demarcación de Estradas. Expuxo que "non debemos perder un minuto en pataletas" e sinalou que "é momento de preocuparse por mellorar a actuacción na Estatal-651 e buscar propostas para minorar os prexuízos ós veciños. Logo de facer isto, exixiremos responsabilidades".

As desafortunadas declaracións
O voceiro nacionalista dixo que "o alcalde do PP fáltalle ao respecto aos veciños  e ignóraos tanto como desatende as demandas de claridade do BNG. As queixas nin as escoita nin as acepta por igual", "o rexedor debe reflexionar sobre o seu papel neste asunto e en todo caso pedir desculpas polas súas ofensas e faltas de respecto á veciñanza" apostilou. Asemade, entende que "a veciñanza debe valorar as cousas que pasaron nestes tres últimos anos, non deixarse levar por palabras ocas e poñerlle norte a Cabanas".

16 de abr. de 2010

O BNG reclama a continuidade do Servizo Galego de Igualdade


O BNG presentou unha moción no rexistro municipal de Cabanas encamiñada a:
  1.   Instar ao Goberno galego a retirar o anteproxecto de lei de extinción do Servizo Galego de Igualdade. 
  2. Instar ao Goberno galego a traballar encolaboración cos concellos para fortalecer os instrumentos administrativos deprocura da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e tratamentointegral da violencia de xénero.  

Antecedentes
 En 1990 debátese no Parlamento galego o proxectode lei de creación do Servizo Galego de Promoción da Igualdade do Home e daMuller (SGPIHM), logo de ter rexeitado a maioría conservadora a presentacióndunha Iniciativa Lexislativa Popular de creación dun Instituto Galego da Mullerpromovida polo movemento feminista galego
Cubre a dereita con esta iniciativaalgún aspecto da demanda feminista: créase un organismo autónomo con orzamentoe persoal propio e independente das estruturas gobernativas e cun consello dedirección con presenza de todos os departamentos da Xunta de Galiza, comoinstrumento de transversalidade. Pero néganse a denominalo Instituto e a quedependa da Presidencia da Xunta. Finalmente a lei de creación apróbase en 1991e no ano 1993 o SGPIHM recolle os recursos, persoal e competencias do Institutoda Muller en Galiza. 

O avance coa Vicepresidencia do BNG 
Na pasada lexislatura o SGPIHM, coñecido xa como ServizoGalego de Igualdade (SGI) pasa a depender da Vicepresidencia da Xunta deGaliza, a través da Secretaría Xeral de Igualdade. Tamén na pasada lexislaturase produce un avance lexislativo a prol da igualdade entre mulleres e homes. 
En2007 apróbanse a lei do traballo en igualdade das mulleres galegas queestabelece por lei a paridade na composición dos gobernos galegos e a lei deprevención e tratamento integral da violencia de xénero que estabelece recursoscomplementarios e amplía os dereitos da normativa estatal para atender aofenómeno da violencia de xénero. Ademais moita normativa sobre informaciónestatística, corresponsabilidade, coeducación, saúde das mulleres,cotitularidade agraria... 

Volve o atraso co PP 
A principios de 2009 o PP volve ao goberno da Xunta eparalízase de novo a actividade normativa. Dende a súa chegada, o goberno deNúñez Feijóo está ademais a incumprir a normativa vixente. Incumpre a necesariacomposición paritaria do goberno, polo que está nos tribunais, incumpre asobrigas de información sobre violencia de xénero ou situación das mulleres oueliminado a variábel sexo da información sanitaria, obrigas que estabelece alei de plan estatístico galego en vigor até 2013. 
En marzo de 2010 aparece na páxina web do SGI o borrador dunanteproxecto de lei de extinción do SGI, e na exposición de motivos doanteproxecto e tamén na súa xustificación no pleno do Parlamento galego alúdeseao aforro, á concentración e simplificación da estrutura de igualdade, que encambio non simplifican en turismo nin sanidade nin deportes, nin medio rural...todas elas e máis con organismos autónomos creados por lei.
Durante estes últimos trinta anos, a normativa que enmarcaas políticas de igualdade foi sempre avanzando na mesma dirección, condistintas velocidades, poucas veces cumprindo as demandas das mulleres, peroavanzando.
O Servizo Galego de Igualdade, na súa consideración deorganismo autónomo creado por lei e por tanto independente dos decretos deestrutura dos distintos gobernos, proporciona estabilidade e garantías ásrelacións entre o Goberno galego e os concellos, nunha materia compartida e tansensíbel como as políticas de igualdade entre mulleres e homes e de prevencióne tratamento da violencia de xénero. É por tanto unha ferramenta necesaria parao avance da igualdade.

14 de abr. de 2010

O BNG reclama tratar urxentemente o pintado da N-651

O BNG reclama que as demandas veciñais sexan tramitadas polo Concello
Xosé Manuel Sardiña considera que os veciños deben ser escoitados todos por igual e non uns máis ca outros
O portavoz municipal do BNG solicitou onte, martes, unha reunión urxente da Xunta de Portavoces para tratar o proxecto de pintado da estrada estatal que discorre por Cabanas, sen que ata o momento houbese resposta oficial por parte do Concello de Cabanas.
O portavoz do BNG, Xosé Manuel Sardiña, tratou hoxe pola mañá de localizar ao alcalde, Germán Castrillón, co fin de coñecer o seu parecer sobre as protestas veciñais e mais a disposición da coalición PP-AEC para convocar unha reunión municipal na que, segundo exixiu o BNG, deberían estar os representantes designados polos veciños co fin de garantir que as demandas da veciñanza cheguen á Demarcación de Estradas do Estado a través do Concello.

O goberno local péchase en banda
O rexedor do PP comunicoulle verbalmente ao representante nacionalista na corporación municipal a súa decisión de informar do proxecto definitivo de pintado e evitou en todo momento atender a demanda de "claridade" na tramitación do proxecto que reclama o BNG. Segundo o portavoz nacionalista "é moi necesaria a participación dos grupos políticos e mais dos veciños neste asunto, hai moitos afectados e  o malestar  increméntase posto que non se están a ter en conta os problemas que pode crear o pintado horizontal da N-651". Con esta actitude o alcalde popular atrasa a urxencia das reclamacións do BNG e céntrase en atender os problemas de 100 m de estrada, cando por Cabanas hai varios quilómetros de vial con deficiencias que hai que procurarlles unha solución.
Xosé Manuel Sardiña tamén explicou que "adiantámoslle a nosa intención de emprender novas iniciativas para facer efectiva a participación veciñal e do BNG nun tema tan trascendental para a vida cotiá, non imos quedar de brazos cruzados diante de semellante atropelo".

13 de abr. de 2010

Cabanas poderá ter 'wifi' pública pero con velocidade limitada


A rede 'wifi' para Cabanas dispón dun presuposto de 91.060 € incluídos no Fondo Estatal para o Emprego e a Sostibilidade
O voceiro do BNG advertiu no Pleno de xaneiro das vantaxes do wimax en canto a prestacións e velocidade
A proposta da  Comisión do Mercado das Telecomunicacións é moi lenta


O consello da Comisión do Mercado das Telecomunicacións (CMT) aprobou un anteproxecto de circular no que se establecen as condicións que deberían cumprir as administracións públicas cando exploten redes ou presten servizos de comunicacións electrónicas, como é o caso do wifi en banda libre proposto pola coalición de goberno PP-AEC para o Fondo Estatal para o Emprego e a Sostibilidade do presente ano 2010.
O BNG coñeceu que este documento a partir da súa publicación no Boletín Oficial do Estado (BOE), a CMT abre un período de 20 días para efectuar alegacións sobre o anteproxecto de circular.

MENOS DE 256 KBPS

Nas conclusións do seu documento, a CMT propón, para non incorrer no caso de que os servizos de wifi públicos gratuítos poidan considerarse substitutivos dos que ofrecen os operadores e afectar á competencia, establecer un límite na velocidade rede-usuario de 256 Kbps e que a cobertura da rede exclúa os edificios e conxuntos de edificios de uso residencial ou mixto.

Ademais, considera que as administracións públicas poden prestar por tempo indefinido e de xeito gratuíto para o usuario servizo de acceso a Internet limitado ás súas páxinas web, así como o servizo xeral de acceso a Internet en bibliotecas e en centros de fomento de actividades docentes ou educativo-culturais, sempre que os usuarios acrediten a súa vinculación co servizo mediante algún documento que permita a súa identificación.

As administracións públicas que exploten redes e servizos de comunicacións electrónicas deberán notificalo previamente á CMT, sendo a inscrición no rexistro gratuíta.

No que respecta ás administracións públicas que exploten redes e servizos sen suxeición ao principio do investidor privado -é dicir financiado pola AA PP-, só poderán facelo se o notifican á Comisión Europea (CE) -salvo que o conxunto das axudas non supere o límite máximo de 200.000 euros establecido pola propia CE- ou o autoriza a CMT tras a preceptiva notificación e unha análise de sustituibilidade que certifique que non afecta negativamente ao mercado ou distorsiona a libre competencia.

6 de abr. de 2010

O BNG reclama priorizar a recuperación do emprego en Cabanas

O número de persoas desocupadas en Cabanas medrou novamente un 10% no primeiro trimestre de 2010, segundo os datos achegados pola Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galiza.  O BNG xa alertou desta sangría en xaneiro e demandou un cambio nas políticas locais de emprego. Entrementres, a coalición PP-AEC fixo oídos xordos ás demandas nacionalistas e a estas alturas de ano inda non culminou a aprobación definitiva duns orzamentos que presentan ao entender da viceportavoz do BNG, Teresa García, "unha forte  e inxustificable caída do investimento social", "O bigoberno local segue a mirar para outro lado e non reacciona diante da situación difícil de moitas familias" conclúe.
Neste intre, o municipio sitúase en cifras absolutas á cabeza na destrución de emprego da comarca do Eume, e achega case o 20% das 136 novas persoas demandantes das tres comarcas (Ferrol, Ortegal e Eume).
Cabanas, cuxa economía se basea principalmente no sector servizos, sofre una caída acelerada das cotas de persoas empregadas e achégase ao máximo absoluto histórico acadado polas cifras do paro en 1997. Desde decembro de 2006 ata marzo de 2010 o número de parados incrementouse nun 50% e sitúase nun total de 231 persoas.
Ao entender do voceiro do BNG, Xosé Manuel Sardiña, as cifras poñen en evidencia unha vez máis que os gobernos do PP na Xunta e no Concello carecen de políticas de emprego eficaces fronte á aceleración dos Expedientes de Regulación de Emprego (ERE) impulsada dende San Caetano.

5 de abr. de 2010

O BNG apoia as demandas dos veciños do Lugar de Barcia


Ver Lugar de Barcia en un mapa más grande
A veciñanza de Barcia (Regoela) reclamoulle ao alcalde unha reunión para solucionar os problemas do principal vial do rueiro. O camiño está moi deteriorado dende hai tempo e ten sen pavimentar un tramo de terra, en solo urbano de núcleo rural. No pasado Pleno da Corporación de 31 de marzo, o Grupo Municipal do BNG, facéndose eco desta e doutras reclamacións veciñais, volveu solicitar o amaño do firme dos camiños en estado lamentable en tódalas parroquias de Cabanas.
Para o voceiro municipal do BNG, Xosé Manuel Sardiña, estas reclamacións veciñais evidencian unha vez máis a desatención da coalición PP-AEC ás demandas veciñais. Os veciños comprobaron nesta lexislatura como PP-AEC aglomeran e iluminan os montes sen outra xustificación que a especulación urbanística. Mentres, zonas declaradas como urbanas polas Normas Subsidiarias de 1987, que o Concello se comprometera daquela a dotar dos servizos básicos, seguen sen eles.


Carta achegada ao noso apartado de CONTACTA polos veciños:
"Estimado Sr. Alcalde:
A veciñanza do Lugar de Barcia (Parroquia de Regoela), embaixo asinantes, dirixímonos a vostede coa intención de achegarlle as nosas queixas e inquedanzas ao tempo que a solicitude de arranxo das eivas que estamos a sofrer no lugar, no eido dos servizos competencia do Concello, polos ca nos sentimos fondamente discriminados.
Indo pois ao miolo das cuestións, queríamos deixar costancia por escrito, o que xa reclamaron verbalmente en varios intres, algúns dos conveciños acó asinantes :
1/ O camiño de acceso aos lares da veciñanza está quedando nun estado de mágoa, con fochancas no chan que entendemos ca poñen en perigo a circulación (Istas fochancas foron tapálas hai 2 semáns, cúns retallos de chapapote, botados de calquer xeito.).
-Iste camiño hai máis de 20 anos ca nón se arranxa a fondo, ou se aglomeira.
-Iste camiño atura un grande tránsito acotío, xa que lembrámoslle ca no noso lugar, amáis dos vehículos da veciñanza, hai un Restaurante e tamén hai unha grande explotación gandeira .
-Iste camiño, porén, coma dicíamos tén ca aturar o tránsito cotián de vehículos pesados coma camións de recollida do leite, camións proveedores de mercadorías ao Restaurante i á explotación gandeira ou a maquinaria agrícola nas labouras cotiáns.
2/ O ramal do camiño (50m. aprox.), que da entrada a unha casa na que viven 3 veciños (Amáis de dar servizo a unha das cuadras de gando), aínda hoxe, Marzal do ano 2010, está sen asfaltar.
3/ Polo exposto ata o dagora, sentémonos fondamente discriminados; Somos 17 veciños no Lugar de Barcia, cun Restaurante i unha grande explotación gandeira, xa que logo, cun importante movemento. Nos arredores foron aglomerados camiños en mellor estado de conservación i cún ínfimo tráfico e sen negocios polo meio (Clarexamos que para nós tódolos veciños doutros lugares teñen direito a ca se lles aglomeren os seus camiños, faltaría máis…..Pro ¿Onde está a regra de xustiza e igualdade?. Porque xa coñecemos a “cantinela” da falla de cartos, pero dependendo para quén i para que zoas).
4/ Por outra banda, voltamos a solicitar, polo devandito tránsito de torismos, vehículos pesados, motocicletas, maquinaria agrícola…, a colocación no camiño dun sinal de limitación de velocidade, coma denunciamos noutros intres, algúns dos vehículos que circulan fáno a unha velocidade meirande da axeitada a un camiño deste tipo.
Istes catro pontos expostos e motivados para a queixa e reclamación, son canto ao camiño. Os veciños do Lugar de Barcia cumprimos pontoalmente cos impostos correspondentes coma úns contribuintes máis, pro, no en tanto, ollamos ca os servizos ca nos achegan son de 2ª ou 3ª, tanto nos feitos coma no trato. Xa que logo, tamén quixeramos reflectir nesta carta, a nosa preocupación pola falla doutros servizos ca consideramos nos tempos que decorren, obxectivo de especial interese e prioridade, porén pregámoslle a súa atención :
-Servizo de Internet, vía WiFI ou WiMAX, xa falado e solicitado en multitude de ocasións i amáis apontándolle posíbeis solucións. Noutras zoas de Cabanas xa poden desfrutar deste servizo.
-Servizo de alcantarillado…e outros .
Sen outro interese, agardando as súas respostas.
Despídense atentamente,
A veciñanza do Lugar de Barcia/ Regoela."