31 de xul. de 2011

Transparencia real: Resumo do Pleno Ordinario do 27 de xullo de 2011

Cabanas.- Polo interese amosado por varios seguidores do blog e co fin de difundir o desenvolvemento do Pleno, a seguir expoñeremos a posición dos grupos nos puntos tratados e mais as respostas orais do rexedor á preguntas presentadas polo BNG.

      GrPP      GrBNG        GrAEC          GMixto    
   Aprobación Acta   SI SI SI SI
  Conta Xeral 2010  SI NON SI ABST
  Modif. prezo PAI  SI ABST SI NON
  Recurso reposición
orzamento 2011
NON NON NON ABST
  Expte. contratación
derrubo 2ª F Penso
SI NON ABST/SI* ABST
  Proposta PP para
cambio Feira 21
SI NON NON NON
 Moción GrMixto
sobre Plan de Endesa
SI SI SI SI
  Moción GrBNG
sobre Manifesto ensino
público de Ferrolterra
NON SI ABST SI
  Moción GrPopular
sobre catálogo de medicamentos 
SI ABST NON NON
   Moción urxente GrBNG
sobre taxas abusivas bancos 
NON SI ABST SI

Preguntas orais:
1. Sobre a contratación dunha asistencia de prensa e comunicación. Cales foron as tres ofertas presentadas, cal foi a contía? Cales foron as tres empresas que se presentaron ao concurso pechado? Quen foi contratado?
Contestación alcalde: No próximo Pleno cho direi.
2. Sobre os distintos procesos de contratación de persoal que se produciron. Cal é o motivo de que houbese unha segunda convocatoria para algúns postos e non para outros?
Contestación alcalde: Non lle entendo a pregunta. A que postos se refire?
Para salvamento e socorrismo e mais para mantemento de camiños fíxose un segundo chamamento (decretos 160/2011 e 161/2011), mentres que para instalacións deportivas non (decreto 162/2011).
Contestación alcalde: Para mantemento de camiños hai dúas convocatorias diferentes, unha urxente e outra polo trámite normal.
3.  Cal é a situación do Plan Xeral de Ordenación Municipal despois de que fose presentado por rexistro no mes de abril?
Contestación alcalde: Estanse facendo os informes técnicos para poder presentalo.

Rogamos a realización de gabias para o camiño de Ventín, Laraxe, para evitar o esbalancamento do vial pola auga.
4. No muro do espigón hai unha parte derruída dende hai case un ano. Por que non se lle reclama a Costas do Estado que amañe o muro e uns furados na area?
Contestación alcalde: A area non a podemos tocar e o muro miraremos.

ESCRITAS
Preguntas trasladadas polos veciños a través de PlenoParticipativo!
1. Remataron de arranxar o camiño de Barcia (Regoela) cunha capiña de asfaltado en frío e unhas miguiñas de grava miúda por riba, cando nos arredores aglomeráronse tódolos camiños e sabendo que o camiño atura tráfico pesado acotío (granxa gandeira, camións de subministracións, turismos da veciñanza...). Por que é discriminada polo Sr. Castrillón a veciñanza de Barcia (Regoela)? Contestación alcalde: As noticias que o alcalde ten non son esas. De todas formas quería recordarche que o goberno do BNG que apoiou o goberno de Madrí, se seguira aportando nas obras do PEIL o que viña aportando ata o 2009 non ocurriría o que ocurriu con esa carretera. Só tivemos o aportado pola Xunta de Galicia no PEIL, a parte do goberno do Estado non se aportou e loxicamente só se puido facer iso e o camiño en vez de durar vinte anos, durará dez anos.
Xosé Manuel: Non os dea tanta importancia, o BNG non pode facer todas esas cousas. Iso pode crelo vostede e contárllelo ós veciños pero a nós non nos engana...

2. Sobre a Lei de Augas está todo moi calado mais as previsións da Xunta eran que coa entrada de 2012, esteña operativo o novo modelo de xestión da agua ¿Co apoio do PP como se vai aplicar en Cabanas a Lei de Augas? Contestación alcalde: Vostede mesmo o di. É unha lei aprobada pola Xunta de Galicia e a lei está clariña e non hai que darlles voltas a estas cousas.

3. En relación ó cambio de traza do Camiño Inglés en Laraxe nin o concello nin a Xunta respectan as sinaturas dos veciños, os acordos deste Pleno e o informe tecnico de Patrimonio. A que se debe o cambio de traza do Camiño Inglés? Contestación: Vostede sigue mentindo e contando verdades a medias para confundir a veciñanza. A traza do Camiño Inglés foi aprobada en Pleno, pero quérolle recordar que se molestara en ler as actas deste Pleno, aprobouse e se dixo moi claro aquí que se deixara constancia que esa non era a traza do Camiño Primitivo. Isto está aprobado nunha acta deste Pleno. E despois lle quero recordar que foi o BNG que levou pola súa intransixencia que dende SEPES se fixese un estudio arqueolóxico que non foi feito por políticos, Sr. Sardiña, que foi feito por arqueólogos e historiadores e que fixeron un traballo de campo e coma sempre vostede quere saber máis que ninguén, e foi ese estudo quen determinou que se cambiase a traza. E foi o propio Patrimonio quen en base a ese estudo cambiou o trazado e transcurra pola traza que lle corresponde. E mal que lle pese a vostede ese foi o trazado orixinal
Xosé Manuel: A min non me está contestando, estalles contestando aos veciños que fixeron a pregunta e hai moitas sinaturas que non están de acordo con iso que acaba de dicir.

4. En canto á urbanización das parcelas Q. Hai cambios nas obras de acondicionamento Bloque Q e Bloque comercial de Vilar do Colo? Contestación alcalde: O Concello de Cabanas non ten constancia de que se vaia levar a cabo unha modificación. Se algunha vez se fai algunha será comunicada.

5. Vemos pasar os días e o construído na beirarrúa dos Castaños segue igual. O alcalde pódenos explicar en que situación se atopa o expediente de reposición da legalidade do ximnasio situado na costa do Vinte e un?
Contestación alcalde: Existe un decreto da Alcaldía ordenando a súa demolición e estamos á espera da execución.

6. Nesa mesma beirarrúa, diante do Hotel Iberia, a sede electoral do PP nas pasadas eleccións está cheo de mesas e a xente ten que camiñar pola estrada xa que pola beirarrúa é imposible. Que autorización municipal hai para o aproveitamento da beirarrúa? Contestación alcalde: Dáselle o mesmo trato que o resto das terrazas do Concello de Cabanas.

7. Sobre a Humanización da N-651. Pódenos concretar se xa asinou o proxecto de Humanización da N-651? Contestación alcalde: Non, non se asinou.

8. Sobre a apertura do Punto de Atención á Infancia (PAI). Que balance económico (ingresos e gastos) resulta dos primeiros meses de funcionamento?
Contestación alcalde: Respondida no debate do punto 3.

Rogamos que se teña en conta a seguridade vial dos peóns que circulan diante do Hotel Iberia e se adecúe a terraza ao cumprimento da normativa de accesibilidade dos vieiros públicos.

Prégaselle ó Goberno local, dada a eficencia e eficacia pregoada polo PP, que comecen a dar exemplo cos feitos na mellora da tramitación de solicitudes e documentación.

30 de xul. de 2011

Transparencia real: As bases de selección de persoal laboral temporal de xuño e xullo

Cabanas.- Nun novo exercicio de transparencia real, o BNG achega as bases de selección de persoal laboral temporal dos últimos procesos selectivos aprobados polo goberno local de Cabanas. Adscríbense todas as quendas aos programas para persoas desempregadas apuntadas na oficina de emprego de Ferrol. En ningún caso se publicitou fóra das listaxes achegadas dende a oficina ferrolá e mesmo houbo dificultades para cubrir os postos da primeira quenda de 27 de xuño por "ocultismo na data das probas", segundo acredita o portavoz do BNG Xosé Manuel Pérez Sardiña.


Cadro coa valoración de méritos para cada quenda e posto (número de postos: 32):

1ª Quenda do 27 de xuño

        Socorristas (6)       Tractorista (1)         Peón (1)         Inst. deportivas (1)   
     a)    2 pto 1 pto 1 pto 1 pto
   b)  2 pto 3 pto 3 pto ---
   c) 1 pto --- 1 pto 1 pto
   d) 0-2 pto --- --- ---
   e) --- 1 pto --- 3 pto
   f) --- 1 pto 1 pto 1 pto
   g) --- 1 pto --- ---
   h) 0-3 pto 0-3 pto 0-3 pto 0-3 pto
   i)  --- --- 1 pto 2 pto
   k)  --- --- --- ---
   MÁX.  9 pto 10 pto 10 pto 11 pto

2ª Quenda do 20 de xullo

      Capataz (1)      Condutor (1)        Albanel (4)          Peón (16)    
  Biólogo (1)   
   a)   --- 3 pto --- --- 3 pto
  b)  2 pto 3 pto --- 2 pto ---
  c)  2 pto --- 2 pto 2 pto 1 pto
  d)
--- --- --- ---
  e) --- --- --- --- ---
  f) 1 pto 1 pto --- --- ---
  g) 1 pto 1 pto --- --- ---
  h) 0-3 pto 0-3 pto 0-3 pto 0-3 pto 0-3 pto
  i)  --- --- 2 pto 2 pto2 pto
   k)  3 pto --- 1 pto 1 pto 1 pto
   MÁX.  12 pto 10 pto 8 pto 10 pto 10 pto


a) Mulleres e, en especial, aquelas que acrediten a condición de vítimas de violencia
b) Menores de 30 anos, en especial, as persoas demandantes do primeiro emprego ou aquelas sen cualificación profesional.
c) Persoas paradas de longa duración ( máis dun ano).
d) Formación superior a esixida para desempeño do posto de traballo.
e) Persoas con discapacidade
f) Integrantes de colectivos desfavorecidos ou en risco de exclusión social, especialmente persoas beneficiarias de renda de integración social de Galicia.
g) Existencia de responsabilidades familiares, entendéndose por estas ter a cargo da persoa traballadora desempregada que se contrate ou o/a cónxuxe, fillos e fillas menores de vinte e seis anos ou maiores con discapacidade, persoas maiores incapacitadas ou menores en acollemento.
h) Entrevista persoal sobre as funcións a desenvolver no posto de traballo, currículo profesional dos aspirantes, experiencias formativas, resolución de problemas, etc.
i) Persoas desempregadas maiores de 45 anos.
k) Persoas desempregados que esgotasen as prestacións ou subsidios por desemprego.

26 de xul. de 2011

Transparencia real: Expediente do Pleno Ordinario do 27 de xullo de 2011 e preguntas escritas presentadas polo BNG

Cabanas.- No camiño de avanzar na transparencia real á que o BNG se comprometeu para a lexislatura 2011-2015 poderanse consultar neste blog as partes dos expedientes plenarios co fin de entender os asuntos que tratará a Corporación na orde do día e poder seguir directamente os asuntos da Corporación. Comezamos oficialmente o servizo á cidadanía e ós medios con esta entrada que o fai realidade nesta lexislatura grazas ás Tecnoloxías da Información e da Comunicación.

Iniciativa PlenoParticipativo
No camiño da incorporación das Tecnoloxías da Información e da Comunicación, a primeira posta a proba de PlenoParticipativo obtivo unha excelente acollida entre os internautas que nos seguides. En consecuencia, vai ter o seu primeiro reflexo na vindeira sesión: o Grupo Municipal asumiu a totalidade das iniciativas presentadas e formuloulle xa ó goberno local as correspondentes preguntas escritas que se derivan da colaboración cidadá. Neste sentido, as preguntas deberán ser contestadas obrigatoriamente polo rexedor na sesión de mañá mércores.

22 de xul. de 2011

Primeiro Pleno Ordinario da lexislatura para o 27 de xullo ás 19.30 h

CABANAS.- O primeiro Pleno da lexislatura 2011-2015 terá lugar o vindeiro mércores á tarde. A Conta Xeral de 2010, o derrubo do Penso, a eliminación da Feira do 21 serán algúns dos puntos que tratarán os corporativos nesta nova singradura.