27 de mar. de 2009

A wimax de Vilar do Colo xa é unha realidade para Laraxe

A Consellería de Innovación e Industria investiu 240.000 euros nunha instalación que opera R

A empresa R comezou a contratar esta semana o servizo wimax nos fogares de Laraxe. A rede está máis preto e con condicións de máis calidade para os fogares e para as empresas grazas á instalación da Consellería de Innovación e Industria no polígono de Vilar do Colo. A Xunta inaugurara no mes de xaneiro pasado unha instalación que permite a conexión sen fíos a preto de 100 vivendas de Laraxe. Así o anunciara daquela a directora xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información, Helena Veiguela.
Esta infraestrutura permite a contratación, a través da operadora R, da conexión a Internet de banda larga e a voz por IP con grande calidade, fiabilidade e capacidade de servizo. Ata agora, a conexión a Internet limitábase á contratación de servicios ADSL rural (500 kb) ou móbil (2 mb), pero o servizo, segundo os veciños, é insuficiente para as necesidades actuais de acceso ás TIC.
Servizo de R
A antena erguida pola Consellería de Innovación na rúa Río dos Carneiros do parque empresarial permítelles recibir o sinal ás parroquias de Laraxe (O Pereiro e A Torre) e parte das fenesas de Magalofes e Barallobre. Os prezos varían segundo as opcións de contratación de 2, 4, ou máis Mb con prezos moi competitivos. O teléfono de información xeral de R para os fogares interesados é o 1445.
A chegada da banda larga sen fíos a Laraxe é para o portavoz do BNG de Cabanas, Xosé Manuel Pérez Sardiña, «un paso fundamental para o avance da sociedade da información en igualdade de condicións para a zona rural».
A partir de agora corresponderalle á Xunta entrante dotar ao rural de Cabanas de acceso a internet a través de banda larga.

17 de mar. de 2009

O Grupo Municipal do BNG recorre ao Valedor do Pobo ao considerar vulnerados os seus dereitos

No día de onte, o Grupo Municipal do BNG presentou unha queixa perante o Valedor do Pobo na que lle solicita a supervisión do expediente de solicitude da Sala de Plenos cursado a semana pasada polo alcalde do PP, Germán Castrillón. Segundo a consideración do Grupo Municipal o alcalde do PP vulnerou un dereito básico recoñecido na lexislación de ámbito local.
O BNG aclara que, segundo puido comprobar en diversos medios de comunicación, o salón de plenos foi usado fóra do horario de oficinas por diversas asociacións sen impedimento do alcalde e que os sábados un funcionario de garda abre a Casa do Concello de 10.00 a 13.00 h, sendo a reunión prevista cos veciños ás dez da mañá.
Tamén o pasado luns, o BNG reclamou da alcaldía unha relación de usos específicos da Sala de Plenos, sen as sesións da Corporación, a relación de solicitudes e mais as resolucións motivadas de autorización dende o mes de xuño de 2007.

14 de mar. de 2009

O BNG revisará os usos da Sala de Plenos co goberno do PP

Nun encontro de corredor producido o pasado venres 13 na casa do Concello entre o alcalde de Cabanas e o portavoz municipal do BNG, Xosé Manuel Pérez Sardiña, Germán Castrillón atribuíulle á nota de prensa do xoves en La Opinión a súa decisión de non autorizar o uso da Sala de Plenos. Estamos ante un xeito difamatorio de esquecer que el mesmo lle negara verbalmente á viceportavoz do Grupo Municipal, Teresa García, o acceso a ese espazo xa o martes. O BNG evidenciou nese comunicado os atrancos inxustificables que estaba a poñer a alcaldía por unha "rabieta" sen sequera contestar a solicitude escrita a dous días da reunión.
O xoves pasado, a "rabieta" do rexedor atopou unha coartada que se argallou a raíz dunha xuntanza co Grupo Mixto e que consistía en que o encontro se celebrase entre ese Grupo e a Comisión veciñal nas escolas de Laraxe ou Lavandeira.
A resposta irregular da alcaldía chegou a mans do BNG o venres 13, ao tempo que La Opinión difundía a nova "Castrillón cede el Consistorio a la organización de un rally y no a los vecinos", lanzada polo Grupo Mixto despois da reunión. O portavoz municipal veuse obrigado a subliñarllo ao representante do PP.
As irregularidades do alcalde impediron acceder a dous locais non solicitados previamente polo BNG e deixan sen contestación regulamentaria a solicitude do martes pasado. Deste xeito, Germán Castrillón imposibilitou coa súa nefasta xestión a reunión prevista tal e como se pode comprobar hoxe en La Opinión.
O Grupo do Bloque anunciou onte que vai solicitar os usos específicos da Sala de Plenos nestes dous anos de coalición PP-AEC e mais vai poñer todo o expediente de solicitude da Sala de Plenos en coñecemento do Valedor do Pobo.
Lexislación relacionada:
Real Decreto 2568/1986, do 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das Entidades locais
Artigo 28.
1. Os grupos políticos poderán facer uso de locais da Corporación para celebrar reunións ou sesións de traballo con asociacións para a defensa dos intereses colectivos, xerais ou sectoriais da poboación.
2. O Presidente ou o membro corporativo responsable da área de réxime interior establecerán o réxime concreto de utilización dos locais por parte dos grupos da Corporación, tendo en conta a necesaria coordinación funcional e de acordo cos niveis de representación política de cada un deles.
3. Non se permitirá este tipo de reunións coincidindo con sesións do Pleno ou da Comisión de Goberno.

11 de mar. de 2009

O alcalde do PP trata de entorpecer un encontro entre veciños e oBNG

O alcalde denegou verbalmente o uso da sala de Plenos para un encontro entre o Grupo Municipal do BNG e a Comisión Veciñal de Seguimento dos Impostos
O Grupo Municipal do BNG, a través da súa viceportavoz, Teresa García, solicitoulle por escrito ao alcalde de Cabanas a sala de Plenos para poder manter un encontro coa Comisión Veciñal de Seguimento dos Impostos o vindeiro sábado ás 10 h. Así, o alcalde, que chegou despois das 9 h á casa consistorial, contestoulle malhumoradamente á portavoz do BNG que non se poderá desenvolver nese espazo. Ademais, inquiriulle se tiña cita previa para falar con el.
Teresa García criticou que o alcalde “ben podería madrugar” e “estar á súa hora” pola contía que lle aboa o Concello de 35.000 euros/ano. A concelleira do BNG queixouse do método de cita previa que o PP aplica “a quen lle apetece” e considera este método “doutros tempos pasados”. Sería unha “afrenta moi grave” segundo a viceportavoz nacionalista non permitirlle o uso da sala de Plenos “para dialogar o pobo e mais o grupo maioritario da oposición, despois de que o propio alcalde usase a mesma sala o mércores pasada para os mesmos fins”. Calquera impedimento pola parte do PP “terá unha resposta democrática do BNG”.
Para o portavoz municipal do BNG, Xosé Manuel Pérez Sardiña, a lei é “igual para todos e haina que cumprir”. Neste sentido, considera “un atropelo máis que o alcalde entorpeza a reunión para amordazar o diálogo e a participación democrática dos veciños nos asuntos públicos” e aclara que a intención do Grupo municipal será facer do Concello “a casa do pobo celebrando alí a reunión á hora prevista”.
Cabanas, 10 de marzo de 2009
Actualización: A esta xuntanza tamén se vai sumar o Grupo Mixto (PSOE e IVC).

10 de mar. de 2009

O PP vai volver ao pasado coa urbanización das parcelas Q

En vez de andar para diante, o PP cambia cara ao pasado e fai como os cangrexos unha marcha atrás cara a unha aposta pola especulación que tantos problemas acarrexa na economía a nivel mundial.
Hoxe coa máscara do Concello sacou un novo globo sonda a través dun xornal comarcal e reclamou a urbanización das parcelas Q a capricho libre. Xa aprendemos que unha cousa é predicar e outra dar trigo, e o PP non tarda nin un minuto en cambiar de traxe.
Diario de Ferrol
El Concello urge la urbanización de la manzana Q del polígono Vilar do Colo
El área industrial está comunicada con la AP-9, con la vía Ares-Mugardos y con la N-651
P.C.C. > FERROL El municipio de Cabanas tiene en el polígono de Vilar do Colo su cara más industrial y menos conocida de un ayuntamiento que hasta hace relativamente poco tiempo tenía en el turismo y en todo lo que rodea al citado sector su principal fuente de ingresos y de generación de riqueza.

5 de mar. de 2009

Mesón fundado en 1922 desaparece segundo un xornal da comarca

O mesón O'Cabazo desapareceu misteriosamente no día de onte segundo un xornal comarcal que cita fontes de Costas do Estado. Mira aquí o delirio poselectoral.
Será a "Santa Mafia"? Como pode desaparecer algo que está no seu sitio e á vista?
Como non se preocuparon da desaparición dos piñeiros tirados do temporal?

Evasivas do PP á Comisión veciñal

Onte mércores tivo lugar unha reunión entre o alcalde popular, Germán Castrillón, e mais unha Comisión veciñal contra a suba de impostos na sala de Plenos do Concello.
De súpeto, o alcalde do PP pasa á defensiva e responsabiliza ao Penso da suba de impostos e evita definir a súa política fiscal e orzamentaria. Vai escapar do furado coa redacción dun "Plan Económico" que só se aplica cando se está á bancarrota.
Unha mala nova, posto que recoñece que non tardaron o PP e AEC máis de dous anos en poñer todo a ruche, e máis sorprendente non pode ser xa que acontece xusto despois de aprobar a suba máis grande dos impostos na historia democrática.
Agora ben, o bipartito particular nunca poderá negar que o Concello retribúeo con máis de 120.000 euros/ano sen moverse da Casa Consistorial.
Referencia:
Cabanas supedita la bajada de tributos a la aprobación de un plan económico
El alcalde justifica la subida del IBI en la situación de las arcas municipales, y la comisión vecinal que exige el recorte de los impuestos le reprocha que conteste con "evasivas"

2 de mar. de 2009

Eleccións de Galiza en Cabanas

Os resultados comparados co 2005 (esquerda)-2009 (dereita)! ;)



























Felicitamos ao pobo galego polo seu pronunciamento e desexámoslle ao PP sorte no novo reto que lle acaba de encargar a xente de Galicia.
Sentimos profundamente a embriaguez de poder dalgúns exaltados e condenamos o acontecido na mesa de Porto onde unha electora lle tirou fortemente do colgante da credencial a unha interventora.