23 de maio de 2011

321 grazas!!

Cabanas.- En primeiro lugar, queremos darvos as grazas ós 321 veciños e veciñas que nos apoiastes para ser a segunda forza política do Pleno. O BNG seguirá a facer iniciativas e propostas por e para Cabanas, con dedicación e traballo a pé de rúa.








 Edís do BNG na lexislatura 2011-2015

Portavoz municipal, Xosé ManuelConcelleira, Tareixa García

Así mesmo, o BNG de Cabanas dálle parabéns ó Partido Popular de Cabanas pola súa victoria nos comicios do 22 de maio de 2011. Co veredicto do pobo ábrese unha nova etapa en Cabanas e a maioría absoluta do PP dálle ao alcalde Germán Castrillón mans libres para gobernar.

22 de maio de 2011

Entrada especial: Eleccións locais 2011

Cabanas.- Nesta entrada especial do blogue poñeremos as declaracións dos nosos candidatos na xornada electoral do 22 de maio e mais faceremos un seguimento en tempo real do desenvolvemento das votacións nas catro mesas habilitadas no concello: Cabanas, Porto, Laraxe e Lavandeira.
En Twitter tamén se poderán seguir os comentarios en tempo real a través do hashtag #cabanas2011.


HISTÓRICO DE VOTACIÓNS

DATOS EN TEMPO REAL




PRIMEIROS MOMENTOS
- Constitución das mesas con normalidade.
- Varias mesas: Reclamación do PP contra as carpetas do BNG. Déuselles a volta por decisión dalgunhas mesas, a Xunta Electoral non se pronuncia por escrito.
- Mesa de Cabanas. O panel electoral do concello tiña propaganda electoral a menos de 100 m do colexio. Os cartaces foron retirados por empregados municipais.
- Mesa de Porto. Hai problemas na orientación dos electores no CEIP de Porto, o cambio desconcerta a bastante xente xa que os papeis do censo indican á Escola antiga. Deberían mellorar a sinalización.
- Mesas de Porto, Cabanas e Laraxe. Problemas na colocación das papeletas na cabina. Houbo queixas de votantes e de interventores do BNG.
- Lavandeira todo un exemplo de civismo.

19 de maio de 2011

Xosé Manuel Sardiña fai un chamamento ao voto útil para o cambio

Xosé Manuel Sardiña, candidato á alcaldía
Hai que manter as 'conquistas sociais' e loitar contra o paro na mocidade.
O candidato asegura que o BNG é a "garantía" para a remontada da crise e comprométese a impulsar unha política galega, social e de esquerdas
Cabanas.- O candidato do BNG en Cabanas, Xosé Manuel Sardiña, fai hoxe un chamamento ao "voto útil" para acadar novas "conquistas sociais como a participación veciñal", segundo indicou. Xosé Manuel pediu, "de maneira sincera e clara", o voto das persoas que se consideren galegos e de esquerdas e lembrou que nestas eleccións o BNG merece a oportunidade de demostrar o que é quen de facer en Cabanas. O candidato cabanés asegurou que a división do voto "é algo que nós nin quixemos nin buscamos, pero desgraciadamente calquera voto na esquerda que non vaia ao BNG é un voto menos para o cambio; é un voto que pode ir para os que xa están". Xosé Manuel avogou por iniciar un novo rumbo e gañar o "avance xuntos para traballar por un desenvolvemento produtivo de Cabanas. Hai que porlle freo á especulación que quere impoñer o PP", sentenciou.

15 de maio de 2011

Principais propostas programáticas do BNG para gobernar Cabanas

Prezado/a veciño/a


O equipo do BNG vai abrir un novo rumbo en Cabanas cara á participación activa da veciñanza e cara á igualdade e solidariedade a través dunha xestión municipal eficiente, eficaz, resolutiva e innovadora.

Os homes e mulleres desta candidatura imos desenvolver un traballo centrado na mellora dos servizos básicos municipais, na creación de emprego, na promoción da cultura e o deporte de Cabanas, na ordenación do territorio sostible e ordenada e na modernización da administración.

As persoas desta candidatura procuraremos traballar para acadar o benestar, a paz e a harmonía no seo dunha sociedade máis participativa, libre e democrática. Por iso pedimos o teu voto e apoio, para facermos entre todos unha Cabanas mellor coa túa participación.

Estes son os proxectos prioritarios do noso programa electoral

10 Estrelas:


- Estenderemos o acceso a Internet en todo o concello.


- Elaboraremos os presupostos locais coa participación da veciñanza.


- Crearemos emprego nas áreas sociais e de servizos a través do cooperativismo.


- Aplicaremos un Plan de Aforro Municipal con menos gastos correntes e máis investimento social e produtivo.


- Aplicaremos bonificacións de impostos municipais a persoas con poucos recursos.


- Apoiaremos que a ría de Ferrol recupere a construción civil de buques.


- Melloraremos o Servizo de Asistencia Social a Domicilio e de Dependencia.


- Dotaremos o CEIP Eladia Mariño e o Centro de Saúde dos accesos, beirarrúas e equipamentos necesarios.


- Faremos da Escola Laica un centro de contidos e actividades innovadores.


- Humanizaremos a N-651 e as principais estradas coa participación da xente.



INFRAESTRUTURAS, SERVIZOS, AMBIENTE E ENERXÍA:

- Ampliaremos os servizos de saneamento e abastecemento aos rueiros.

- Coidaremos o bon estado dos viais municipais.

- Poñeremos en marcha un Punto Limpo mancomunado con Fene.

- Potenciaremos a reciclaxe e faremos eficiente a recollida do lixo.

- Aplicaremos un Plan de Aforro Enerxético nos servizos municipais.

- Melloraremos os rueiros e os accesos pensando nos viandantes e nos vehículos.

- Sinalizaremos as parroquias e os lugares de interese.

- Apoiaremos a derrogación do canon da auga.

- Impulsaremos a revisión do imposto de depuración.



VIVENDA E ORDENAMENTO DO TERRITORIO

- Axilizaremos e optimizaremos os trámites de licenzas de obras.

- Impulsaremos a vivenda pública social para a mocidade, mulleres e maiores.

- Proxecto Cabanas Verde: A Madalena, Día Oito, Chamoso e A Veiga.

- Poñeremos en marcha o Plan Xeral con participación veciñal e técnica.

- Conseguiremos a Bandeira Azul para as praias.

- Abriremos á participación veciñal as actuacións de Costas do Estado.



FACENDA E PARTICIPACIÓN

- Impulsaremos un Plan Veciñal para apoiar con medios e recursos as asociacións.

- Aprobaremos un Regulamento de Participación Veciñal para impulsar a democracia directa.

- Promoveremos a administración e os trámites electrónicos 2.0.

- Ampliaremos a Policía Local e faremos operativo o Grupo de Protección Civil.



EMPREGO E INICIATIVAS SOCIAIS

- Ampliaremos sostiblemente o Polígono Industrial de Vilar do Colo.

- Promoveremos a reactivación económica a través de cooperativas sociais.

- Impulsaremos a creación dun viveiro de empresas en Vilar do Colo.

- Ampliaremos o servizo da Escola Infantil e as actividades para os pequenos.

- Habilitaremos un local social para os maiores.



CULTURA, EDUCACIÓN E DEPORTES

- Soterraremos a Liña de Media Tensión do CEIP Eladia Mariño.

- Impulsaremos actividades e espazos de lecer destinados á mocidade.

- Crearemos unha Biblioteca Municipal e un museo etnográfico.

- Usaremos o galego en todos os ámbitos, con especial fincapé nas publicacións, webs, etc.

9 de maio de 2011

Actos do BNG para as eleccións locais 2011


Cabanas.- Actos previstos:

14 de maio. Mitin ás 19.30 h. Colexio de Porto
       15 de maio. Mitin ás 19.30 h. Local do BNG no Peón-Laraxe
16 de maio. Mitin-festa ás 20.30 h (O Cabazo)
17 de maio. Mitin ás 19.30 h. Colexio de Lavandeira
20 de maio. Cea-fin de campaña