31 de xan. de 2008

O BNG presenta o seu lema para unha campaña en positivo e sen demagoxia: 'Contigo Galiza decide'


Francisco Jorquera asegura que “cada vez máis galegos e galegas son conscientes de necesidade dun BNG forte para que Galiza conte na política estatal”

Santiago de Compostela, 30 de xaneiro 08.- O coordinador executivo do BNG e cabeza de lista pola provincia da Coruña, Francisco Jorquera, e o secretario de Imaxe e Propaganda, Mario López Rico, presentaron hoxe en rolda de prensa o lema co que o BNG se presentará ás eleccións xerais do vindeiro 9 de Marzo: “Contigo Galiza decide”.

Participación, Galiza e capacidade de decisión

Mario López Rico salientou que “o lema recolle clara e sucintamente a nosa proposta política: contigo, como sinónimo de participación, Galiza como o obxecto do noso traballo, e decide como o que propomos”.

En canto aos aspectos cuantitativos, o secretario de Imaxe e Propaganda informou de que o BNG colocará 400 valados por todo o país; 40 unidades móveis rotuladas co lema e con megafonía; 20.000 bandeirolas e 500.000 trípticos que se repartirán en man.

En canto ao orzamento, Mario López Rico asegurou que “será unha campaña intensa e eficaz e que se adaptará ao precepto legal de non superar o millón de euros de custo”.

“Unha campaña didáctica e en positivo fronte á demagoxia e PP e PSOE”

Pola súa parte, o coordinador executivo do BNG, Francisco Jorquera, subliñou que “o BNG vai apostar por unha campaña en positivo, con propostas en positivo, dialogando coa sociedade e de carácter didáctico”.

Contrapuxo as propostas en positivo do BNG “ao nerviosismo do PP e do PSOE que lles fai apostar pola demagoxia como estratexia eleitoral e pola recentralización”.

Sobre o primeiro criticou “a espiral de devolución de impostos en forma de cheques como se o Estado fose un banco”. “Ao BNG -engadiu- o impacto que esta espiral de rebaixas fiscais poida ter sobre as finanzas públicas e, polo tanto, sobre os servizos públicos”.

A este respeito lembrou que “Galiza acumula un déficit histórico en investimentos do Estado en infraestruturas e políticas sociais” polo que advertiu de que “nun escenario de cambio de ciclo económico, Galiza sería a pagana destas propostas económicas demagóxicas que prometen tanto PSOE como PP”.

Por último, o coordinador executivo do BNG criticou a “espiral centralista na que están caendo tanto o PP como o PSOE: uns defendendo claramente a recentralización, e os outros dicindo que o proceso autonómico débese pechar. De novo, Galiza, que está pendente da aprobación dun novo Estatuto de Nación, sería a gran prexudicada desta estratexia”.

Ante esta situación, Jorquera asegurou que “cada vez máis galegos e galegas son conscientes de necesidade dun BNG forte para que Galiza conte na política estatal”

30 de xan. de 2008

Pleno ordinario en "La ciudad del motor"

Hoxe mércores 30 de xaneiro de 2008 hai Pleno Ordinario en "La ciudad del motor" ás 19.30 h.
Asuntos: Proposta de desafección edificio escola das Viñas, adquisición parcela Sepes para punto limpo (proxecto da anterior lexislatura), moción BNG sobre servizo de correos, moción BNG sobre supresión da tarifa eléctrica, resolucións da alcaldía, dous folios do auto do TSXG sobre o edificio do Penso e Rogos e preguntas.
Sobre as mocións do BNG o alcalde piloto, como xa é habitual nel, suma xa 5 iniciativas do BNG sen incluír para debate dende que comezou a lexislatura.

25 de xan. de 2008

Sentenza sobre do Penso

Unha viaxe que non vai esquecer!
Patrocina: La ciudad del motor travels

Saíu na prensa o xoves (aquí e aquí) e hoxe hai as primeiras reaccións (aquí). O alcalde segue na súa liña xa raiana coa incompetencia característica do último ano de "desgoberno" denunciado desde o BNG. Xa adiantaran os nacionalistas as graves consecuencias que ía traer aquel botafoulo, tamén hai posts deste blog que aclaran bastante a posición oportunista dalgúns grupos sobre o tema. O que máis berra consentiu co seu voto que o presuposto do ano pasado saíse aprobado por PP e o voto de calidade do ex-socialista (cunha partida que coincide coa actual: 24.000 euros).
In Memoriam:
Menos mal que Europapress recolleu as contraindicacións habituais de Juan María Campos (IVC):
3 de novembro de 2006, Juan María Campos Vilar para Europa Press
>>calificó a José Rey de "víctima" de su propio partido y de la falta de compañerismo y tildó de "patraña" todo lo que armó el PSOE "tratando de influir sobre la corporación municipal".<<
E logo contraindícase el mesmo:
>>... Campos afirmó que José Rey es "culpable pero junto con el resto" --María José Cabana, Jesús Freire y Luciano José Díaz--, por lo que no tiene sentido que echen a uno y promocionen a Cabana, "que es tan culpable como los demás".<<