28 de feb. de 2007

Por esbardallar que non quede

Aí tedes os rapazolos sen nada que facer: La Voz de Galicia. Critican algo porque senón nin nos acordamos deles.
O problema que hai con estas críticas é que se volven contra quen as fai, sen moito coñecemento de causa por certo.
Imos á nosa institución municipal sen andar moito, gobernada 23 anos polo PSOE. Só con consultarlles a afiliados seus en Cabanas como entraron a traballar no noso Concello en prazas laborais temporais a través dun proceso selectivo aforraban o ridículo. Así, as bases aprobadas polo goberno local socialista ponderaban a experiencia ....puntos, o carné B1 (....punto) e a entrevista ....puntos (non poñemos os datos para non asustar).
A pregunta parva que se nos ocorre é a seguinte: Deixaron en Cabanas de ser críticos radicais porque lles contratan aos deles? Nós preferimos crer que foi ao contrario, pálpase que o comunicado foi froito dun momento pueril ou dunha mala influencia.
Pero como nos gusta cargar o carro temos que dicir que esas famosas bases estaban feitas co consentemento da Consellería de Traballo (a de antes e a de agora) que non achegou nunca pautas para selección de ningún tipo. Estamos a falar do Plan Labora e do plan socialista substituto do Labora.
Cando menos as bases do Consorcio teñen puntuacións obxectivas.

En todo caso gustaríanos que se deixen de demagoxias e apoien o Plan da Consellería de Innovación e Industria da Xunta, para crear 3.500 postos de traballo en Galiza.
Canto ben lle ían facer á mocidade! (lembran aquilo que dicían moitos socialistas de que había que parar a emigración?)
Co PP nada e co PSOE igual de nada.

26 de feb. de 2007

No Congreso o Plan da Consellería de Industria

A moción presentada por Francisco Rodríguez para debate no Congreso de Madrí o pasado 22 de febreiro de 2007:

A LA MESA DEL CONGRESO DE LOS DIPUTADOS

El Congreso de los Diputados insta al Gobierno a

1.-Dialogar con la Xunta de Galicia para buscar una solución que posibilite la puesta en funcionamiento de los activos ociosos en las instalaciones del astillero de Fene, de forma que sea posible desarrollar sus potencialidades para la construcción naval civil.

2.-Renegociar contando con la presencia de la Xunta, el Acuerdo con la UE que dio el visto bueno a la creación del grupo público militar Navantia en los aspectos que afecten al astillero de Fene con el fin de que sus activos ociosos puedan ser privatizados a través de un proceso transparente y que pueda regresar a la construcción naval civil dentro de las reglas del mercado y la libre competencia.

3.-Consecuentemente estudiar con la Xunta una propuesta de venta en concurso público de los activos ociosos de estas instalaciones con la finalidad de su puesta en funcionamiento para la construcción naval civil.

4.-Comprometerse con la Administración Autonómica en colaboración con los distintos agentes sociales y económicos de la comarca en el impulso y apoyo de proyectos para su reindustrialización y de l+D+i concretamente en el sector naval.

5.-Garantizar en todo caso que la actual plantilla del astillero podrá continuar, si lo desea dentro del sector público de construcción militar de Ferrol.


Xa saberemos quen queda ancorado no pasado. Polo momento o coordenador de IU, Gaspar Llamazares, perdeu bastantes puntos. Antes xa os perderon os do PSOE que se seguen aferrando á incoherencia absurda do "Non á privatización":
De que?, de terreos ociosos que só teñen uso público para as gaivotas?
Parece que aínda nos queren facer crer que en Fene hai unha empresa pública producindo. Vaia engano despois de reconvertela en cinzas.

Non imos emigrar! Imos loitar polo noso futuro.

A nosa portada preferida, porque reflicte a esperanza de futuro e oportunidades para a Comarca de Ferrolterra:


Lede tamén

GZnación

Ou o esternillante (como contraste privatizador)
El País

Hoxe máis. A empresa en creba de Fene, a SEPI, dá leccións de estudos de competitividade.
BNG
El País

E Zapatero creo. Que alguén o saque do limbo!
El País

Un galego na terra dos xustos
Xavier Navaza

20 de feb. de 2007

Cancelas do Eume


Cantas cancelas haberá no Eume?
Serán para os paseantes?
Estas preguntas xa comezan a andar... estamos en precampaña.

A esperanza para Ferrolterra pasa polo BNG

Un acto ilusionante, unhas intervencións políticas de envergadura e unha esperanza de emprego para Ferrolterra. Para que a mocidade viva e desenvolva a súa comarca primeiro debe ter emprego nela.
Alí estivemos!

Polo seu interese tamén reproducimos un artigo de Carlos Aymerich que viu a luz esta semana n' A Nosa Terra.

FERROL E O PSOE

Vicente Irisarri, presidente do ente público “Portos de Galicia” e candidato do PSOE á alcaldía de Ferrol, quer ver imediatamente en Bruxelas ao conselleiro nacionalista de Industria, Fernando Blanco. Un Irisarri nervoso rétao, nun comunicado de imprensa, a “explicar aos ferroláns que xestións prevé realizar co fin de dar conta na UE do plano de Barreras para construir buques civís en Navantia-Fene”. Pode estar tranquilo o Sr. Irisarri: o vindouro venres, 16 de Febreiro, Fernando Blanco vai explicar en Fene, nun acto público convocado polo BNG, o traballo que o nacionalismo está a facer para que os estaleiros da ría ferrolá poidan voltar á construción naval civil.


Seica para estes destacados dirixentes do PSOE Galiza debe seguir á espera do que o Estado e a UE decidan. Non debe ousar o Goberno galego – e ainda menos o nacionalismo! – a cuestionar os compromisos asumidos coa UE, ainda que non se lle dese participación nin tampouco, o que é máis grave, información ningunha sobre estes acordos. E se alguén quer construir buques civís no estaleiro de Perlío saiba que terá que pagar os 1200 millóns de euros que en axudas ilegais distribuíu o goberno español entre os estaleiros públicos da vella Izar. Pouco interesa que no de Fene non se investise nen un só peso. Ao fin, todo é procurar excusas para non cuestionar un status quo estatal que concentra en Andalucía a construción naval pública e, de paso, impedir que alí onde fracasou o malfadado “Plan Ferrol” poida ter suceso unha iniciativa nacionalista. Pouco lle importa ao PSOE que polo camiño Ferrolterra siga a perder poboación e emprego. Non sería a primeira vez a este partido, Ferrol sábeo ben, non lle treme a man.


Xa que logo o PSOE faría ben en definirse e en esclarecernos, a todos os galegos, se é que realmente está comprometido coa construción naval civil na ría de Ferrol. Se vale máis a palabra de Martínez Robles, Irisarri, Rosa Miguélez ou Xavier Carro que a de Zapatero ou Touriño. Se está a traballar na UE – ao menos co mesmo empeño que o empregado no asunto ENDESA – para mudar un acordo lesivo para Galiza ou se, en realidade, está a presionar para que a comisaria europea de concorrencia, Neelie Kroes, nen tan sequer receba ao Conselleiro de Industria.


Di Touriño que Galiza ten dereito a renegociar o acordo suscrito coa UE. Máis, falando de dereitos, non abondan as declaracións. Os dereitos hai que exercelos. E iso, xustamente, é o que o BNG tenta facer en beneficio de Ferrolterra e de Galiza. Apesar do PSOE.

O PP tampouco se debe librar destas críticas... porque gobernou como o fai o PSOE oito anos no Estado e dezaseis en Galiza. O único que conseguiu a dereita coa aplicación da GRAN POLÍTICA DO ESTADO ESPAÑOL foi que a maioría da mocidade emigraramos de Ferrolterra para conseguir un choio e endebedarnos para ter unha vivenda nos novos focos de traballo.
Nin Plan Ferrol, nin Plan Galicia:
TODO A MESMA PUBLICIDADE, TODO A MESMA POLÍTICA DO ESTADO ESPAÑOL.


A moción presentada polo BNG este luns pola mañá sobre o asunto non foi incluída polo alcalde despois de oír o secretario na orde do día do Pleno do vindeiro xoves ás 19.30 h.

GRUPO MUNICIPAL DO BNG

MOCIÓN

ASUNTO: Apoio ao plan industrial para o Estaleiro de Fene

Ó abeiro do establecido no artigo 27.3 do Regulamento orgánico municipal, e para ser debatida no próximo Pleno da Corporación o Grupo político municipal do Bloque Nacionalista Galego presenta a seguinte moción:

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

No ano 1972 Astano era un estaleiro privado con capacidade para 350.000 Tm de aceiro e un plantel de 6.000 traballadores/as.

No ano 1984 o estaleiro Astano de Fene utilizouse como moeda de cambio en Bruxelas para iniciar a reconversión naval do Estado español e facer posíbel as axudas públicas ao sector dos estaleiros públicos civís do Estado.

Posteriormente, no ano 1987 prohibíuselle a construción de buques, adicándose o estaleiro á fabricación de plataformas off-shore. A prohibición sobre a construción de buques reiterouse co Plano Estratéxico de Competitividade (PEC), elaborado polo PSOE no ano 1994 e aprobado polo PP no 1997.

O Goberno podía solicitar o levantamento do veto no 2002.

Logo da catástrofe do Prestige, o Consello de Ministros celebrado en xaneiro de 2003 na Coruña, acordou solicitar da Comisión Europea que erguese as restricións á construción de buques á empresa denominada daquela Izar-Fene. Porén, dende agosto de 2003, despois da entrega da plataforma encargada pola empresa Statoil, as gradas de Fene están valeiras e sen carga de traballo propia.

Por último, o 16 de decembro de 2004 asinouse o acordo entre a SEPI e os sindicatos estatais onde Izar Fene se integra en Navantia e no punto 4º se limita a actividade civil durante 10 anos. Asemade, a SEPI, propietaria de Navantia comprometeuse a presentar un plan industrial para a comarca de Ferrolterra, algo que a data de hoxe aínda non fixo.

Por mor deste acordo producíronse 1.400 prexubilacións en Ferrol e Fene, e Navantia Fene quedou con 360 traballadores/as moitos/as deles/as transladados a Ferrol. Deste xeito Fene, con 800.000 metros cadrados, convértese nunha compañía auxiliar de Ferrol e non nun auténtico estaleiro, que está a realizar bloques para buques militares da antiga Bazán.

No mes de novembro de 2005 a Consellaría de Innovación e Industria, ante a falla evidente de ocupación plena do estaleiro de Fene, propuxo ao presidente da SEPI a constitución dunha comisión para a reindustrialización de Ferrol, proposta que este aceptóu.

O 5 de xullo de 2006 constituíuse a comisión formando parte dela as asociacións de empresarios/as da comarca e os tres sindicatos maioritarios. A SEPI decidíu non formar parte da comisión.

O 25 de setembro de 2006 a consellaría convocou unha xuntanza desa comisión, á que a SEPI decide non asistir, e entrega aos axentes sociais un plan de viabilidade para o desenvolvemento da industria naval na ría de Ferrol, un documento aberto ás achegas dos axentes sociais, e que debía concretarse nun plan industrial concreto.

En xaneiro deste ano a Consellaría de Innovación e Industria, no marco da Comisión creada a requerimento da mesma, presentou o Plan Industrial para o Estaleiro de Fene, baseado na desafectación de activos ociosos que hoxe existen en Navantia Fene, para poder construír buques civís e crear 250 postos de traballo directos e case 3.000 indirectos nun novo estaleiro. O promotor industrial desta iniciativa é a empresa Hijos de J.Barreras, e o finanzamento correría por conta de Caixanova e Caixa Galicia, co cal se demostra que se trata dun proxecto sólido e solvente. En calquera caso, a adxudicación de activos ociosos de Navantia ha de facerse mediante concurso público cos principios de competencia, publicidade e transparencia, pero queda demostrado que existe interese e proxectos serios para construír barcos en Fene.

Ante a consideración de que o sector naval é estratéxico non só en Ferrolterra, senón para o futuro de Galiza, o Goberno Galego e o Parlamento teñen reiterado nas últimas semanas o apoio unánime a este Plan.


Á vista do exposto, o Grupo municipal do BNG proponlle ó Pleno da Corporación de Cabanas a adopción dos seguintes

ACORDOS

1. Comunicarlle á Presidencia e Vicepresidencia da Xunta de Galiza o apoio do Pleno da Corporación Municipal ao Plan Industrial para o Estaleiro de Fene.

2. Instar á Presidencia do Goberno do Estado a

· Adoptar as medidas precisas que permitan que parte dos activos que no pasado pertenceron a Astano en Fene poidan ser desafectados pola SEPI e dedicados á construción naval convencional no ámbito civil.

· Garantir a plena carga de traballo na factoría de Navantia Fene.

· Presentar de contado o Plan Industrial para Ferrol previsto nos acordos de 16 de decembro de 2004.

· Que a SEPI, no suposto de que se adopte algún acordo que poida afectar aos/ás traballadores/as de Navantia Fene, garanta sempre que o actual persoal do estaleiro poderá optar por continuar dentro do sector público.

· Que a SEPI inicie coa Xunta de Galiza o deseño e impulso de novos proxectos de reindustrialización na comarca de Ferrolterra.

Cabanas, 19 de febreiro de 2007

Asdo. Xosé Manuel Pérez Sardiña José Antonio Doce Luaces

Tampouco o alcalde solitario incluíu outra moción sobre o 8 de marzo.

MOCIÓN

ASUNTO: Sobre o 8 de marzo ‘Día Internacional das Mulleres’

Ó abeiro do establecido no artigo 27.3 do Regulamento orgánico municipal, e para ser debatida no próximo Pleno da Corporación o Grupo político municipal do Bloque Nacionalista Galego presenta a seguinte moción:

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

O consenso social conseguido canto á necesaria participación das mulleres na sociedade e canto á condena da violencia de xénero, non permitiu aínda a eliminación da lacra da violencia de xénero, nin evitou que aínda persistan obstáculos evidentes que dificultan que a sociedade responda plenamente ás necesidades e desexos das mulleres, así como que se teña en consideración a necesidade de traballar para eliminar a invisibilidade das mulleres ao longo da historia.

Estas dificultades veñen por parte das administracións públicas e por parte da sociedade mesma, que seguen a ofrecer resistencia aos cambios nun momento de tránsito entre unha cultura patriarcal a outra cultura de igualdade.

No marco político en que nos desenvolvemos, onde contamos con iniciativas e proxectos lexislativos concretos da Xunta de Galicia que teñen como fin, en materia de Igualdade, impulsar programas de acción dirixidos a eliminar os estereotipos sexistas e a violencia de xénero, e creados para promover de maneira transversal, a igualdade e a corresponsabilidade nas persoas e na sociedade, é importante que a administración local se sume a estas iniciativas e proxectos. Na loita pola igualdade de oportunidades e contra a violencia de xénero, é vital a coordinación e a cooperación entre todos os niveis da administración.

Na medida en que a administración local -polas oportunidades que proporciona a proximidade á cidadanía, e o coñecemento directo das súas necesidades e intereses- traballe para implementar políticas que incorporen a perspectiva de xénero, tendo en conta as particularidades das mulleres, e manifeste este compromiso de cara ás próximas eleccións locais, seremos capaces de acadar resultados.

Trátase de construír unha nova cultura na forma de facer política, co convencemento de que isto nos levará a unha sociedade máis igualitaria, integradora e solidaria.

Á vista do exposto, o Grupo municipal do BNG proponlle ó Pleno da Corporación de Cabanas a adopción dos seguintes

ACORDOS

Asumir como punto de partida ineludíbel no momento en que estamos, que as accións e medidas para acadar a igualdade son tarefa de toda a corporación municipal, corresponsabilizándose todas e cada unha das áreas de goberno de levalas a cabo.

Impulsar con firmeza o plano e os programas de igualdade tendo en conta as seguintes liñas estratéxicas:

- Crear, a través da coordinación coas administracións, servizos e recursos (ou potenciar os que xa existen) para a información, orientación e asesoramento ás mulleres que están a sufrir a violencia de xénero.

- Fomentar a Educación non sexista desde os Consellos Escolares, en colaboración coas ANPAs e o profesorado dos Centros Escolares.

- Promover programas de promoción da saúde, elaborados e desenvolvidos desde a perspectiva de xénero, en colaboración coas e cos profesionais da saúde do concello.

- Adoptar o compromiso no goberno municipal de marcar o obxectivo de equilibrar nos distintos órganos de xestión a presenza de mulleres e homes. Considerar a aparición igualitaria nas comparecencias públicas do Concello para promover a representación paritaria na toma de decisións e eliminar a linguaxe sexista de todos os textos do concello.

- Estabelecer que os estudos, estatísticas, informes, etc.., se fagan desde a perspectiva do xénero, na súa orientación, nos seus contidos explícitos e ocultos e, por suposto, na linguaxe que se utiliza para a súa exposición.

- Garantir que todas as organizacións que reciban financiamento público (contratas, servizos, subsidios...) adopten prácticas non discriminatorias.

- Promover a participación das mulleres nos medios de comunicación municipais a todos os niveis (xestión e produción de programas, redacción, realización, etc.) , no que se refire ao tratamento da imaxe da muller e da violencia de xénero, tanto na linguaxe explícita coma na oculta.

- Promover a recuperación da Historia das Mulleres, actuar localmente na súa recuperación, fomentando o seu coñecemento e recoñecemento mediante accións concretas de carácter divulgativo e rememorativo, promovendo a presenza das mulleres nos espazos públicos, nos nomes das rúas, prazas, e outros espazos.

Cabanas, 19 de febreiro de 2007Asdo. Xosé Manuel Pérez Sardiña José Antonio Doce Luaces

Aí tedes o interese dos políticos locais polo emprego, polo marabilloso reparto da produtividade (moción que ían estudar e que quedou no baúl dos recordos desde o mes pasado), pola muller (a través de bailes) e pola democratización e desenvolvemento de Cabanas.

Desde que goberna a dereita a cara descuberta este Concello vai de CU!

15 de feb. de 2007

Faroladas...




Hai moitas cousas que quedan mal ultimamente co alcalde solitario... Aí tedes as farolas do camiño de Lamelas ao cemiterio...
Quedaron curtas e só chegaron ata a casa da representante popular no Concello de Cabanas.
Cada día que pasa aparecen cousas novas.


Por certo as fuchancas das Modias levan varias semanas en obras... Ao parecer hai quen lles vai botando area capa a capa e viaxe tras viaxe van facendo horas. Coma no camiño de Punxeiro son os vehículos os que pisan o firme porque os estribillos como as apisoadoras manuais aínda son descoñecidos por estas terras...
Así lles vai aos gobernantes de sempre.
Ai veciñanza!

9 de feb. de 2007

Camiño de Irís

Hoxe na Voz:

Veciños de Cabanas opóñense ao paseo deseñado por Costas

Din que destruirá o camiño que bordea a ría e que vai cara a Irís

A actuación no litoral está presupostada en 2,5 millóns de euros


Estes da prensa son moi pero que moi sensacionalistas e hiperbólicos porque a cuartilla que pasaron para asinar os veciños pide que se manteña o vial para todo tipo de vehículos. A frase "destruirá o camiño" que utiliza a prensa non se axeita a esta demanda veciñal. A verdade é que hai quen lle quere cambiar os usos (PP, IVC, PSOE, Rey, Costas do Estado, Avedena...) e limitar un dos principais accesos á parroquia.
É mágoa que a prensa utilice os enfoques para deformar e para que non recoñezan a realidade os lectores e así creen falsas expectativas...
Contra isto só queda insistir e seguir informando a sinxela e núa verdade, sen facerlles caso.
Pouco a pouco se vai facendo palleiro.

8 de feb. de 2007

Fernando Blanco impulsa a ilusión polo naval

É Galiza. GZNación

Blanco mantivo con Robles, presidente da SEPI, unha xuntanza hoxe en Madrid


O conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco, confirmou que a SEPI mantén a súa postura en contra do proxecto para que Barreras constrúa buques civís nos terreos ociosos de Navantia-Fene, pero ratificou que aínda así a Xunta acudirá a Bruxelas para ter de primeira man as explicacións da comisaria de Competencia, Neelie Kroes.

Tras reunirse en Madrid co presidente da SEPI, Enrique Martínez Robles, o responsábel de Innovación e Industria lamentou que o organismo público mantéñase "na mesma posición" e admitiu que "deixaron claro que non apostan pola construción civil porque entenden que está limitada" debido ao acordo ao que chegaron a UE e o Goberno central para que o estaleiro de Fene se centre na produción militar.

En todo caso, Fernando Blanco garantiu que a Xunta seguirá "loitando" polo proxecto de Barreras, que conta co aval de Caixa Galicia e de Caixanova, porque entenden que é "fundamental".

Por iso, o seu departamento xa solicitou unha reunión coa comisaria europea da Competencia, á que acudirá acompañado polos portavoces de Industria dos tres partidos no Parlamento galego, onde se aprobou por unanimidade unha moción para revitalizar os terreos da antiga Astano que permanecen infrautilizados.

____________________________

Por fin hai un conselleiro galego que busca emprego debaixo das pedras para os traballadores e traballadoras de Ferrolterra.
Como aconteceu co remorcador anticontaminación, as prioridades son as prioridades:
Galiza vai aturar máis exclusións e xogos de palabras?

Esfondouse o Camiño das Modias


O camiño das Modias sufreu un esfonde causado, supostamente, por unha perda na rede de abastecemento de auga. A fuchancada impide o tránsito rodado. Aínda así, a mala sinalización municipal e da concesionaria do servizo (para non variar nun Concello escaso de sinais de tránsito) provocou que onte pola noite un vehículo dunha veciña das Modias acabase metida nunha das dúas fuchancas abertas.

A empresa concesionaria deixou todo tal e como vedes e a facer outra cousa paxariños. Levan así dende a fin de semana. Hai que lembrar que este muro de contén (10 millóns de pesetas alá polo 1997-8) foi reducido en ancho por unha desafortunada modificación do proxecto orixinal. Xa non pasa nin un simple control de calidade como podedes apreciar in situ.


Por outra banda, o flamante camiño de Irís está feito para o paso de todo tipo de vehículos. Para aqueles que aínda dubidábades das vondades da reivindicación veciñal aí tedes a realidade a día de hoxe.
É un dos camiños máis anchos do Concello de Cabanas. E non vos estrañe que non fose o Concello o benfeitor porque foi achaiado e asfaltado por Autopistas. A pouca cabeciña dos politiquiños dá como resultado propostas como a que está na imaxe do post ante-anterior.

O sinal de velocidade pon 120!

6 de feb. de 2007

O Eume e Río Covo

Hoxe na prensa
La Opinion de A Coruña

Descansa o río Eume, no seu último tramo, contra a parede case vertical do Monte Neme (o coto da "fraga sagrada").
Esta orografía peada sumouse a intereses personalistas que influíron nas distintas administracións e que provocaron unha cegueira política na institución municipal, autonómica e central, que dificultou a consecución de accesos dignos á parroquia de Irís e ao Cemiterio de Cabanas.

O BNG propuxo nesta lexislatura alternativas:
PLENO DO CONCELLO DO DÍA 22 DE NOVEMBRO DE 2003.
MOCIÓN DO B.N.G. SOBRE MELLORAS DE SERVICIOS NA AC-141.
Dada conta da moción do grupo municipal do B.N.G. na que fai referencia ás obras de ampliación da antiga estrada AC-141 que deixaron sobre este Concello unha serie de eivas comunicativas importantes entre a banda de Irís e a banda da Pena e Cabanas. O BNG de Cabanas quere manifestar perante este Pleno as propostas que merecen especial atención e apoio co fin de que se leven a cabo por parte da administración autonómica e que, ó noso entender, se deben centrar na conservación e mellora dos servicios á veciñanza afectada e mais na adecuación das obras ós intereses xerais e futuros deses veciños e do municipio. Por todo o exposto, propónselle ó Pleno da Corporación de Cabanas a adopción do seguinte acordo:

1.-Instar da Xunta de Galicia, Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, un estudio que reformule a intersección da AC-141 coa estrada provincial Lavandeira­-Fene á vista dos accidentes acontecidos (cando menos tres mortais).

2.-Instar da Xunta de Galicia, Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, a iluminación da intersección da AC-141 coa estrada provincial Lavandeira-Fene.

3.-Instar da Xunta de Galicia, Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, un estudio para refacer o limitado acceso das parroquias de Irís, de Cabanas e do rueiro da Pena á nova estrada no sentido de facilitar as incorporacións en dirección á autopista e a saída ó cemiterio veciñal do Peteiro (tal e como estaba previsto no proxecto inicial), así mesmo garantir a saída directa a Irís a través dunha ponte elevada que entroncaría co vial principal.

4.-Instar da Xunta de Galicia, Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, a modificación pertinente do pintado para que os autobuses escolares realicen a parada de Santa Cruz do Salto na estrada vella e mais liña descontinua ou incorporación á estrada desde o Salto de Abaixo.

Iniciado o debate o portavoz do grupo IVC está a favor e propón engadir o establecemento dun paso de peóns á altura de Fontenla [Fontela en Lamelas] e o portavoz do grupo popular Sr. Cartelle Casanova propón engadir a conexión do camiño de Lamelas coa rotonda da estrada As Pontes e o camiño de Irís co acceso á devandíta estrada en dirección rotonda.

A moción do grupo municipal do BNG tivo o voto favorable de tódolos/as concelleiros/as engadindo as propostas dos portavoces dos grupos IVC e PP, centradas nos rueiros da beira do mar.

Que pasou logo?

Todos sabían moito sobre o proxecto: o PSOE a partir de 2004, IVC e Avedena a través da redactora que tanto chufaron e o PP (naquel entón no goberno do Estado e da Xunta) sabía xa moito sobre o proxecto en 2003 porque busca unha saída do vial de Irís á rotonda da estrada das Pontes (opción desbotada logo por unha imposibilidade técnica). Aínda que o PP non o verbalice explicitamente xa adianta a intención de utilizar o vial da beira do mar para os fins que se desvelaron o pasado Pleno da Corporación.

Só informaron a uns poucos escollidos das intencións reais de todo isto. Así se entende que as boas intencións cos rueiros do rural queden no baúl dos recordos e que PP, IVC, PSOE, Avedena e outros con 2.462.565,74 euros se emborrachen de gloria.

Volve ser o BNG quen demostra unha e outra vez coherencia na defensa dos intereses veciñais xerais e quen vai batallar para que as administracións colaboren para darlle accesos a esta parroquia.

____________________________

Lembrades a millonada que gastou o Estado, gobernando o PP en Madrid e na Xunta, no acceso de Leiro ao Campo de golf e á mega-urbanización de Miño?

No rural de Miño ou no de Cabanas non puideron facer o mesmo porque quen leva o beneficio non é da corda. As prioridades son as prioridades.