27 de feb. de 2009

Que o país avance depende do teu voto!

Nesta lexislatura que entra co teu apoio ao BNG Galiza vai gañar, os galegos e galegas imos gañar porque temos unha forza propia e xenuina que está a impulsar as infraestruturas, as novas tecnoloxías, a cultura, a industria, o agro, o benestar... a igualdade e a liberdade das xentes. Unha acción política nacionalista na Xunta vaille dar novo pulo ás políticas transformadoras, innovadoras e pensadas para a xente que se puideron iniciar na lexislatura pasada.
Estas políticas xerarán emprego e serán fundamentais para afrontar a crise mundial, facer política social profunda e orientada para a maioría da sociedade. Nun país que sufriu por longos anos a destrución das súas bases económicas e de benestar agora é máis necesario que nunca manter aceso o facho da transformación social de Galiza. Vale a pena empregar o vindeiro domingo 1 de marzo 15 minutos para apoiar unha organización política nacida do pobo.
Reflexiónao e vota BNG!

Transparencia e verdade frente á campaña de difamación e mentiras do PP

A campaña de difamación e mentiras impulsada polo PP e a súa plataforma mediática contra o BNG non cesa e ten como obxectivo a desmobilización dos sectores sociais obxectivamente interesados en que se aprofunden as políticas transformadoras impulsadas polo nacionalismo desde a súa chegada ao Goberno en 2005.
É preciso estar armados de argumentos para, no contacto social, desvendar as mentiras do PP e da súa plataforma mediática.

É moi útil termos en conta todos e todas as seguintes informacións:
Encontro cos maiores en Oia
A plataforma mediática do PP presenta este encontro como un mítin organizado polo BNG. Primeira falsedade. Foi un acto organizado pola Confederación Galega de Maiores. A seguir dise que os maiores foron levados a Oia enganados polo BNG. Segunda falsedade. Só un 5 por cento dos maiores que se desprazaron a Oia non coñecían que no seu programa de actividades estaba contemplada unha charla de Anxo Quintana. A responsabilidade dese descoñecemento só se lle pode imputar aos organizadores do acto, a Confederación Galega de Maiores, e nunca ao BNG como as plataformas mediáticas e o PP fan sistematicamente.
Anxo Quintana, aínda que o BNG non tiña nengunha responsabilidade na organización do evento, non tivo o menor reparo en apresentar as súas desculpas ás persoas, moi poucas, que se puidesen sentir incomodadas pola súa presenza.

Fotografía de Anxo Quintana con Jacinto Rey
Esta fotografía foi apresentada fraudulentamente polas plataformas mediáticas do PP como tomada no verán pasado. Falsedade absoluta. A fotografía ten máis de catro anos e xa fora publicada en 2005 polo Correo Gallego sen que daquela producise o menor balbordo. É obvio que o líder do nacionalismo galego ten non o dereito, senón a obriga de se relacionar cos empresarios máis relevantes do País co obxectivo de os comprometer a criar riqueza en Galiza. Jacinto Rey foi cualificado polo candidato do PSdeG-PSOE á presidencia da Xunta como “amizade perigosa”. Ese criterio non o comparten o Goberno do Estado nen o concello nen a comunidade de Madrid que acaban de adxudicar á empresa de Jacinto Rey a operación urbanística de maior orzamento da historia.
Fraude do gabinete de prensa do PPPara máis inri, as fotografías de Anxo Quintana con Jacinto Rey foron transmitidas a todos os medios de comunicación por un xornalista do gabinete de prensa do PP. Este xornalista elaborou un power point con esas fotografías, mais cometeu un erro: non eliminou o seu nome do documento (ficou gravado nas propiedades do power point). E non contento con iso criou fraudulentamente un correo en gmail usurpando o nome da nosa organización: enviou o power point desde un bng.madrid@gmail.com. Sobre este asunto, o gabinete xurídico do BNG está a estudar a adopción das iniciativas legais ás que houber lugar.

Accidente de Anxo Quintana
A suxa campaña do PP contra o BNG alcanzou o paroxismo o mércores, cando fontaneiros dese partido hackearon a páxina web de Europa Press para pendurar unha noticia falsa, a de que Anxo Quintana sufrira un accidente e, consecuentemente, se vira obrigado a suspender a súa axenda matinal, que incluía un encontro con mozos. Pretendíase así sabotar a participación dos xóvenes neste encontro. Europa Press nunca sufrira a sabotaxe da súa páxina web.É de interese que vexades a seguinte entrevista que lle fixeron ao Portavo Nacional, hoxe venres en “La Mirada Crítica” de Tele 5, onde enriquece e amplía a información que se proporciona neste documento.

O alcalde do PP reparte pasquíns difamatorios sen asinar

Germán Castrillón, do PP, ademais de pedir o voto para darlle "gusto", está a repartir uns pasquíns difamatorios denunciados perante a Garda Civil polo BNG por representaren un presunto delito electoral.
Os panfletos, anónimos e sen asinar, teñen contido electoral difamatorio e conscientemente falso. Nestes panfletos impútanse feitos delituosos falsos con coñecemento e a sabendas.
Mentres ao alcalde lle "gusta" repartir un panfleto sen asinar, o seu goberno de comenencia de PP-AEC aprobou abrir desde Irís ás Fragas unha senda para paseantes a través de serventíos e montes de particulares aos que non lles pediron nin autorización.
Nunca máis mentiras!
A votar ao BNG!!!

23 de feb. de 2009

Mitin central de Ferrolterra



Hoxe luns, ás 20.15 horas no Teatro Jofre!!


Falarán


Anxo Quintana


Ana Pontón


Fernando Blanco


Ana Vérez

20 de feb. de 2009

O BNG aposta por unha transformación no modelo de xestión dos Parques naturais

Hoxe tivo lugar a reunión coa Asociación de Propietarios das Fragas do Eume ás 10.30 h, ao pé da Central Vella.
Os propietarios expuxeron as súas demandas de maior transformación nas políticas ambientais da Xunta e nas formas de xestión do Parque Natural.
O BNG expuxo, a través de Ana Pontón e Fernando Blanco, a aposta de cara á vindeira lexislatura de aplicar novos modelos de xestión dos parques naturais homologables ás iniciativas desenvoltas pola Consellería de Medio Rural (as Unidades de Xestión Forestal) para ter en conta aos propietarios privados.

19 de feb. de 2009

Mitin do BNG en Lavandeira

Con Valentía, Sen Ataduras

O vindeiro venres 20 de febreiro ás 8 da tarde na Escola de Lavandeira terá lugar un acto de campaña do BNG.
Intervirán
Xosé Manuel Pérez Sardiña, Portavoz do Grupo Municipal do BNG
Xoán Carlos Bascuas, Delegado da Consellería de Vivenda
Iago Varela Martínez, Candidato ao Parlamento de Galiza

Consello Local do BNG

Queremos máis avances!

18 de feb. de 2009

A iniciativa do BNG, as Cortes pídenlle ao Estado que recompre a AP-9

BNG, PSOE e PP instaron no Congreso ao Goberno para que abra unha negociación de cara ao traspaso da Autopista do Atlántico. Neste acordo inclúense tanto a AP-9 como a AP-53. A moción do BNG recolle as demandas de revisión dos prezos da peaxe e a obriga da concesionaria a prestar un servizo correcto e afirma que Fomento "penaliza o tráfico de curto percorrido" en Galiza.
O autor da moción orixinal, o portavoz do BNG, Francisco Jorquera, rexeitou os argumentos esgrimidos pola ministra de Fomento, Magdalena Álvarez, para oporse ao traspaso xa que “non é racional” que haxa cobro de peaxe nos tramos onde absorbe “boa parte” do tráfico do país.
Citi Infraestructure Investors (CII) é a propietaria da AP-9, tras comprometerse ao pagamento de 7.887 millones de euros a Sacyr Vallehermoso, que á súa vez a comprara durante o goberno do PP por 1.500 millóns.
Unha vez máis o impulso do BNG nas institucións desenmascara a parálise do PPdeG e do PSdeG ante a defensa dunha infraestrutura estratéxica para Galiza. Hai uns días, no debate da TVG do 11 de febreiro, cando Alfredo Suárez Canal reclamaba a AP-9, Alfonso Rueda espetoulle a Suárez Canal que "Isto [que a Xunta asuma a AP-9] xa lle dixeron que era unha parvada". Evidentemente, o PPdeG non quere recuperar a AP-9 despois de regalala.

Sigue en directo os mitins do BNG!

Podes seguir en directo os principais mitins do BNG desde a web nacional.
Estes son os mitins do portavoz nacional e candidato do BNG á presidencia da Xunta de Galiza, Anxo Quintana, que poderás seguir en directo os vindeiros días:
Mércores, 18, ás 20:15 horas. Mitin de Anxo Quintana no recinto feiral de Pontevedra. Tamén intervirán Teresa Táboas, Carme da Silva e Miguel Anxo Fernández Lores.
Xoves, 19, ás 20:30 horas. Mitin no pavillón municipal de Monforte de Lemos. Intervirán Anxo Quintana, Fernando Blanco, Isabel Sánchez e Severino Rodríguez.
Sábado, 21, ás 18:30 horas, mitin no multiúsos Fontes do Sar de Santiago de Compostela. Intervirán Anxo Quintana, Ana Pontón, e Socorro García Conde.
Sábado, 21, ás 21:00 horas no Pazo de Exposicións de Melide. Intervirán Anxo Quintana, Ana Pontón, Anabel Ramos e Socorro Cea.

13 de feb. de 2009

Hoxe, mitin do BNG nas Pontes




MITIN DO BNG NAS PONTES


13 DE FEBREIRO


PAVILLÓN MUNICIPAL


20'15 HORAS


FALARÁN


NOELA BERMÚDEZ Concelleira do B.NG


FERNANDO BRANCO Candidato nº 5 pola Coruña


ANA PONTÓN Candidata nº 2 pola Coruña


ANXO QUINTANA Candidato á Presidencia da Xunta

5 de feb. de 2009

Fernando Blanco presentou o maior número e a máis variada temática de iniciativas na lexislatura 2005-2008 do Parlamento de Galiza

Fernando Blanco presentou o maior número e a máis variada temática de iniciativas na lexislatura 2005-2008 do Parlamento de Galiza
Os dous parlamentarios populares da comarca só presentaron "iniciativas fotocopia" e o PSOE non se interesou por ningún asunto
Mentres o PSOE careceu de iniciativas, o PP preocupouse por incendios inexistentes ou por se era máis importante na TVG o ex-alcalde de Ortigueira ou a ex-alcaldesa de Cabanas.
Hai que dicir que o labor do BNG no Parlamento puxo por diante as preocupacións da cidadanía. Deste xeito, apostou pola atención á mellora de servizos básicos como a sanidade, a educación, a lingua, a seguridade vial, a gratuidade da AP-9, a accesibilidade ás parroquias, o abastecemento de auga a Cabanas e o turismo.
Así, o parlamentario Fernando Blanco Parga expuxo asuntos relacionados coa mellora ou mantemento de servizos educativos como o comedor do CEIP "Eladia Mariño" conseguindo un axudante de cociña. Demandou que as parroquias de Santa Cruz do Salto e Irís teñan uns accesos axeitados. Interesouse pola mellora da cobertura da Televisión Dixital Terrestre en Cabanas, xa que vai ser a única emisión dispoñíbel a partir de 2010. Tamén lle preocupou a mellora do servizo de abastecemento de auga tanto á parroquia de Laraxe coma de todo Cabanas. Ademais, impulsou a mellora da seguridade vial na estrada das Pontes así como que as rutas escolares ao Eladia Mariño fosen óptimas pensando sempre no benestar e seguridade dos pequenos e pequenas.
Ao parlamentario do BNG preocupáronlle a atención ás demandas dos propietarios das Fragas do Eume, as listas de espera, para clarificarlle á cidadanía a versión oficial de Sanidade, ou a solución á grave contaminación sufrida polo río Eume en 2008. Ademais, Fernando Blanco colaborou na xestión de necesidades antigas do colexio como o soterramento da Liña de Media Tensión, comprometéndose a Consellaría de Innovación e Industria a subvencionar parte importante da obra. Pero unha vez máis o goberno local de Cabanas nunca achegou diñeiro para realizar a obra civil e PP e AEC perderon a subvención de Industria nos anos 2007 e 2008.

4 de feb. de 2009

Medio rural achega máis de 51.000 euros para dinamizar a artesanía do Eume

A Consellaría do Medio Rural aprobou 419 proxectos dinamizadores das áreas rurais da comunidade, que se prevé crearán preto de 450 postos de traballo. Do total das solicitudes, 206 corresponden á categoría de proxectos non produtivos e 213 á de proxectos produtivos. Medio Rural destinará para eles preto de 200 millóns de euros coa finalidade de que dinamicen o país a pequena escala e melloren a renda das persoas do medio rural.
Entre os proxectos que se van ver beneficiados na comarca do Eume atópase o da Asociación de Artesáns do Eume ao que se lle achegarán 51.000 euros para desenvolver actividades de promoción e impulso da actividade artesá na nosa comarca.

O alcalde págalle á empresa redactora do PXOM case 29.000 euros por uns "traballos"

O pasado mércores 28 de xaneiro, o portavoz municipal do BNG interesouse polo estado do Plan Xeral de Ordenación Municipal. Concretamente preguntou que se fixera para que o alcalde, Germán Castrillón, pagase 28.600 euros á Unión Temporal de Empresas DVega-Proyestegal, o día de ano vello de 2008.
Na súa resposta o alcalde apuntou que lle pagaran a primeira achega á empresa pola sinatura do contrato e a realización duns "traballos" que o rexedor non foi quen de concretar. De feito, a resposta sorprenderon a todo o mundo porque a adxudicación definitiva da redacción do Plan e o pagamento fixéronse no mesmo día.
Tamén, Xosé Manuel Pérez lle requiriu información sobre a experiencia da empresa adxudicataria na realización de Plans Xerais aprobados definitivamente pola Xunta de Galiza. A resposta da coalición PP-AEC aventurou entre 5 e 10 plans aprobados por unha UTE formada por unha empresa de urbanismo que se rexistrou en 2006, o que é imposible materialmente.
Xosé Manuel Pérez Sardiña considera a lenta contratación do PXOM pola coalición PP-AEC un "incumprimento máis da palabra que deron aos electores, posto que tardaron case dous anos en poñerse a traballar". Ademais, aclara que a coalición de goberno anulou a participación política do Pleno ao aprobar "todo por decreto" e "non ser capaces de responder con claridade do feito". Entende como especialmente grave que a coalición PP-AEC non garantise "un equipo redactor con experiencia contrastada, porque sería unha garantía fundamental para rematar o Plan nun breve prazo". Aclarou que "a redución da contía en máis de 25.000 euros sobre a anterior licitación, foi acordada entre o PP e o tránsfuga ex-socialista, José Rey, na anterior lexislatura", o que segundo o portavoz nacionalista "é algo así como cambiar dun Mercedes para un Ka".