22 de xuño de 2011

Transparencia real: Continuísmo na partida de retribucións á Corporación de Cabanas


Cabanas.- No ámbito económico, as propostas de organización e retribucións que hoxe aprobará a Corporación varían pouco con respecto á situación anterior ás eleccións. Segundo o modelo asentado en 2007, o goberno repartirá o 95% das retribucións mentres a oposición recibirá o 5% restante.
Actualmente a partida de Órganos de Goberno está dotada con 60.980 € e prevé cubrir só os primeiros seis meses de 2011. Co seu esgotamento neste mes de xuño, haberá que facer unha modificación do orzamento de 2011 que lle achegue á partida de Órganos de Goberno o crédito necesario para afrontar economicamente a segunda metade do ano e cumprir así os acordos continuístas da maioría absoluta do PP.


O incremento de cinco horas na dedicación parcial da alcaldía, o cobro a través de asistencias en vez das dúas dedicacións parciais da anterior lexislatura e a redución en arredor dun 50% (aprox. -1500 euros) das axudas aos grupos políticos non van variar substancialmente a partida destinada a Órganos da Corporación que roldaba os 121.000 € anuais na pasada lexislatura.

Asistencia de PressBoxes
A esta cantidade sumábaselle 27.000 euros máis para unha asistencia de protocolo da Alcaldía dende 2007, en realidade un posto eventual encuberto para redactar notas de prensa e mais levarlle a axenda ao rexedor.


Base 33ª do Orzamento para 2011 aprobado antes das eleccións:

 
 Segundo as propostas da alcaldía para a lexislatura, mantense igual a súa retribución de 2010 e 2011, as asistencias e as axudas de custo. 

Propostas para a Corporación entrante despois das eleccións do 22M (para ver as imaxes máis grandes pícase co botón dereito sobre a imaxe e no menú despregable escóllese ver en nova pestana):