28 de xan. de 2007

Manteñamos os servizos de Irís

Esta é a alternativa proposta polo Pleno de Cabanas: "Eses de la pequeña población que vayan por el cementerio que con dos metros van que chutan"
Os BMW's e os Mercedes van ser o vehículo dos bos cabaneses autorizados a pasar polo paseo litoral....
Segundo a idea do proxecto

No Proxecto de Costas "Senda litoral entre puentes" hai unha "Descripción do Camino de Eirís" (??En galego Irís) para a historia do mundo mundial:
"El Camino de Irís sirve en la actualidad para dar acceso a la pequeña población de Irís. En él la circulación de vehículos es muy reducida.
Discurre a un nivel superior al paseo litoral y posee grandes vistas sobre la ría por lo que habitualmente es transitada por numerosos peatones y ciclistas. Con la actuación proyectada en este camino se conseguirá adecuarlo al tráfico rodado, al tránsito de peatones y ciclistas.
....
La actuación sobre este camino ha mantenido el trazado existente.
La sección del camino es variable"
....
Despois de ver no Pleno como PP e IVC se esgorxaron a chufar á redactora do proxecto, case ata caer no ridículo e PSOE e PP pelexaron pola autoría da obra. A seguir pasaron a defender que teñen que prevalecer os usos de ocio sobre o servizo da parroquia rural. Pero coma sempre caen en contradicións evidentes:
Campos dixo que o camiño de Irís non era para servizo de Irís, era para servizo da autopista porque así o dixo o director das obras (haberalle que preguntar que fumou).
Pero nós temos que lembrar o evidente: os camiños toman o seu nome do lugar a que levan e se se chama de Irís e non da autopista será porque leva e dá servizo a Irís e non á autopista non polo que sentencie ese concelleiro.
Os veciños e veciñas de Irís van tomar medidas e xa andan recollendo sinaturas para reclamar o mantemento do servizo rodado polo mellor camiño que teñen neste momento e que lles queren quitar PP, PSOE, IVC, Costas, Avedena, etc. 150 veciños non sabemos se é unha poboación pequena ou grande, agora pode ser todo un concello o que reclame respecto para os viais asoballados polos organismos estatais.
O BNG sempre reclamou un bo servizo para a parroquia de Irís e puxo propostas sobre da mesa que foron aprobadas e logo ignoradas nun caixón. Nin coa Xunta, nin co Estado nin con ninguén...
O BNG vaise ocupar de garantir uns accesos dignos a Irís e ao Cemiterio de Cabanas. Vai sendo hora de que as comenencias desaparezan diante da evidencia do interese xeral e da igualdade de trato.
Despois de votar en contra no Pleno, imos alegar contra este proxecto porque entendemos que dana un servizo básico para a parroquia rural de Irís.
Nesta lexislatura, coa oposición do BNG, desde distintas frontes fixeron máis dano ao rural de Cabanas:
-- Parque do Eume para turistas e non para os propietarios.
-- Supresión da Escola de Lavandeira.
-- Vial de Vilar do Colo a Fonfría: augas, accesos, afección ás Fragas.
-- Eliminación de accesos a Laraxe do Polígono de Vilar do Colo.

-- Atrancos da Demarcación de Carreteras para pasar o saneamento no Pereiro.
-- Agora eliminación do acceso a Irís de Costas.

.... E suma e segue.
O BNG vai achegar servizos, vivenda e calidade de vida para o rural igual ca para a zona costeira... Se se está no concello é para atender as necesidades dos veciños e defendelos contra os intereses de fóra.
O rural de Cabanas meréceo!

26 de xan. de 2007

E o pacto oculto funciona....

PP, IVC e Rey manteñen o reparto arbitrario e caciquil da produtividade.
A modernización progresiva que quere aplicar o BNG queda en suspenso.

A moción de produtividade do BNG primeiro foi censurada por Rey e onte pola tarde denegada a súa urxencia por Rey+Beceiro, IVC e PP.
O Grupo municipal do BNG vai sondando pouco a pouco os puntos de coincidencia: política de persoal, obras, servizo da auga, etc... E coinciden.

As propostas enviadas para a Deputación da Coruña inclúen a mellora do saneamento nas Modias (onte o BNG soubemos a través dunha pregunta en qué consistían esas obras: saneamento, máis ben drenaxe, dunha zona de anegamento que afectaba a unha vivenda).

Ademais solicitaron a mellora de alumeado público para Os Chaos e Teloi (Laraxe).
Non houbo consultas do alcalde nin falaron para nada co BNG, ao parecer todo estaba acordado con Cartelle, con IVC e o PSOE tampouco se queixou.
Non obstante, o BNG preguntou pola solicitude escrita dun veciño das Modias para alumear un camiño completo que está ás escuras. Esta pregunta recibiu a sinxela resposta de que non había orzamento, pero agora tamén a indiferencia do alcalde e do portavoz de IVC á reclamación do BNG para que atendan as solicitudes veciñais a través destes programas da Deputación.
Campos expresouse nos seguintes termos: "Chegaches tarde [a Xosé Manuel]".

Quen chegan tarde son eles porque teñen o reloxio atrasado do caciquismo.

24 de xan. de 2007

Moción censurada por ReY


Hai quen non quere debater sobre o actual reparto da produtividade e para conseguir este obxectivo non inclúe a moción do Grupo municipal do BNG no vindeiro Pleno ordinario da corporación.
O BNG quere mellorar o servizo administrativo do Concello tanto de cara a fóra como a nivel interno e para iso presentou esta moción:

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

Partindo dos principios de servizo aos intereses públicos, respecto a lexislación estatal e autonómica existente en materia de función pública e non discriminación do persoal funcionario respecto do persoal laboral no relativo as condicións de traballo, regular de forma mínima e provisoria cuestións que afectan á distribución do complemento de produtividade mentres non se acade un acordo sobre os mesmos cos representantes dos funcionarios.

Á vista do exposto, o Grupo municipal do BNG proponlle ó Pleno da Corporación de Cabanas a adopción do seguinte

ACORDO

1. Asignar individualizadamente o complemento de produtividade realizarase de acordo cos seguintes criterios segundo as atribucións legais do Pleno da Corporación

1º. O complemento de produtividade será de aplicación ao persoal funcionario, interino ou eventual e ó laboral que ocupe postos de traballo no Concello de Cabanas.

2º. A contía total a abonar por este complemento será determinada anualmente polo Pleno no correspondente presuposto.

3. O pago do complemento de produtividade realizarase preferentemente con carácter semestral nas nóminas dos meses de xuño e decembro.

4. O complemento de produtividade distribuirase en dúas modalidades:

a) Incentivación da puntualidade e permanencia no posto de traballo, modalidade á que se destinará o 40% da contía total a abonar por este complemento.

b) Incentivación do especial rendemento e da actividade extraordinaria no desempeño do posto de traballo, modalidade á que se destinará o 60% da contía total a abonar por este complemento.

5. A modalidade de incentivación da puntualidade e permanencia no traballo ten como finalidade fomentar o estrito cumprimento horario obrigatorio, a asistencia ao traballo e reducir o absentismo laboral.

6. Considerase de obrigado cumprimento o horario. Non se computarán a efectos de cálculo por este concepto as horas que, fóra do horario obrigatorio, e que sexan pagadas como gratificación ou mediante calquera outro tipo de remuneración pecuniaria, en especie ou compensatoria. O cálculo de horas esixible efectuarase de acordo coas instrucións vixentes en cada momento sobre horarios de traballo. A información necesaria para o cálculo deste criterio obterase por medio dun sistema de control de presenza que regulará a alcaldía.

7. Considerase como asistencia ao traballo a asistencia efectiva ao posto de traballo de tódolos días que se determinen no calendario laboral municipal.


8 O cálculo do importe a percibir por este concepto farase de acordo coa seguinte fórmula:

Importe = Nº de horas efectivamente traballadas x VH

Onde VH (Valor de cada hora) se determinará de acordo coa seguinte táboa

Grupo A 1,0381 €

Grupo B 0,9945 €

Grupo C 0,9322 €

Grupo D 0,899 €

Grupo E 0,886 €

9. A modalidade de incentivación do especial rendemento e da actividade extraordinaria no desempeño do posto de traballo ten como finalidade estimular a especial dedicación e esmero no desenvolvemento das tarefas propias do posto que se desempeña.

10. A súa distribución realizarase polo Alcalde ou a proposta dos concelleiros-delegados de área, previo informe motivado dos responsables de cada unidade ou servizo. O dito informe deberá ser remitido semestralmente ao correspondente concelleiro ou, no seu caso, ao Alcalde.

22 de xan. de 2007

Vello vertedoiro de Punxeiro


Así a todo o coidado dos bens municipais deixa moito que desexar. O exemplo témolo no antigo vertedoiro municipal (na imaxe), selado na pasada lexislatura e abandonado á sorte de toxos, xestas e... ARCOLITOS!
Malia a dispoñer o Concello de tractor con desbrozadora (grazas a unha subvención ao 100% de Vicepresidencia da Deputación), persoal de medio ambiente e outros medios necesarios o alcalde e os seus acólitos non se lembran dun terreo que non cumpre as medidas mínimas de protección contraincendios forestais. Por certo, as raíces dos ARCOLITOS non romperán o plástico que evita a saída de lixiviados....

Como remata as choicadas Darth-VadeRei

A desfeita do camiño de Punxeiro rematou como tiña que rematar:

Un camión de grava e area envorcado no camiño. A apisoadora é un trebello do demo descoñecido polo Concello, a niveladora un invento recente de pouco uso...
Mellor que estivesen quietos. porque cando chove (ultimamente ao raro) segue sen estar practicable máis que para os todoterreos e os tractores con tracción.

Tamén avanzan os traballos de comadres. Esa obra do Escorial leva máis dunha semana en execución...

Nótase que o poste é unha antiga posta iricense, cando os paisanos e paisanas mercaban unha árbore (normalmente de froito) no medio dunha terra allea e adquirían o dereito de propiedade sobre ela, o seu pé e o froito anual.
Vellos tempos aqueles!
_____________________________
Por certo, e tal e como se pode apreciar na imaxe, despois de a cadrilla municipal invadir a caneta houbo contraorde de asentar o murete-contén sobre base firme de formigón do camiño.
A caneta xa non é de terra nin do Concello!

17 de xan. de 2007

Chapuzas a domicilio...

Por se non fose suficiente o ardoroso traballo do DonPepe, ese grande sufrido e incomprendido, aínda por riba fai traballiños nos arrebatos libres á conta de todos para a súa comadre:



Mirade que o choio é para que a auga vaia polo camiño e non se meta nas silveiras.
Lembrades, tempos aqueles cando as corredoiras eran corredoiras... Aí tedes un novo perfil conservacionista das vellas tradicións...
Iso si, só para os moi escollidos.



Á vista disto, entendemos que todo o pobo de Cabanas vaia pedir para votarlle a DonPepe nas vindeiras eleccións que torne as augas dos camiños e das estradas para fóra da súa propiedade cun pequeno murete-contén que vaia polo medio e medio da caneta...

Dende aquí só lles podemos pedir pacencia aos veciños e veciñas que aínda non accederon a estes privilexios! Todo chegará...

A ministra de Fomento presenta en Canarias o remolcador que estaba destinado á costa galega

La Voz de Galicia

Entre os compromisos contraídos pola anterior Administración do PP quedaba claro que, tras a catástrofe do Prestige , a comunidade galega debía ser o destino de dous buques polivalentes de propiedade estatal(..) Con todo, parece que a crise dos caiucos trastornou estes plans e os técnicos de Salvamento Marítimo creron máis oportuno que o Luz de Mar reforce os medios despregados polo Estado para combater a inmigración ilegal.

É sabido que neste estado non chegan os cartos para todos/as. Cada un que asuma os seus riscos "sen exclusións".

Un conto



Ano 1940. Están dous galegos nun bar... e un dille ó outro:

–¡Pepiño! Primeiro fuches reformista e logo conservador con Maura, despois fuches da Unión Patriota con Primo de Rivera, logo
na República do PSOE e agora con Franco da Falanxe. Sempre estás a virar de idea.

Contestalle Pepiño indignado:

–¡Eu que carallo vou a virar! ¡Sempre quixen ser concellal!

11 de xan. de 2007

Delirante...

La Opinión

EUME
EL PORTAVOZ DEL BNG ACUSÓ A INICIATIVA DE TRATAR DE "TAPAR" LAS "IRREGULARIDADES" DE AQUAGEST
IVC critica que Sardiña rechazase auditar el servicio de depuración
Campos asegura que, a pesar de que su agrupación se opone a trasladar a Hacienda el expediente de la Comisión del agua, apoya revisar las tasas por "anomalías manifiestas".

Realmente hoxe este concelleiro, a súa asociación AVEDENA e o seu partido político IVC demostran que se levan contradicindo dunha maneira flagrante e indignante nas súas declaracións dende que comezou co asunto en 2001, primeiro din que lle causa indefensión agora non, tamén que quere auditar pero non as contas do servizo (que hai que auditar? o que está "ben" segundo el).

Sin embargo, opina que Sardiña está "desacreditado" para gestionar el asunto. "Hacienda no hace una auditoría de las anomalías, no las resuelve, sino que cuadra datos. Creo que Aquagest tiene los deberes bien hechos, los tiros van por otro lado...", destaca Campos.

Despois destas últimas declaracións, este concelleiro xa chegou a un nivel delirante. Estas inventivas e fantasías absurdas do portavoz de IVC lévano a desviarse do tema principal e a evidenciar que o que di pouco ten que ver coa realidade posto que non foi nin é un impedimento que o BNG tivese acordos puntuais co PSOE para o desenvolvemento do Concello de Cabanas para que o BNG tratase de realizar nesta lexislatura a fiscalización e axuste das taxas aos custos reais do servizo, obxectivos aos que nunca renunciou como fan PP, IVC e José Rey con total desfachatez.
Ademais, os veciños deben saber que en xullo e setembro de 2005 faltaba documentación fundamental sen a que non se podía desenvolver a fiscalización proposta polo BNG. Claro, os grupos que propuxeron e votaron esa proposta de auditoría parcial sen contas e de cartón pedra, PP e IVC, querían consciente e deliberadamente prescindir e obviar os informes e documentación chegada con posterioridade, que non é outra que os informes técnicos da bióloga municipal (entregado o 14 de novembro), de secretaría (encargados a iniciativa do presidente da Comisión) e o estudo do biólogo (entregado en febreiro de 2006), encargado polo grupo municipal do BNG e as
auditorías de Augas de Galicia da Estación Depuradora de Augas Residuais. Logo o grupo municipal do BNG co fin de completar o proceso de fiscalización solicitou informes da empresa pública que deseñou a planta (solicitado a Augas de Galicia e pendente de contestación por este organismo), de custos (non contratado por decisión do alcalde aínda que ían incluídos 3000 euros no orzamento de 2006), do Consello de Contas (votado en contra no Pleno por PP e IVC) e de Facenda (votado en contra no Pleno por PP, IVC e Pepe Rey).
IVC, PP e PSOE demostraron en distintas fases do proceso e por diversos motivos que se van evidenciando co paso do tempo que non teñen vontade de facer unha fiscalización total e só quedan na parcialidade e na falta de obxectividade favorecendo a concesionaria e a inxusta situación actual e non procurando elementos que fundamenten non só a revisión das taxas senón tamén a devolución do diñeiro cobrado de máis.
Con este tipo de inventivas e cortinas de fume o único que se evidencia é que IVC e PP querían e queren realizar unha pantomima en vez dunha fiscalización seria e completa do servizo, faltando ás súas promesas electorais de baixar as taxas e enganando aos abonados de Cabanas. Ademais, xa en setembro de 2005 o grupo municipal de IVC solicitou que dimitise o presidente da Comisión só por querer chegar ata o final da fiscalización, entorpecendo cos seus votos contrarios e coas súas propostas sen paracaídas.
Parece de vergonza que estes grupos políticos berren e insulten máis alto contra o presidente da comisión da auga que contra a fiscalización e o axuste das taxas aos custos reais do servizo e en todo caso hai que agradecerlle ao concelleiro Campos que se mostre publicamente coñecedor e defensor a ultranza dos deberes fiscais da empresa concesionaria aínda que co seu voto, sumado ao do PP e de DonPepe, impidan completar o proceso co Consello de Contas e con Facenda.
En todo caso, coas súas crenzas non vai impedir que Facenda, a fiscalía e os organismos contables competentes realicen unha inspección sobre os ingresos e os gastos da concesión administrativa que segundo o estudo do biólogo José Fernández Argibay non cadran.
Sería relevante así mesmo que José Rey chamase a Campos, tal e como este lle ofreceu a Rey ao rematar o Pleno de investidura, non só para darlle unha tarxeta da fotocopiadora e autorizalo a usar o fax-noticias de oficinas xerais do Concello senón tamén para axustar as taxas aos custos reais do servizo e para executar o acordo proposto polo BNG de realizar un estudo de custos do servizo.

10 de xan. de 2007

As Consellarías de Vivenda e Medio Rural colaboran nunha actuación transversal para mellorar as condicións de vida nos núcleos rurais de Galiza


BNG

Táboas anunciou un investimento de 900.000 euros para inventariar e catalogar todos os núcleos rurais do país

Santiago de Compostela, 9 Xaneiro 07.- A conselleira de Vivenda e Solo, Teresa Táboas, e o conselleiro de Medio Rural, Alfredo Suárez Canal, asinaron hoxe un protocolo que recolle tres actuacións nos que ambos departamentos van colaborar con medidas transversais co obxectivo de mellorar as condicións de vida dos núcleos rurais de Galiza e incentivar a súa recuperación, tanto no que afecta á rehabilitación do patrimonio construído como de revitalización económica e social.

“É necesario modificar a tendencia no medio rural, mediante a dinamización da actividade produtiva e a mellora das condicións de vida”, explicou o conselleiro, “incentivar un entorno atractivo, tanto desde o punto de vista da vivenda como da actividade produtiva”. “Queremos que o rural galego conte cun nivel de sevizos propios do século XXI e equiparable ao que existen nos núcleos urbanos”, recalcou Táboas.

Con ese obxectivo, o protocolo inclúe unha serie de actuacións entre as que destaca a catalogación de todos os núcleos rurais de Galiza, “o que permitirá ter unha foto fixa de todos os núcleos de poboación no medio rural e a partir de aí establecer unha estratexia de recuperación, que inclúa a rehabilitación das vivendas pero tamén a revitalización económica e social”, explicou a conselleira nacionalista.

Neste sentido, Táboas adiantou que a Consellería investirá 900.000 euros na catalogación e inventariado de todos os núcleos rurais do país, mentres que desde Medio Rural se aportará a cartografía necesaria para levar a cabo ese traballo, que estará rematado en 2008 . “A finais de 2007 teremos o 50% dos núcleos inventariados”, explicou a titular de Vivenda e Solo.

13 millóns € rehabilitación no rural

A conselleira nacionalista salientou que “por primeira vez se levará a cabo unha catalogación dos núcleos rurais en Galiza, o que permitira planificar futuras actuacións en materia de rehabilitación, e incluso recuperar vivendas baleiras para poñer a disposición de ser habitadas por persoas que queren desenvolver unha actividade produtiva no medio rural ou como lugar de primeira residencia pola súa proximidade a un núcleo urbano”. Táboas explicou que a rehabilitación é unha das principais liñas de traballo do seu Departamento, que en 2006 investiu 13 millóns de euros na subvención de obras en vivendas unifamiliares no medio rural, en 3.800 inmobles.

Madeira de calidade

Outra das propostas recollidas no convenio de colaboración é a utilización da madeira de calidade nas obras de rehabilitación das vivendas. “Temos que valorizar o que somos capaces de producir”, explicou Suárez Canal, de tal xeito que a aposta da Consellería de Medio Rural “por unha política forestal que promova a madeira de calidade poda despois ter presenza nas vivendas do rural”.

Finalmente, ambos conselleiros fixeron referencia a tres proxectos de carácter transversal que se están a desenvolver tamén en colaboración con outras consellerías, en concreto nos Concellos de Cotobade, Vila de Cruces e Carnota, como exemplos concretos nos que se traballa baixos as premisas de revitalización do medio rural e o reequilibrio territorial.

6 de xan. de 2007

Por fin saíu na prensa o comunicado

Grazas á Opinión da Coruña publicouse a vergoña e o bochorno que ten que sufrir o pobo de Cabanas con asuntos que lle afectan directamente e que lle son do seu interese.

La Opinionde A Coruna.
LA PROPUESTA DEL BNG RECIBIÓ LOS VOTOS EN CONTRA DE LOS EDILES DEL PP E IVC Y DEL ALCALDE
El pleno rechaza entregar a Hacienda el expediente de la comisión del agua
El portavoz nacionalista, Xosé Manuel Sardiña, considera que los populares, Iniciativa y José Rey tratan de tapar las irregularidades de la empresa concesionaria, Aquagest.

Se non saíu antes foi porque a prensa fixo prevalecer os cruzamentos de acusacións e as críticas persoais sobre a narración do traballo que desenvolven os concelleiros na casa de todos e todas.

5 de xan. de 2007

Algunhas mostras especiais de fin de ano

........Saúda dedicado a Juan María Campos Vilar por su lucha a favor de una fiesta de Santa Marta religuiosa

Coma os do PP a nivel estatal co tema do terrorismo temos uns concelleiros-trampa que nos Plenos berran máis alto pedindo a dimisión do Presidente da Comisión da Auga do que esixindo o fin das taxas abusivas.
Exemplos de campitadas na moción sobre inspección da AEAT do último pleno:

"[a Coque] Diós nos libre... nos ampare ...!"
"[a Freire] ... si te desacredito con calquer cousa"
"eu non defendo nin defendín nunca a Aquagest"...
"Eu xamais defendín a Aquagest"
"[a Sardiña] os [nacionalistas] que hai non poden estar con este paria"

"[a Sardiña] foron aquí aprobados pola oposición [propostas do BNG de revisión], aproveitando a túa traición co PSOE, porque ti estás para traicionalos a eles a nós, é decir, a todo Cabanas"
"[a Sardiña] E non te olvides que tardarei un ano ou dous pero ti vas ó xuzgado me encargo eu de que vaias e tómao como unha ameaza ou tómao como queiras".
"[a Sardiña] e viñeches a aproveitarte a meterlle caña ó PSOE e á oposición e saleuche mal. Perdón señor Rey."

Sobre o pleno dos inocentes

Cabanas merece outros representantes que vaian traballar para o pobo.
Os insultos que proferiron alí e logo na prensa nada contribúen a solucionar os problemas de Cabanas. A falta de respecto debe ser para todas as persoas... e o pobo debe decidir o que quere coñecendo a verdade.

O BNG quere establecer unhas taxas axeitadas e investigar á concesionaria

Esta moción ten a honra de poñer no mesmo sitio a todos os aparentes que viñeron manipulando o escándalo da empresa concesionaria dos servizos de agua, saneamento e depuración: Pepe Rey, Partido Popular e Iniciativa Veciñal Cabanesa votaron en contra... PSOE e BNG a favor.
Que máis lle fai falta ao pobo para saber quen son os que levan atrasando Cabanas unha e outra vez?
Os problemas requiren solucións e as solucións só as puxo enriba da mesa o BNG unha vez e outra:
1º Comisión para establecer unhas taxas axustadas aos custos reais do servizo: recompilación de documentación dispersa ou inexistente no propio Concello.
2º Informes técnicos.
3º Proposta de revisión de acordos do BNG.
4º Proposta de fiscalización selectiva do Consello de Contas.
5º Proposta de investigación da Axencia Estatal de Administración Tributaria.

Os que vogaron á contra xa sabemos quen foron, caro custou descubrirlles as caras a eses encarapuchados.

MOCIÓN
ASUNTO: Sobre inspección AEAT concesionaria municipal dos servizos de abastecemento, sumidoiros e depuración.
Ó abeiro do establecido no artigo 27.3 do Regulamento orgánico municipal, e para ser debatida no próximo Pleno da Corporación o Grupo político municipal do Bloque Nacionalista Galego presenta a seguinte moción:

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

Unha das funcións da Axencia Estatal de Administración Tributaria é inspeccionar a actividade tributaria das persoas físicas e xurídicas, velando para que se axuste ó ordenamento xurídico.

Vista a situación de auténtico caos contable, cunha empresa concesionaria que elude en todo momento as solicitudes de información da Comisión da Auga e uns órganos municipais que non velan pola efectiva fiscalización das contas, e obstrucións reiteradas das iniciativas tendentes a determinar unhas taxas axustadas aos custos reais do servizo de abastecemento de auga, rede de sumidoiros e depuración.

Vistos os informes da presidencia da Comisión da auga, informes técnicos e xurídicos así como as auditorías da depuradora achegadas pola Xunta de Galicia que obran no expediente da Comisión de abastecemento de auga, rede de sumidoiros e depuración.

Tendo en conta os acordos adoptados por esta Corporación, a proposta do BNG, en relación co servizo de abastecemento de auga, rede de sumidoiros e depuración e á vista do exposto, o Grupo municipal do BNG proponlle ó Pleno da Corporación de Cabanas a adopción dos seguintes

ACORDOS
1. Solicitarlle ó Departamento de Inspección da Administración de Ferrol da Axencia Estatal de Administración Tributaria a inspección da actividade económica da empresa relacionada coa xestión da concesión administrativa, e anterior alugueiro, dos servizos municipais de abastecemento de auga, rede de sumidoiros e depuración do Concello de Cabanas.
2. Trasladarlle ó Departamento de Inspección da Administración de Ferrol da Axencia Estatal de Administración Tributaria os acordos adoptados polos órganos de goberno desta corporación e copia autenticada e numerada do expediente aberto pola Comisión de abastecemento de auga, rede de sumidoiros e depuración.

Cabanas, 22 de decembro de 2006

Asdo. Xosé Manuel Pérez Sardiña José Antonio Doce Luaces

Isto chegounos de rebote sobre os problemas de UGT-promotions en Vigo

"As cousas claras ou que mal perden algúns....
Aclaracións para quen poida interesar...
Analicemos a nova da "Voz de Galicia":
En UGT se sumaron ayer a las acusaciones formuladas la semana pasada desde la cooperativa Nova Navia en torno a la adjudicación a la Federación Veciñal de la construcción de 192 viviendas protegidas en Navia. En el sindicato, que compitió con otras quince ofertas por hacerse con el concurso, mantienen que se produjeron irregularidades importantes, que deberían hacer que la Consellería de Vivenda revise el proceso de adjudicación.
Curiosamente Nova Navia e a cooperativa de UXT quedaron empatadas no segundo posto do concurso... que pena!!! Ambalas dúas levaban meses anunciando que xa estaba feito, que tiñan a parcela e así o "vendían" aos seus soci@s cooperativistas, de feito habia o forte rumor por Vigo que UXT gañara o concurso antes de facerse público, inclusive antes de presentar os proxectos, este rumor foi difundido por UXT. A cuestión é que agora teñen un inmenso marrón cara os seus cooperativistas, pois as súas promesas e seguridades quedaron en nada. Así que, berra que te xustificas....
En UGT consideran que todo el proceso estaba «perfectamente dirigido» hacia su resultado final y subrayan que esto se debe a lo que ellos consideran «clientelismo político».Sustentan su afirmación en lo ya dicho hace unos días desde la cooperativa Nova Navia, cuyos dirigentes se quejaron de que dos de los asesores de su proyecto, ambos familiares directos de un concejal del BNG en Vigo y del portavoz parlamentario del mismo partido, se marcharon con «información privilegiada» a trabajar con la Federación Veciñal dos días antes de que se convocase el concurso. «El hecho de que familiares de políticos del BNG trabajen en el proyecto ganador entendemos que nos puede inducir a creer que hay tráfico de influencias», sentencia uno de los asesores de UGT, Julio Montenegro.
Se tan dirixido estaba porque puxeron a nova en Radio Macuto que a parcela era súa, porque dirixentes e asesores de UXT aseguraban o éxito no concurso. ¿Clientelismo político? Pois resulta que a asesoría contratada pola Cooperativa da FAVEC (Fed. de Vec. Eduardo Chao) ten en nómina a filla de Amador Fernández e ao curmán do Sr. Aymerich, seica non sabían antes de perden o concurso quen formaba esta asesoría, por certo tamén traballaron con Nova Navia no pasado e non pasaba nada, agora os acusan. Información privilexiada dous días antes.... o proxecto xa estaba feito, maquetado, impreso e encuadernado, as infografías realizadas.... serviu de moito a suposta información.
Por outra banda por primeira vez o tribunal era exclusivamente formado por técnicos, tanto do Concello de Vigo, como da Xunta. Sen cargos políticos polo medio, pero debían dirixir dende a sombra.
El secretario de organización de UGT, José Manuel Cobos, habla además de filtraciones interesadas y de indicios que le llevan a pensar que se adjudicó la promoción sin respetar las bases del concurso. «No entendemos que un tribunal técnico evalúe aumentando puntuaciones en materias regladas e incluso al margen de la ley, puesto que el proyecto ganador puede incumplir normativas regladas. No se pueden puntuar a mayores cuestiones que se dan por supuesto en la ley, como el ahorro energético», apunta, antes de hablar de «filtraciones» que hicieron que se enterasen del nombre del ganador del proyecto pocas horas después de que se reuniese el tribunal. «No se pueden analizar doce proyectos documentados durante varios meses en una sola tarde, es imposible, no da tiempo», insiste Cobos, que se queja de que las cooperativas que participaron en el concurso aún no han recibido una notificación oficial de la resolución que conocieron a través de la prensa.
"Aforro enerxético": As bases do concurso indicaban que se valoraría ata con dez puntos, se UXT non presenta informe ambiental, pois parvos eles. O proxecto da Cooperativa da FAVEC ten un plan ambiental im-precionante cun control da evolución e comportamento ambiental do edificio ao longo dos anos, e probablemente estos puntos foron os que inclinaron a balanza.
E se teñen probas que denuncien, que de momento as denuncias as teñen eles por inxurias.