26 de set. de 2006

Principia o noso blog

Aquí estaremos mentres nos deixen... Porque ningún aprendiz de señorito nos vai quitar o riso nin a voz da crítica construtiva.
O pobo foi quen nos votou e ao pobo volveremos porque del saímos e con el traballamos. No noso concello hai moito que facer, e cremos que as cousas non mudaron substancialmente desde principios do século XX cando os caciques do Ard'o Eixo ocultaban os roubos da caixa consistorial e insultaban aos paisanos do rural.
Hai un mes, cen anos despois, un bufón-representante do pobo repetiu os mesmos insultos coa connivencia do Rei-apuntador que obviou o dito no documento sacramental.
Iremos contando...