28 de nov. de 2011

Transparencia real: O TSXG ordénalle ao alcalde que execute a sentenza da 1ª Fase do Penso




Esgotado o prazo de execución da sentenza recaída sobre a 2ª fase do Penso o pasado 15 de setembro e á espera de noticias sobre as decisións que teña que adoptar a sala do Tribunal de Xustiza de Galicia sobre o incumprimento por parte do rexedor local das ordes ditadas en 2008 para levar a pleno efecto a reposición da legalidade urbanística, chegou en outubro pasado unha providencia relacionada coa 1ª fase do Penso na que se lle exixe ao rexedor local, Germán Castrillón (PP), información sobre o grao de cumprimento do ordenado polo tribunal e mais se lle advirte que se non informa pódeselle impoñer unha multa coercitiva.


"Con data 08.06.11 ten entrada nesta sala un escrito do representante procesual do Concello de Cabanas no que dá traslado de diversos documentos sobre a suficiencia ou insuficiencia do proxecto de gasto da corporación, no que alcanza a asignación con cargo á cal se abonasen os gastos do demolicion do inmoble litixioso; deste escrito deuse resposta na providencia do 13.06.11, pero non dá información precisa dos termos do ordenado no auto firme de 30.04.10, de modo que ordénaselle a esa representacion (ou ao alcalde) que informe ante esta sala sobre o grao de ejecución efectiva da demolicion que -se recorda- debe quedar culminada antes do 31.12.11, a información ordenada deberá entrar nesta sala antes do 31.10.11, co que se dará tamén cumprimento á última información imposta no citado auto de 20.04.10; en caso contrario será oída esa autoridade municipal antes de imporlle, no seu caso, a multa coercitiva alí decretada".

A posición do BNG está publicada dende setembro nesta entrada: http://bngcabanas.blogspot.com/2011/09/o-pp-fai-augas-coa-derruba-dos.html

25 de nov. de 2011

Caso Area: Branco Parga critica que a Xunta prorrogue “dous meses máis” a posible solución dos asfaltos holandeses en Cabanas

 
O deputado do BNG, Fernando Branco Parga rexeitou que a Xunta de Galiza considere o depósito de refugallos asfálticos no Concello de Cabanas ao carón do río Baa, “un problema menor”


Compostela, 25 de novembro, 2011. O portavoz de Industria do BNG, Fernando Branco Parga formulou hoxe unha pregunta ao Goberno galego en comisión sobre o resultado do expediente aberto por Augas de Galicia sobre o depósito de áridos en dúas parcelas forestais no concello de Cabanas ao carón do río Baa, sen autorización.

Trala resposta do Presidente de Augas de Galiza que confirmou “unha prorroga” de dous meses na procura dunha solución sobre o material asfáltico importado pola empresa Manmer S.L que tamén debe responder a unha denuncia da Asociación Galega de Áridos (AGA), o nacionalista lamentou que este problema sexa considerado de “carácter menor” polo Goberno galego.

Branco Parga asegurou que o Conselleiro de Industria, Javier Guerra permanece “desaparecido en combate” á hora de responder ás preguntas formuladas polo BNG sobre este asunto no Parlamento galego.

O nacionalista acusou de “irresponsabilidade” á Consellería de Industria por non ter xestionado unha inspección para estudar as consecuencias do devandito depósito “irregular” de áridos.

O deputado do BNG lembrou que esta denuncia tivo lugar no mes de setembro do ano 2009 pero no mes de marzo, a Xunta de Galiza do 2011 autoriza nun período de dous meses a realización da gabia e cobertura dos áridos a pesar de non contar con licenza municipal nin rural.

Parga engadiu que transcorreron 8 meses para que a Xunta comprobara que estes requisitos non se cumprían, “non volven ata o 8 de novembro deste ano”-dixo, por mor da presión mediática a raíz da operación “Area” e agora vanlle dar outros dous meses máis, a verdade, afirmou, “o trato con esta empresa é exquisito”.

Finalmente, o parlamentario tamén amosou a súa queixa ante a falta de respostas sobre esta cuestión e nomeou as diferentes preguntas formuladas polo grupo municipal do BNG no concello de Cabanas nas que sempre acadaron a mesma resposta por parte do alcalde, “seguimos á espera dos informes da Xunta de Galiza”.

A licenza municipal desta empresa,-dixo-,foi solicitada no mes de setembro deste mesmo ano polo que considerou que estas irregularidades deben ser esclarecidas, concluíu.

24 de nov. de 2011

Pleno ordinario: martes 29 de novembro ás 19.30 no Concello

Cabanas.- A Corporación de Cabanas reunirase publicamente o vindeiro mércores MARTES pola tarde para tratar diversas mocións e propostas dos grupos municipais popular, BNG e mixto. Na orde do día tratarase unha moción do BNG relacionada co 'caso Area'.
 
Así mesmo, foi excluída polo rexedor do debate plenario unha moción do BNG sobre o impulso ó sector naval.
 

22 de nov. de 2011

Caso Area: Pregunta do BNG no Parlamento de Galiza


Cabanas.- No cabo da sesión da cámara galega de 22 de novembro, o parlamentario do BNG Fernando Branco preguntoulle a Javier Guerra, conselleiro, pola relación entre a Consellería de Industria e a empresa do vertedoiro de San Lourenzo. Preguntouse que relación ten o PP coa empresa importadora se non actúa en ningunha das instancias administrativas: Concello e Xunta, mesmo agora o eurodeputado Jesús Iturgáiz (Grupo Popular Europeo) trata de paralizar a reapertura da investigación na Comisión Europea instada por Ana Miranda a través dos representantes da Alianza Libre Europea.

14.20 h Actualización coa nota de prensa do BNG:
O BNG DENUNCIA O “MANTO DESILENCIO” DO PP EN TODAS AS ADMINISTRACIÓNS SOBRE AS DENUNCIAS POLO AMOREAMENTODE ÁRIDOS IMPORTADOS POLA EMPRESA MANMER EN CABANAS

Fernando Branco Parga lembra que Industria ten competencias a través daLei de Minería e ten que asumir as súas responsabilidades en vez de mirar paraoutro lado

Compostela, 23 Novembro 2011.-  O deputado doG. P do BNG Fernando Branco Parga lamenta que o goberno da Xunta sega a “botarbalóns fóra” e eludir as súas responsabilidades perante as denuncias sobre omaterial asfáltico que importaba a empresa Manmer S.L.

Branco Parga, nun debate enpleno celebrado a última hora da tarde-noite de onte, lembrou que xa enSetembro de 2009 o BNG realizou unha serie de preguntas sobre este material,recoñecendo a propia Secretaria Xeral de Calidade que logo de analizar unhamostra do material se detectou presenza de composto benzoalfaopireno enconcentración inferior á metade da permitida pola normativa.

“Porén, na mesma respostaparlamentar se comunicaba a existencia dun amoreamento ou depósito de áridos endúas parcelas forestais situadas no Concello de Cabanas ao carón do río Baa elindantes co polígono industrial de Vilar do Colo”, engadiu o deputado.

Asemade, recordou que oorganismo autónomo Augas de Galiza abrira un expediente sancionador polodepósito de áridos en zona de dominio público hidráulico sen a correspondenteautorización, así como pola posibilidade de que o depósito puidera ter efectocontaminante sobre as augas do río Baa.

Malia estes feitos e maliaque o BNG no concello de Cabanas foi teimudo neste tema, o goberno municipal,con maioría do Partido Popular, en ningún momento requeriu á empresa ocumprimento da legalidade.

Branco Parga denunciou taména falta de actuación da Consellería porque ten competencias que lle outorga aLei de Ordenación da Minaría, para realizar inspección, preguntando sobre se aConsellaría tiña algunha acta de inspección, algo que o conselleiro negoudurante a súa intervención.

“O PP na Xunta leva máis dunano mirando para outro lado, no concello opúxose a tomar medidas sobre oamoreamento ilegal e agora tamén o señor Iturgaiz, en Europa, oponse a que sedebata este problema, hai un manto de silencio en todas as administracións quedende o BNG non podemos tolerar, pois seguimos sen coñecer aínda as posíbeisconsecuencias do uso deste árido”.