31 de out. de 2011

Operación Area: Estado do vertedoiro de refugallos asfálticos

Refugallos asfálticos - San Lourenzo

Hoxe un veciño de Laraxe agasallounos co seu traballo e podemos comprobar,en primicia, o estado actual do vertedoiro de refugallos asfálticos procedentes de Holanda. Atópase nos montes de San Lourenzo, na parroquia de Laraxe (Cabanas). Non son necesarias máis explicacións: Un goberno do PP mangallón cos de abaixo e miñaxoia cos de arriba.
A este monte, cualificado como rústico polas Normas Subsidiarias de Cabanas e afectado pola protección especial de augas, chegaron dende agosto de 2009 miles de toneladas de materiais bituminosos procedentes de Holanda. Non se debe confundir co polígono de Vilar do Colo veciño. Cabanas, polígono 10, referencia catastral 291 (27.900 m2 de superficie)
Ligazóns na prensa: Dimite un diputado del PP al que un empresario regaló un Porsche, A Xunta autorizou o vertido do empresario que regalou o Porsche ( http://twitthis.com/39grnz ),  miles de toneladas de refugallos holandeses en Cabanas http://t.co/ulrK0l8F
Outras: http://t.co/CuBFAI3x, http://t.co/Tj7lyVAa, http://t.co/bkUibNYb, ,

Ver San Lourenzo nun mapa máis grande

30 de out. de 2011

Vertedoiro de chapapote sen licenza feito cartos en Laraxe (Cabanas)

Depósito de áridos, Laraxe (Cabanas)
Un deputado galego recibiu un Porsche do empresario que depositou miles de toneladas de refugallos asfálticos holandeses en San Lourenzo (Laraxe)
Javier Escribano, do PP, dimiteu despois de que a xustiza vise indicios de suborno na súa relación co industrial
O alcalde de Cabanas, tamén do PP, leva tres dous anos sen adoptar medidas de protección da legalidade sobre o depósito de refugallos malia a ser informado por asociacións ecoloxistas, o Seprona, a Xunta, a Axencia de Protección da Legalidade e o grupo municipal do BNG
O empresario coruñés Fermín Duarte, detido pola policía dentro da Operación Area, gozou de carta branca para acumular un monte de refugallos de estradas holandesas na parroquia cabanesa de Laraxe dende agosto de 2009. Estes refugallos potencialmente tóxicos foron transportados dende o Porto Exterior de Ferrol ao longo de varios meses e a día de hoxe seguen no mesmo lugar e nunhas condicións deficientes, sen cumprir sequera cos requirimentos básicos de Augas de Galicia. O Concello de Cabanas non exerceu ningunha acción concreta para garantir a legalidade urbanística e limitouse a agardar polos informes da Xunta de Galicia durante os últimos tres dous anos.
Mentres se resolvían os problemas coa administración autonómica, os materiais con restos de alcatrán e betumes entraron e saíron do monte de San Lourenzo sen control cara a diversas obras da bisbarra, entre elas algún colexio de primaria. O prezo é determinante na comercialización dun material que, malia que o fiscal non viu indicios de relevancia penal, desaconsellou o seu uso e esixiu a análise cada vez que fose utilizado, unha instrución que o empresario ignorou. Esta segunda comercialización dos refugallos asfálticos motivou outra denuncia da Asociación Galega de Áridos, que aglutina empresas da competencia, que agora desemboca na detención do empresario eumés e na dimisión precipitada de Javier Escribano, parlamentario popular.  Escribano recibiu supostamente un Porsche a cambio de mediar coa administración para que a empresa de Duarte lograse contratos.
O BNG tratou de que o problema urbanístico fose resolto conforme á súa gravidade. Pero, tal e como se pode comprobar nas actas municipais, o goberno local de Cabanas, do PP, tratou de derivar a responsabilidade sobre a Xunta, mentres a administración autonómica exixía actuacións concretas do Concello. Un despropósito.
Na actualidade, o monte de refugallos holandeses segue no mesmo lugar e o papel aguanta todo, iso si, agora sabemos que grazas a un Porsche que autoriza a xogar coa saúde das persoas e coa legalidade urbanística.


Actas do Pleno do Concello:

ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DA CORPORACIÓN REALIZADA O DÍA 30 DE SETEMBRO DE 2009.
Xosé Manuel Pérez Sardiña (BNG)
Escritura da parcela do Punto limpo
(...) sen embargo este Concello é un vertedoiro incontrolado e o Alcalde é incapaz de tomar medidas como [en relación a] o transporte de bituminosos (...)

a.1.c. Pregunta concelleiro BNG Don José Manuel Golpe Acuña. Estes días saíu nos medios de comunicación o problema do Polígono de Vilar do Colo onde hai unha empresa que esta acopiando material bituminoso nunha parcela rústica o pe da autoestrada, hai denuncia a Augas de Galicia e tamén dalgunha asociación ambiental e ecoloxista.
ePor qué non actuou o Concello?
Resposta Sr.Alcalde: Si que actúa, estase a espera do informe de Augas de Galicia hai solicitude e certificación do material e estase a espera de informes.
a.1.d. Rogo concelleiro BNG Sr. Golpe Acuña.En relación coa pregunta anterior, esa empresa para acopiar esas toneladas de residuos bituminosos usou a beirarrúa do vial a cal está desfeita nun estado intransitable, roga ó Sr. Alcalde que faga extensivo ó concelleiro delegado que reparen canto antes esa beirarrúa do polígono e senón comuníquenllo a Sepes para que o amañen.
ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DA CORPORACIÓN REALIZADA O DÍA 27 DE XANEIRO DE 2010
(...)
C) O portavoz do grupo BNG Don Xosé Manuel Pérez Sardiña presenta unha moción por urxencia sobre a actual situación que padece a parroquia de Laraxe no relativo a un depósito de residuos asfálticos que o parecer está a ser investigado tanto pola fiscalía de medio ambiente do TSXG como pola Xunta de Galicia e entenden que o Concello debe tomar medidas para garantir a sanidade pública.
Sometida a votación a ratificación da urxencia, o Pleno da Corporación con cinco votos a favor dos membros dos grupos BNG e Mixto e seis en contra dos membros dos grupos popular e AEC, acorda rexeitar a urxencia da devandita moción.
(...)
a.2.e. Pregunta concelleiro BNG D.José Manuel Golpe Acuña En relación coas informacións aparecidas nos medios de comunicación sobre acopio de productos bituminosos no polígono de Vilar do Colo e a vista da intervención da Xunta de Galicia sábese que son nocivos para a saúde. ¿ Cal é o estado do expediente de paralización, ou si se incoou expediente ou en que estado está esta intervención por parte do Concello ?.
Resposta Sr.Alcalde: o Concello está esperando o informe de Medio Ambiente, tramitousc todo a Medio Ambiente.
a.2.f. Rogo concelleiro BNG D. José Manuel Golpez Acuña. Na última pregunta que fixo sobre este tema deu a entender que non había licenza para esa explotación, roga a Alcaldía que tome as medidas oportunas para garantir a seguridade e a saúde para os veciños de Cabanas posto que eses productos son nocivos para a saúde e de paso que repoña a legalidade.
ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DA CORPORACIÓN REALIZADA O DÍA 31 DE MARZO DE 2010.
b.1.f. Rogo concelleiro BNG D. José Manuel Golpez Acuña. Levamos xa uns meses desde as primeiras alarmas no Polígono de Vilar do Colo polo acopio de productos bituminosos traídos de Holanda pola empresa Manmer, roga que no próximo pleno teña a ben informar de como está a situación legal dese asunto, que medidas está adoptando a Xunta e o propio Concello, si se precintou a obra e tramitou a autorización
Resposta Sr.Alcalde: ata onde pode contestarle, aí está a Xunta e hai que esperar os informes da Xunta, cando estean loxicamente vostede sabe que para autorizar unha actividade ou dar unha licenza hai uns informes previos de medio ambiente, por eso está na Xunta.
ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DA CORPORACIÓN REALIZADA O DÍA 26 DE MAIO DE 2010.
(Preguntas escritas BNG)
a.1.5. Segundo a Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia o residuo asfáltico holandés depositado nos montes de San Lourenzo é perigoso. Que medidas adoptou a alcaldía ao respecto?
a.1.5. Estamos á espera do informe de Medio Ambiente, tras do que seguiremos os trámites oportunos. (ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DA CORPORACIÓN REALIZADA O DÍA 28 DE XULLO DE 2010.)

BOLETÍN DO PARLAMENTO DE GALIZA DE 28 DE XANEIRO DE 2010
En relación coa pregunta con resposta escrita núm.: 7605, formulada polo Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego, a iniciativa de dona Ana L. Bouza Santiago e dona Isabel Sánchez Montenegro, sobre "o coñecemento, a autorización e as medidas previstas polo Goberno galego respecto das verteduras levadas a cabo no lugar de Vilar do Colo, nunha zona próxima ao polígono industrial de Fene e Cabanas", (publicada no BOPG núm.: 76, do 17 de setembro de 2009),teño a honra de enviarlle, para así dar cumprimento ao previsto no artigo 157 do Regulamento do Parlamento de Galicia, a contestación formulada
pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, que ten o seguinte contido:
"No organismo autónomo Augas de Galicia tivo entrada, o día 14 de setembro do 2009, un escrito de denuncia da Asociación Etnográfica e da natureza 'Amigos do Baa' (Aetna), sobre a comunicación de refugallos de tipo asfáltico na zona limítrofe co polígono industrial de Vilar de Colo, comprendida entre os concellos de Cabanas, Fene e o río Baa. Nesa mesma data, tamén tivo entrada esta denuncia no Servizo Territorial Zona Galicia Norte do organismo autónomo Augas de Galicia, na Coruña.
No mesmo sentido, o 21 de setembro de 2009 ten entrada outro escrito de denuncia asinado por Aetna e outras entidades e asociacións. Ese mesmo día, tamén ten entrada no rexistro do Servizo Territorial Zona Galicia Norte do organismo autónomo Augas de Galicia, na Coruña, informe/denuncia formulado pola patrulla da Garda Civil Seprona de Pontedeume, relativo a unha acumulación dun árido, aínda sen determinar a súa toxicidade, realizado como consecuencia da denuncia de Aetna.
Pola súa parte, a Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas tivo coñecemento da existencia dun amoreamento ou depósito de áridos en dúas parecelas forestáis situadas no concello de Cabanas, ao carón do río Baa, e lindantes co polígono industrial de Vilar do Colo.
Segundo manifestacións realizadas no curso da inspección ambiental por un responsable da empresa que efectúa o depósito de material, o mesmo constitúe un árido reciclado de aglomerado procedente de Holanda e resultante dun proceso térmico e mecánico de reciclaxe efectuado integramente no dito país. O depósito ten por obxecto o almacenamento de material para o seu emprego na construción de firme de estradas.
Con anterioridade, a Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental tivera coñecemento do transporte do citado material desde Holanda. Segundo a información facilitada polos responsables do transporte, o material dispon do marcado CE e cumpre coa normativa UNE-EN 13242:2002 ("Áridos para capas granulares e capas tratadas con conglomerantes hidráulicos para o seu uso en capas estruturais de firmes').
Ao respecto, compre indicar que o Laboratorio de Medio Ambiente de Galicia, dependente da citada Secretaría Xeral, obtivo unha mostra do devandito cargamento que foi sometida a análise, detectándose a presenza do composto benzoalfaopireno en concentración inferior á metade da permitida pola normativa.
Por parte da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, e conforme aos antecedentes expostos con anterioridade, precísase que o material obxecto de amoreamento non respondería ao concepto legal de
residuo, xa que é o resultante dun proceso de reciclaxe ou valoración e destínase de modo directo e sen ulterior tratamento a labores de construción de estradas. Así pois, non cabe falar de residuo nin de vertido
que deba ser autorizado polo citado centro directivo, iso sen prexuízo do control das condicións ñas que se está almacenando, aspecto que lle compete, en primeiro termo, á Administración municipal no ámbito das súas competencias en materia de disciplina urbanística e, no tocante á defensa e protección do dominio público hidráulico constituido polo río Baa, aoorganismo autónomo Augas de Galicia.
En relación con este último aspecto, e como consecuencia das denuncias antes enumeradas, desde o organismo autónomo de Augas de Galicia leváronse a cabo as seguintes actuacións:
a) Traslado da documentación ao área de vertidos do organismo autónomo Augas de Galicia, para o seu oportuno estudio e valoración.
b) Emisión de informe por parte do Servizo Territorial Zona Galicia Norte do citado organismo autónomo, na Coruña, no que se extraen, sintetizadas, as seguintes conclusións:
• Que nunha parcela do Concello de Cabanas estase a facer un recheo formado polo que aparenta ser restos de aglomerados triturados, actuación que lle afecta á zona de policía do río Baa, pola súa marxe esquerda. A empresa non dispon de autorización para tal actuación.
• O recheo aparenta ser compactado e non conta con gabia perimetral. No momento da visita dos axentes de campo de Augas de Galicia, non se aprecian a emisión de lixiviados nin arrastres cara ao río.
• Podería existir unha xestión inadecuada de residuos da construción.
c) En base ao sinalado no informe explicado anteriormente, o organismo autónomo, desenvolvendo as súas competencias, procedeu, coa data 23 de setembro de 2009 á incoación do correspondente expediente sancionador, co fin de depurar responsabilidades polo depósito de áridos na zona de policía do dominio público hidráulico, sen a correspondente autorización, e polo posible efecto contaminante que estes depósitos poderían ter sobre augas do río Baa.
d) asemade, por Augas de Galicia procedeuse, en data 24 de setembro de 2009, a dar traslado de copia das denuncias das diferentes asociacións, e do informe/denuncia emitido polo Seprona, á Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.
Como primeira medida precautoria, en data 28 de setembro de 2009, e por parte da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental informouse con carácter urxente ao Concello de Cabanas das medidas que cumpría adoptar polo responsable do amoreamento para previr posibles afeccións ambientáis, consistentes na execución de cunetas no perímetro de todas as zonas de almacenamento que recollesen as drenaxes de posibles efluentes e balsas de retención e decantación.
Por outra parte, estanse a realizar análises que permitan determinar se o árido depositado en Vilar do Colo ten efectivamente as mesmas características que o material transportado desde Holanda e resulta conforme coa normativa vixente, segundo as manifestacións efectuadas e a documentación achegada pola empresa responsable do amoreamento pois, en caso contrario, si se consideraría residuo, procedendo a adopción as
correspondentes medidas de disciplina ambiental.
Sen prexuízo do anterior, en materia de protección fluvial iniciouse a incoación polo organismo autónomo Augas de Galicia dun expediente sancionador polo depósito de áridos na zona de policía de dominio público hidráulico sen a correspondente autorización, así como pola posibilidade de que o depósito puidera ter efecto contaminante sobre as augas do río Baa.
Actualmente ese expediente sancionador está iniciado e estase ao resultado da súa culminación, que podería determinar, no seu caso, ademáis da correspondente sanción de multa, a procedente obriga de restitución do dominio público hidráulico, e/ou, se resulta procedente, a legalización das actuacións realizadas. Paralelamente tamén haberá que estar aos resultados do expediente de vertidos iniciado para o efecto.
A vista de todo o anterior, cabe indicar que Augas de Galicia está a adoptar as medidas correspondentes á súa competencia, consistente en investigar a orixe do vertido e proceder a incoar expediente sancionador tal e como precisa este caso concreto."
AUTORIZACIÓN DE AUGAS DE GALICIA (ABRIL DE 2011)

27 de out. de 2011

Actas: Pleno de 28 de setembro

Cabanas.- Na nosa liña de transparencia e lealdade cos nosos compromisos publicamos a acta do Pleno de 28 de setembro.

ACTADA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DO DÍA 28 DE SETEMBRO DE 2011.
           
Concelleirosasistentes:
Dª.Eva Mª. Pazos Bande
Dª.Esperanza Gayoso Pereiro.
D.JuanA.LópezRodriguez.
Dª.Ana Rosa Méndez Eiroa.
D.JulianR.SeijasCriado.
D.Xosé Manuel Pérez Sardiña.
Dª.Mª.Teresa de J. García Pita.
D.JoséC.ReyGarcía
D.LuisA.FachalLópez
D.Delfín Feal Pereira.

            No salón de sesións da Casado Concello de Cabanas, sendo as dezanove horas e trinta minutos do día vinte eoito de setembro de dous mil once, en primeira convocatoria e baixo apresidencia do Sr. Alcalde D.German Castrillón Permuy, coa asistencia dos Sres.Concelleiros relacionados á marxe e do Secretario titular da Corporación DonAntonio López Vila, reúnese o Pleno deste Concello en sesión ordinaria deacordo coa correspondente convocatoria.
            Unha vezcomprobada a existencia de quórum para a válida constitución do Pleno, aPresidencia declara aberta e pública a sesión, procedéndose a trata-los asuntosincluídos na Orde do Día.
PARTE RESOLUTIVA.
1.- ACTA DA SESIÓN ANTERIOR. Dada conta da acta da sesiónanterior realizada o día 27 de xullo de 2011, da cal entregouse copia coaconvocatoria a tódolos concelleiros, a Presidencia pregunta se algún membro daCorporación ten que formular algunha observación, e non presentándosealegacións, o Pleno da Corporación en votación ordinaria, co voto a favor detódolos membros, acorda aproba-la referida acta.
2.- FESTAS LOCAIS PARA 2012. Visto o escrito da Xefaturaterritorial da Coruña da Consellería de Traballo e Benestar, no que interesaproposta do pleno ou do órgano que sexa competente deste Concello na queconsten as datas concretas dos dous días de festa de carácter retribuído e nonrecuperable no ámbito deste termo municipal para o vindeiro ano 2012.
E vista a proposta do grupo de goberno, tendo en contaque o 11 de novembro cadra en domingo, o Pleno da Corporación en votaciónordinaria co voto favorable de tódolos membros presentes, acorda:
Propoñer como festas locais en todo o termo municipalpara o vindeiro ano 2012, o 21 de febreiro (martes de Entroido ) e o 30 denovembro (Santo André).
3.- MODIFICACION TAXA UTILIZACIÓN INSTALACIÓNSDEPORTIVAS. Visto o expediente tramitado para modificación da taxa porutilización de instalacións deportivas municipais e da correspondente ordenanzafiscal reguladora, así como, documentación que consta no devandito expediente editame da comisión de facenda.
Despois de estudado o asunto, o pleno da Corporación envotación ordinaria, con seis votos a favor dos membros do grupo popular e cincoabstencións dos membros dos grupos BNG, AEC e concelleiro do PSdG-PSOE do grupomixto, acorda:
1.º.–Aprobar provisionalmente a modificación do tributolocal: taxa por utilización de instalacións deportivas municipais, así como dacorrespondente ordenanza fiscal reguladora.
2.º.–Someter a información pública o referido acordo e otexto da ordenanza reguladora polo prazo de trinta días a través de anuncio quese publicará no Boletín Oficial da Provincia e no taboleiro de anuncios da Casado Concello.
3.º.–No caso de que non se presentaren reclamacións noprazo anterior, o acordo adoptado entenderase definitivamente aprobado.
4. MODIFICACIÓN PREZO PÚBLICO ACTIVIDADES CULTURAIS,DEPORTIVAS E RECREATIVAS. Visto o expediente tramitado para modificación doprezo público pola prestación do servizo de actividades culturais, deportivas erecreativas, e da correspondente ordenanza fiscal reguladora, coa documentaciónque consta no devandito expediente e ditame da comisión de facenda.
Na deliberación do asunto prodúcense as intervenciónscoas opinións que de forma sintetizada se recollen a continuación:
Polo grupo BNG: o portavoz D. Xosé Manuel Pérez Sardiñaindica que xa manifestaron na comisión que non tiñan claro esta suba cando nonse ve polo equipo de goberno unha mellora nos servizos, polo que súa posiciónvai ser en contra mentres non demostren a mellora deses servizos con mediosnecesarios para o desenvolvemento desas actividades.
Polo grupo mixto: o concelleiro do PSdG-PSOE D. DelfínFeal Pereira insiste en que na comisión quedou pendente o da bonificación parafamilias monoparentais, díxoselle que ningunha persoa ía quedar senactividades, pero non ve inconveniente en que se incorpore unha bonificación do10% para estas familias, observa que isto non se incorporou e polo tanto votaráen contra.
Polo grupo popular: a concelleira Dª. Esperanza GayosoPereiro manifesta que pola situación económica vense na necesidade deracionalizar o gasto e buscar a sustentabilidade das actividades; nos últimosanos fixéronse melloras importantes nos locais de actividades culturais edeportivas, invitando a que se comproben; en canto a familias monoparentaisconsidera que non por ese feito van carecer de recursos e recorda que no casode problemas económicos se pode chegar a exención do 100% do cota, por iso nonven razón para incluílas.
O Sr.Pérez Sardiña insiste nos medios materiais e que nonson os que crean os problemas nas actividades nin as suspenden durante o curso,pide que revisen as actas e as peticións que levan feito, alude a falta deconsignación, a mala xestión gastando os cartos na primeira metade do ano eagora a esixencia dun esforzo aos asistentes as actividades, considera que oequipo de goberno non ten capacidade de xestión política e o demostran co rumbocara os pufos.
O Sr.Feal Pereira en relación co dito pola Sra.Concelleira de cultura sobre familias monoparentais, tamén se pode aplicar omesmo as familias numerosas que teñen bonificación, polo tanto non é escusa etendo en conta ademais o habitual que está sendo este tipo de familia debía serrecollida nas bonificacións.
A Sra. Gayoso Pereiro fala de que se está a pechar ainscrición nas actividades e o aumento da demanda, a única actividade que houboproblemas no curso anterior foi porque a monitora en vez de dedicarse a darclases facía política, intentou dialogar con ela polas boas varias veces enunca o conseguiu, intentaba rebenta-la actividade, esta ano para retoma-laactividade a día de hoxe inda non constou; considera que as tarifas non sonexcesivas, hai que ter en conta as bonificacións e están por debaixo do custopolo interese social e cultural.
Debatido o asunto, o pleno da Corporación en votaciónordinaria, con seis votos a favor dos membros do grupo popular, tres en contrados membros do grupo BNG e o concelleiro do PSdG-PSOE membro do grupo mixto edúas abstencións dos membros do grupo AEC, acorda:
1.º.–Aprobar provisionalmente a modificación do tributolocal: prezo público pola prestación do servizo de actividades culturais,deportivas e recreativas, así como a correspondente ordenanza fiscalreguladora.
2.º.–Someter a información pública o referido acordo e otexto da ordenanza reguladora polo prazo de trinta días a través de anuncio quese publicará no Boletín Oficial da Provincia e no taboleiro de anuncios da Casado Concello.
3.º.–No caso de que non se presentaren reclamacións noprazo anterior, o acordo adoptado entenderase definitivamente aprobado.
5.- EXPEDIENTE DE MODIFICACIÓN DE CREDITOS 6/2011.Examinada a proposta de modificación de créditos que se detalla na memoria daAlcaldía-Presidencia, por importe de 97.220,00 euros, para facer fronte aobrigas a cargo desta Corporación relativas a gastos de persoal,  bens correntese servizos e investimentos que se considera necesario realizar no presenteexercicio sen que se poidan atrasar para o exercicio seguinte, utilizando comorecursos para o seu financiamento as baixas doutras partidas de gastos. Noexpediente figura informe de Intervención, así como ditame favorable da Comisiónde Facenda, considerando que as modificacións son necesarias con carácterinaprazable e non existe ningún prexuízo para os intereses do Concello.
Na deliberación do asunto prodúcense as intervenciónscoas opinións que de forma sintetizada se recollen a continuación:
Polo grupo BNG: o portavoz D. Xosé Manuel Pérez Sardiñaindica que nesta modificación o diñeiro non vai para investimentos senón paramante-lo staf  do equipo de goberno comoa asesoría que falla en temas xurídicos e que foi contratada antes daseleccións en contra do que dixo o Alcalde, alude aos conflitos da concelleirade cultura onde debería crearse unha comisión – intervén a Sra. Gayoso Pereiro,ordenándolle silencia a Presidencia – quedaron facturas sen pagar do 2010 enesta modificación tampouco deixan diñeiro para as actividades que estánorganizando, esta modificación faise para paga-los seus soldos de preto de1.000 euros ou máis, veñen a resolve-los seus problemas non os de Cabanas, osbancos xa non lles dan créditos, critica o cambio de farolas cando estaban enbo uso, xa advertiron que se estaba gastando en cousas non estritamentenecesarias, a modificación non contempla a achega á Xunta no 2011 para oconvenio do abastecemento ao polígono de Vilar do Colo e pregunta cales son asprioridades.
Polo grupo mixto, o concelleiro do PSdG-PSOE D. DelfínFeal Pereira considera que sempre se fan modificacións e iso é necesario, aludeao exposto no informe de Intervención e considera que os gastos téñense quefacer en aras do ben do Concello, pregunta que significa a baixa de 27.000euros na partida do PXOM e en concepto de que se reducen 2.000 euros encombustible; alude ao aumento de 8.600 euros en protocolo e publicidade queinda que dixeron na comisión de facenda que era unha persoa que facía moitascousas opina que é unha esaxeración, en canto a servizos xurídicos si oconcello non ten dispoñibilidade orzamentaria, temos unha Deputación que ospresta de forma gratuíta sen necesidade de asesoría externa, por todo elovotará en contra da modificación.
Polo grupo popular, a portavoz Dª. Eva Mª. Pazos Bandesinala que como manifestou na comisión, tódolos anos é necesario realizaraxustes nas partidas orzamentarias para atender necesidades de gastos derivadosdo propio funcionamento do Concello,  refíreseao informe de Intervención e que estas modificacións non varían a estabilidadeorzamentaria, considera necesario aumentar partidas de gastos para atendernecesidades no presente exercicio que non poden ser atrasadas ao exercicioseguinte, é ineficaz ter paradas partidas que non van ser utilizadas neste anoe por elo realízase unha reasignación para un mellor rendemento dos recursos,redúcese o gasto naquelas partidas que foi posible e preténdese realizar unhasola modificación, o concello non ten ningún crédito pendente como consecuenciada boa xestión nos últimos anos, tampouco hai facturas no caixón e pechouse o2010 cos pagos realizados ao 99% a pesar da crise, os provedores estántranquilos porque saben que este goberno paga puntualmente e cumprindo coalexislación vixente.
O Sr.Pérez Sardiña manifesta que cando din que pagaron o99% deberíalles caer a cara de vergonza, nos decretos da Alcaldía hai unrecoñecemento especial dunha factura do proxecto da auga para Vilar do Colo erado 2010 e non aparecía, con esta modificación están atrasando grandes facturas,e pregúntase si están levando ó concello ao impago, insiste en que os bancos xanon lles dan crédito, mentres que antes non había problema como no caso na navede Vilar do Colo.
O portavoz do grupo AEC, D. Luis A. Fachal López opinaque o grupo de goberno  está na súafacultade de facer modificacións, pero non está de acordo como se fan, asprioridades non son equitativas, cámbianse farolas que funcionaban e sácase apartida dos espazos infantís con moitos usuarios, é unha prioridade e hai moitoque mellorar, espera que a minoración no camiño da Lagoa non impida a execuciónda obra, é momento de buscar solucións, no seu momento prescindiuse de servizosxurídicos por ineficientes, agora habería revisar porque cree que tampoucofixeron a súa labor, habería que pensar na Deputación que sería custo cero.
O Sr.Feal Pereira manifesta que a portavoz popular noncontestou ao que significa esa baixa de 27.000 euros no PXOM, non xustifica oaumento de gastos en protocolo e publicidade, nin en publicidade e propaganda,e nos temas xurídicos non sabe por que o Sr.Alcalde di que non poden ser os daDeputación, si a portavoz ou o Sr.Alcalde queren contestar tenllo a ben.
A Sra. Pazos Bande non ve necesidade de entrar en debatesde partidas porque todos coñecen como funciona o orzamento pero insiste naoportunidade de reasignación das partidas dispoñibles, están traballando noplan económico financeiro, na execución da sentenza do Penso realizáronse ostrámites necesarios cos bancos sen resultado, en protocolo e publicidade é paracubrir unha persoa que se encarga destes temas así como tarefas deadministración, incluso de administración xeral cubrindo vacacións e baixasaforrando contratación de persoal temporal para eses traballos; nos temasxurídicos tamén hai que atender outros gastos como o caso de Florinda Deibe, oPXOM ten a máxima prioridade pero a subvención da 2ª anualidade da Xunta nonvai chegar neste ano e por elo hai que adapta-lo as necesidades, o mesmo pasanoutras partidas e hai que buscar a eficacia.
A concelleira do BNG Dª. Mª. Teresa de Jesús García Pitapide a palabra pero a Presidencia non lla concede.
O Sr.Alcalde, en relación co tema das farolas recorda queno último carnaval houbo problemas con nenos que se agarraban as farolas edaban corrente, é un tema de seguridade e ao concello non lle custou diñeironingún; en canto a servizos xurídicos da Deputación pregunta por que o PSOEtiña tamén contratado uns asesores para o Penso, a realidade é que ten que serprivado non vale a Deputación.
Despois de debatido o asunto o Pleno da Corporación envotación ordinaria con seis votos a favor dos membros do grupo popular, e cincoen contra dos membros dos grupos BNG, AEC e o concelleiro do PSdeG-PSOE membrodo grupo mixto, acorda:
Primeiro: Aproba-la referida proposta de modificación decrédito aplicando as cantidades correspondentes as partidas que se reflicten namemoria segundo o seguinte detalle:       
1º.- AUMENTOS PARTIDAS DE GASTOS.
            a)  Créditos extraordinarios
Partida
Denominación
Consig.antes expediente.
Aumento proposto
Consig.resultante
459.62702
Infraestruturas eléctricas
---
10.300,00
10.300,00
                                                                        Sumacréditos extraordinarios...10.300,00 euros.
             b) Suplementos de crédito:
Partida
Denominación
Consig.antes expediente.
Crédito dispoñible
Aumento proposto
Consig.resul-tante
150.16000
Seguridade Social
56.225,00
16.178,24
2.500,00
58.725,00
150.21300
Maquinaria, instalación, útiles
16.000,00
3.549,67
3.500,00
19.500,00
150.63501
Mobiliario urbano
2.000,00
266,57
2.855,00
4.855,00
165.22100
Enerxía eléctrica
150.000,00
7,25
950,00
150.850,00
312.22100
Enerxía eléctrica
2.000,00
68,80
2.265,00
4.265,00
312.22700
Limpeza e aseo
850,00
142,00
2.550,00
3.400,00
330.21200
Edificios e outras construcións
2.000,00
6,01
100,00
2.100,00
334.22609
Actividades culturais
47.100,00
118,23
2.500,00
47.600,00
336.22706
Estudos e traballos técnicos
3.467,00
71,22
2.000,00
5.467,00
338.22699
Outros gastos diversos
14.000,00
106,59
450,00
14.450,00
341.22609
Actividades deportivas
47.100,00
38,40
8.700,00
55.800,00
342.21200
Edificios e outras construcións
2.000,00
1.025,94
150,00
2.150,00
450.21000
Infraestrutura e bens naturais
25.000,00
84,00
13.700,00
38.700,00
450.22706
Estudos e traballos técnicos
49.000,00
477,21
8.650,00
67.650,00
912.23300
Outras indemnizacións
20.000,00
50,00
17.000,00
37.000,00
912.48903
Transferencias grupos políticos
3.000,00
470,15
1.200,00
4.200,00
920.22602
Publicidade e propaganda
3.000,00
512,56
2.450,00
5.450,00
920.22604
Xurídicos, contenciosos
15.000,00
1.888,33
6.700,00
21.700,00
920.22709
Servizo protocolo e publicidade
16.925,00
3,26
8.700,00
25.625,00
                                    Sumasuplementos de crédito.................................... 86.920 euros.
            Totalincrementos de crédito................................................................97.220,00euros.
            2º.-BAIXAS EN PARTIDAS DE GASTOS.    
Partida
Denominación
Consig.antes expediente.
Crédito dispoñible
Baixa proposta
Consig.resul-tante
130.12003
Soldos do grupo C1
14.511,00
7.574,81
1.800,00
12.711,00
130.12009
Paga extraordinaria
4.160,00
3.107,45
1.000,00
3.160,00
130.12100
Complemento de destino
9.475,00
5.671,86
2.500,00
6.975,00
130.12101
Complemento específico
14.175,00
8.927,66
3.900,00
10.275,00
134.21400
Elementos transporte
1.000,00
1.000,00
600,00
400,00
151.22710
Redacción PXOM
57.000,00
27.906,90
27.000,00
30.000,00
170.13100
Laboral temporal
34.800,00
2.209,38
1.200,00
33.600,00
170.16000
Seguridade Social
11.510,00
2.619,05
1.300,00
10.210,00
171.61904
Obras e servizos municipais
47.320,00
47.320,00
7.320,00
40.000,00
221.16104
Indemnizacións xubilación laboral
1.000,00
1.000,00
900,00
100,00
221.16200
Formación persoal
1.000,00
1.000,00
900,00
100,00
231.13100
Laboral temporal
91.312,00
38.012,88
9.000,00
82.312,00
231.16000
Seguridade Social
27.805,00
9.618,56
500,00
27.305,00
312.13000
Retribucións básicas
5.339,00
3.047,10
600,00
4.739,00
312.13002
Outras remuneracións
1.994,00
1.703,52
1.300,00
694,00
312.16000
Seguridade social
2.450,00
1.645,90
800,00
1.650,00
323.48100
Axudas para estudos
2.000,00
2.000,00
1.000,00
1.000,00
330.21300
Maquinaria, instalacións, útiles
4.000,00
1.924,29
1.000,00
3.000,00
432.48900
Transferencias Euroeume
5.000,00
5.000,00
3.000,00
2.000,00
454.61904
Obras e servizos municipais
55.000,00
38.511,27
15.000,00
40.000,00
920.12003
Soldos grupo C1
17.281,00
7.591,25
1.800,00
15.481,00
920.22002
Material informático non inventariabl
5.000,00
3.495,97
2.300,00
2.700,00
920.22103
Combustibles e carburantes
9.000,00
5.758,46
2.000,00
7.000,00
920.63500
Mobiliario
1.000,00
1.000,00
900,00
100,00
941.45000
Transporte metropolitano
10.700,00
9.641,69
9.600,00
1.100,00
                        Totalbaixas decrédito.............................................................97.220,00euros
Segundo: Continua-la tramitación do expediente conexposición pública en forma regulamentaria a efectos de exame e reclamacións.
Terceiro: No suposto de non presentarse reclamaciónscontra o mesmo considerarase definitivamente aprobado, debendo cumprirse otrámite de publicación do correspondente resume no B.O.P. e no Taboleiro deAnuncios do Concello.
6.- CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE O ENTE PÚBLICO PORTOSDE GALICIA E O CONCELO DE CABANAS PARA CONSTRUCCIÓN DE PLATAFORMA FLOTANTETEMPORAL EN CABANAS. Visto o borrador do convenio de colaboración entre o EntePúblico Portos de Galicia e o concello de Cabanas para a construción de“Plataforma modular flotante temporal en Cabanas, A Coruña” que achega oDirector de Portos de Galicia para prestar conformidade como trámite previo epreceptivo á subscrición do convenio.
Na deliberación do asunto prodúcense as intervenciónscoas opinións que de forma sintetizada se recollen a continuación:
Polo grupo BNG: o portavoz D. Xosé Manuel Pérez Sardiñaironiza coa consideración como necesidade prioritaria, non se pode estar senatraque porque chegan barcos tódolos días e pódese dicir que  hai unha flota que enche a ría e non teñensitio onde ampararse; indica que polo menos hai que saber a cantidade á quehaberá que facer fronte, nun momento de crise que están a falar de austeridadee recorte de gastos terán que explicar isto, o custo do mantemento e oscompromisos adquiridos e o financiamento, non vaia pasar como co abastecementode Vilar do Colo que está sen pagar e seguirá porque non lles dan crédito, unpunto tras outro están a levar o Concello a decadencia, ese é o camiño quequeren levar.
Polo grupo AEC: o portavoz D. Luis A. Fachal López aludeao tema do mantemento e supón que haberá que ter unha ordenanza fiscalreguladora, pero o que máis lle sorprende é que nos proxectos vistos eran paraancoraxe e fondeo das embarcacións e resulta que agora solo é para subir ebaixar persoas, non é o que se había falado nun principio, por elo pide que seexplique isto.
Polo grupo popular: a portavoz Dª. Eva Mª. Pazos Bandemanifesta que deixando a demagoxia que algúns lles encanta mostrar, o pantalané unha petición dos veciños de Cabanas, puxéronse a traballar na posibilidadede instalar un pantalan para ofrecer un acceso transitable aos barcos quefondean na zona e agora se poderán empezar a resolver os inconvenientes quetiñan nese lugar, ao mesmo tempo búscase potenciar o valor ambiental e naturalde Cabanas e ordena-las actividades náutico-deportivas como un medio para ofomento do turismo, trátase dun pantalan para embarque e desembarque de persoassen que se poida utilizar como plataforma de ancoraxe ou fondeo permanente paraningún tipo de embarcacións.
O concelleiro do PSdG-PSOE do grupo mixto D. Delfín FealPereira considera que todo o que sexa para aumenta-las infraestruturas doConcello é bo,  imaxina que será parapotenciar o fomento do turismo con algún outro proxecto máis, espera que seconteste as preguntas que se fixeron antes sobre elaboración dunha ordenanza ecustos de mantemento, manifestándose a favor porque pode ser importante para ofomento do turismo.
O Sr.Alcalde sorpréndelle as manifestacións do Sr.Fachalporque leva catro anos traballando e tivo nas mans o convenio, non variou nada,é un tema de recreo e non se poden facer fondeos como en Pontedeume, é derecreo para o día e para subir e baixar xente; o mantemento vai ser sololimpeza e mantemento, hai alí uns quince barcos pero teñen que estar fondeadosfora do pantalán – intervén a Sra.García Pita e o Sr.Presidente ordena silencioindicándolle que é a segunda advertencia-
Debatido o asunto o pleno da Corporación, por maioríaabsoluta, con nove votos a favor dos membros dos grupos popular, AEC e oconcelleiro do PSdG-PSOE do grupo mixto, e dous en contra dos membros do grupoBNG, acorda:
Aproba-lo convenio de colaboración entre o Ente PúblicoPortos de Galicia e o concello de Cabanas para a construción de “Plataformamodular flotante temporal en Cabanas, A Coruña”, coas seguintes cláusulas:
Primeira.- Obxecto do convenio.
O obxecto de presente convenio é establecer as bases decooperación entre a Xunta de Galicia –Consellería do Mar, a través do entepúblico Portos de Galicia, e o Concello de Cabanas, para a execución das obrasde estas entidades porán a disposición da xunta de Galicia os terreosnecesarios para a normal execución das obras de “Plataforma Modular Flotantetemporal en Cabanas, A Coruña” co fin de servir de plataforma de atraque edesatraque de embarcacións de porte e dimensións axeitadas ao proxecto deexecución das obras, e de embarque e desembarque de persoas.
Segunda.- Orzamento.
O orzamento máximo para a execución das obrasanteriormente citadas ascenderá a 49.900,00€ en unha única anualidade con cargoá aplicación orzamentaria 62204-“Obras de atraque” dos orzamentos do EntePúblico Portos de Galicia correspondentes ó ano 2011.
En ningún caso poderá superarse a cantidade máximaindicada anteriormente, sen prexuízo do disposto na cláusula sexta.
As obras executaranse de acordo ao proxecto “PlataformaModular Flotante temporal en Cabanas, A Coruña” redactado en 29/12/10, poloenxeñeiro de camiños, canles e portos. D. Antonio Serrano Aguayo, e con visadodo Colexio Oficial de Enxeñeiros de Camiños Canles e Portos de data 07/02/2011,expediente 25709.
Terceira.- Obrigas de Portos de Galicia.
O Ente Público Portos de Galicia compromete as seguintesobrigas:
1. A licitación, contratación, dirección e execución dasobras de “Plataforma Modular Flotante temporal en Cabanas, A Coruña”, de acordoao proxecto “Plataforma Modular Flotante temporal en Cabanas, A Coruña”redactado en 29/12/10, polo enxeñeiro de camiños, canles e portos D. AntonioSerrano Aguayo, e con visado do Colexio Oficial de Enxeñeiros de Camiños Canlese Portos de data 07/02/2011, expediente 25709, ata a contía máxima para de49.900, 00€
Cuarta.- Obrigas do Concello de Cabanas.
O Concello de Cabanas, con carácter previo áformalización deste Convenio, deberá aportar testemuño do acordo en Plenorelativo ós seguintes extremos:
1.     a)Compromiso de posta a disposición, por parte doConcello, libres de cargas e gravames, e con réxime e usos urbanísticosaxeitados para a normal execución das obras, de tódolos terreos necesarios paraa normal execución das obras obxecto de este convenio incluíndose así mesmo aretirada e no seu caso reposición, ao seu cargo de tódolos servizos afectadospolas mesmas.
b) Compromisos de asumir o custo de calquera gravame,taxa ou prezo derivado da execución deste convenio, sen que se poida xirarningún cargo por tales custos contra Portos de Galicia ou a Xunta de Galicia.
c) Compromiso de concesión, dos correspondentes permisose autorizacións necesarias, no seu caso, para a completa execución das obras,sen custe algún para Portos de Galicia ou a Xunta de Galicia.
d) Compromiso de tramitación e obtención dos permisos,autorizacións ou concesións que foran necesarios, no seu caso, para completaexecución das obras sen custe algún para Portos de Galicia ou a Xunta deGalicia.
e) Compromiso de tramitación e obtención dos permisos,autorizacións ou concesións que foran necesarios, no seu caso, ante aDemarcación de Costas do Estado de Galicia sen custe algún para Portos deGalicia ou a Xunta de Galicia.
f) A obriga de asumir, unha vez recepcionadasprovisionalmente as obras e previa comunicación de Portos de Galicia, omantemento e conservación das mesmas, e súa vixianza e custodia, respondendopor tales obrigas fronte a terceiros, desde o momento do coñecemento doConcello de Cabanas da recepción das obras conforme ao establecido na cláusulaoitava.
2. En ningún caso o Concello de Cabanas poderá exercer aoabeiro deste convenio e sobre o pantalán construído por Portos de Galicia,ningún tipo de competencia, actuación ou potestade que implique directa ouindirectamente o exercicio de competencias portuarias autonómicas debendodestinalas a uso de servizo público.
3. O Concello de Cabanas asume a obriga de destinarunicamente o pantalán a servir de plataforma de atraque e desatraque deembarcacións de porte e dimensións axeitadas ao proxecto de execución dasobras, e de embarque e desembarque de persoas, sen que poida utilizarse comoplataforma de ancoraxe ou fondeo permanente para ningún tipo de embarcacións.
Quinta.- Acreditación da disposición de terreos e dodominio público marítimo-terrestre.
O Concello de Cabanas, como trámite previo á adxudicacióndas obras, deberá acreditar a oportuna certificación xustificativa dadispoñibilidade dos terreos e dos servizos afectados, nos termos do apartado a)da cláusula precedente.
Tamén aportará, previo o inicio das obras, todos aquelespermisos, autorizacións ou concesións que foran necesarios, no seu caso, porparte da Demarcación de Costas do Estado de Galicia, para a ocupación dodominio público marítimo-terrestre.
Sexta.- Limitación da achega financeira.
Licitadas as obras, a baixa do custo das mesma derivadada licitación, suporá a rebaixa automática do compromiso de aportaciónfinanceira de Portos de Galicia.
No caso de superarse a cantidade máxima sinalada nacláusula segunda como consecuencia de incidencias sobrevidas no curso daexecución das obras, o Concello de Cabanas deberá habilita-los correspondentescréditos e transferi-los a Portos de Galicia para a súa autorización edisposición a favor do contratista adxudicatario das obras, exceptuándoseaquelas modificacións que, durante a correcta execución da obra, se produzanunicamente por variación no número de unidades realmente executadas sobre asprevistas nas ubicacións do proxecto, as cales poderán ser recollidas naliquidación provisional, co límite de que non representan un incremento degasto superior ó 10 por 100 do prezo do contrato.
Sétima.- Comisión de seguimento.
Coa finalidade de asegurar o cumprimento do presenteconvenio, créase unha Comisión de Seguimento integrada por dous representantesdo ente público Portos de Galicia e dous representantes do Concello de Cabanas.Esta Comisión que será presidida por un dos representantes de Portos deGalicia, resolverá as dúbidas que xurdan sobre o cumprimento do convenio e osacordos adoptados neste senso será inmediatamente executivos, agás que precisenautorización dos órganos competentes das respectivas partes. Para asdiscrepancias non resoltas, a resolución última será tomada pola Consellería doMar.
Oitava.- Recepción das obras.
Recibidas as obras polo Ente Público Portos de Galicia,este poñerao en coñecemento do Concello de Cabanas, entendéndose que talcomunicación determina o nacemento con plenos efectos xurídicos da obrigaasumida por esta Corporación na cláusula cuarta f) precedente, sen prexuízo daulterior formalización da correspondente acta de entrega.
Novena.- Duración.
O presente convenio estende a súa duración no tempo ata aextinción da concesión outorgada para tal fin pola D.X. De Sostenibilidade da Costae do Mar da Administración Xeral do Estado.
Poderá ampliarse este prazo por acordo das partes candose xustifiquen, a xuízo da comisión de seguimento, causas de forza maior ouconcorrencia de dificultades técnicas non previstas, inherentes ao proceso deexecución das obras.
Décima.- Resolución.
O presente convenio resolverase:
-         Polo cumprimento do seu obxecto.
-         Polo incumprimento total ou parcial de calquera dascláusulas que nel se establecen.
-         Polo transcurso do tempo estipulado sen que culminen asactividades acordadas.
Undécima.- Relación contractual.
A subscrición do presente convenio non implica relacióncontractual laboral ou de calquera outro tipo entre os profesionais quedesenvolvan as actividades previstas e Portos de Galicia, de xeito que no selle poderá esixir a este último responsabilidade algunha polos actos ou feitosque acontezan no desenvolvemento das actuacións obxecto deste convenio.
Duodécima.- Responsabilidade fronte a terceiros.
Habida conta dos riscos que se podan derivar da utilizacióndas instalacións para o fin a que están destinadas, o Concello de Cabanas, nodisfrute dos compromisos deste convenio e no cumprimento das obrigas do mesmo,asume sen limitación temporal, ao seo único cargo as responsabilidades fronte aterceiros que poida derivarse pola posesión, disposición e utilización da“Plataforma Modular Flotante temporal de Cabanas”.
O ente público Portos de Galicia non sería responsable enabsoluto de calquera dano ás persoas ou cousas que  poidan producirse como consecuencia das obrasautorizadas.
Décimo terceira.- Natureza xurídica e xurisdicióncompetente.
O presente documento ten a natureza dos conveniosadministrativos de cooperación previstos no artigo 4.1 c) da Lei de contratosdo sector público e queda, polo tanto, excluído do ámbito da regulación dareferida Lei, se ben se observarán os seus principios para a resolución dasdúbidas e lagoas que se puidesen presentar.
O presente convenio rexerase ademais do disposto nas súascláusulas, pola Lei 30/92, do 26 de novembro, de réxime xurídico dasadministracións públicas e do procedemento administrativo común, e polas demaisnormas de dereito administrativo aplicable, ou no seu defecto polas derivadasdo dereito privado, en particular pola Lei 4/2006 de transparencia e boasprácticas da Administración pública Galega, polo Decreto 246/1992 do 30 dexullo polo que se regulan determinadas condicións da execución das obraspúblicas en réxime de cooperación coas corporacións locais ou outros entes dedereito público, e pola resolución do 8 de abril de 1991, sobre convenios decooperación con outros entes públicos e de colaboración con particulares.
As cuestións litixiosas xurdidas da aplicación dopresente convenio e non dirimidas en vía administrativa, serán resoltas polaxurisdición contencioso administrativa ( art. 8.3 da Lei 30/1992), ser prexuízoda aplicación do artigo 44 da Lei 29/1998 de xurisdicióncontencioso-adminstrativa para os litixios entre administracións públicas e dasLeis 7/1985 reguladora das bases do réxime local, e 5/1997, de AdministraciónLocal de Galicia.
Décimo cuarta.- Publicidade do convenio.
O Concello de Cabanas consinte a publicidade dos datosrelevantes deste convenio, nos termos establecidos na disposición adicional doDecreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que ser regulan os rexistros públicoscreados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de ornamentosxerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006, así como no relativoá aplicación da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas naAdministración pública galega, nos seus artigos 11 e 13.
No caso de cesión de datos, o Concello cumprirá asesixencias da Lei O.15/1999 de Protección de datos, mediante a adopción tantodas medidas de seguridade técnicas como das organizativas.
A Consellería do Mar e Portos de Galicia informarán nasúa páxina web oficial da dita subscrición cos seguintes datos básicos: aidentificación das partes que interveñen, o importe do financiamento, a data dasinatura, a finalidade e o período de vixencia. A sinatura do convenio levaimplícita a autorización para o tratamento necesario dos datos e a referidapublicidade.
7.- ORDENANZA REGULADORA DA PROTECCIÓN DO MEDIO NATURALDO CONCELLO DE CABANAS. Visto o expediente tramitado para aprobación daordenanza municipal reguladora da protección do medio natural do concello deCabanas co proxecto de texto normativo.
Na deliberación do asunto prodúcense as intervenciónscoas opinións que de forma sintetizada se recollen a continuación:
Polo grupo BNG: o portavoz D. Xosé Manuel Pérez Sardiñaconsidera que hai partes que non son aplicables, xa preguntaron por persoal,medios económicos e materiais que van poñer en funcionamento para aplicar estaordenanza, porque aquí se están aprobando documentos que logo utilizan segundoconvén, non está axeitada a realidade municipal nin o dereito habitual doconcello de Cabanas e veciños que levan moito tempo traballando nos seusmontes; na Xunta de Galicia xa traballaron para establecer seguridade nonnúcleos e vostedes non foron capaces de facer cumprir esa lei e agora veñencunha ordenanza sen persoal, medios materiais e estudo económico, isto si que édemagoxia, esta ordenanza ten bastantes irregularidades e o voto vai sernegativo.
Polo grupo mixto: o concelleiro do PSdG-PSOE D. DelfínFeal Pereira considera que a presentación na xunta de portavoces foi como asalto e mata, parece que recolleron certas cousas en tema de plantacións anivel forestal no relativo a distancias entre lindes, tamén está a garantía a depositarno Concello con motivo da saca de cortas, esta ordenanza é un propósito deintencións pero falta un desenvolvemento, hai unha serie de matices que llegustaría se retirara e se tratara un pouco máis.
Polo grupo popular: a portavoz Dª. Eva Mª. Pazos Bandemanifesta que o grupo popular traballou no desenvolvemento desta ordenanza queconsideran importante para facer un instrumen-to eficaz con suxeición áxerarquía normativa que lexitime ao Concello para actuacións de prevención deincendios, limpeza de fincas e defensa e protección do medio natural, hai máisde 50 escritos relativos a limpeza de fincas; pregúntase si queren que non seavance ou que non se atendan as demandas dos veciños; a ordenanza regula acorta e saca de madeira no municipio polos madei-ristas que deben asumi-losdanos nas vías públicas, excluíndose as cortas para usos domésticos, tamén sefixan normas sobre plantacións que recolle as xa establecidas pola lexislaciónautonómica; considera que non procede que veñan queixarse ao pleno da propostadespois do tempo que lle deixaron para lograr o maior consenso perosorprendentemente non fixeron ningunha alegación, non había as queixas das quefalan agora; fala de falta de interese e da importancia desta ordenanza, así  como do pouco que valen as reunións deportavoces e si será conveniente seguilas convocando.
O Sr.Pérez Sardiña di que con eles non van contar,recorda que na primeira reunión xe expuxeron observacións importantes pero nono fixeron, díxolles abondo sobre o que había que suprimir, hai partes que nonson aplicables, esta ordenanza non protexe ningún espazo, fan unha ordenanza domedio natural para protexer bambáns, déixense de facer teatro coa política esexan serios, se non queren convocar comisións non o fagan, traballen vostedese fagan o seu traballo que para iso lles votaron e teñen a  maioría suficiente.
A Sra. García Pita indica que non están moi enteradospois isto está perfectamente regulado.
O portavoz do grupo AEC, D. Luis A. Fachal López enalusión a manifestación da portavoz popular indícalle que si queren consensuarnon o fagan catorce días antes porque os plenos son cada dous meses, se podefalar e non ten inconveniente, o fondo da ordenanza e bo, pero deixalo sobre damesa e tratar ben o tema é o que se está pedindo e no próximo pleno non haiinconveniente ningún e pódense facer as cousas mellor.
O Sr.Feal Pereira manifesta que non lle gustan as ameazasde que non van convocar a xunta de portavoces, porque é para debater cuestións,si esta ordenanza se presenta na mesma xunta non se vai poder debater enprofundidade, hai cousas que non están claras e se poden matizar, non estamosdesprotexidos porque hai unha lei de rango superior da Xunta e pódese aplicar,deixala sobre da mesa permitiría poder traballar un pouco máis esta ordenanza,senón, vostedes son soberanos e poden facer o que queiran pero non está de maisevitar ameazas.
A Sra. Pazos Bande, indica que non se trata de ameazassenón dunha exposición vendo a realidade pois en catorce días non presentaronnada, hai expedientes que necesitan a ordenanza para que a solución sexaefectiva e resolver os problemas dos veciños, solo houbo unha inquietude e nondo grupo que di presentou moitísimas solo por demagoxia, considera que foirecollida no sentido de ter acordo entre colindantes, demostran que non teñeninterese e non ter sentido seguir prolongando o ter esta ordenanza.
O Sr.Alcalde fala de consensuar o importe da fianza paraos vehículos na saca de madeira por camiños municipais que estaba pendente,propoñendo modificar a contía inicial pasando a ser de 2.000 euros paravehículos con peso máximo inferior ou igual a 16 Tn. e 3.500 euros paravehículos de máis de 16 Tn. e así se recolla no texto definitivo, estandoabertos a escoitar propostas e seguir mellorando esta ordenanza.
Debatido o asunto, o Pleno da Corporación en votaciónordinaria con seis votos a favor dos membros do grupo popular, dous en contrados membros do grupo BNG, e tres abstencións dos membros do grupo AEC e oconcelleiro do PSdeG-PSOE membro do grupo mixto, acorda:
1.º.–Aprobar provisionalmente a ordenanza municipalreguladora da protección do medio natural do concello de Cabanas
2.º.–Someter a información pública o referido acordo e otexto da ordenanza aprobada, polo prazo de trinta días publicando a tal efectoanuncio no Boletín Oficial da Provincia e no taboleiro de anuncios da Casa doConcello.
3.º.–No caso de que non se presentaren reclamacións noprazo anterior, o acordo adoptado entenderase definitivamente aprobado, segundoo establecido no artigo 49 da Lei 7/1985, de 2 de abril.
8.- MOCIÓN DO GRUPO BNG SOBRE DERROGACIÓN DA ORDE POLAQUE APROBAN OS PREZOS MEDIOS DE MERCADO DE DETERMINADOS INMOBLES RÚSTICOS EURBANOS SITUADOS NA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA PARA OS EXERCICIOS 2010 E2011. Vista a moción presentada polo grupo municipal do BNG sobre derrogaciónda orde pola que se aproban os prezo medios no mercado de determinados inmoblesrústicos e urbanos situados na Comunidade Autónoma de Galicia para osexercicios 2010 e 2011, na que aluden a Orde da Consellería de Facenda do 28 dexullo de 2011, publicada no DOG do 19 de agosto de 2011 pola que se aproban osprezos de referencia e que supoñen un incremento considerable sobre o valorasignado polos propios servizos tributarios da Xunta de Galicia, o queconlevará un aumento xeralizado e abusivo dos impostos que gravan astransmisións patrimoniais. A suba con efectos retroactivos desde xaneiro de2010, estímase entre un 25 e 30 por 100, chegando incluso ao 65 por 100, poloque estamos ante unha suba encuberta de impostos aplicada pola Xunta de Galiciasendo o mercado inmobiliario un dos máis afectados pola crise,  isto demostra a nefasta xestión económica dogoberno galego.
Por elo solicitan do pleno da Corporación a adopción doseguinte acordo:



1.      Dirixirse aoGoberno Galego para que:
Derrogue e deixe sen efecto a Orde da Consellería deFacenda do 28 de xullo de 2011, pola que se aproban os prezos medios no mercadode determinados inmobles rústicos e urbanos situados na Comunidade Autónoma deGalicia para os exercicios 2010 e 2011.
Aprobe unha nova norma pola que se fixen novos valoresmedios dos inmobles que teñan en conta a situación de crise económica e que,polo tanto, en ningún caso, supoña incrementos respecto dos valores vixentes.
2.      Dar traslado desteacordo ao Goberno Galego e máis aos Grupos Parlamentarios con representación noParlamento de Galicia.
Despois de estudado o asunto, o pleno da Corporación envotación ordinaria, con tres votos a favor, dos membros do grupo BNG e oconcelleiro do PSdG-PSOE do grupo mixto, seis votos en contra dos membros dogrupo popular e dúas abstencións dos membros do grupo AEC, acorda rexeita-ladevandita moción.
9.- MOCIÓN DO GRUPO BNG SOBRE AS DEVOLUCIÓNSCORRESPONDENTES AS LIQUIDACIÓNS NEGATIVAS DA PARTICIPACIÓN NOS INGRESOS DOESTADO. Vista a moción presentada polo grupo municipal do BNG sobre asdevolucións correspondentes ás liquidacións negativas da participación nosingresos do Estado, en cuxa exposición de motivos refírense ao sistema definanciamento das entidades locais impulsado polo PP e PSOE aboca á minoraciónimportante de ingresos e tamén á devolución das liquidacións negativos poñendoen perigo o mantemento dos servizos públicos e a existencia dalgúns concellos,aos efectos da crise súmase a insuficiencia financeira; ese modelo definanciamento subordina aos concellos a sobresaltos e afecta tamén áparticipación da Xunta de Galicia, non existen medidas para superar asituación, solo esixen a devolución. Os concellos galegos representan aproximadamente0 6,5% da poboación do Estado, reciben o 5,27% da participación dos ingresos doEstado, uns 176,54 euros por habitante mentres a media do Estado é de 221,07euros por habitante, consideran insuficiente e inxusto o financiamento dosconcellos de Galicia e aluden á dispersión, custo de servizos e necesidade demaior participación.
Por iso, solicitan do pleno da Corporación a adopción doseguinte acordo:
Instar á Xunta de Galicia a:
1.      A que demande doGoberno do Estado a elaboración dun Plan que garanta o gasto corrente aosconcellos e a acordar unha moratoria no pagamento das liquidacións negativasdas cantidades recibidas da Participación nos ingresos do Estado (PIE).
2.      A que, así mesmo,demande do Goberno do Estado a reforma urxente do financiamento local, demaneira que o novo modelo incremente a contía da PIE, e dita participación dosconcellos galegos se integre plenamente nos orzamentos da Xunta de Galicia. Asímesmo, demandarase que o novo modelo teña en conta o maior custo dos servizosen Galicia, derivado da dispersión dos núcleos e do envellecemento dapoboación.
3.      Dar conta desteacordo ao Goberno da Xunta de Galicia e aos grupos parlamentarios do Parlamentode Galicia.
Na deliberación do asunto prodúcense as intervenciónscoas opinións que de forma sintetizada se recollen a continuación:
Polo grupo popular: a portavoz Dª. Eva Mª. Pazos Bandeconsidera que a reclamación do goberno de España podería poñer en risco omantemento dos servizos públicos esenciais locais polo que compre solicitar seadíe o pagamento e garantir a suficiencia financeira das facendas locais deforma que ningún concello perciba menos participación nos ingresos do Estadoque os que percibiu en 2009, están a favor da moción sempre e cando se inclúa:
1º) Dirixirse ó Ministerio de Facenda do Goberno deEspaña para solicitarlle que se adíe o pagamento das cantidades a devolvercorrespondentes ás liquidacións negativas de Participación nos ingresos doEstado dos anos 2008 e 2009, fixadas actualmente en cinco anos, ata un prazo dedez anos.
2º) Dirixirse ó Ministerio de Facenda para que o Gobernode España adopte unha medida tendente a garantir que os ingresos netos quepercibirán as entidades locais en concepto de participación nos ingresos doEstado non sexan inferiores que os que percibiron durante o ano 2009, tal ecomo ten realizado a Xunta de Galicia co Fondo de Cooperación Local durante osanos 2010 e 2011.
O Sr.Pérez Sardiña manifesta que lle contestan como llescontestaron antes, tiveron tempo de sobre de achegarlles esas propostas e polotanto mentres non se presenten as propostas con antelación e se fale nosórganos onde hai que falar non lles poden aceptar emendas.
Debatido o asunto, o pleno da Corporación en votaciónordinaria, con catro votos a favor, dos membros dos grupos BNG e AEC, e seteabstencións dos membros do grupo popular e o concelleiro do PSdG-PSOE do grupomixto, acorda aproba-la devandita moción.

PARTE DE CONTROL ÓRGANOS DA CORPORACIÓN.
10.- INFORMES DA PRESIDENCIA.
a) Resolucións da Alcaldía. Dáse conta das resoluciónsditadas desde a número 206 do 27-07-2011 ata a número 283 do 23-09-2011.
b) Designación de membros da comisión de facenda enrepresentación do grupo popular: Dª. Eva Mª. Pazos Bande, D. Juan Antonio LópezRodriguez e Dª. Esperanza Gayoso Pereiro e como suplentes Dª. Ana Rosa MéndezEiroa e D. Julian Ramón Seijas Criado.
MOCIÓNS DE URXENCIA.
A) O concelleiro do PSdG-PSOE do grupo mixto D. DelfínFeal Pereira presenta unha moción de urxencia con respecto a educación, aurxencia está motivada polos últimos problemas acaecidos no ámbito educativo ena que se inclúen conceptos relativos ao noso colexio.
Sometida a votación a ratificación da urxencia da moción,o pleno da Corporación con cinco votos a favor dos membros dos grupos BNG, AECe o concelleiro do PSdG-PSOE do grupo mixto, e seis votos en contra dos membros do grupo popular, acorda rexeita-laurxencia da moción.
B) O portavoz do grupo BNG D. Xosé Manuel Pérez Sardiñapresenta unha moción de urxencia relacionada coa situación económica municipale relacionada cos informes técnicos dos orzamentos e conta xeral e a necesidadede elaborar o plan de equilibrio económico financeiro, para instar ao gobernolocal que presente ese plan porque xa está fora de prazo.
Sometida a votación a ratificación da urxencia da moción,o pleno da Corporación con tres votos a favor dos membros do grupo BNG, e oconcelleiro do PSdG-PSOE do grupo mixto, seis votos en contra dos membros dogrupo popular, e dúas abstencións dos membros do grupo AEC, acorda rexeita-la urxenciada moción.
Neste intre auséntase da sesión a concelleira Dª. Mª.Teresa de Jesús García Pita.
C) A portavoz do grupo popular Dª. Eva Mª. Pazos Bandemanifesta que á vista de como se desenvolveu a moción do BNG, presentan unhamoción de urxencia sobre as liquidacións negativas correspondentes áparticipación nos ingresos do Estado, considera que non fai falta volver adebater o que era esta moción, propoñendo a adopcións dos seguintes acordos:
1º) Dirixirse ó Ministerio de Facenda do Goberno deEspaña para solicitarlle que se adíe o pagamento das cantidades a devolvercorrespondentes ás liquidacións negativas de Participación nos ingresos doEstado dos anos 2008 e 2009, fixadas actualmente en cinco anos, ata un prazo dedez anos.
2º) Dirixirse ó Ministerio de Facenda para que o Gobernode España adopte unha medida tendente a garantir que os ingresos netos quepercibirán as entidades locais en concepto de participación nos ingresos doEstado non sexan inferiores que os que percibiron durante o ano 2009, tal ecomo ten realizado a Xunta de Galicia co Fondo de Cooperación Local durante osanos 2010 e 2011.
Sometida a votación a ratificación da urxencia da moción,o pleno da Corporación con oito votos a favor dos membros dos grupos popular eAEC, e dúas abstencións do membro do grupo BNG e o concelleiro do PSdG-PSOE dogrupo mixto, acorda aproba-la referida moción.
11.- ROGOS E PREGUNTAS.
Incorpórase de novo a sesión a concelleira Dª. Mª. Teresade Jesús García Pita.
a) Preguntas orais.
a.1. Grupo AEC. Intervención do portavoz D. Luis A.Fachal López.
a.1.1. ¿ No tema do financiamento para execución dasentenza do Penso hai novidades ou segue igual?.
Resposta Sr.Alcalde: estase traballando para conseguiralgo, cando haxa noticias comunicaráselle, de momento a situación segue comoestaba.
a.1.2. En relación co proxecto da humanización da N-621non hai novidades, entende que todo segue igual, ¿ non hai notificación doMinisterio de Fomento?.
Resposta Sr.Alcalde: segue igual e ata que pasen aseleccións o ve complicado e despois tamén.
a.1.3. Foron informados de danos na caseta de turismo queafectaron ao equipo de aire acondicionado, entendo que foron vostedes os querecolleron dito equipo ?.
Resposta Sr.Alcalde: efectivamente vostede ten razón.
a.1.4. Rogo. Reitera o efectuado no pleno anterior, rogase fagan as xestións oportunas para que se reparen tres fochancas na saída daautoestrada despois da primeira rotonda, van aumentando co tempo e agora xa sonfurados, rozouse o acceso pero os furados son cada vez máis grandes.
a.1.5. Rogo. Que se revisen as farolas do Concello, parahai algunhas que non teñen placa de conexión, está aberta e os nenos podenmeter as mans e sufrir unha descarga eléctrica, en vez de cambiar a farola emáis fácil poñer unha placa.
a.1.6. Rogo. En relación coas ordenanzas si é posible queprimeiro que pasen os borradores aos grupos municipais e despois se convoqueaos portavoces para tratar sobre a ordenanza, podería funcionar mellor queentregalos nese momento.
a.2. Grupo Mixto. Intervención do concelleiro doPSdG-PSOE D. Delfín Feal Pereira.
a.2.1. Inda que parece quedou contestada, en relación aopago de facturas a provedores ¿ pode contestar o Sr.Alcalde cal é o estado decontas, é dicir, si se están pagando en tempo e cal é a media en liquidar ditasfacturas?.
Resposta Sr.Alcalde: a media agora mesmo non lla podedicir pero estase pagando en tempo, o único atraso que pode haber son aseléctricas, pero teñen que dar seis meses porque a culpa é delas porquetardaron en facturar, negociarase e tampouco é unha cantidade importante, agoramesmo sobre 10.000 euros, pode haber algunhas facturas pero non se estáconforme coa factura que expiden.
a.2.2. ¿Deu traslado a Alcaldía do acordo aprobado porunanimidade no pleno do 27 de xullo de 2011 sobre as obras que se van acometerno encoro do Eume e a quen foi dirixido?.
Resposta Sr.Alcalde: entendo que se enviou segundo seacordou no pleno, comprobarase.
a.2.3. Con respecto a un rogo que fixo no pleno anterior,¿ por qué  no se reparou a incidencia dovertido de formigón no camiño que sube por detrás da gasolineira do Gaiteira áTorre?.
Resposta Sr.Alcalde: porque se está indagando que foi oresponsable para que o repare, estase con investigacións e senón ao final teraoque facer o Concello.
a.2.4. Rogo. Rógolle que dentro do posible das súascompetencias faga os trámites necesarios para colocar un paso de peóns no lugarde Cardeita fronte ao centro de saúde e máis no lugar da Casilla para permitiro cruce dos viais con seguridade para os peóns.
Resposta Sr.Alcalde: en relación co de Cardeita xa seestá traballando nel, hai inconvenientes porque non é zona urbana, de feito ossemáforos xa funcionan con botón na nacional e seguiran insistindo, na visitada Delegada territorial da Xunta unha das propostas foi o paso de peóns nocentro de saúde.
a.2.5. Rogo. Rógolle que cando se fagan traballos delimpeza por parte dos operarios do Concello en estradas e parques se cumpran asnormas de seguridade tanto para os traballadores coma para os usuarios que pasanpola estrada, a semana pasada estaban limpando o parque os operarios sencareta, sen gafas, sen medios de protección e traballando cerca dos usuarios doparque, necesítase colocar vallas na zona de traballo para separar ós usuarios.
Resposta Sr.Alcalde: estamos totalmente de acordo, é unhaloita que temos para que cumpran as normas de seguridade.
a.3. Intervención da concelleira do BNG Dª. Mª. Teresa deJesús García Pita.
a.3.1. Pregunta. Por qué ningún membro do goberno semolesta en ler a leis anti-incendios? senón daríanse conta que non necesitabana ordenanza de protección do medio ambiente, é certo que houbo denuncias peroxa estaba regulado, ¿ sabe o Alcalde que tiña a obriga de obrigarlle a limpezaaos veciños e senón facelo o concello de forma subsidiaria?, ¿ Por qué non sefixo e agora queren regular o regulado, para tampouco facelo?.
Resposta Sr.Alcalde: vostede coñece moi pouco do que sefai no concello de Cabanas, traballouse moito neste tema intentando arranxar,falar coa xente, consensuar e chegar a acordos, envióuselle cartas e non haiforma, excepto unha parte de xente que vive en Cabanas, pero a xente que nonvive pasa desa limpeza e agora podémolo facer.
a.3.2. Rogo. Roga unha vez máis que se arranxe abeirarrúa ao seu paso por debaixo da ponte, porque representa un perigo edespois deberá indemnizar o Concello e o problema foi do Sr.Alcalde por nonamañalo, rehabilita a flora no espigón e non rehabilita uns furados de dousmetros de profundidade, báixese do coche e pasee un pouco polo paseo.
Resposta Sr.Alcalde: que pasea máis veces que aconcelleira.


b). Preguntas por escrito.
b.1. Preguntas presentadas polo grupo municipal do BNG enescrito do 27 de setembro de 2011.
b.1.1. A lei 1/93 de Protección dos Animais Domésticos eSalvaxes en Cautividade e o Decreto 153/1998, que desenvolve a citada lei,recollen as competencias dos concellos galegos nesta materia, entre elas adisposición dun servizo de recollida e custodia de animais abandonados. Poriso, formulo as seguintes preguntas:
¿Dispón o Concello de Cabanas dalgún servizo de lacería ecustodia de animais contratado? En caso positivo ¿A que empresa ou asociaciónprotectora e con que cantidade orzamentaria? En caso negativo, ¿cando tenpensado dispoñer do citado servizo? E ¿quen desenvolve estas tarefas no caso deatopar un animal abandonado?
Resposta Sr.Alcalde: Protección Civil é a que se encarga,cando aparece una animal abandonado ponse en contacto con Perracan que fai unservizo gratuíto e logo son trasladados a canceira de Brión.
b.1.2. ¿Cales son as iniciativas e solucións previstaspolo goberno local para dar saídas viables ao derrubo dos bloques I e II doedificio O Penso?.
Resposta Sr.Alcalde: acatamos a sentenza e seguimostraballando ata conseguir o financiamento correspondente.
b.1.3. ¿Cal é o calendario previsto polo Concello para aposta en marcha da taxa privatizadora da auga e cal vai ser o procedemento deactuación?.
Resposta Sr.Alcalde: o Concello non vai a privatiza-laauga.
b.1.4. ¿Vai facer análises o Concello da potabilidade dasaugas antes de poñer en marcha o canón de privatización da auga? ¿Van cobrar ocanón de privatización no caso de ser a auga non potable?.
Resposta Sr.Alcalde: creo que vostede é coñecedor de aoConcello non lle corresponde iso.
b.1.5. ¿Con que recursos humanos e materiais vaixestionar o Goberno de Cabanas a limpeza de fincas e montes no rural?.
Resposta Sr.Alcalde: cos que corresponda en cada momento.
b.1.6. No ano 2010, segundo as contas de gastos doConcello adicaron ao fomento do emprego 35.282 euros, dos cales 12.931 eurosforon para gastos de material de oficina, plastificados, recibos de teléfono ealugueres informáticos. É este o concepto de fomento de emprego do PP? 35.000euros parécenlles dabondo para un problema social coma o desemprego, namentresgastan o que faga falla en rallys, xantares…?.
Resposta concelleiro delegado Sr. López Rodriguez: estáde acordo en que o paro é un dos problemas sociais máis importantes de Cabanas,preocúpalle que a información que teña se pare en datos de 2010, é inútil poratrasada, as partidas para este ano incrementáronse nun 411% ata a cantidade de145.107 euros, recorda que este ano non houbo nin está previsto ningún rally,debe actualizar os seus argumentos ou non lles interesa facelo para seguir coademagoxia.
b.1.7. Cales son as seguintes actuacións do gobernomunicipal no eido de fomentar o emprego e atallar o desemprego galopante enCabanas?.
Resposta concelleiro delegado Sr.López Rodriguez: unhavez máis ten que actualizar a información, en xaneiro de 2010 había 225 paradosen Cabanas, en decembro 231, en abril de 2011, 269 e despois foi baixando maio256, xuño 247, agosto 210 e segue baixando, non cabe falar de desempregogalopante, hai 21 parados menos que decembro de 2010 e 15 menos que en xaneirode 2010, as medidas levadas a cabo este ano están dando resultados econtinuarase coa orientación laboral e co plan integral do emprego, conseguiusea colocación de 94 persoas das cales 56 de emprego estable, hai persoas querexeitaron a inclusión no plan, e continuarase con cursos de formación, agoraestase co de conservación de espazos naturais con 15 desempregados enformación, tamén se solicitou un novo plan de emprego para 2012 e están abertosa calquera medida adicional que queiran aportar.
b.1.8. En recentes datas mudáronse en zonas do Concelloas bombillas da iluminación pública por outras que presentan menorluminosidade. É para o PP un aforro cambiar bombillas en pleno uso?.
Resposta Sr.Alcalde: o que se está buscando é unha maioreficiencia enerxética e polo tanto un aforro que supón entre un 40 e un 50%,ademais por seguridade para evitar incidencias como no último carnaval.
b.1.9. Malia a ter comunicación xudicial cal é o motivode que o Concello non reclamase os danos provocados por un accidente de tráficonunha farola?.
Resposta Sr.Alcalde: como de costume vostede estáconfundido, dende que estamos neste Concello reclamáronse os danos tanto enfarolas coma noutro mobiliario municipal con motivo de accidentes de tráfico.
b.1.10. O vehículo de Protección Civil atopábase na Torrede Laraxe, concretamente na estrada xeral 651 que conduce a Ferrolinterrompendo un carril con conos e mailo vehículo municipal o pasado 9 deagosto á tarde e tiña despregado no lugar todo o dispositivo de emerxencias co finde facilitar o acceso de camións a unha obra privada que se está a executar nazona. Ten coñecemento deste desprazamento? Quen o autorizou? Cales eran osmotivos?.
Resposta Sr.Alcalde: unha vez máis quere confundir datose feitos, Protección Civil é un grupo de voluntarios aos que persoalmente llesestamos agradecidos e síntome orgulloso do seu traballo; en canto aofuncionamento,  é un operativo que candosaen se abre a través do control de incidencias 112, non dependen de decisiónsdo Alcalde para saír, teñen os seus propios estatutos, cun presidente,secretario e xunta, o concello de Cabanas colabora con Protección Civil e elesco Concello, si vostede quere coñecer algo máis pódese apuntar como voluntario,pero o que está buscando é o cabreo desta xente que utilizan o seu tempo librea traballar sen ningunha compensación para que deixen de facelo; ese díaestaban facendo un servizo para o Concello para retirar unha farola afectadapor un accidente uns días antes, deixe de confundir a xente.
b.1.11. No decreto 276/2011 de 15 de setembro o rexedor esocio de Motor Racing SL adxudica a Gonzacar SL a subministración dun vehículotodoterreo para labores ambientais por un importe de 26.500 euros, IVEincluído. Pódelle explicar a Corporación que relación mercantil hai entre a súaempresa, Motor Racing SL, e a empresa á que lle adxudicou o vehículo?.
Resposta Sr.Alcalde: Quen adxudicou é o Alcalde en  nome do Concello, non a persoa física quevostede di e socio da mercantil Motor Racing S.L., a adxudicación efectuouseconforme ao prego e en base as ofertas presentadas polas diferentes sociedadesque se presentaron a licitación, a de Gonzacar S.L. resultou ser a máisvantaxosa para o concello polo que foi a adxudicataria dentro da máis estritalegalidade; a relación que pode ter Motor Racing S.L. con Gonzacar S.L. éesporádica do mesmo xeito que pode ter con outra empresa do ramo do automóbil,coma Autos Lobelle, Breogán, Motorkar, etc.
b.1.12. Rogo. Á vista do recente incendio dunha nave demadeira en Vilar do Colo que ficou totalmente destruída e a pesar de que oConcello está na xestora de mantemento do polígono industrial só as agrupaciónsde Protección Civil de Fene e Mugardos acudiron a urxencia, rogamos que ogoberno local tome as medias oportunas para que Protección Civil de Cabanaspriorice nas súas actuacións auténticas emerxencias.
b.1.13. Rogo. Comprobamos que non fixo moto caso dainiciativa do mes de xullo tal e como evidencia a seguinte foto e por isorogámoslle por segunda que se teña en conta a seguridade vial dos peóns quecirculan diante do Hotel Iberia.
b.1.14. Rogo. Rógaselle ó Goberno local que dirixaescrito ao concello de Pontedeume sobre o estado en que quedou o paseo marítimode Cabanas despois do lanzamento dos fogos das Peras e reclame a responsabilidadecorrespondente nos gastos de limpeza.
Resposta Sr.Alcalde: En relación co primeiro rogo,demostra que vostede non coñece como funciona ou está mal informado, ou quevostede ten mala fe, a Asociación de Protección Civil non deciden eles nin oConcello onde acoden, existe unha central de emerxencias que é quen da asprioridades, onde teñen que ir os operativos, infórmese antes de face-lo rogo.
En canto ao segundo rogo, vostede ve a palla no olloalleo, pero voulle facer outro rogo para a súa compañeira que cando aparque ocoche alí na Solana procure non facelo nas ramplas de acceso para cadeiras derodas, e un rogo que lle fai o grupo de goberno a súa compañeira.
Non habendo mais asuntos que tratar a Presidencia levantaa sesión sendo ás vinte e unha horas e corenta e cinco minutos, da cal levantoa presente acta e como Secretario dou fe.
Vº e Prace,
            O Alcalde,                                                                                            O Secretario,