31 de dec. de 2011

Actas: Pleno extraordinario de 14 de novembro

Cabanas.- Na nosa liña de renovar a transparencia e lealdade cos nosos compromisos publicamos a acta do Pleno de 14 de novembro. Bon aninovo 2012




ACTA DA SESIÓN EXTRAORDINARIA DO PLENO DA CORPORACIÓN REALIZADA O 14 DE NOVEMBRO DE 2011
Concelleiros/as asistentes:
Dª Eva Mª Pazos Bande.
Dª Esperanza Gayoso Pereiro
D. Juan A. López Rodriguez
Dª Ana Rosa Méndez Eiroa
D. Julian Ramón Seijas Criado
D. Xosé Manuel Pérez Sardiña
D. José C. ReyGarcía.
D. Luis A.Fachal López.
D. Delfín Feal Pereira
No salón de sesións da Casa do Concello de Cabanas, sendo as dezanove horas e trinta minutos do día catorce de novembro de dous mil once, en primeira convocatoria e baixo a presidencia do Sr. Alcalde D. German Castrillón Permuy, coa asistencia dos Sres. Concelleiros relacionados á marxe e do Secretario titular D. Antonio López Vila, reúnese o Pleno da Corporación en sesión extraordinaria de acordo coa correspondente convocatoria.
Unha vez comprobada a existencia de quórum para a válida constitución do Pleno, a Presidencia declara aberta e pública a sesión, procedéndose a trata-los asuntos incluídos na Orde do Día.
Non asiste a concelleira, Da. Má Teresa de Jesús García Pita que escusa a súa ausencia por motivos de viaxe.
1.  ACTA DA SESION ANTERIOR. Dada conta da acta da sesión anterior realizada o día 25 de outubro de 2011, da cal entregouse copia coa convocatoria a tódolos concelleiros, e despois de preguntar o Sr. Presidente se algún membro da Corporación ten que formular algunha observación; non presentándose alegacións, o Pleno da Corporación en votación ordinaria, co voto a favor dos membros presentes acorda aproba-la referida acta.
2.  PROPOSTA OBRAS POS 2012. Vista a circular da Deputación Provincial da data 4 outubro de 2011 comunicando a aprobación das bases reguladoras do Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de competencia municipal (POS 2012) así como a contía asignada a este Concello; vistas as devanditas bases reguladoras, así como o proxecto técnico da obra a propoñer.
Na deliberación do asunto prodúcense as intervencións coas opinións que de forma sintetizada se recollen a continuación:
Polo grupo BNG, o portavoz D. Xosé Manuel Pérez Sardiña sinala que á vista do informe técnico se non hai dispoñibilidade de terreos este acordo está supeditado a súa adquisición, así como as autorizacións de Augas de Galicia e Patrimonio, é unha obra necesaria coma tódalas de saneamento, neste caso para completar o da parroquia de San Martirio do Porto inda que quedan zonas como A Modias, porque na pasada lexislatura reducíronse os investimentos do saneamento con respecto ao ritmo anterior, aquí non se está poñendo nin o mínimo, aclara en relación co tratado na xunta de portavoces que se trata dunha subvención e así o recollen as bases do POS, neste ano destínase tamén a iluminación pública e o ano pasado destinouse tamén ao lixo.
Polo grupo AEC, o concelleiro D. José C. Rey García considera necesario o proxecto, e cando estaba no gobemo xa se encargaran estudos, alude a que non chega núcleo principal do Batan supoñendo por falta de diñeiro, tamén observa que non están recollidas no proxecto as conexións as casas e van ser complicadas por ter que cruzar o río, hai unha partida de varios coa que o mellor se pode solucionar; tamén bota en falta un proxecto para o plan complementario como se fixo sempre, pero ao mellor non é necesario.
Polo grupo popular, o concelleiro D. Juan A. López Rodriguez insiste no reparto do diñeiro, considerando necesaria a obra que se propón así como o destino de parte para gastos correntes porque vai ser un ano complicado e non queren xerar móis furado do que ten o concello; por outra banda indica que na reunión de portavoces o que comentaba o Sr.Pérez Sardiña e poñía en dúbida eran os gastos totais da recollida de lixo, independentemente que logo se poidan acometer cunha subvención, non se falaba doutra cousa, no POS do próximo ano destinaranse 61.465 euros para gastos de iluminación pública pero non quere dicir que baixen os gastos de electricidade en dita contía.
O Sr.Pérez Sardiña considera que non lle responderon a nada do que lles preguntou, alude a discusión co alcalde na xunta de portavoces, non se explicou como ían facer para cubrir o 100% do saneamento de Porto, e discutíase sobre si era ou non era unha subvención, non vai discutir con adolescentes sobre unha reunión onde non hai actas, fagan o que teñan que facer, e o BNG vai apoiar estas obras como tódolos anos, e pregúntase si o acordo vai levar observacións sobre a dispoñibilidade de terreos.
m Sr.López Rodriguez entende que é necesario ir terminando cos saneamentos de tódalas parroquias, pero tampouco van a gastar o que non temos, e con respecto a discusión cando se chegue ao asunto do lixo haberá móis aclaracións.
m Sr.Alcalde recorda que o das acometidas está recollido no proxecto e no tema de Augas de Galicia xa están solicitados os permisos e non cree que haxa problema.
Debatido o asunto, o pleno da Corporación en votación ordinaria, co voto favorable de tódolos membros presentes, acorda:
1.- Aprobar o Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (POS) 2012, cuxas bases se coñecen a aceptan na súa totalidade, no que se recollen as obras que o Concello ten previsto realizar, e a dedicación a gastos correntes do exercicio 2012, e de acordo co financiamento que se indica:
A Realización de obras:
Denominación da obra
Estado+Deputación
Concello
Presuposto total
Saneamento nos Batáns, parroquia de San Martín do Porto, lafase
76.200,83
4.015,52
80.216,35
Subtotal obras
76.200,83
4.015,52
80.216,35

Aprobar os proxectos das obras incluídas na anualidade 2012 e que se relacionan nesta táboa.
B] Financiamento de castos correntes:

Deputación

Achega provincial aplicada ao financiamento de gastos correntes

61.465

C) Resumo:



Denominación da obra
Estado+Deputación
Concello
Presuposto total
SUBTOTAL OBRAS
76.200,83
4.015,52
80.216,35
SUBTOTAL GASTOS
CORRENTES
61.465
0,00
61.465
TOTAL
137.665,83
4.015,52
141.681,35
2.- Aprobar o Plan complementario do ano 2012 no que se inclúen as obras que a
continuación se indican e aprobar os correspondentes proxectos:
Denominación da obra
Presuposto
Non se formula proposta para o plan complementario
0,00
TOTAIS
0,00

3.- Declarar que o Concello se compromete a dispoñer dos terreos, augas e servidumes para a execución das obras, e resolver o relacionado coas concesións e autorizacións administrativas que legalmente sexan necesarias.
4.- Comprometerse o Concello a incluír no orzamento municipal do 2012 os fondos necesarios para facer fronte á achega municipal das obras incluídas na anualidade do 2012.
5.- Solicitar da Deputación Provincial da Coruña, a delegación neste Concello da contratación e execución das obras incluídas no plan, que se entenderá aceptada si esta prodúcese efectivamente.
6.- Declarar que o concello non solicitou nin percibiu ningunha subvención doutras administracións públicas para o financiamento do investimento ou, no caso de que existan axudas ou subvencións concorrentes doutras administracións para a súa execución, achégase o detalle de cada unha delas, acreditándose que a súa suma total non supera o 100% do seu importe.
7.- Autorizase á Deputación a obter as certificacións da Axencia Estatal de Administración Tributaria e da Tesourería da Seguridade Social nas que se acredite que o concello está ao corrente nas súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social
8.- Facultar expresamente ao alcalde para todo o relacionado coa tramitación e xestión do presente acordo e o correspondente expediente.

3. ORDENANZA MUNICIPAL PARA A PROTECCIÓN E TENZA DE ANIMAIS. Visto o expediente tramitado para aprobación da ordenanza municipal para a protección te tenza de animais no concello de Cabanas co proxecto de texto normativo.
Na deliberación do asunto prodúcense as intervencións coas opinións que de forma sintetizada se recollen a continuación:
Polo grupo AEC, o portavoz D. Luis A. Fachal López manifesta estar a favor e considera necesaria esta norma porque non todos son cívicos como deberan ser, non todos recollen os animais, están de acordo en que non se permitan animais nos parques infantís e na praia habena que avaliar a frecuencia, verase si os propietarios recollen os excrementos, é probable que haxa que ampliar o prazo o sacar os animais da praia todo o ano.
Polo grupo mixto: o concelleiro do PSdG-PSOE D. Delfín Feal Pereira non está de acordo en que dependa do civismo porque hai que traspoñer unha ordenanza superior da Xunta de Galicia para o rexistro de animais perigosos; o uso da praia para paseo de animais foi bastante debatido e inda que está de acordo si queremos optar a bandeira azul hai que delimitar claramente a zona de uso de animais todo o ano, porque o uso temporal pode dar lugar a confusións, si ben este uso temporal se pode modificar, é máis partidario de que na praia non se teñan animais durante todo o ano, pero en xeral votará a favor.
Polo grupo popular: o concelleiro D. Juan A. López Rodriguez indica que a ordenanza pretende garantir a convivencia entre as persoas que circulan polo concello e aquelas que o fan coa compañía de animais, o 35% das familias teñen can e dos 800.000 que existen en Galicia solo a metade están identificados, un can rexistrado é unha garantía para propietario e veciños; tamén se pretende garantir as condicións sanitarias da praia pero non se pode esquecer o turismo e un 35% das familias que non visiten poden vir acompañadas de can por iso o de establecer unha zona dispoi ible todo o ano como é a zona do aparcadoiro, haberá que ver como vai funcionando e si hai que facer modificacións, destacar tamén a posta en marcha do rexistro de cans perigosos.
D. Xosé Manuel Pérez Sardiña portavoz do grupo BNG sinala que esta ordenanza o que fai maioritariamente é traspoñer lexislación autonómica, estatal e comunitaria con algúns detalles do concello de Cabanas, o principal debate é o uso de animais na praia pero tamén é importante a recollida de abandonados na zona rural onde sofren os maiores problemas, pregunta polos gastos que vai ocasionar e os medios a empregar para o seu cumprimento, lembra que no piñeiral da Madalena tamén hai esquíos, paxaros e outros animais e insectos que requiren atención.
O Sr.Fachal López puntualiza a súa intervención no sentido da necesidade do rexistro de animais perigosos pero segue pensando que a falta de civismo das persoas obriga a facer isto, e moitas veces os propietarios non actúan en consecuencia co que teñen.
O Sr.López Rodriguez recorda que a ordenanza tamén fala de animais abandonados, protección dos domésticos e do resto en xeral, regula os animais potencialmente perigosos, licenzas, rexistros, faltas e sancións, e no relativo ao custo falarase cando se trate a ordenanza fiscal.
Debatido o asunto, o Pleno da Corporación en votación ordinaria co voto a favor dos dez membros presentes, acorda:
1.°.—Aprobar provisionalmente a ordenanza municipal para a protección e tenza de animais do concello de Cabanas
2.°.—Someter a información pública o referido acordo e o texto da ordenanza aprobada, polo prazo de trinta días publicando a tal efecto anuncio no Boletín Oficial da Provincia e no taboleiro de anuncios da Casa do Concello.
3.°.—No caso de que non se presentaren reclamacións no prazo anterior, o acordo adoptado entenderase definitivamente aprobado, segundo o establecido no artigo 49 da Lei 7/1985, de 2 de abril.

4. BORRADOR CONVENIO ENTRE O CONCELLO DE CABANAS E ENTIDADES CEMITÉRIOS MUNICIPAIS. Visto o borrador de convenio de colaboración entre o Concello de Cabanas e as Entidades xestoras de cemiterios de carácter privado existentes nas parroquias do municipio.
Na deliberación do asunto prodúcense as intervencións coas opinión que de forma sintetizada se recollen a continuación:
Polo grupo AEC, o concelleiro D. José C. Rey García, pensa que o cemiterio veciñal de Cabanas xa ten un lugar destinado a esta finalidade, de ser así vaise abster porque ten propiedade nese cemiterio e considera que a sociedade ten que convocar aos socios para informarlle do que vai a pasar porque a xunta directiva non ten capacidade para decidir o que se vai facer co cemiterio e trátase dunha propiedade veciñal, si se quere entregar ao Concello hai que decidilo nunha asemblea, o mellor chegará un momento en que haberá que facelo se non hai quen forme parte da xunta directiva.
Polo grupo mixto: o concelleiro do PSdGPSOE D. Delfín Feal Pereira ten dúas dúbidas sobre este convenio de colaboración entre o concello e as entidades que rexen os cemiterios privados, no caso de asinarse o convenio as obrigas serían as da cláusula 2áa), a dúbida é que nicho se vai utilizar si son todos privados, e a outra é a contía, si son privados os propietarios achegan unhas cotas para mantemento e as condas que se propoñen aquí de 130 euros por espazo e 5 euros por nicho, son bastante elevadas para un mantemento que non cree sexa de contía excesiva, por elo vaise abster.
Polo grupo popular: o concelleiro D. Juan A. López Rodriguez indica que as subvencións aos cemiterios non é nada novo, xa se viña facendo como asociacións que realizan unha labor social, pero entraba en competencia con outras asociacións culturais e deportivas; estes cemiterios son privados e esa subvención vai destinada a dispoñibilidade de espazo para enterrar a posible persoa segundo se recolle no convenio, e tamén para o mantemento do cemiterio que está realizando a asociación, non se parece en nada ao resto das sociedades culturais ou deportivas por elo establécese unha contía específica para estes tres cemiterios de Cabanas, Laraxe e Regoela.
Polo grupo BNG, o portavoz D. Xosé Manuel Pérez Sardiña destaca a labor que levan desenvolvendo estes cemiterios veciñais independentemente dos convenios ou subvencións, as persoas que puideran ter problemas sempre foron acollidas por familiares en distinto grao, para un caso especifico de persoa sen relación o concello debería buscar unha fórmula que se cadra a que se presenta aquí non é a máis axeitada, dialogar coas sociedades e buscar esa fórmula na que se comprometan as sociedades.
O Sr.Rey García manifesta que no cemiterio de Cabanas xa pagan cota anual para mantemento e cando se fixeran os primeiros nichos xa se falara desta dispoñibilidade, hai que ver si o recollen os estatutos, serán os socios da Entidade os que teñen que aclarar isto.
O Sr. Feal Pereira refírese ao dito polos seus compañeiros, a día de hoxe ninguén quedou sen enterrar, si non é un parente é un veciño que cede o nicho, trátase de cemiterios privados que teñen os seus estatutos e esa cláusula non acaba por entendela ben, os socios pagan cota para mantemento e se concorren con outras entidades pois terán que facelo, outra cousa é que poidan acceder a esas axudas que o ve ben, parécelle moito diñeiro esta cantidade fixa anual para mantemento, sería móis axeitada axuda para unha reparación ou investimento.
O Sr. López Rodriguez insiste e que non é un convenio novo, o único que cambia é que non entra na mesma partida do resto das sociedades que tamén teñen cotas, está falado coas directivas das sociedades dos cemiterios e pareceulles ben, é algo que pediron directamente porque non se adaptan ao baremo para o resto das sociedades e están facendo un bo servizo ao Concello que ten a obriga de enterro dunha persoa que non teria acollida e non hai cemiterio municipal.
m  Sr. Alcalde indica que xa se falou coas directivas e explicóuselle o convenio, tódolos anos estaban reclamando este convenio e son coñecedores de que é un servizo básico para o concello e case todos dispoñen dese espazo, é unha forma de encaixar este convenio.
Debatido o asunto o Pleno da Corporación en votación ordinaria con seis votos a favor dos membros do grupo popular e catro abstencións dos membros dos grupos BNG, AEC e concelleiro do PSdGPSOE do grupo mixto, acorda:
1°.- Aprobalo borrador de convenio de colaboración entre o Concello de Cabanas e as Entidades xestoras de cemiterios parroquiais, coas seguintes cláusulas:
Primeira.- Obxecto.
E obxecto de deste convenio a colaboración entre o concello de Cabanas e a entidade     , para a prestación do servizo de cemiterio, no ámbito da
parroquia de........................
Segunda.- Obrigas da Entidade.
De acordo co establecido no artigo 15 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeral de Subvencións, a Entidade comprométese a asumir as seguintes obrigacións:
a)    Facilitar ao concello de Cabanas a prestación do servizo de cemiterio no ámbito da parroquia de              para que poida cumprir coas obrigas que a lexislación vixente esixe a entidade municipal.
Neste sentido facilitará espazo para proceder ao enterramento de persoas falecidas na parroquia e non dispoñan de familiares que os tiveran ao seu cargo ou de lugar destinado ao seu enterramento.
b)    Desenvolver a prestación do servizo cumprindo coa normativa vixente en materia de cemiterios e politica mortuoria, mantendo as instalacións nas condicións requeridas.
c)    Como beneficiaria de subvencións públicas, a Entidade................. deberá estar ao
corrente nas súas obrigas tributarias co Estado, Comunidade Autónoma e o concello de Cabanas, debendo achega-los xustificantes correspondentes.
d)   A Entidade................ está obrigada a presenta-los documentos xustificativos
da subvención antes do 31 de decembro de 2011, e someterse ás actuacións de comprobación que respecto a xestión dos referidos fondos poida efectua-lo Concello, achegando canta información lle sexa requirida.
Terceira.- O concello de Cabanas comprométese a:
a)  Entregar a cantidade económica anual de ....... euros con cargo a
partida................ do vixente orzamento de gastos, calculada tomando en
consideración: 130 euros por espazo para enterramentos e 5 euros por cada nicho existente a 1 de xaneiro como gasto de mantemento do cemiterio.
b)  A entrega da contía económica deste convenio realizarase no primeiro trimestre do exercicio correspondente, no presente exercicio realizarase antes do 30 de novembro.
Cuarta.- Requisitos para o pagamento.
A Entidade beneficiaria para a xustificación da subvención deberá achegar:
-        Memoria da actividade realizada.
Declaración doutras axudas para a mesma finalidade, que en ningún caso poderán exceder do importe total xustificado.
-        Declaración de estar ao corrente nas obrigas tributarias e coa Seguridade Social, de selo caso.
- Xustificantes do gasto realizado.
Quinta.- Prazo.
O presente convenio terá vixencia ata o 31 de decembro de 2011 con efectos retroactivos dende o 1 de xaneiro de 2011.
Poderá ser prorrogado por acordo expreso e condicionado a existencia de crédito adecuado e suficiente no correspondente exercicio económico, e informes favorables dos servizos de Intervención.
Sexta.- Reintegro por incumprimento.
En caso de incumprimento dos obxectivos, a Entidade........................ queda obrigada
ao reintegro do percibido máis os xuros devengados.
m  incumprimento non xustificado das cláusulas deste convenio será causa de rescisión deste.
Sétima.- Carácter do convenio.
m  presente convenio ten carácter administrativo e as cuestións litixiosas que poidan xurdir en relación con este serán competencia da xurisdición contencioso-administrativa. Para a resolución das dúbidas ou lagoas que puideran xurdir na súa interpretación estarase ao disposto na Lei 30/2007 de contratos do sector público.
Oitava. Normativa de aplicación supletoria.
No non previsto neste convenio e nas bases de execución do orzamento do concello de Cabanas para 2011, aplicarase supletoriamente o dispostos na Lei 38/2003 xeral de subvencións, Decreto 887/2006, polo que se aprobo o Regulamento de dita lei, .
m  presente convenio foi aprobado por resolución da Alcaldía de data .... de acordo co borrador aprobado polo pleno da Corporación en data..........................................
2°. As Entidades xestoras dos cemiterios que desexen adherirse ao presente convenio, deberán estar inscritas no rexistro municipal de Asociacións e presentarán a súa solicitude achegando certificación do acordo adoptado pola Asemblea Xeral aceptando as cláusulas do convenio e cesión do espazo, así como, certificación do número de nichos existentes.

5. AMPLIACIÓN DA DELEGACIÓN DE COMPETENCIAS TRIBUTARIAS NA DEPUTAQÓN PROVINCIAL DA CORUÑA. Vista a comunicación da Deputación Provincial da Coruña sobre a aceptación da ampliación de competencias en materia de xestión, inspección e recadación da taxa pola utilización privativa ou aproveitamentos especiais constituídos no solo, subsolo ou voo das vías públicas municipais a favor de empresas explotadoras de servizos de subministros de interese xeral.
Visto o acordo adoptado polo pleno da Corporación en sesión realizada o 26 de marzo de 2008 sobre delegación de competencias tributarias na Deputación Provincial da Coruña.
Despois de estudado o asunto, o pleno da Corporación en votación ordinaria, co voto a favor dos dez membros presentes, acorda:
1°. Ampliar o acordo de data 26 de marzo de 2008 sobre delegación de competencias na Deputación Provincial da Coruña en materia tributaria de acordo coas bases para a prestación de servizos tributarios aos concellos da provincia ata o 1 de xaneiro do 2022, delegando a seguinte materia:
- Xestión, inspección e recadación voluntaria e executiva da taxa pola utilización privativa ou aproveitamentos especiais constituídos no solo, subsolo ou voo das vías públicas a favor de empresas explotadoras de servizos de subministración de interese xeral. A xestión obxecto de delegación, afectará tanto ao suposto xeral do artigo 24 do Texto refundido da lei reguladora das facendas locais, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, baseado no 1,5% dos ingresos brutos obtidos no termo municipal, como ao suposto especial da telefonía móbil.
2°. Publicar este acordo no BOP e abrir un prazo de trinta días hábiles dende a data de publicación, para xeral coñecemento e para presentación de alegacións ó mesmo. De non presentarse alegacións dentro do prazo establecido, este acordo elevarase automaticamente a definitivo.
3°. Facultar ao Sr.Alcalde-Presidente para a realización dos trámites necesarios para execución do presente acordo.

6. MODIFICACIÓN TAXA RECOLLIDA E TRATAMENTO DE RESIDUOS SOLIDOS URBANOS. Visto o expediente tramitado para modificación da taxa pola prestación do servizo de recollida e tratamento de residuos sólidos urbanos e da correspondente ordenanza fiscal reguladora, así como, documentación que consta no devandito expediente con informe de Intervención e ditame da comisión de facenda.
Na deliberación do asunto prodúcense as intervencións coas opinións que de forma sintetizada se recollen a continuación:
Polo grupo BNG: o portavoz D. Xosé Manuel Pérez Sardiña alude a falta do plan de reequilibrio económico-financeiro que tiña que estar presentado por haber transcorrido o prazo e que abordaría entre outros, estes asuntos, non están aplicando medidas de eficiencia para reducir custos no servizo, na pasada lexislatura incrementaron os custos de recollida, substituíron a concesión que había vixente e incrementaron o custo, primeiro subiron moito e logo baixan pero inda é moi superior a adxudicación de 2001, calquera medida para minorar custos debe pasar pola redacción do plan de reequilibrio económico-financeiro que recolla as cuestións formuladas no informe de Secretaria-Intervención, valorar servizo compartido, modificación de rotas, puntos de recollida, reciclaxe, entre outras; por outra parte non é o momento idóneo para subir un 10% pola crise económica globlal actual e que se vai prolongar para 2012, solo aceptación a suba do IPC.
Polo grupo AEC: o portavoz D. Luis A. Fachal López considera que o goberno local ten a responsabilidade, inda que afecta a todos polo déficit de 111.389 euros que é moi importante, e a mesma contía que a recollida-transporte máis o tratamento, o déficit debía ser cero, pero o problema é o modelo de xestión, noutros países o modelo funciona e os cidadáns non teñen que pagar tanto diñeiro, vostedes saben que o modelo non funciona, débese revisar o modelo dende a Xunta de Galicia, a situación económica actual é coñecida e por elo tamén propoñen que solo se suba o IPC, non é o momento doutras actualizacións, se poden utilizar fondos do POS, por elo insiste en que se reformule o modelo actual de xestión e unha suba moderada que pode ser o IPC.
Polo grupo mixto: o concelleiro do PSdGPSOE D. Delfín Feal Pereira considera que todos están de acordo, hai uns residuos urbanos e hai que levalos a unha planta de tratamento, o concello terá que actuar sobre uns puntos como alude o informe de Secretaria-Intervención, o punto clave na eficiencia está no que se mete no contedor verde, o que nos cobran é a tonelada e que vaia o que debe ir; a suba proposta supón uns 15.000 euros e segue o déficit, a suba do IPC é unha boa proposta, facela tódolos anos para que non resulte excesiva, pero insiste en mellora-la eficiencia no punto de recollida e reducir custos con outras medidas, puntos de recollida, actualización padrón, educación cidadán tanto de adultos coma de escolares, hai moitos puntos a considerar antes dunha subida desta contía.
Polo grupo popular: o concelleiro D. Juan A. López Rodriguez indica que o servizo xera uns gastos de 254.058 euros e uns ingresos de 147.000 euros, xa se reduciron gastos coa nova adxudicación e limpeza de contedores, non lles agrada ter que subir a taxa pero a labor de goberno esixe responsabilidade e desde o 2006 non se incrementou, son solo 6 euros ao ano e con elo se recuperan uns 15.000 euros, non é a solución pero hai que tomar móis medidas, xa se está revisando o padrón, aumentar contedores de plásticos, cartón e vidro; non se poden facer comparacións con anos atrás como dicía o Sr.Sardiña porque non había plantas de tratamento, non se falaba de medio ambiente e agora preténdese que este mundo sexa viable para os que veñen detrás, insiste que o incremento é mínimo e por suposto adoptar medidas de educación veciñal e canto máis seleccionado sexa o vertido nos contedores mellor, todos deben ser responsables.
O Sr.Pérez Sardiña insiste na necesidade de reducir gastos e actualizarse pois no ano 2001 este concello xa tivo convenio con Sogama, o portavoz popular é novo aquí pero os non tan novos saben iso; coincide co portavoz de AEC, Sogama volveuse insostible, produción de enerxía si, pero os custos trasladáronllos aos concellos, o pleno tivo que reclamarlle os custos da recollida de trastes por incumprimento do convenio, fíxense de onde veñen as cousas, e o goberno que vostede está apoiando tamén incrementou o furado.
O Sr. Feal Pereira considera que no esencial están de acordo, todo é importante, actualización padrón, aumentar contedores para reciclar mellor, educación, etc, e insiste no contedor verde onde é moi importante que non vaia materia orgánica que vaia a pesar, con todo elo reduciríanse os custos e o mellor a subida de taxas non tiña que ser tan esaxerada nin tan revisable.
O Sr. López Rodriguez está de acordo que hai dúas forma de actuar, por unha parte incremento de ingresos e por outra reducir os custos; en canto as manifestacións do Sr. Pérez Sardiña, discute como adolescente, parece que leva moito tempo aquí e fala do pasado como un abuelete, para vostede calquera tempo pasado foi mellor, as cousas van cambiando e hai que tomar medidas; indica que a taxa despois do incremento inda segue a ser a máis baixa dos concellos dos arredores, o único problema foi non habela actualizado antes pero había mal servizo, agora hai bo servizo e bo prezo.
Despois de debatido o asunto, o pleno da Corporación en votación ordinaria, con seis votos a favor dos membros do grupo popular, un en contra do membro do grupo BNG e tres abstencións dos membros do grupo AEC e concelleiro do PSdG-PSOE do grupo mixto, acorda:
1.°.—Aprobar provisionalmente a modificación do tributo local: taxa pola prestación do servizo de recollida e tratamento de residuos sólidos urbanos taxa pola prestación do servizo de recollida e tratamento de residuos sólidos urbanos, así como da correspondente ordenanza fiscal reguladora.
2.°.—Someter a información pública o referido acordo e o texto da ordenanza reguladora polo prazo de trinta días a través de anuncio que se publicará no Boletín Oficial da Provincia e no taboleiro de anuncios da Casa do Concello.
3.°.—No caso de que non se presentaren reclamacións no prazo anterior, o acordo adoptado entenderase definitivamente aprobado.

7. IMPOSICIÓN TAXA POR EXPEDICIÓN DOCUMENTACIÓN DE TENZA DE ANIMAIS. Visto o expediente tramitado para imposición da taxa pola expedición de documentación (licenza, renovación, inscricións rexistrais, modificación e cancelacións), pola tenza de animais e da correspondente ordenanza fiscal reguladora, así como, documentación que consta no devandito expediente con informe de Intervención e ditame da comisión de facenda.
Na deliberación do asunto prodúcense as intervencións coas opinións que de forma sintetizada se recollen a continuación:
Polo grupo BNG: o portavoz D. Xosé Manuel Pérez Sardiña recorda que xa preguntou polos custos na ordenanza de animais, á vista da avaliación económica non se recolle convenio cunha canceira, non pensou que lles doese o de adolescentes que actúan pola inmediatez e non polos coñecementos adquiridos, o único que miran é pola recadación, ínfima pero recadación, vailles pasar igual que lle aconteceu cos vados; para o BNG habería que debater aquí o tema da operación Area que solicitaron por escrito e non está na orde do día — O Sr. Presidente ordena que se limite a orde do día senón retíralle a palabra —prosegue o Sr.Pérez Sardiña indicando que é o momento de queixarse porque pasa con total impunidade.
Polo grupo popular: o concelleiro D. Juan A. López Rodriguez, manifesta que antes preguntaban polos custos dos animais e os teñen aquí no informe, é unha taxa que pretende que cubra os custos que supón o rexistro; en canto ao Sr.Pérez Sardiña indícalle que a ignorancia fai cometer imprudencias pois claro que hai recollida, pero se pode negociar de forma que non teña custos, é unha ordenanza que nace en boas condicións.
Despois de debatido o asunto, o pleno da Corporación en votación ordinaria, con nove votos a favor dos membros dos grupos popular, AEC e concelleiro do PSdG-PSOE do grupo mixto, acorda:
1.°.—Aprobar provisionalmente a imposición do tributo local: taxa pola expedición de documentación de tenza de animais, así como da correspondente ordenanza fiscal reguladora.
2.°.—Someter a información pública o referido acordo e o texto da ordenanza reguladora polo prazo de trinta días a través de anuncio que se publicará no Boletín Oficial da Provincia e no taboleiro de anuncios da Casa do Concello.
3.°.—No caso de que non se presentaren reclamacións no prazo anterior, o acordo adoptado entenderase definitivamente aprobado.
Non habendo mais asuntos que tratar a Presidencia levanta a sesión sendo as vinte e unha horas da cal levanto a presente acta , e do que eu Secretario, dou fe.

30 de dec. de 2011

Caso Area: O BNG demanda no Parlamento galego o traslado e o tratamento dos refugallos de Manmer

O BNG presentou unha proposición non de lei de impulso encamiñada a que a Xunta evite afeccións ao ambiente e á saúde dos refugallos de Manmer
O BNG de Cabanas é referente no debate polo seu labor en prol da transparencia, en claro contraste coa inoperancia da Xunta de Galiza e do Concello de Cabanas durante os últimos dous anos
A proposición foi rexeitada cos votos en contra do Partido Popular
Na proposta o BNG demandou o tratamento e traslado dos materiais a un espazo axeitado para reciclar completamente os refugallos, especialmente os localizados en San Lourenzo que seguen sen licenza municipal e sen cumprir todas as condicións impostas pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.
O PP comparte a preocupación do BNG en canto á contaminación potencial dos materiais asfálticos pero votou en contra porque pretendía dar carta branca no Parlamento á utilización dos refugallos malia a recoñecer o seu potencial contaminante.
Así mesmo, o PP aproveitou a oportunidade para informar sobre a colocación dunhas sondas para lixiviados e sobre o tapamento dun rego perimetral e mais duns furados feitos a semana pasada. No ámbito local deixa en interdito e non contesta a falta de licenza municipal do amoreamento de San Lourenzo, o que responsabilizaría directamente á na Consellería de Medio Ambiente Territorio e Infraestruturas e ao goberno municipal do PP en Cabanas, que aprobou o martes pasado reducir a media xornada os servizos urbanísticos.
Vídeo do debate sobre a proposición non de lei presentada polo BNG:

O Partido Popular rexeitou a iniciativa con sete votos en contra, BNG e PSOE apoiárona con seis. Para Xosé Manuel Sardiña, "o PP está a dar un recital de despropósitos e a demostrar a súa incapacidade para afrontar o problema do vertedoiro de 60.000 t potencialmente contaminantes sobre as fontes do río Baa, 300.000 t no porto exterior de Ferrol e as 380.000 comercializadas por Ferrolterra. Esta postura talvez teña relación coas xestións do exparlamentario Javier Escribano procesado xunto co empresario eumés por presunto suborno e tráfico de influencias".
Documentación da Comisión
Texto da Iniciativa:
Á Mesa do Parlamento
O Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG), por iniciativa da súa deputada Isabel Sánchez Montenegro e do seu deputado Fernando Branco Parga, ao abeiro do regulamento da Cámara, presenta a seguinte
Proposición non de lei para o seu debate en Comisión.
Segundo diversas informacións, a empresa MANMER S.L., ten importando de Holanda unhas 800.000 toneladas de materiais asfálticos.
Parte importante destes residuos atópanse depositados en diversos lugares de Galiza como Caneliñas, no porto exterior de Ferrol, e no Concello de Cabanas, ao carón do río Baa e lindantes co polígono industrial de Vilar de Colo.
Un informe do Instituto Nacional de Toxicoloxía advirte que este material asfáltico é potencialmente contaminante e pode ter graves repercusións sobre o medio ambiente e a saúde das persoas.
Dende o Bloque Nacionalista Galego consideramos que é necesario resolver canto antes a problemática xerada por estes residuos que non poden quedar depositados por máis tempo nos lugares anteriormente sinalados. Evidentemente, a solución nunca pode pasar por producir novos impactos.
Polo exposto, formulamos a seguinte Proposición non de lei:
O Parlamento insta a Xunta de Galiza a procurar fórmulas acaídas para o tratamento dos residuos asfálticos importados de Holanda pola empresa MANMER S.L. que eviten as súas posíbeis repercusións na saúde e no medio ambiente.
Asdo.: Isabel Sánchez Montenegro, Fernando Branco Parga e
Carlos Aymerich Cano Portavoz do G.P. do BNG

29 de dec. de 2011

Conflito: O PP recorta dedicación do persoal na área de urbanismo


A oposición vota en contra á vista do informe de secretaría que advirte sobre "desvío de poder ou sanción encuberta"
Os grupos da oposición cuestionan os datos de ingresos por licenzas urbanísticas expostas polo Partido Popular
Germán Castrillón alardea dun aforro de 20.000 euros, á custa da familia da afectada


O BNG votou en contra da proposta do goberno de reducir a media xornada o posto de arquitecto técnico. Despois de demandar explicacións detalladas, os edís do BNG atopáronse cun PP que xustificou a medida en datos económicos manipulados de ingresos por licenzas e na ausencia de diálogo coa parte social. Así mesmo, o PP non tivo en conta as recomendacións feitas polo Consello de Contas no Informe de fiscalización sobre disciplina urbanística de 2006 e lembradas na sesión por Xosé Manuel Sardiña, que na consideración do BNG son argumentos bastante máis fiables ca as alegacións dos edís do PP. 

Para o BNG, o PP constatou a falta de motivación na resolución sacada adiante co voto de calidade do rexedor, por ausencia dunha edil do goberno. A redución de xornada na área de urbanismo representa un retroceso evidente no servizo público á cidadanía e o goberno local demostra cos seus votos a favor da redución de xornada que se guía por represalias e non polo interese público.
Estamos ante un exemplo máis de abuso de poder do Partido Popular en Cabanas.


Publish at Calaméo or browse others.


Segundo expuxo o voceiro do BNG, o Partido Popular non ten en conta por escuros motivos o informe do Consello de Contas en que o órgano fiscalizador recomendaba todo o contrario: http://www.consellodecontas.es/files/informes/2006/Disciplina_Urbanistica_II_2006_G.pdf
 
"VII. RECOMENDACIÓNS
– O Concello deberá realizar as súas funcións urbanísticas con persoal suxeito a estatuto
funcionarial. En concreto, e no que atinxe a este Informe, deberá reforzar con persoal cualificado
os labores de Disciplina Urbanística, e dentro destas ás de inspección, protección da legalidade e
réxime de infraccións e sancións (capítulo III, seccións I, II e III do Título VI da LOUGA). Mentres
isto non se realice, se recomenda solicitar a asistencia administrativa e asesoramento da
Deputación Provincial en materia urbanística, como  fórmula transitoria para efectuar estas
funcións.
– Para unha maior eficacia administrativa, sería recomendable a creación dunha unidade
urbanística específica que xestionase todas as funcións que en materia de urbanismo
corresponden ao Concello.
– Segundo a información obtida polo Consello de Contas de Galicia, da Consellería de Política
Territorial, Obras Públicas e Transporte, no momento da realización deste Informe, o
Planeamento de Ordenación Urbana non se estaba a tramitar para adaptalo á LOUGA. De
acordo co manifestado polo Concello de Cabanas, non consta tampouco a tramitación da
necesaria adaptación. Recoméndase a necesidade de axilizar a súa tramitación conforme ao
contemplado na LOUGA.
– Deberanse adoptar as medidas necesarias para que, unha vez aprobado o Planeamento
Xeral de Ordenación Municipal, se constitúa formal e materialmente o Patrimonio Municipal do
Solo. Ademais, deberán rexistrarse os bens e dereitos que o integran nun inventario específico.
– En canto ás licenzas, deberase confeccionar un rexistro administrativo que permita coñecer o
número de licenzas solicitadas e concedidas en cada exercicio, especificando de forma concreta a
licenza ou autorización que se concede e o tipo de obra que se realiza, especificándose polo
menos a qué actos pertencen segundo o considerado no artigo 194.2 da LOUGA.
– O artigo 200 da LOUGA considera a inspección periódica de construcións, obrigatoria para
aquelas edificacións que en función da súa antigüidade así considérese e nas cales deben estar
incluídas de forma específica todas as edificacións catalogadas ou de antigüidade superior a
cincuenta anos. É recomendable que o Concello estableza a oportuna ordenanza municipal
reguladora desta inspección. Desta forma, pode corrixirse nunha medida importante a
deterioración existente en determinadas zonas residenciais que afectan aos núcleos rurais, ás 
vilas e cidades, e con maior incidencia naquelas de indubidable valor histórico. A obriga de
conservación que a LOUGA establece no seu artigo 199 permitirá activar zonas que contan xa
cos servizos pertinentes. 
– Dentro da área de urbanismo do concello debería reforzarse os efectivos persoais dedicados
á disciplina urbanística mediante técnicos competentes en materia de urbanismo, sendo neste
sentido prioritaria a inspección urbanística que permita iniciar de oficio os expedientes de
reposición á legalidade con anterioridade a que as obras se atopen rematadas. A inspección terá
así carácter preventivo evitando expedientes de reposición de situacións urbanísticas
consolidadas pero en contra da legalidade vixente a reparación da cal sería máis gravosa.
– Deberíanse implementar os medios telemáticos axeitados respecto á información que en
materia urbanística deben de compartir os Concellos e a Consellería competente en materia de
urbanismo de forma que ambas as dúas administracións  poidan efectuar  a tramitación dos
expedientes da súa competencia a iniciativa da cal corresponda á outra reforzándose así a
colaboración administrativa entre as administracións públicas competentes."

26 de dec. de 2011

Caso Area: Colocados uns tubos arredor do vertedoiro de San Lourenzo


Os días 22 e 23 de decembro, varios operarios apoiados por dúas palas mecánicas e dous camións actuaron sobre o perímetro do vertedoiro de San Lourenzo, propiedade da empresa Manmer. No primeiro día de labores abriron uns furados e un rego perimetral.
Xa no segundo día, foi cuberto o movemento de terras e quedaron á vista uns tubos á beira do vertedoiro. Dous tubos están no límite noroeste do amoreamento, preto co camiño forestal, e outro na cara suroeste. Descoñécese a finalidade e quen puido realizar estas actuacións.
 

 
Reportaxe fotográfica da zona:





23 de dec. de 2011

28 de decembro: Pleno extraordinario ás 19.30 h

Cabanas.- A Corporación de Cabanas reunirase o vindeiro mércores á  tarde para tratar sobre o orzamento municipal, redución a media xornada do posto de arquitecto técnico e ratificación (sic) do acordo sobre os terreos da estrada provincial de Porto-Laraxe. Na orde do día non foron incluídas mocións pendentes do BNG como a de Navantia e mais a do 25 de novembro, un exemplo máis do "ordeno y mando".



Deste xeito, o orzamento municipal será aprobado definitivamente un ano máis, e malia á maioría absoluta da que goza o PP, fóra de prazo (unha inocentada dramática máis do PP, que vai ter a cobertura dos Santos Inocentes). 
Ademais, o goberno local xustifica a redución de xornada do posto técnico nas dificultades económicas que está pasando a caixa municipal que para o vindeiro ano prevé un desequilibrio do orzamento de -1.030.721,12 euros por culpa do dispendio en persoal asesorías varias, actuacións e subministros innecesarios e prescindibles do Partido Popular.
Por último, as voltas que deu e dará o proxecto de beirarrúas en Porto son de responsabilidade exclusiva da deficiente xestión do Partido Popular local.

Esta é a imaxe da resolución da alcaldía: