13 de abr. de 2009

Ao último alcalde da República e ás persoas executadas, desaparecidas ou paseadas

O 14 de abril de 1931 proclamábase nos concellos a II República, un día despois foi proclamada en Cabanas.
Na data de hoxe, o Concello debería honrar á xente e aos membros corporativos que levou por diante o alzamento militar contra a democracia do ditador Francisco Franco. Entre eles están o último alcalde republicano de Cabanas, Álvaro Puentes, o seu 1º tenente de alcalde, Manuel Buhigas, e os concelleiros da Corporación fusilados, Xoaquín Rodríguez e Juán Pereiro, entre os máis de vinte cabaneses executados, desaparecidos ou paseados na Guerra Civil e na ditadura franquista.
A última Corporación republicana formárona Álvaro Puentes Antón, Cabanas; Hermeneguildo Salgado Díaz, A Rúa-Soaserra; José Rico Varela, Porto; Juan Mª Arnoso Arnoso, Xabarís; Gabriel Barro Rodríguez, Valedoso; Manuel Buhigas Novo, Cabanas; Evaristo Eive Vilar, Regoela; Ramiro Martínez López, Laraxe; José Saavedra Sardiña, Laraxe; Juan Pereiro Maceiras, Irís; Nicolás Sánchez Marín, Porto; Juan Eiroa Sánchez, Porto.
Queremos honrar dende aquí ás persoas que loitaron pola democracia, a igualdade e a fraternidade da cidadanía.