30 de nov. de 2006

Intoxicación...

A democracia faise explicando o que pasa sen distorsións nin falsos filtros. Velaí as explicacións a novas intoxicacións de IVC. Parece que son os máximos defensores da concesionaria.
Estarán nerviosos polos 462.000 euros que non xustifica a concesionaria?

>>Según informa IVC, los motivos de la indefensión se concretan en que en la sesión del 22 de julio de 2005, el presidente de la Comisión de Agua, Saneamiento y Depuración, junto con sus socios de gobierno socialistas, impidió -dos votos a favor del PP e IVC y tres en contra del PSOE y BNG- que sus miembros aprobasen auditar dicho servicio, tal y como había sugerido el Valedor do Pobo.<<
Explicación:
A Comisión da Auga non aproba nada... Ditamina, informa... O único que aproba é o Pleno e dáse a circunstancia de que no Pleno IVC nunca propuxo a auditoría (sorprendente nestes adalides da concesionaria!!)... E cando o BNG en setembro e outubro pasados propuxo a fiscalización do Consello de Contas votaron PP e IVC EN CONTRA. É verdade o que lle contan á prensa despois de explicar todo isto? Típica estratexia intoxicadora da dereita rancia.

>>Apuntan, asimismo, que en el pleno de septiembre de 2005 "socialistas y nacionalistas votaron en contra de la convocatoria de la Comisión paritaria, integrada por Pontedeume, Cabanas y Aquagest, para abordar las irregularidades de la depuración en la EDAR de A Macuca"<<
Explicación:
IVC quere que se convoque unha pantomima: a comisión paritaria dos alcaldes de Pontedeume-Cabanas e Aquagest. Aí non está o pobo nin ninguén que fiscalice a situación só quen a propiciou de costas a todo o mundo. Esa comisión nin é operativa nin ten competencias sobre a fiscalización das taxas e dos custos do servizo que é labor dos respectivos funcionarios municipais: interventor (Pontedeume) e secretario-interventor (Cabanas).
Non obstante, resulta que IVC pediu a convocatoria da comisión paritaria xusto antes de que se elaborasen os estudos da bióloga, do presidente da comisión e do biólogo... Para que era entón esa reunión cando faltaban os informes e documentación? Pódese dicir claramente: para frear o proceso de fiscalización da Comisión da Auga posto que coincide no tempo coa proposta da empresa concesionaria de eliminar a comisión investigadora e convocar a comisión paritaria Cabanas-Pontedeume-Aquagest.
Por que os funcionarios públicos non fiscalizan o que pasa co servizo? Acaso non é o traballo deles? Hai algo máis gordo que ocultar?

>>Al mismo tiempo, propondrán [IVC] que se le dé traslado a la Fiscalía de los hechos expuestos, por si pudieran derivarse responsabilidades penales y patrimoniales a los concejales que se negaron a auditar el servicio, así como de la ocultación al pleno de que el perito José Fernández Argibay es cuñado del concejal nacionalista Xosé Manuel Pérez Sardiña.<<
Explicación:
Se a fiscalización do Consello de Contas foi rexeitada no Pleno da Corporación cos votos de PP e IVC e a abstención do PSOE como xa expuxemos e explicamos en noticias anteriores entón haberá que trasladarlle á fiscalía anticorrupción a actitude opaca destes grupos... Porque 462.000 euros son moitos euros...

>>Por todo ello, anuncian su intención de solicitar un pleno extraordinario para abordar en profundidad el "caso Argibay" y todas las causas que generaron la indefensión de la institución municipal.<<
Explicación:
Xosé Manuel Pérez Sardiña explicoulle ao Pleno para que se lle trasladase aos servizos xurídicos da Deputación da Coruña a situación. Os de IVC parecen duros de oídos e failles falta outro pleno á conta de todos para non aclarar nada e montar follón.
Cando o BNG reclamou un Pleno extraordinario polas taxas IVC e PP calaron... Agora segundo eles vén mellor...
Quen ten problemas persoais non lle fai falta acusar a ninguén, ven se lle ven.

29 de nov. de 2006

Augas turbas...

A concesionaria defende con uñas e dentes os emolumentos que lle pagan os aboados de Cabanas por un servizo "virtual" de depuración de augas pluviais. Esta é a relectura máis salientable do único informe que se enfronta á realidade do servizo de abastecemento, saneamento e depuración no Concello de Cabanas, feito polo biólogo José Fernández Argibay.
Os partidos políticos locais (PP, IVC e PSOE) non queren defenderse con outros informes que destapen a crúa realidade (Consello de Contas, estudo de custos imparcial, informe da Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos, etc), por iso non os exixen nin os piden e queren tapar e meter debaixo da alfombra máis lixo para que non se vexa.
Crían que tiñan resolto o problema da depuradora:
1. Modesta e algún máis con dicir que o problema era de Sardiña coa concesionaria...
2. IVC con dicir que Sardiña ocultou o seu parentesco co biólogo...
3. A concesionaria con tratar de desacreditar o bo facer e a independencia do biólogo...
4. O PP tapando a ocultación das facturas de tratamento de lodos do xerente dunha empresa das Somozas (ex-portavoz popular da Capela)...

Pero Xosé Manuel Pérez Sardiña exerceu democraticamente a transparencia aclarando en Pleno, diante do pobo que o queira escoitar ou ler, a verdade. Logo en La Opinión o pasado sábado diante da prensa e cando faga falta diante de calquera. E doe moito que ao pobo se lle describan as cousas como son non como nolas queren pintar...
Temos claro que o escándalo é descomunal e por moito que o queiran tapar IMBRA!

Lembrade que 462.000 euros en tres anos son moitos euros, preto de 80 millóns de pesetas e non chega calquera zulo para tapalos.
Esa cheirenta maseira atrae moscas do máis variado espectro e descobre vencellos perigosos... Os políticos dos saiotes poñen moitas caretas pero vai sendo hora que vaian caendo...
Tamén www.sospontedeume.com
A nota completa ao voso dispor:
COMUNICADO DE PRENSA
BNG CABANAS
SOBRE PRONUNCIAMENTO PÚBLICO DO PORTAVOZ DO BNG NO PLENO DE NOVEMBRO DE 2006
Para corrixir fundamentos de feito falsos e contribuír á defensa dos intereses do pobo e do Concello de Cabanas Xosé Manuel Pérez Sardiña realizou un pronunciamento público a través dun rogo para que lle trasladasen as seguintes aclaracións á Asesoría Xurídica da Deputación Provincial da Coruña en relación co recurso presentado pola empresa concesionaria do Servizo de abastecemento de augas, rede de sumidoiros e depuración do Concello de Cabanas en que esta lle reclama á institución municipal 142.000 euros de revisión mínima (a concesionaria presenta tacha do perito xudicial por considerar que é cuñado de Xosé Manuel Pérez Sardiña):
1º O Grupo municipal do BNG foi quen pediu a redacción do informe do biólogo D. José Fernández Argibay. Así, non foi a título particular como indicaron a empresa concesionaria e D. Juan María Campos Vilar (portavoz de IVC) en distintos escritos e Plenos da Corporación.
2º O Grupo municipal do BNG tivo unha relación profesional co citado biólogo ao longo do ano 2005 que se concretou en consultas e informes orais sobre diversos asuntos municipais entre os que se atopaba a xestión da EDAR da Macuca. As consultas e informes orais sobre a EDAR foron compilados por pedimento do Grupo municipal do BNG nun informe escrito co título “Informe sobre a EDAR de “A Macuca” Cabanas-Pontedeume” solicitado polo Grupo Municipal BNG de Cabanas, datado o 15/02/2006 e visado no Colexio Oficial de Biólogos de Galicia o 23/02/2006 polo colexiado núm. P0904X. Este informe, entre outros, acompañou á “PROPOSTA DO GRUPO MUNICIPAL DO BNG SOBRE REVISIÓN DE ACORDOS RELATIVOS A CONCECIÓN DE ABASTECEMENTO DE AUGA, REDE DE SUMIDOIROS E DEPURACIÓN” que entrou no Rexistro xeral do Concello de Cabanas o 16 de marzo de 2006 asinada polo portavoz suplente do Grupo municipal do BNG, José Antonio Doce Luaces (o título completo da proposta era “Revisión dos acordos de 16.03.2000 e 28.06.2000 do Pleno da Corporación que fundamentaron a aplicación das taxas de abastecemento, saneamento e depuración de augas pluviais”). Foi tratada e aprobada esta proposta na Comisión da Auga de 20 de marzo de 2006 e no Pleno da Corporación de 23 de marzo de 2006 (PP, BNG e IVC a favor; PSOE en contra).
Así, a relación de parentesco (cuñado) esgrimida pola Concesionaria do servizo municipal e por D. J. M. Campos V. non existe cando o profesional realizou e entregou o informe e cando o Grupo municipal llelo trasladou para o debate aos órganos colexiados da Corporación.

3º Xosé Manuel Pérez Sardiña considera que a defensa xurídica do Concello de Cabanas tamén se pode basear en informes públicos doutros profesionais que reforzan e reafirman as bases obxectivas, independentes e imparciais do informe do colexiado núm. P0904X:
a) Estudo público promovido por Augas de Galicia, Xunta de Galicia, sobre o Plan de saneamento de Galicia 2000-2015 do ano 2001 sobre establecemento de prezo unitario de depuración para a EDAR da Macuca.
b) Auditoría da EDAR da Macuca promovida pola Xunta de Galicia e realizada por Adantia S.L.-ATC S.A. e dirixida por Augas de Galicia que, con analíticas e datos propios, conclúe o mesmo ca o informe do colexiado nº P0904X (baseado nos datos que achegou a concesionaria do servizo).
c) Informe promovido polo Consello de Contas de Galicia sobre xestión do mesmo servizo en Santiago de Compostela que relaciona irregularidades análogas ao que está acontecendo no Concello de Cabanas no establecemento das taxas de abastecemento, sumidoiros e depuración e na definición dos custos do citado servizo entre outras cousas.

4º Trátase dun informe técnico e numérico obxectivo que emprega os datos achegados pola propia concesionaria do servizo e que foi asumido polo BNG sen custo para os veciños de Cabanas.

Por outra banda, consideramos desde o BNG que o desgoberno de Cabanas e o Grupo municipal de IVC deberían explicar por que votan en contra da fiscalización selectiva do Consello de Contas, non reclaman o informe da Empresa pública de obras e servizos hidráulicos e un novo estudo de custos do servizo para o que hai consignación no presuposto, estudos pedidos e exixidos dende o BNG a través de diversas iniciativas.
A deteriorada situación política municipal prexudica a transparencia, a defensa dos intereses do pobo de Cabanas e a resolución dos problemas que lle afectan de maneira directa. E campan ás súas anchas as intoxicacións de J. M. Campos nos Plenos que serven aos argumentos da concesionaria do servizo de depuración.
O compromiso do BNG coa cidadanía é rematar a investigación avanzada nesta lexislatura, axustar as taxas aos custos reais do servizo e depurar as responsabilidades a que houbera lugar.

X M P S
Voceiro do Grupo municipal do BNG

CONTRADICIÓNS DE J. M. CAMPOS
Comisión de 20 de marzo de 2006
1.- PROPOSTA GRUPO MUNICIPAL DO BNG SOBRE REVISIÓN DE ACORDOS RELATIVOS A CONCECIÓN DE ABASTECEMENTO DE AUGA, REDE DE SUMIDOIROS E DEPURACIÓN.
Iniciado o estudo do asunto o voceiro do grupo IVC Sr. Campos V. considera que non é de recibo que a presidencia presente un informe dun biólogo a través do grupo municipal do BNG, e opina que o informe da bióloga do concello era tan enriquecedor, está de acordo co informe de Secretaría e indica que se está a demostrar que o Concello de Cabanas de acordo cos informes da bióloga e do biólogo está a pagar máis do que lle corresponde pola depuración facendo referencia a porcentaxes e m3, concluíndo que resulta imposible acadar a contía que se lle imputa pola capacidade das bombas, e por elo procede pedir un estudo anual dos custos da depuradora porque este informe é o mesmo que o da bióloga, fala das tarifas non axeitadas e da falta de informes de funcionamento da planta e alégrase de que se revise que era o que pedía IVC, e necesario achegar datos do custo real da depuradora e por eso propoñen o estudo total de custos para determinar o que corresponde a Cabanas que non debe representar máis da terceira parte xa que non ten capacidade para bombear máis.
(...)
O portavoz do BNG Sr. Pérez Sardiña manifesta que este informe do biólogo solicitouno o grupo do BNG e a proposta está asinada polo portavoz suplente e pagarao o grupo do BNG,

DECLARACIÓN DE CAMPOS QUE SERVE DE BASE Á CONCESIONARIA PARA ARGUMENTAR A SÚA DEFENSA
Pleno de 23 de marzo de 2006
2.- PROPOSTA GRUPO MUNICIPAL DO BNG SOBRE REVISIÓN DE ACORDOS RELATIVOS A CONCECIÓN DE ABASTECEMENTO DE AUGA, REDE DE SUMIDOIROS E DEPURACIÓN.
(...)
Iniciado o debate o portavoz do grupo IVC Don J. María Campos V. critica a ausencia do concelleiro Sr. D. Luaces que é o ponente e podería haber empate e decidir a Alcaldía e polo tanto unha traizón mais os veciños de Cabanas. Alude a suxestión do Valedor do Pobo do 17-2-2004 advertindo a este concello que de non existir estudo económico procede a nulidade da taxa, o Sr. P. Sardiña xa o sabia pero preocupábase polo aire dos contadores, veu o pacto de goberno e ninguén quere traballar para audita-lo servízo, sen embargo o protagonismo electoral leva ó Sr. P. Sardiña a manifestar na Opinión que Aquagest cobrou 462.000 euros mais por depuración, esa contia pode ser certa ou non, temos moitos datos pero o Sr. Sardiña non quixo atender a suxestión do Valedor e encarga pola súa conta un informe a un biólogo particular e non fai caso do da bióloga que non rematou porque non lle achegou os datos que faltaban; este informe fotocopia a documentación da bióloga e para denunciar un contrato son necesarios outros datos. Desde o pacto o Sr. Sardiña non mirou polos intereses de Cabanas, votou en contra da moción de IVC para revisar o convenio con Pontedeume segundo suxestión do Valedor, vostede sabe todo eso pero nada fixo polos abonados de Cabanas e agora presenta unha proposta con interese partidista, denunciamos en 2003 que Aquagest cobraba auga que se vertía nos Alimpadoiros, eso e un fraude, a diferencia de potencia das bombas deixa a descuberto que os datos de Aquagest son inventados, había que facer informes e non esperar ó final de lexislatura, queremos que se revise todo porque estamos para representar ó pobo de Cabanas.
(...)
O portavoz do grupo BNG Sr. P. Sardiña manifesta que o seu grupo está a traballar no problema que xurdiu a partir da aplicación dunhas taxas e do descubrimento dunha serie de cuestións das que xa falaron no pleno do 13-11-2001, no que denunciou a introducción de augas pluviais na rede de saneamento, logo veñen oportunistas, aquí veñen a traballar, considera unha falta de respecto a esta Corporación as alusións do voceiro de IVC ó seu compañeiro xa incorporado. Desde a constitución da Comisión tratouse por tódolos medios de acadar documentación para facer unha diagnose do servizo, informes houbo moitos e debíanse alegrar por elo e non criticar, todos son enriquecedores, todos chegan a algo incluso o da bióloga que vostedes mencionan di que Aquagest non entregaba a documentación que era necesaria para establece-los custos do servizo, desde a presidencia da comisión díxose que había que establecer un prezo unitario e fíxose un informe [DA PRESIDENCIA DA COMISIÓN DA AUGA], mentres vostedes perdíanse en discusións, solicitamos [O BNG] a opinión dun técnico e tamén informe a empresa de obras e servizos hidráulicos da Xunta, todo para determinar o prezo unitario de depuración, alude que o informe do biólogo di que o prezo unitario e claramente disparatado e refirese as consideracións feitas ó efecto, afirma que a auga pluvial non debe computar para establecer o custo da depuración porque non incrementa a carga contaminante, solo afectaría ó custo de bombeo; a outra cuestión é o que pasa na depuradora e que se relata no informe, que non impoñemos a ninguén pero que motiva a proposta, pedimos un novo estudo de custos de acordo cos criterios do informe e da comisión da auga, considera a proposta necesaria, coherente e consecuente coa actuación do seu grupo.
(…)
O Sr. P. Sardiña considera que se está evidenciando unha clara diferencia entre os que queremos establecer un prezo axeitado ós custos reais do servizo e os que non, pódense referir ao estado e acordos do ano 2000 pero daquela non don se dispoñia da documentación de hoxe e que xustifican o recurso de revisión cando aparecen ou se aportan documentos de valor esencial para a resolución adecuada do asunto que evidencian un erro na resolución recorrida, no informe do biólogo cando fala do xeito correcto da facturación evidénciase un erro do pleno o non diferenciar a auga pluvial e a auga residual, a empresa coñece os volumes de auga que se bombean desde o concello e a diferencia coa auga residual facturada daría a auga pluvial que actúa como- diluinte da carga contaminante polo cal os valores analíticos de DBO son baixos, incluso hai un dato da propia Aquagest onde nunha entrada ten unha DBO mais baíxo que cando sae, e dicir que acabou limpando a depuradora, este informe era para evidenciar o que está pasando co servizo pero non solo nos quedamos con eso senón que se pide un estudo de custos que haberá que incluír nos orzamentos municipais aparte do informe de Augas de Galicia que sería a culminación do traballo que vimos desenvolvendo nesta lexislatura.

27 de nov. de 2006

Salgado quéixase das romarías, pero...

Este domingo puidemos ler as opinións do candidato de IVC Sr. Salgado Cortizas sobre a romaría de Santa Marta http://www.laopinioncoruna.es/secciones/noticia.jsp?pNumEjemplar=2226&pIdSeccion=2&pIdNoticia=80280&pVar=1164518635141:

La propuesta recibió los votos favorables del PSOE y el BNG y la abstención del PP e IVC. Este último partido asegura que parte de este dinero financiará los gastos que quedan pendientes de la romería de Santa Marta, que se celebra en agosto. "Es escandaloso que en una fiesta se inviertan casi cuatro millones de las antiguas pesetas", señaló el concejal de IVC Luis Salgado.

Vivir no país dos ananos e rexeitar a única festa municipal por antonomasia, á que acoden veciños e veciñas de tódalas parroquias, por tres míseros millóns de pesetas... Aí o tedes.
O que non sabe o pobo é que o compañeiro deste señor, Juan María Campos, fixo un ensaio sobre o asunto digno de publicar que versaba sobre as vondades dunha romaría de ofrendas dos paisanos aos curas (poñerase o texto literal).
A que vén tanto dispendio cando
IVC QUERE PAGAR MÁIS CURAS PARA SANTA MARTA...

SERÁ PORQUE ASÍ É MELLOR O ENTERRO DA ROMARÍA?

O texto:
Autor: Juan María Campos, agosto de 2006 (é certo!)
"Terceiro erro ANTIDEMOCRÁTICO
É propio de persoas non creéntes e irrespetuosas utilizar a romaría de santa Marta para agradar e chegar a quenes teñen creénzas relixosas como recoñece a concelleira/delegada no seu escrito co fin de que o seu partido non sexa "castigado" polos veciños/as nesta lexislatura.
Neste sentido espetolle o seguinte: A tradición de santa Marta como calquer outra romaria relixosa ten por finalidade obter da santa todo tipo de favores celestiais coa ofrenda das colleitas da terra e dos animais cebados no inverno que ofrecían os devotos/as en xeonxollos ou a pe os romeiros/as rematando as promesas xantando no piñeiral da Magdalena. De hai a tradición sin máis fins que os relixosos. Pero nunca con fins partidistas como fan os socialistas locais tratando de gañar o voto cos cartos dos veciños/as, facendolles concursos de hípica, noites pop/rock, degustación de chourizos criollos de mel ou de queixo, e dándolles pipotes de viño a esgallo..."

NON VOS ASUSTEDES É LITERAL E TAL E COMO O ESCRIBEU O PORTAVOZ DE IVC. PARA TALES DÁDIVAS FANLLE FALTA MOITOS CURAS. ASÍ PARAFRASEANDO A ESTE SEÑOR, O CONCELLO TERÍA QUE OFRENDARLLE "TRES MILLÓNS DE PESETAS" EN PORQUIÑOS E TRIGUIÑOS AO CLERO.

Velaí unha mostra máis da "dereita rancia".

O BNG traballa para dar servizos aos veciños de Cabanas

Xosé Manuel e o Vicepresidente da Deputación da Coruña

Parece que o alcalde por accidente quere apañar obras que xa estaban aprobadas e xestionadas dende a Deputación polos acordos PSOE-BNG, así que é bo facer un recordatorio de todo o que hai pendente ou que xa está rematado.

Aquí temos un resumo das cifras de toda a lexislatura, resultado do obxectivo do BNG de priorizar a dotación de servizos básicos aos veciños:

1. OBRAS DE SANEAMENTO
Vicepresidencia da Deputación (Xaime Bello)
Dentro do Plan de Obras e Servizos (POS):
2004 Saneamento A Pena – Carballo – Lamelas 131.354,51 €
2005 Saneamento Pereiro de Abaixo 114.473,25
2005 Ampliación rede saneamento núcleo Pereiro 45.482,22
2006 Conexión saneamento Laraxe – EDAR A Veiga 134.031,00 (1ª, 2ª, 3ª e 4ª fases)
2006 Conexión saneamento Laraxe – EDAR A Veiga 41.957,05 (5ª fase)
2007 A Torre (Porto), A Pena (Irís), Os Verxeles (Cabanas) 158.756,86
TOTAL OBRAS POS 626.054,89 €

Dentro do Programa Operativo Local (POL) 2004-2006:
EDAR A Veiga 104.809,20
Rede saneamento Laraxe – EDAR A Veiga 86.252,49 €
TOTAL OBRAS POL 191.054,69 €

De Promoción Económica (PAI) 2004:
Reposición saneamento no Oito 20.700 €

Consellería do Medio Rural (Alfredo Suárez Canal)
Reposición saneamento do Cruceiro do Oito aos Verxeles 45.855,81 €


TOTAL OBRAS DE SANEAMENTO (2004-2007): 883.672,39 EUROS
CASE 150 MILLÓNS DE PESETAS NESTA LEXISLATURA

2. OBRAS DE CAMIÑOS
Vicepresidencia da Deputación (Xaime Bello)

Dentro do Plan de Investimentos Locais (P.I.L.) 2005:
Pavimentación de camiños Pau da Guía e Os Sauces 48.366,00

De Promoción Económica (P.A.I.):
2005 Aglomerado Camiño As Modias-Río Castro 18.000 €
2006 Aglomerado Camiño a Porcar 22.000 €

De Promoción Económica (P.I.E.M) 2004:
2005 Reposición Camiño a Teloi 31.000 €

TOTAL (2004-2006): 119.366,00 €

Consellería do Medio Rural (Alfredo Suárez Canal)
2006 Camiños Xabarís, A Rúa, Sobor da Riba, Lodeiro e Xicos 120.000 €
2007 Camiños ou saneamento por definir 100.000 €

TOTAL CAMIÑOS (2004-2007): 339.366,00 €

TOTAL SANEAMENTO-CAMIÑOS (2004-2007): 1.223.038,39 €
(MÁIS DE 200 MILLÓNS DE PESETAS)


3. OUTROS
Dentro do Plan de Investimentos Locais (P.I.L.) 2005:
Adquisición dun vehículo para o servizo de obras 14.000,00 €
Adquisición tractor, remolque e desbrozadora para o servizo de obras 70.000,00
(SUBTOTAL MAQUINARIA PIL 84.000,00 €)

O PP non subvencionou tanto cando estaba nestas institucións, aínda así hai grupos como IVC e PP que queren agardar a que goberne outra vez Fraga... Os veciños de Cabanas non imos agardar polos seus desexos.

23 de nov. de 2006

Todo é legal

Cando todo é legal, aínda que estea mal, porque o goberno amigo da Xunta ou do concello non dixo nada (tampouco o dixo en Miño, en Cabanas, en Sanxenxo, en Tui, en Nigrán...) demostran que a legalidade non está ao servizo do pobo:

http://www.lavozdegalicia.es/ed_ferrol/noticia.jsp?CAT=122&TEXTO=5308807

En Redes non te quedes, en Ares non pares e en Cervás quedarás...

22 de nov. de 2006

Ares, a dereita sempre igual

O arruallo da dereita non ten límites... Tanto os populares coma os independentes acólitos fan legal o que tocan cando se meten nas institucións e diso temos exemplos en Miño (antes gobernado polo PP e agora por independentes acólitos) ou Ares (PP) por non ir máis lonxe.
En Miño, a Costa Anácara pon medo o "urbanismo legal" por riba do pobo e coa anuencia das institucións. En Ares temos a última viñeta da traxicomedia popular:

http://www.lavozdegalicia.es/se_galicia/noticia.jsp?CAT=102&TEXTO=5305136

A irrespponsabilidade municipal
O señor alcalde de Ares (PP) pasa polo arco do triunfo os requirimentos da Xunta de Galiza, que hai uns meses lle ordenou paralizar a construcción da nova casa do concello.
Vaina inaugurar o día 6 (da Constitución) "porque tengo el repaldo del PPartido y porque ya invité a la casa Real" (Sic.). Isto é un escándalo peor có Malayo á conta de todos os aresás.

Que sexa legal non quere dicir automaticamente que sexa bo, digno, axeitado, sostible, social... e construír auténticas barbaridades pode ser legal.
Pola contra, para facer un servizo social hai que inventar auténticos trapecismos para integrar leis transformadoras na estrutura legal española (caso da proposta da Conselleira nacionalista Táboas e os atrancos socio-estudantís que atopou).
Non hai que esquecer que os do PP-IVC votan todos e non quedan na casa... e nas municipais hai que evitar catro anos da xa denominada "operación canalla".

21 de nov. de 2006

Pleno de novembro de 2006

Estes son os asuntos que vai tratar o pleno do xoves a partir das 19.30 h:


1. Acta anterior do pleno ordinario de outubro e pleno de elección de alcalde do 23 de novembro.

2. Expediente modificación de crédito
(sen número!!, é o primeiro)
Con cargo ao remanente de tesourería e a unha baixa relacionada coa adxudicación do tractor, remolque e desbrozadora o alcalde accidental propuxo repartir 163.367,00 euros en diferentes partidas (actividades municipais, suplemento esixido pola Deputación provincial para a execución de saneamentos en Laraxe e outros...)
Ten o ditame favorable da Comisión de Facenda e Contas (abstención: PP, IVC e BNG, a favor Rey e PSOE).

3. Proposta POS 2007.
A proposta é do pleno de outubro, acordada polos portavoces do PSOE e do BNG.
Os proxectos ascenden ao seguinte:
Saneamento Verxeles á praia: 49.176,15 euros
Saneamento A Pena de Irís e arranxo do camiño da Fraga da Pena: 70.357,85
Saneamento da Torre-Porto á rede xeral: 39.222,86 euros.

4. Proposta POS adicional 2/2006.
A Deputación da Coruña reclámalle ao alcalde do Concello de Cabanas que certifique consignación dispoñibilidade de crédito no orzamento para a achega municipal e a conformidade coa execución dunha fase do saneamento no Feal-Laraxe.

O Concello ten que poñer a súa parte para poder facer ese saneamento do Feal.

5. Representante consello escolar CEIP
A directora do Colexio "Eladia Mariño" de Porto solicita designación de representante do Concello no Consello Escolar do centro.

6. Informes da presidencia (Resolucións)

7. Rogos e preguntas

19 de nov. de 2006

O urbanismo cívico do BNG de Cabanas

O obxectivo de medrar en poboación non se consegue coa construción de novas vivendas nun concello que no verán recibe aproximadamente 6.000 habitantes e onde das 2100 vivendas censadas, 1100 son segunda residencia. A razón para que a xente decida non quedar a vivir non é a falla de vivenda, senón a escaseza de servizos e o elevado prezo dos pisos e casas rurais de Cabanas. A intención do Bloque Nacionalista Galego é acadar 4000 habitantes a través dos seguintes obxectivos:
1. Cumprir as necesidades dos habitantes permanentes no que se refire a criterios sociais e ambientais.
2. Aumentar a calidade de vida para encher as vivendas baleiras.
3. Recorrer á construción de novas vivendas de protección oficial.
Os chalés de luxo son para quen os pode pagar e ademais non van ser nunca usados todo o ano, posto que os seus potenciais moradores traballan en centros neurálxicos con moitísimos máis servizos có Concello de Cabanas.

As enchentes...




Os ríos e regatos galegos sempre se botaron fóra do seu cando cae un enchoupe de auga... Igual pasa e igual seguirá mentres a auga responda ás leis da gravidade.
O que xa non responde ás leis da gravidade é a nova edificación e a nova transformación do territorio feita por viais que cruzan sen atender para o que pisan.
Velaí os resultados destes procesos modernos (os antigos tiñan cando menos maior precaución cando facían)
Agora manda o carto que pode con todo menos coas forzas da natureza, esas si son reais.

No Areal temos enchoupe de pluviais, as obras de Tragsa foron insuficientes e non resolveron o problema totalmente. Hai que achegar solucións.


Pola contra as fecais parece que xa non participan no estrago despois de executada a obra de Medio Rural para a reposición do saneamento entre o cruceiro e a Adeza entre abril e xuño de 2005. Esta obra foi atrasada pola anuencia entre ex-alcaldesa e contratista, e mentres alagou varias veces a zona (marzo-abril de 2005).

No paseo marítimo tamén hai que resolver o enchoupe co arranxo da rede deficiente de pluviais.



En Laraxe súmase agora a obra da estrada Vilar do Colo-Fonfría.

A cuadrilla municipal limpou o lavadoiro pero o río dos Carneiros segue arrastrando dioivo da estrada e atascando a pasaxe que ten neste punto...
Haberá que reclamarlle á empresa das obras e á Xunta.

16 de nov. de 2006

Confusión caduca...

O repaso das declaracións dos líderes políticos de hoxe:

1. Rajoy e o Tribunal Constitucional.

A conclusión é que a dereita non é ninguén sen os xuíces. Sempre está metendo o poder xudicial no medio do goberno do pobo (poder lexislativo e executivo). A súa debilidade é evidente en cuestións puramente políticas, se non pode impedilo polas boas avisa que vai polas bravas. País!

Esta dereita será capaz de asimilar a separación de poderes democráticos?

Non é de estrañar esta actitude, o exemplo das confusións tamén o vemos en Cabanas. Unha condena xudicial merece un día festivo (proposta de Salgado de IVC nunha comisión), a xustiza soluciona os problemas de Cabanas (Modesta Anca, Salgado, Cartelle...) ou os aplausos do Pleno de elección do alcalde de Cabanas foron para o elixido polo seu voto e tamén para o dedo que o upou.
Os nostálxicos queren que volvan os gobernadores civís franquistas para designar a dedo os representantes do pobo e os vellos escribientes para organizar a política que aqueles teñen que facer. Moito ollo!

2. Touriño e o exceso de vivenda protexida.


O Presidente da Xunta se ten unha proposta que fale dela e que non busque outras fórmulas. Está a eludir o debate real sobre o déficit de vivenda protexida para a mocidade e máis cando veñen unhas eleccións municipais nas que a confusión sobre os usos do solo está cada vez máis encerellada...
Se polo BNG é, en Cabanas haberá proposta de actuación antes das eleccións e o goberno nacionalista traballará para que a mocidade do noso concello e a doutros concellos poida acceder a unha vivenda social digna nunhas condicións económicas vantaxosas reservando como mínimo a porcentaxe do 40%.
O BNG de Cabanas ten que falar coa Consellería de Teresa Táboas da análise da situación e das potencialidades para actuar.

15 de nov. de 2006

Políticos ao servizo do pobo


O voceiro do BNG, Xosé Manuel Pérez Sardiña, vai presentar a súa candidatura na asemblea local do BNG e renderalles contas aos compañeiros da organización do traballo desenvolto na institución municipal nesta lexislatura.
Ademais, xa adiantou na pasada elección de alcalde que as bases programáticas xirarán ao redor de dous compromisos:
-- Urbanismo cívico.
-- Institucións ao servizo do pobo de Cabanas.
Xosé Manuel aposta pola claridade e polo servizo público dos políticos. Dous valores esquecidos polos partidos políticos municipais que estiveron cunha guerra oculta de intereses particulares poñendo ao seu servizo o Concello e o persoal que nel traballa.

Ruxe ruxe...

Un ruxe ruxe que anda polo pobo afirma que uns nacionalistas outrabandeiros buscan en Cabanas desesperadamente un Mister que lles tire as castañas das brasas.
Non saben que o que toparon é menos propio de Mr. Jekyll ca de Mister Hyde e non se conforma con querer un chanzo baixo do poleiro.
Agardemos que o entender desoutros nacionalistas arredaraios de tan sinistra e mísera comenencia.

14 de nov. de 2006

As leis da dereita

As premisas da dereita sociolóxica:
"1. Reconoced todo aquello de lo que os acusamos"
"2. Creed que estamos en posesion de la verdad absoluta y la infalibilidad papal, somos semidioses, o al menos, es lo que creemos."
"3. Haced lo que nosotros os digamos pero no como nosotros hacemos".

A ponte da Fontenova



Parece incrible, pero a ponte que fixeron no val da Fontenova foi unha das reivindicacións dos veciños e do BNG diante da Xunta de Galicia do PP (Modesta Anca non acreditaba nesta opción), á parte dos problemas da auga e do camiño de Magalofes.

Chegou o PSOE e eliminou o camiño que beireaba a mole de terra (aínda que estaba no proxecto construtivo da obra):


e en troques deixaron unha pasaxe tres por tres (o BNG non veu con bos ollos a limitación deste camiño veciñal):


Se non se conseguiron todas as reivindicacións foi por ter un concello gobernado por políticos preocupados polos seus xuízos, polos seus intereses e polos seus problemas...
Menos mal que estiveron os veciños presentes...

Río dos Carneiros



Este era o aspecto do lavadoiro do Río dos Carneiros, tamén coñecido como río Baa. As enchentes do mes de outubro trouxeron desde as obras da estrada Vilar do Colo-Fonfría unha lamugueira descomunal.
As responsabilidades esvaécense e o que fai mal a empresa das obras págao o Concello mandando unha cuadrilla de obras a limpar unha verdadeira fieiteira.

Así vai todo.
Solidariedade para os/as traballadores/as municipais.

Xogos de proporcionalidade

APAÑADO DA REDE
Para as eleccións xerais estas serían as porcentaxes de representación en votos e en escanos:

PSOE: 43,27% dos votos e 46,86% dos escanos.
PP: 38,31% dos votos e 42,28% dos escanos.
CiU: 3,28% dos votos e 2,86% dos escanos.
ERC: 2,56% dos votos e 2,29% dos escanos.
PNV: 1,65% dos votos e 2,00% dos escanos.
IU: 4,56% dos votos e 1,43% dos escanos
CC: 0,92% dos votos e 0,86% dos escanos.
BNG: 0,82% dos votos e 0,57% dos escanos.
EA: 0,32% dos votos e 0,29% dos escanos.
CHA: 0,37% dos votos e 0,29% dos escanos.
NA-BAI: 0,24% dos votos e ou,29% dos escanos.
Partido Andalucista: 0.70% dos votos e 0% dos escanos.
CONCLUSIÓN
1) O PP e o PSOE son os favorecidos pola lei electoral. Se o reparto fose realmente proporcional, o PP tería 14 escanos menos e o PSOE, 13.
2) As formacións prexudicadas son IU, que debería contar con 11 deputados máis e a maioría dos partidos nacionalistas, agás o PNV, que debería ter un escano menos. Pola contra, habería que aumentar o número de deputados de Partido Andalucista, CiU, ERC e BNG.

Cun pequeno retoque a diferenza votos/escanos computando que só o 96% dos votos están representados no parlamento:
PSOE +4%
PP +6%
CiU -18%
ERC -15%
PNV +15%
IU -230% (non é un erro)
CC -10%
BNG -49%
EA -13%
CHA -20%
NA-BAI +13%
Unha porcentaxe positiva indica que o partido obtivo máis representacion que votos, negativa que lle prexudicou e aí tedes ao BNG.

Que observamos?

Na nova situación municipal botamos en falta algo que a xente non dá diferenciado a simple vista:
"Unha cousa é ser vítima e outra ir de vítima".
O que vai do último evidentemente é un chantaxista e quen xoga con este concepto aínda máis porque engana ao pobo.
Menos mal que Europapress recolleu as contraindicacións habituais de Juan María Campos (IVC):
3 de novembro de 2006, Juan María Campos Vilar para Europa Press
>>calificó a José Rey de "víctima" de su propio partido y de la falta de compañerismo y tildó de "patraña" todo lo que armó el PSOE "tratando de influir sobre la corporación municipal".<<
E logo contraindícase el mesmo:
>>... Campos afirmó que José Rey es "culpable pero junto con el resto" --María José Cabana, Jesús Freire y Luciano José Díaz--, por lo que no tiene sentido que echen a uno y promocionen a Cabana, "que es tan culpable como los demás".<<
Estes da comenencia gañaron a oposición para toga de silveira.

Os galegos queremos máis vivenda protexida!

Teresa Táboas, Conselleira de Vivenda e Solo, apretou onde lles doe aos grandes munxidores do solo galego (concellos incluídos) cunha proposta de cando menos o 40% de reserva de solo para vivenda protexida.
A mágoa é que Caride non deu valorado a proposta, nin para ben nin para mal... A imaxe da conselleira Caride (PSOE) que ten que pensar e botar un tempo antes de sumarse á proposta da conselleira Táboas (BNG) parece surrealista.
Hai que poñerse na realidade:
O metro construído de vivienda vai dos 500 aos 700 euros, menos se o promotor aforra en materiais. Véndena a 4.000 euros/metro, ou máis se está en zona boa. O galego medio peñora media vida para pagar o piso.
¿Agarda entón a que outras cen mil familias empeñen os riles para ter un sitio onde vivir?
Nas nosas áreas metropolitanas habería demanda para un 40% e ata para un 60% de vivendas protexidas, sobre todo se a Xunta tomara en serio o control de cualidades.

Xa se vería despois se os lobos inmobiliarios seguirían a facer o agosto.

9 de nov. de 2006

Para a lembranza...

Os políticos meten a pata e equivócanse coma calquera e, para ser éticos, haberá que recoñecer uns casos e outros. As declaracións do portavoz do BNG, Xosé Manuel Pérez Sardiña, o día 3 de outubro foron proverbiais:


La Opinion 3/10/2006
LA ALCALDESA SE RETRACTA Y ANUNCIA QUE ABANDONARÁ EL CARGO PRESIONADA POR EL PSDEG
Modesta Anca dimite tras 23 años al frente del Ayuntamiento de Cabanas
Toma la decisión diez después de hacerse pública la sentencia que la condena a ocho años de inhabilitación. La resolución se hará efectiva en el pleno municipal del jueves 26.
[Salgado estaba feliz a medias e cargaba as tintas na situación ficticia de bancarrota e de problemas gravísimos para a institución]
[Cartelle seguía utilizando a sentenza xudicial contra o PSOE e opinando subxectivamente sobre un asunto estritamente xudicial].
El portavoz del BNG de Cabanas, Xosé Manuel Pérez Sardiña, anunció que su agrupación mantendrá el acuerdo alcanzado en 2003 con el PSdeG para "que el Concello no se paralice" y recalcó que "la crisis" en el Gobierno local "todavía no está resuelta". Los nombres que se barajan para sustituir a Anca son los de los ediles socialistas José Casimiro Rey, Jesús Freire y María José Cabana, cuya imputación en el proceso judicial que finalizó con la condena de Anca y el aparejador Juan José Rivera declaró nula el juez. En el Gobierno local entrará como concejal el número seis del PSdeG de Cabanas, Domingo Martínez Garabana, vecino de Regüela.

Hoxe 9/10/2006
Á vista do acontecido desde aquela a palabra crise no PSOE é acaída. Pero esa crise tamén se estende ao goberno local segundo as últimas declaracións dos concelleiros delegados (Freire e Cabana).
Así as cousas, o BNG non pode facer nada para que o "Concello non se paralice" porque o PSOE está inmerso en loitas intestinas polo poder e Pepe Rey non conta cos nacionalistas para gobernar. Evidentemente, o BNG manifestou que non votaría polo actual alcalde e que con el non ten nada.
Non valeu de nada discutir do xuízo e de cousas non reais cando a crise estaba por chegar e só a valorou o BNG como atranco para que se desenvolvan con normalidade os proxectos de transformación do Concello.
A responsabilidade de que se pare a transformación democrática de Cabanas é do alcalde expulsado do PSOE que accedeu ao cargo cuns subterfuxios que o empoleiraron por riba do pleno e do pobo.

8 de nov. de 2006

As persoas tamén viron o Pleno...

As persoas que observaron desde o público o Pleno tamén comentan:

-- "Estes plenos non teñen nada que ver cos doutros concellos, aquí non hai educación nin hai nada"

-- "O secretario municipal pasou toda a sesión mirando para PP e IVC"

-- "Pepe Rey sentou na banda de IVC e PP, a carón de Luís Salgado"

-- "Pepe Rey intercambiou unha animada conversa con Luís Salgado mentres o portavoz do BNG facía a súa exposición"

-- "Os aplausos da oposición (IVC e PP) foron para felicitar a alcaldía de Pepe Rey, mesmo Juan María Campos Vilar se ergueu da silla como un resorte...

-- Ao saír para fóra Campos Vilar dirixiuse a Pepe Rey e díxolle: "Pepe, chámame cando queiras"

-- O portavoz popular, Francisco Cartelle, indicáballe a Pepe Rey que subise ao piso superior e saíse do medio da xente que estaba no exterior da sala de sesións.

Os contactos entre Pepe Rey e PP-IVC discutiranse, o que pasou no Pleno é indiscutible porque o veu moita xente.

6 de nov. de 2006

O golpe de Concello

Unha situación comparable ao 23-F, pero foi un funcionario o que asestou o golpe que secuestrou a vontade popular depositada nos partidos políticos por unha argucia legal.
Xa se verá o que resolve a Xunta electoral central (10 días) e o Fiscal ("largo me lo fiais").
En todo caso, o PSOE meteu a pata ata o fondo cando sancionou a lista electoral de 2003.

Sábado 4 de novembro
La Opinión de A Coruña
Derecho de Rey a recurrir
El secretario municipal hizo hincapié en que una expulsión en contra de los estatutos puede ser objeto de sentencia e indicó que el recurrente tiene derecho a que la tramitación de la expulsión siga los trámites fijados en la ley. "Esta sujeción no es firme, así que, en principio, se mantiene al concejal cesado como representante del partido", recalcó el funcionario.


El Correo Gallego
"En el pleno de esta mañana se dio lectura a sendos escritos, uno del secretario de Organización del PSdeG, Ricardo, Varela y otro de la Ejecutiva Confederal del PSOE, firmado por Óscar López Águeda, en los que se manifestaba la expulsión del partido de José Casimiro Rey y se presentaba a María José Cabana, concejala de Cultura, como candidata a la Alcaldía de Cabanas.
No obstante, dichos documentos no fueron tenidos en cuenta por el secretario municipal que mantuvo a José Rey como candidato "a la vista de la documentación que obraba en el expediente"."

Galicia Diario
En el inicio del Pleno en el que se eligió al nuevo alcalde los socialistas leyeron dos escritos en los que se confirmaba la expulsión de Rey y la candidatura de Cabana, aunque no fueron tenidos en cuenta por el secretario municipal, que mantuvo la candidatura de José Rey "a la vista de la documentación que obraba en el expediente".

Diario de Ferrol
Además contaba con el visto bueno legal del secretario del Ayuntamiento ya que su expulsión del partido todavía no es firme, puede ser recurrida y el interesado no la conocía hasta el momento de la sesión plenaria.

La Voz de Galicia
Nada más empezar, el secretario sacó el primer as de la manga: una resolución firmada anteayer por la ejecutiva gallega del PSOE en la que se indicaba que el alcalde en funciones, José Rey, estaba expulsado del partido. Rezaba el documento que se le echaba porque no renunció a ser regidor -tenía que hacerlo, al ser el segundo de la lista, para que otro socialista pudiese ser alcalde- en favor de la compañera a la que el partido quería como candidata. Y también porque mantuvo contactos con la oposición en su empeño de salir electo.
Tras la decisión de la ejecutiva, todo parecía indicar que el PSOE, al fin, podría presentar a María José Cabana como candidata. Pero el secretario arrancó de jurisprudencia y dijo que, como la expulsión no es firme -Rey va a apelar-, éste podía ser alcaldable socialista.

Domingo 5 de novembro
La Opinión de A Coruña
Varela consideró que la designación de Rey como alcalde socialista de Cabanas se hizo "aprovechando un resquicio legal" y agregó que el secretario municipal "debería saber" que en ese momento José Rey ya no era militante socialista porque existía un acta de la comisión ejecutiva federal del partido en la que se informaba de que "esa persona" estaba separada de la militancia", por lo que este funcionario ya debió de haber propuesto a la siguiente en la lista.
El secretario del Ayuntamiento manifestó durante el pleno que una expulsión en contra de los estatutos puede ser objeto de sentencia e indicó que el recurrente tiene derecho a que la tramitación de la expulsión siga los trámites fijados en la ley. "Esta sujeción no es firme, así que, en principio, se mantiene al concejal cesado como representante del partido", añadió el funcionario.

Diario de Ferrol
Varela discrepó de la interpretación del secretario municipal en el sentido de que la posibilidad de que el afectado presente recurso contra la expulsión deja abierta la puerta a su continuidad en el PSOE, ya que, independientemente de lo que pueda suceder si Rey recurre, la decisión de la Ejecutiva Federal supone una separación inmediata del partido.

La Voz de Galicia
Pero los socialistas no dejarán que esa situación se mantenga. La ejecutiva gallega anunció ayer la presentación de dos recursos diferentes, ante la junta electoral central y ante la Administración de Justicia, para revocar la decisión del pleno y recuperar así la alcaldía de un ayuntamiento en el que son primera fuerza en todas las elecciones desde 1982. «Foi un procedemento irregular que temos que ordenar, e xa hai xurisprudencia sobre ese tema», explicó ayer en Ferrol Ricardo Varela, secretario de Organización de los socialistas gallegos. Se basa para ello el PSOE en que Rey García ya estaba fuera del partido, expulsado por la dirección federal, antes de la votación que, de forma sorprendente, lo elevó a la alcaldía.
«Entendemos que a decisión do secretario municipal de permitir esa elección non foi axeitada», agregó Varela. Porque en el pleno ese funcionario, el secretario municipal de Cabanas, informó primero de que Rey había sido expulsado del partido, pero que, al no ser una decisión firme, se podía proceder a la votación. Los grupos de la oposición se votaron a sí mismos, Rey a su persona y el PSOE se abstuvo. Resultado: alcaldía para el partido más votado en el 2003, los socialistas. Y Rey, como número 2 de la lista -Modesta Anca ya dimitió anteriormente- se quedó con el bastón de mando.

Alcalde polo seu voto...

Este post foi borrado accidentalmente. En esquema era o seguinte:

1. Por unha argucia legal avalada por un secretario que colocou a Pepe Rey á fronte da lista electoral socialista tivemos un alcalde expulsado do PSOE co seu propio voto.
2. Ademais cando tomou posesión houbo aplausos dos membros do PP e de IVC (Campos chegou a erguerse do sillón) e de parte do público presente.
PP e sobre todo IVC trincou os insultos de "corruptos", as denuncias, os improperios contra un pobre home de confianza de Modesta Anca que é ou non é do PSOE?... Por unha vez dispararon contra María José Cabana e sobre todo contra o BNG e o seu portavoz (isto non é ningunha novidade).
Haberá truculento comentario da prensa... Porque é de bo gusto evidenciar a realidade que nos queren ocultar.

O portavoz do BNG, Xosé Manuel Pérez Sardiña, expuxo que os grupos alí presentes non merecían o apoio do BNG porque utilizan a xustiza e a política para os seus fins partidistas e particulares ademais de non atender as necesidades reais do pobo de Cabanas. Xosé Manuel adiantou que o BNG aplicará un URBANISMO CÍVICO e poñerá AS INSTITUCIÓNS AO SERVIZO DA XENTE cando así o vote o pobo.

O que pasou...

O BNG parece que se adiantou ao acontecido por ter uns servizos xurídicos con puntería.
Pero aconteceron máis cousas como puidestes ver na prensa. A saber:
1. O PSOE expulsou o xoves pola tarde a Pepe Rey por ter contactos con IVC e PP.
2. Foi o secretario quen finalmente, facendo uso da súa prerrogativa de interpretación legal, puxo a Pepe Rey de cabeza de lista do PSOE.
3. Con esta situación, o apuntado desde este blog coser e cantar.

Dise que no pavillón de Porto houbo castañada o venres pola noite e asistiron (agarrádevos á silla): Pepe Rey e a súa esposa, Modesta Anca, unha parlamentaria e un director xeral da Xunta...

2 de nov. de 2006

Espeluznante...

Segundo diversas fontes, o alcalde accidental convocou o Pleno 15 minutos despois dunha reunión en que os seus compañeiros de grupo municipal lle pediron a súa renuncia por escrito de cara a presentar a Coque como alcaldesa.

Grazas polas vosas visitas!

A función informativa deste blog cúmprese dándovos conta do que acontece dende a nosa perspectiva e tratando de deitar luz nas sombras que as institucións públicas e outros partidos proxectan sobre o pobo.

"O povo é quem mais ordena
Grándola, vila morena"

Que vai pasar mañá ás 10?

A situación segundo o Diario de Ferrol do sábado pasado e a Voz de onte pode ser a seguinte:
1. PSOE sen candidato designado.
2. PP e IVC votando por si.
3. O BNG decide en asemblea a súa posición.

Só grazas á lexislación española pode acontecer o maior paradoxo legal da historia da democracia:
O 2º da lista do PSOE, fóra da disciplina do seu grupo municipal por convocar o pleno de mañá (o partido aínda non se pronunciou), sae alcalde co seu único voto.

A lexislación así llo permite se reflexionamos un pouco:
1. Ninguén vai ter maioría absoluta (6 votos).
2. O PSOE non pode presentar outro candidato mentres o 2º da lista non renuncie expresamente.

O accidental está ben informado e xoga as súas bazas a cabalo gañador, despois de despexar coas reunións da semana pasada o voto de IVC e PP. Estes grupos confirmaron o 1º apartado sobre a inexistencia de maioría absoluta. O PSOE, con tres concelleiros baixo disciplina, xunto co BNG, 2 concelleiros, nunca poderían impedir que saíse alcalde porque non suman maioría absoluta.

O segundo apartado é sinxelo, o señor accidental é 2º da lista do PSOE e ten que renunciar expresamente para que outro compañeiro seu poida presentarse a alcalde.
A dúbida está en se antes o expulsa o PSOE, pero tal e como está redactada a lei parece que tería que renunciar de tódalas maneiras, e isto confírmano as consultas legais feitas polo BNG.

Segundo o BNG, o PSOE nin ten candidato nin está cumprindo os acordos PSOE-BNG para elección de alcaldes.

Hoxe pola noite hai unha asemblea local do BNG para tratar o asunto e adoptar democraticamente a posición axeitada.

1 de nov. de 2006

Lexislación sobre a elección de alcaldía

Segundo o Regulamento de Organización e Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais
Artículo 40.5: Vacante la Alcaldía por renuncia de su titular, fallecimiento o sentencia firme, la sesión extraordinaria para la elección de un nuevo Alcalde se celebrará, con los requisitos establecidos en la legislación electoral, dentro de los diez días siguientes a la aceptación de la renuncia por el Pleno, al momento del fallecimiento o a la notificación de la sentencia, según los casos.
Ou sexa que botando contas ata o día 8 de novembro de 2006 (xa que non se computan festivos e domingos). As présas levaron ao alcalde accidental a adiantar a convocatoria.
O 3 de novembro ás 10.00 h teremos a seguinte situación legal:

Elección de alcalde segundo a Lei de réxime electoral xeral
Artículo 198: En los supuestos distintos a los previstos en los artículos 197 [moción de censura] y 197 bis [moción de confianza], la vacante en la Alcaldía se resuelve conforme a lo previsto en el artículo 196, considerándose a estos efectos que encabeza la lista en que figuraba el Alcalde el siguiente de la misma, a no ser que renuncie a la candidatura.
Artículo 196: En la misma sesión de constitución de la Corporación se procede a la elección de Alcalde, de acuerdo con el siguiente procedimiento:
Pueden ser candidatos todos los concejales que encabecen sus correspondientes listas.
Si alguno de ellos obtiene la mayoría absoluta de los votos de los concejales es proclamado electo.
Si ninguno de ellos obtiene dicha mayoría es proclamado Alcalde el concejal que encabece la lista que haya obtenido mayor número de votos populares en el correspondiente municipio. En caso de empate se resolverá por sorteo.

Máis tortas!

Un Salgado vestido de toga, unha ex-alcaldesa de querubín e un pobo atónito ante o espectáculo que están a montar estes dous coa xustiza. O que menos lles preocupa é o pobo evidentemente.
Tal e como di o PPdeG deberían saber que "as indicacións ou recomendacións do que teñen ou non que facer os xuíces denotan un claro fin partidista". Ao PP válelle todo, ata presentarse diante nosa como ultra-hooligang dos xuíces.
Se lembramos algo, o PPdeG desautoriza agora o PP de Cabanas que utilizou a sentenza con fins partidistas...
El portavoz municipal, Francisco Cartelle, recordó que el Partido Popular ha denunciado en múltiples ocasiones ésta y otras muchas irregularidades cometidas por la regidora, por ello entiende que esta sentencia es la prueba irrefutable de la falta de ética y de transparencia que ha marcado la gestión socialista. Asimismo, valoró que la situación «es ya insostenible» y que «ha llegado el momento de que Modesta Anca abandone el Gobierno Municipal».
Igualmente, el PP va a solicitar [a día de hoxe non o fixo] que «se continúe el proceso judicial para el resto de los ediles imputados», ya que no llegaron a ser juzgados por lo que «no han salido absueltos».
Segundo o PP de Cabanas mesmo o BNG por ter acordos puntuais co PSOE era cómplice por cogobernar os tres últimos anos coa ex-alcaldesa. Tolerías de quen non quere recoñecer que o BNG asinou un acordo de 14 puntos co GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA no que se inclúen propostas para que o concello non se pare. BNG non ten nada que ver coas actuacións de 1999 causa do xuízo.
Logo, se repasamos as lindezas de Salgado, candidato de IVC nas pasadas eleccións, parécenos que aprobou as oposicións a maxistrado...
Salgado no entró a valorar el contenido del video, pero aseguró que la jueza "también tiene derecho a hablar a nivel particular". Añadió que si creen que tienen que pedir la nulidad, que lo hagan. "El único problema es que los van a volver a juzgar y a condenar", porque "está probada la prevaricación y la ocupación de dominio público", concluyó.

Menos mal que o TSXG lanzou unha nota de aviso a navegantes en que explicita que:
El TSXG hizo pública una nota en la que recuerda que el sistema judicial "está provisto de los mecanismos necesarios para garantizar el derecho a la tutela judicial efectiva", y precisa que será la Audiencia la que "revisará las pruebas, el desarrollo del juicio y la totalidad del expediente recurrido, resolviendo oportunamente todas las cuestiones" suscitadas en él. El portavoz de Fiscalía afirmó que en ese órgano no se conoce el contenido de la grabación y que, en todo caso, es la Audiencia la que debe resolver sobre la petición de nulidad.
Se isto non é unha traxicomedia da democracia española, pasen e vexan:
Touriño dándolles consellos aos xuíces sobre o que teñen que facer, Salgado adiantando sentenzas dos xulgados como Rappel, Modesta reclamando a rehabilitación na Audiencia e o PP esixindo respecto e faltándolle ao respecto á xustiza a un tempo. Para rematala tres funcionarias xudiciais lercheando despois dun xuízo. O poder xudicial recordándolle a todo o mundo cales son as súas funcións básicas...
Queremos ver os vídeos!!!
Que volva a democracia que nos secuestraron o 18 de xullo de 1936!

Fumata marrón...

E no canto de fumata branca, coma na elección de Papa, temos fumata marrón...
Un Pleno de elección de alcalde convocado para o vindeiro venres 3 de novembro ás 10.00 h da mañá.
O PSOE está sen candidato designado e Pepe Rey, alcalde accidental, convocou o Pleno por sorpresa sen contar sequera cos seus propios compañeiros... Ao parecer o accidental tivo contactos con PP e IVC, ademais de reunións sospeitosas co secretario da Corporación.
Vaia desbaraxuste que están a montar... Vén o 3-N, ou se o preferides un novo 18 de xullo ou 23-F, o secuestro da democracia ás portas do noso concello.