31 de dec. de 2006

O PSOE desfeito

Os problemas internos do PSOE favorecen ao actual alcalde e o seu desgoberno. Por desgraza, non os dan solucionados e cada vez se lle complica máis a situación. O PSOE ten mecanismos para solucionar a situación e non os utilizou... Isto demostra que ao PSOE cada vez lles interesa menos Cabanas e os problemas dos seus veciños.
Xa hai rumores que confirman tres candidaturas postuladas:
1. A de DonPepe (independente)
2. A de Mª José
3. A de Juana (a auxiliar do centro de saúde).

Un partido tan dividido non axuda a formar un goberno de transformación. Vai ser o BNG a organización chamada a gobernar e así se está preparando... Parece ser que xa hai candidatura definida e hai importantes incorporacións de cara a asumir responsabilidades de goberno...

Renuncia de Aquilino Feal

Prensa
"En el escrito, Feal asegura que su renuncia obedece a motivos personales"

Pero outros grupos montan a súa particular historia. Ímola repasar:

Xa descubren eles as cartas!
Contra o BNG porque "no me gusta su cara"
É difícil saber que fuma o portavoz do PP, porque os edís do BNG de Cabanas non gobernaron nin cogobernaron, houbo entre os grupos municipais do PSOE e do BNG acordos puntuais que procuraron desenvolver e mellorar os servizos municipais, os dereitos veciñais, o emprego a vivenda social, etc. E isto nada ten que ver co caso xudicial de prevaricación urbanística de 1999 senón que o BNG tratou de centrar a política municipal nos problemas dos veciños e veciñas. De coña!

No Diario de Ferrol
Cartelle:
El "popular" asegura entender que "los ediles del BNG que gobernaron con la alcaldesa deberían entregar sus actas de concejales por cogobernar con presuntos corruptos".

Contra os restos do PSOE, pero Don Pepe é un presunto corrupto bon e honrado porque "nos coge el teléfano" y "me dió una tergeta para fetecopiar (Campos)".

Cartelle
El portavoz del grupo municipal del PP, Francisco Cartelle, fue más allá, y aseguró que el socialista tiene desavenencias con sus compañeros de partido.
El portavoz del PP, Francisco Cortelle, también reclamó ayer la dimisión de Jesús Freire y María José Cabana "por estar más preocupados por su puesto que por el municipio".

Campos:
el portavoz de Iniciativa Veciñal Cabanesa, Juan María Campos, afirmó que los ediles socialistas Jesús Freire y María José Cabana continúan negándose a reconocer como alcalde a José Casimiro Rey, "a pesar de ser reconocido por una sentencia del pasado día 14".

Tamén en La Opinión
Iniciativa Veciñal Cabanesa (IVC) solicitó en el pleno a los ediles socialistas Jesús Freire y María José Cabana que reconociesen a José Rey como al alcalde, después de que el TSXG desestimase el recurso del PSOE contra dicho nombramiento. "Pedimos que reconociesen su error pero no dijeron nada", afirmó el portavoz de IVC, Juan María Campos.
Aquilino Feal dimitió -según indicó en su escrito de renuncia- por "motivos personales", pero Campos cree que se debe a la situación que atraviesa el PSOE cabanés: "Se va porque no quiere saber nada ni de unos ni de otros".

A xustiza tamén ten dous raseiros: "el que me gusta (DonPepe, que en 1999 era delegado de urbanismo) y los que no (Losotros)"
Cartelle
los "populares" solicitan que renuncien a sus cargos de concejales Jesús Freire y María José Cabana "porque su permanencia en la Corporación está ensombrecida por la sentencia que pone en duda su transparencia y eficacia como gestores públicos". Cartelle califica de "inadmisible" el hecho de que "estos ediles del PSOE sigan en el Concello tras conocerse que la justicia ha decidido implicarles en la misma causa que condenó a la ex alcaldesa de Cabanas".

O BNG expuxo a realidade que ninguén quere analizar e que sofren os veciños e veciñas a diario, que Cabanas está sen goberno democrático.
La Voz de Galicia
El portavoz del BNG, Xesus Pérez Sardiña, recordó ayer que Cabanas lleva dos meses sin comisión de gobierno y sin tenientes de alcalde.

Que lles importan os problemas dos veciños e veciñas aos de sempre?
NA-DA!

30 de dec. de 2006

Comunicado de fin de ano

COMUNICADO DE PRENSA
CABANAS
SITUACIÓN POLÍTICA DE CABANAS
O BNG de Cabanas entende que a situación política municipal estase deteriorando polo descontrol e descomposición interna que reina no partido gobernante desde as primeiras eleccións municipais, o PSOE. A este deterioro político e democrático tamén contribúen Partido Popular e Iniciativa Veciñal Cabanesa, que están máis centrados nos problemas internos do PSOE e en apoiar ao alcalde que desobedeceu as ordes do seu grupo municipal. Así, estes tres grupos municipais deixan os problemas que realmente lles importan aos veciños nun terceiro plano e céntranse en cuestións irrelevantes, problemas persoais e vinganzas contra todo aquel que non comunga cos seus fins particularistas ou familiares.
O Grupo Municipal do BNG no pasado Pleno da Corporación presentou unha moción para que se lle trasladase o expediente da Comisión da Auga, que investigou o custo real dos servizos de auga, saneamento e depuración, ao servizo de inspección da Axencia Estatal de Administración Tributaria. O traslado do expediente á inspección tributaria axilizaría a inspección fiscal da concesión administrativa e permitiría axustar á legalidade as taxas municipais, acreditar os cartos cobrados de máis no menor prazo posible e contribuír á defensa do Concello no Recurso Contencioso-administrativo que presentou a concesionaria. Ademais, se houbese indicios de actuacións delitivas serían trasladadas ao ministerio fiscal para a depuración de responsabilidades. Esta iniciativa nacionalista foi rexeitada polos votos do pacto oculto entre Partido Popular, Iniciativa Veciñal Cabanesa e Pepe Rey. Realmente estes señores quérenlle botar o pecho a un expediente tremendamente comprometedor, tapar as irregularidades da concesionaria e están conseguindo con todas as súas actuacións darlle vantaxe á empresa para gañar o contencioso polo que reclama 142.000 euros ao Concello, á vez que obvian o estudo dun biólogo que conclúe que en tres anos de concesión (2001-2003) non acredita gastos por valor de 462.000 euros.
En Cabanas, Partido Popular, Iniciativa Veciñal Cabanesa e Pepe Rey están creando unha situación de desgoberno que vai desembocar nun grave dano aos intereses xerais dos veciños do Concello.
O Concello de Cabanas leva dous meses sen tenentes de alcalde e sen Xunta de Goberno Local, órganos necesarios establecidos pola lei e mais polo regulamento orgánico municipal do que se dotou o concello para evitar este desbaraxuste.
Dende o BNG facémoslles un chamamento aos veciños para que sexan conscientes de que os grupos de PP, IVC e PSOE están fóra da realidade e tamén lles comunicamos que a mellor solución a esta situación tan lesiva e antidemocrática sería a constitución dunha comisión xestora que xestionase a situación ata que se pronuncie o pobo nas urnas.

BNG de Cabanas

Condenamos así mesmo as accións violentas que se desenvolveron hoxe en todo o mundo e que en nada contribúen á convivencia pacífica, cívica e democrática dos seres humanos.

Boa saída de ano e mellor entrada
Unha aperta a todos/as

26 de dec. de 2006

As liñas quentes...


As comunicacións entre o alcalde e PP e IVC están ao roxo vivo...
Mentres centos de veciños e veciñas do Concello que comunican deficiencias dos servizos públicos teñen que agardar a ser atendidos directamente polo alcalde, Cartelle e Campos teñen liña directa.
Non é de extrañar por moito que o vaian negando por aí e incluso ameazando a quen os contradí, pero dende aquí non temos medo a que se descubra a verdade.
O concelleiro de IVC CamposVilar ao rematar o pleno da investidura do alcalde polo seu voto dirixiuse a Don Pepe e espetoulle (así está recollido na gravación do Pleno):
Campos: Pepe, chámame cando queiras...
DonPepe: Gracias, gracias...
Alguén que ofrece os seus servizos e outro que llos agradece sen intercambiar os teléfonos xa di o que hai, que non llo oculten ao pobo.
Cartelle ídem no pleno de 23 de novembro:
Cartelle: ... te llamé para solucionar el problema de las inundaciones...
DonPepe: ... eso ya está arreglado...

Non busquedes nas actas, persiste a camuflaxe do NO-DO...

21 de dec. de 2006

Volve "ElCaudillo"


........Atopamos unha viñeta que resume moi ben o que acontece en Cabanas e que nos demostra que as palabras son moi enganosas e moitas persoas só as poderemos coñecer polos seus feitos...
........A dereita, por boca do Fede, ansía "un jefe único al mando del pueblo". Esta afirmación entronca directamente cos aplausos da dereita municipal á elección de Rey como alcalde e indica que foron uns aplausos e unha reafirmación da democracia que só eles desexan (a do dedo e do mando "militar" único). Senón relede entre liñas onte (La Opinión):

El alcalde de Cabanas asegura que desde el día del pleno el partido no se ha puesto en contacto con él y afirma que la sentencia, "que es firme", le permitirá continuar al frente del Concello de Cabanas hasta el final de la presente legislatura. "Claro que habrá plenos y comisiones, llevaré yo todo, pero las habrá", recalcó.
........Non vos sorprendades que pase isto en democracia, faltan dúas xeracións para que se normalice a situación excepcional xerada pola ditadura franquista.
........Aínda así hai cambios: en Xove non hai central nuclear pola loita popular, as fosas da represión saen á luz paseniño e as cousas irán camiñando cara á normalidade democrática... Por moi mal que se comporten os de sempre.

........Cos seus actos e ditos contradise:
El alcalde de Cabanas confía, asimismo, en que el PSdeG-PSOE "rectifique su error, de acuerdo con la sentencia": "Soy y me siento socialista, partido al que he estado vinculado desde hace unos 25 años y tengo el orgullo de ser uno de los fundadores de la agrupación socialista cabanesa. Siempre me encontrarán, de una u otra forma, apoyando el proyecto de igual, justicia y solidaridad que define el socialismo".
........Desde o autoritarismo pode alguén defender ese proxecto? Estas actuacións inconsistentes e inconsecuentes fan moito mal ao conxunto.
........Pero que caraino, agora xa é un presunto corrupto honrado para a dereita. Felicidades D. Pepe.

E suma e segue

O PSOE non dá saído da fochanca e aínda se lle están a complicar máis as cousas a nivel interno:
Ao renunciar Domingo Martínez Garabana, suma e segue a falta dun concelleiro da Corporación que tomará posesión como moi cedo despois das vindeiras eleccións municipais...
Isto só beneficia ao alcalde, como tamén beneficia ao alcalde que haxa loitas intestinas no PSOE:
La Opinion de A Coruna
Apoyo de la agrupación local
La agrupación local socialista de Cabanas ha recalcado que desde un primer momento apoyó al actual alcalde, José Rey, que asegura sentirse socialista a pesar de haber sido expulsado del PSdeG-PSOE, decisión que recurrió. El pasado 5 de noviembre los militantes enviaron al secretario general del PSdeG-PSOE, Emilio Pérez Touriño, un escrito en el que exponen que la agrupación se manifestó de forma unánime a favor de la ex alcaldesa, Modesta Anca, y que tras su dimisión también respaldó de forma unánime a José Rey como alcalde, "hacia el que esta agrupación siente un profundo respeto y cariño, tal y como ha quedado patente en la asamblea".
También solicitan una nueva asamblea de militantes para "exigir responsabilidades a los concejales que votaron en contra del sentir de la agrupación y que han colocado a una Alcaldía socialista histórica en tela de juicio con manifestaciones reprochables."


A Cabanas non lle deberían interesar estas trifulcas, é un bon momento para pasar páxina na historia.

20 de dec. de 2006

Alcalde polo seu voto


En todo caso Don Pepe xa é un máis na lista de alcaldes de Cabanas, aínda que sexa polo período de oito meses.

Diario de Ferrol
La Voz de Galicia

Certamente hai frases que non teñen explicación, alá el...

Además, el primer edil indicó que desde que la Ejecutiva Federal del PSOE determinó su expulsión "no he tenido ningún contacto más con el partido", por lo que "de momento soy alcalde socialista".

¿¿...?? Nin el mesmo se aclara... Non fala co partido e é alcalde socialista, as cousas van ben... moi pero que moi ben segundo Rey.

Mirade onde vai meter o fuciño...


La Opinionde A Coruna
El ex portavoz de Iniciativa Veciñal Cabanesa (IVC), Luis Salgado, recordó, por su parte, que su agrupación fue la única que presentó alegaciones al recurso del PSdeG-PSOE y manifestó que, "a la vista de la sentencia, estaría bien que por vergüenza e higiene democrática los ediles del PSOE que se abstuvieron en la votación de elección de alcalde dimitiesen y dejasen paso a los siguientes de la lista". Salgado recordó que los concejales socialistas manifestaron en aquella ocasión que "no se sentían ediles de nada" y que tampoco reconocieron públicamente a Rey como alcalde.

Aí tedes ao novo portavoz de ..... PEPE REY

19 de dec. de 2006

Mañá risas e choros

Cambio imposible á dereita

Na prensa de mañá ides ter risas e choros raibados. Pero nin as risas nin os choros de raiba mudarán a situación... Son só para os implicados no suceso.
Entrementres, as estratexias de campaña estanse definindo. Os máis risoños e exaltados parece que son os que máis van perder... Non por correr máis se chega antes e hai moitas posibilidades de cambio, irémolo confirmando.

Loitas de ningures

La Voz de Galicia
El PSOE de Ferrolterra y, muy especialmente los socialistas de Cabanas, acaban de llevarse una desagradable sorpresa. La Justicia no les ha dado la razón en el recurso presentado para retirar de la alcaldía a José Rey -elegido regidor con un sólo voto tras ser expulsado del PSOE- y, todo lo contrario, la decisión del Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no hace sino ratificar a este político en la alcaldía. Así las cosas, a última hora de ayer José Rey se mostraba satisfecho y explicaba que, efectivamente, le habían dado la razón. La decisión judicial llega a Cabanas en un complejo momento: el antiguo equipo de gobierno de Modesta Anca se niega a colaborar con José Rey y éste trabaja en solitario. Además, las pullas personales están más presentes que nunca en la casa pública.

Ou
Diario de Ferrol

..........Era de agardar polas explicacións ofrecidas en anteriores posts sobre o asunto: Rey foi ratificado polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

..........Pasa outra páxina máis das loitas internas do PSOE e todo segue á deriva nun concello que xa case parece o camarote dos irmáns Marx (Salgado, Campos, Cartelle, "los magníficos" e Rey).
Agora os socialistas reclamarán que Rey nomee tenentes de alcalde e Xunta local de goberno... Irán por unha xestora elixida a dedo dende os ministerios? Todo é posible porque este remate de lexislatura vai de dedos.
..........Tamén hai rumores de renuncia de Domingo Garabana e de Aquilino Feal. Certos ou non serán eles quen os confirmen por escrito.

18 de dec. de 2006

Ex portavoz candidato ou bocaberta


Ilustrados como estamos nos temas do Penso esta fin de semana tivemos declaracións de récord guiness:

El ex portavoz de Iniciativa Veciñal Cabanesa (IVC), Luis Salgado, manifestó ayer que "ya no quedan más recursos posibles para evitar tirar el edificio" y culpó al representante del grupo municipal del BNG, Xosé Manuel Pérez Sardiña, de que los afectados todavía no hayan sido indemnizados: "De 2004 a 2006 puso todos los impedimentos para ello, así como el grupo de gobierno, que se opuso a la creación de una partida presupuestaria para las indemnizaciones".

O candidato de IVC decreta, por riba dos xuíces encargados do asunto, a inexistencia de recursos (debeu recibir formación especializada en yeorchtaun).
O BNG propuxo un recurso ao Tribunal Supremo para que o TSXG valore a proposta razoada do Concello. Ata o momento non se puido presentar porque a sala segunda do TSXG, humano coma a todos, incomprensiblemente esqueceu os recursos (toda resolución non firme está supeditada a recurso).
Parece que este candidatiño é máis feliz caricaturizando a xustiza española e utilizándoa con fins electorais.
Mentres haberá que agardar a que as indemnizacións as consigne o Pleno cando o acorde o tribunal encargado da execución con tódalas garantías legais e isto aínda non aconteceu.
Sobre o "afectado" H. Ferreiros xa sabemos que é un dos denunciantes... Cada quen é cada quen non nolos camuflen de cara á opinión pública. Ou teñen algo do que avergoñarse?
Traizóaos o subconsciente cando atacan ao BNG, porque recoñecen implicitamente que traballa para todos desde unha oposición construtiva. O BNG demostra cos escasos medios que ten a capacidade de afrontar e ir solucionando este problema xudicial conxugando o respecto ás decisións xudiciais e o cumprimento escrupuloso da legalidade.

14 de dec. de 2006

A lei e a súa interpretación

Isto é o que pon o Regulamento orgánico do Concello de Cabanas aprobado polo Pleno da Corporación na sesión realizada o 28 de abril de 2005
TÍTULO TERCEIRO
Órganos do Concello.
Artigo 19.-Órganos básicos e complementarios.
1. Son órganos necesarios da Administración e Goberno do Concello de Cabanas: o/a Alcalde/sa, os Tenentes de Alcalde/sa, as Comisións Informativas e a Comisión Especial de Contas, a Xunta de Gobernó Local e o Pleno.
2. Son órganos complementarios: A Xunta de Voceiros dos Grupos Municipais, os órganos de participación veciñal e as Comisións Especiais que o Pleno acorde constituír para un asunto concreto en Mención ás características especiais de calquera tipo.
3. O/A alcalde/sa poderá nomear concelleiros/as delegados da Alcaldía.
4. O/A alcalde/sa tamén poderá conferir delegacións especiais, para encargos específicos, a prol de calquera concelleiro/a.


No Regulamento de Organización e Funcionamento das Entidades Locais:
Artículo 38
Dentro de los treinta días siguientes al de la sesión constitutiva, el Alcalde convocará la sesión o sesiones extraordinarias del Pleno de la Corporación que sean precisas, a fin de resolver sobre los siguientes puntos:
a) Periodicidad de sesiones del Pleno.
b) Creación y composición de las Comisiones informativas permanentes.
c) Nombramientos de representantes de la Corporación en órganos colegiados, que sean de la competencia del Pleno.
d) Conocimiento de las resoluciones del Alcalde en materia de nombramientos de Tenientes de Alcalde, miembros de la Comisión de Gobierno, si debe existir, y Presidentes de las Comisiones informativas, así como de las delegaciones que la Alcaldía estime oportuno conferir.

E agora que veña calquera a dicir que é potestativo do alcalde... O que convén é confundir con que os delegados da alcaldía poderaos nomear o alcalde se así o desexa (que é certo), pero órganos necesarios como os tenentes de alcalde e a Xunta de Goberno Local xa non é tan certo...

ILEGAL: Que é contrario á lei.
Podemos deixar de cumprir a lei e ser legais? Sorprendédevos de que para moitos no caso de Cabanas si.

O Pleno dos Santos Inocentes


.....Cabanas, para rematar o ano, vai ter Pleno o día dos Santos Inocentes...
O vindeiro 28 de decembro terá lugar o último Pleno do ano 2006, que pasou cheo de inocentadas. Poucas máis nos poden faltar... Ou haberá sorpresas?

Como se fai un político ex?

O que chama a atención é o machuco de certa prensa sobre un aspecto irrelevante do portavoz de IVC, LuísSalgado Cortizas: a condición de ex portavoz (tomoulle o relevo JMCampos). Sorprende e extraña tanta insistencia porque é o cabeza de lista de IVC e así se presentou para alcalde nesta última votación do 3 de novembro de 2006.

La acusación particular, ejercida por el ex portavoz de Iniciativa Veciñal Cabanesa (IVC), Luis Salgado, había anunciado en el momento en el que se hizo pública la sentencia que iba a solicitar que se continuase el proceso contra los ediles socialistas, ya que también ellos aprobaron el estudio de detalle de la urbanización de San Martiño do Porto.

Cousas curiosas veremos....

A casa sen varrer

.....Á parte dos aplausos e influencias da dereita municipal, parte importante desta comedia municipal téñena os socialistas.
.....É incrible que dous meses despois de dimitida Modesta Anca aínda non haxa concelleiro substituto e ao parecer non ten traza de que se presente segundo La Opinión:
.....Tras la expulsión de José Rey el PSdeG-PSOE se ha quedado con tres concejales en Cabanas, ya que Modesta Anca presentó su dimisión como alcaldesa y también renunció a su acta de edil. A pesar de que desde la Junta Electoral Central ya han enviado las credenciales de Domingo Martínez Garabana, la persona que debe sustituir a Anca y que ocupa el sexto puesto en la lista socialista, éste todavía no se ha presentado en la casa consistorial.

Responsabilidade do goberno

Chámanlle situación peculiar a que falte un dos elementos básicos dun concello democrático: os tenentes de alcalde. Ademais é básica a Xunta de Goberno Local porque así o aprobou o Pleno no Regulamento Orgánico Municipal. Ao parecer dun catedrático non son necesarios nin unha nin os outros e todo é potestativo...
Que as regras básicas da democracia establecidas na lexislación sexan potestativas dá que pensar en situacións coma esta...
Entón, quen substitúe ao alcalde por ausencia ou enfermidade? Se falta o actual alcalde, Cabanas queda sen goberno executivo e iso non lle importa a ninguén, nin aos defensores da constitución.... Debe ser que con esta situación non rompe España e está todo controlado e tranquilo mentres haxa un caudillo eterno.
Deben chegar as eleccións municipais para que se pronuncie o pobo a través do seu voto e así retornar á normalidade democrática que secuestraron uns poucos iluminados artificieiros das leis e unhas loitas intestinas socialistas que puxeron este concello á beira do pintoresco.
Por outra banda, a xustiza non resolve os problemas do pobo... Xa o explicitaba acertadamente Castelao:

"-Un padrenuestriño para que Deus nos liberte da xusticia"

Por moito que nos insistan e nos volvan insistir a xustiza debe desenvolver o seu labor constitucional e democrático independente da política... O que acontece e aconteceu en Cabanas e na xustiza é que só se sabe facer política desde a xustiza e xustiza desde a política e iso non é bo porque equivocadamente moitos obvian as funcións básicas da política democrática como a de resolver os problemas reais do pobo aplicando os principios de igualdade, liberdade e fraternidade.

La juez ordena seguir la causa contra el alcalde y dos concejales del PSOE

La Opinion de A Coruna

"La decisión de la juez de retomar la causa contra los ediles socialistas crea una nueva situación de conflicto en el Ayuntamiento de Cabanas, ya que uno de ellos es José Rey, que fue elegido alcalde el pasado 3 de noviembre con un único voto a favor de su candidatura, el suyo propio, tras ser expulsado del PSOE. De hecho, el partido ha recurrido su nombramiento. La persona propuesta por el grupo municipal socialista para regidora, María José Cabana, también está involucrada en el proceso judicial, así como el portavoz socialista, Jesús Freire. En cuanto a Luciano Díaz, ya no forma parte de la Corporación local en esta legislatura y lo sustituye Aquilino Feal."

Cando chegue a sentenza, de aquí a uns anos, choraremos de risa outro cacho porque os problemas fundamentais de Cabanas estarán sen resolver a non ser que antes haxa un cambio para o BNG.

12 de dec. de 2006

Cambio de hora

Pagou a pena que a asemblea do BNG aprobase a solicitude de cambio de fuso horario para chegar a ler exercicios de redacción coma este:
http://www.libertaddigital.com/opiniones/opi_desa_34764.html

ou este

http://www.elsemanaldigital.com/arts/60127.asp?tt=

Están que botan fume...
Esta tropa xustifica entón que a decisión política debe prevalecer sobre calquera outra coma no caso da China, que podería incluír 4 fusos horarios, pero a decisión política obriga a todo o país a utilizar o horario de Pequín con evidentes distorsións no oeste chinés, onde cando non é inverno o sol nace ás nove horas da mañá (este caso é extremo pero serve de exemplo para percibir a incongruencia de moitas decisións políticas).

Outros quéixanse de que se faga noite antes no inverno (5 da tarde) e no verán (10 da noite) porque "entristece". Así, non obvian que o corpo de quen vai traballar ás 8.00 ou dos pequenos que van á ESO non está preparado para almorzar en condicións e de aí a práctica do bocata ou das palmeiras de chocolate.

Evidentemente tería que haber cambios de costumes... Pero no seu conxunto serían beneficiosos para a saúde e o peto xeral dos galegos, os estudos que se están desenvolvendo así o apuntan.

Definición de fuso horario:
As zonas horarias ou fusos horarios son cada unha das vinte e catro áreas en que se divide a Terra e que seguen a mesma definición de tempo. Anteriormente, usabase o tempo solar aparente, de forma que a hora do día diferenciábase lixeiramente dunha cidade a outra. Os fusos horarios corrixiron en parte o problema ao colocar os reloxos de cada rexión no mesmo tempo solar medio. Os fusos horarios xeralmente están centrados nos meridianos das lonxitudes que son múltiplos de 15°; sen embargo, como se ve no mapa anexo, as formas dos fusos horarios reais son ás veces bastante irregulares para se axustar mais ás fronteiras dos países.
Todos os fusos horarios defínense en relación ao Tempo Universal Coordinado (UTC), o fuso horario que contén Londres.

Imos de corredoiras

Xa puidemos ver alguns percances nas pistas municipais. Aí tedes máis:

O regato de Relousada fóra do leito desviado pola beira do camiño:

En Punxeiro un camiño desfeito polos camións (houbo un vehículo atascado que foi asistido por Tráfico):

Beneficios da banca e endebedamento das familias

13.240 millóns de beneficios acumulados pola grande banca (un 52% máis ca no 2004).
A metade deses beneficios para o Santander de Botín.

E non hai límite!
Emilio Botín está efórico cos hipermillonarios beneficios rexistrados durante o 2005. Ata 6.220 millóns de euros en ganancias acumulou o Santander, unha cifra que se eleva ata os 13.240 millóns se contamos os principais bancos e caixas do país.
Pero o ceo dos beneficios bancarios constrúese sobre o empuxe da maioría da poboación cara ao inferno.

Os novos señores feudais
Os 13.240 millóns de beneficios acumulados pola gran banca supoñen o récord de ganancias alcanzado pola oligarquía española. Unha cifra que multiplica nun 52% os beneficios do 2004. En casos como o Santander, cun incremento das ganancias do 72,5%, e que concentra el só a metade dos beneficios dos grandes bancos, ou a Caixa, co 83,21% de incremento nas ganancias, as cifras exceden calquera límite coñecido.
Con estes beneficios bancarios poderíanse pagar 21,5 millóns das pensións medias -situadas en 614 euros-, o que supón o pago das pensións durante tres anos. Só coas ganancias do Santander poderíanse abonar as pensións de 10 millóns de persoas, sería máis que suficiente para dobrar o montante de todas elas. Pero se estes números nos falan xa dunha insultante concentración da riqueza, é necesario recordar que os principais bancos e caixas manexan recursos que case dobran o PIB español, situado en 956.300 millóns. E un só banco, o Santander de Botín, xestiona fondos por valor de 961.953 millóns, cifra superior ao conxunto do PIB. Unha hiperconcentración que lle permite a un pequeno puñado de bancos e familias o control hexemónico sobre o capital financeiro. Os seus inxentes beneficios traducen, con toda contundencia, o aplastante control que pasaron a ter sobre o conxunto da economía española.
O buque insignia da oligarquía financeira, o Santander, acumula un investimento crediticio de 443.439 millóns de euros, case a metade do PIB español. Unha cifra que non só é exemplo do seu poder, senón que lle reporta unha inxente cantidade de ganancias anuais en forma de intereses, e permítelle manter, case como vasallos tributarios, cada vez máis encadenados a eles, a boa parte da sociedade, desde os traballadores a pequenas e medianas empresas.

7 de dec. de 2006

Descualificar sen argumentos


Segundo o secretario xeral e de Relacións Institucionais, Antón Losada, determinados medios e políticos de Madrid tiveron unha "reacción desmesurada" contra a proposta do Bloque Nacionalista Galego de cambiar o fuso horario en Galiza.
"En Estados Unidos, por exemplo, hai unha hora nun estado e outra noutro, está claro que non é unha cuestión de proporcións dos territorios, senón unha cuestión de onde se está situado con respecto ao meridiano". Simplemente, situariamos a Galiza na franxa horaria que lle corresponde.

Así mesmo Losada manifestou que hai científicos e expertos que avalan a proposta presentada polo BNG: "Mesmo un catedrático da USC di que a proposta queda curta, que en realidade deberiamos colocarnos dúas horas antes. Para facerse unha idea, cando o reloxo marca no verán as doce do mediodía hora oficial en Galiza son as dez da mañá hora solar".
Antón Losada salientou os beneficios que traería consigo o cambio horario para Galiza, que suporía un aproveitamento razoable e racional da enerxía. Losada concluíu que precisamente o sistema actual o que fai é incrementar aínda máis os desaxustes e puxo como exemplo clarificador un dato: "todos adiantamos e atrasamos a hora dúas veces ao ano para aforrar enerxía, a medida de aforro na Península é do 5%, pero en Galiza a medida de aforro que se acada non chega ao 1%".

4 de dec. de 2006

Pepito Grillo...

Sobre a proposta da asemblea do BNG sobre novo fuso horario xa temos reaccións paveras...

José Blanco:

http://www.lavozdegalicia.es/se_galicia/noticia.jsp?CAT=102&TEXTO=100000112819

Tras ironizar inicialmente sobre esta propuesta, que calificó de «chorrada», expresó su «respeto» por la iniciativa, aunque insistió que «no me parece una cuestión importante».

Isto é fóra de xogo en toda regra... Como se nota o cambio de hora de Madrí.

Das chorradas ao respecto non credes que vai moito camiño?

+ Asemblea do BNG

......A Asemblea aprobou varias emendas e transaccións ao documento base de teses:
1. Usar o galego no exercicio do cargo para os cargos institucionais e de designación política e impulsar a normalización do idioma desde a Secretaría Xeral de Política Lingüística.
2. Adaptar o fuso horario galego á súa hora natural (a mesma que Portugal, Reino Unido ou Canarias).

Votación na XII AN.
3. Destinar o 0,7% dos orzamentos da Xunta á cooperación no desenvolvemento.

No que respecta ao cambio de fuso horario hai máis argumentos có xeográfico:

1. No 2007 subirá aproximadamente un 10% o recibo da luz.
2. En cinco anos en España subirá o recibo da luz un 30% (na UE os estados deixan de pagar a cota por directiva).
.....Esta suba xeneralizada afectará a todos e principalmente ás empresas (co conseguinte incremento do custo nos servizos e bens ofertados) e aos que teñen calefacción de acumuladores eléctricos.

Exemplos prácticos de aforro enerxético
1.
.....Co 10% de incremento deste ano: un recibo dunha vivenda media pasa de 27 euros/mes a 29,7 euros/mes (+32,4 euros/ano).
.....Pero se usamos cinco meses calefacción o consumo increméntase eses meses a 60 euros mes, máis o 10% son 6 euros/mes (total +62,4 euros/ano).
Sumade un 30% máis nos vindeiros anos (+180 euros/ano por familia ou +15 euros/mes).
Se soben os salarios todos poderemos facer ese gasto extra, ¿non si?
2.
.....A Consellería de Industria vén de facer unha campaña de substitución de electrodomésticos a través dun plan renove co fin de implantar electrodomésticos de baixo consumo (clase A).
3.
¿E se ademais temos un uso horario adaptado á situación xeográfica de Galicia?
.....Conseguiriamos que os galegos nos erguéramos co día e nos deitáramos coa noite como é natural, co conseguinte aforro enerxético en luz, gas, calefacción, etc.
.....O horario que propón o BNG para Galiza é o horario GMT, o que teñen nas Illas Británicas, nas Illas Canarias (España non tronza por este motivo) e en todos os países do mundo que están situados no Meridiano de Greenwitch (GM, o T é polo Time), entre eles Portugal.
.....O horario que ten o Estado Español tan só beneficia enerxética e naturalmente a Catalunya e ao Levante mediterráneo do estado, que é onde se está cerca da hora GMT+1. Un horario neutral para Madrid pero prexudicial para Galiza.
.....Se se teñen fillos, ése capaz de comprender que erguerse coa noite e deitarse co día non é natural.

XII Asemblea Nacional

.....Sábado e domingo houbo Asemblea Nacional do BNG, e van doce. Nos medios xa lestes as reescrituras do que acontece nas bases profundas dunha organización viva e democrática. Eses medios tratan á organización nacionalista como se fose unha excentricidade chea de personaxes pintorescos na que pode acontecer de todo... Nada que ver polo tanto co PP e co PSOE no seu funcionamento, e menos mal.
........O que aínda non conseguiron entender os medios é que a organización é dos/as afiliados e afiliadas, e seguirá sendo posto que é a militancia co seu voto directo a que decide o rumbo que debe tomar. Así deberían ser as institucións que representan ao pobo, pero xa se sabe que aínda lles queda un longo percorrido para adaptárense á democracia actual, ao igual que os grandes partidos estatais e a prensa do todo vale.
........CCoa mensaxe da Asemblea Nacional os novos dirixentes do BNG teñen por diante a tarefa de entenderse nuns foros de decisión (Executiva Nacional e Consello Nacional) dos máis plurais da historia grazas ao espírito nacionalista galego de integración das opcións diversas.
........Composición da nova Executiva Nacional
Cinco quintanistas: Quintana, Clara Millán, Roberto Mera, Ánxela Bugallo e Rosana Pérez.
Cinco UPG: Francisco Rodríguez, María Xose Bravo, Ana Pontón, Francisco Jorquera e Alberte Ansede.
Cinco críticos: (tres do Encontro Irmandiño) Xosé Manuel Beiras, Cristina Amor e a Mario López Rico, (dous d'A Alternativa) Rosario Fernández e a Amada Traba.
........As contas son un terzo para Quintana, outro para a UPG e outro para o sector crítico. Entre todos terán que vogar e sacar adiante a nave.
Resultados das candidaturas:
...............................VOTOS........PORCENTAXE
OFICIAL.................1.646............62,57
IRMANDIÑO..........449...............17,07
ALTERNATIVA......291...............11,06
MPBASE................245.................9,30
...............................2.631...........100,00 TOTAL
Se depende da capacidade de traballo destas oito mulleres e sete homes, seguro que se vai recuperar o país.

30 de nov. de 2006

Intoxicación...

A democracia faise explicando o que pasa sen distorsións nin falsos filtros. Velaí as explicacións a novas intoxicacións de IVC. Parece que son os máximos defensores da concesionaria.
Estarán nerviosos polos 462.000 euros que non xustifica a concesionaria?

>>Según informa IVC, los motivos de la indefensión se concretan en que en la sesión del 22 de julio de 2005, el presidente de la Comisión de Agua, Saneamiento y Depuración, junto con sus socios de gobierno socialistas, impidió -dos votos a favor del PP e IVC y tres en contra del PSOE y BNG- que sus miembros aprobasen auditar dicho servicio, tal y como había sugerido el Valedor do Pobo.<<
Explicación:
A Comisión da Auga non aproba nada... Ditamina, informa... O único que aproba é o Pleno e dáse a circunstancia de que no Pleno IVC nunca propuxo a auditoría (sorprendente nestes adalides da concesionaria!!)... E cando o BNG en setembro e outubro pasados propuxo a fiscalización do Consello de Contas votaron PP e IVC EN CONTRA. É verdade o que lle contan á prensa despois de explicar todo isto? Típica estratexia intoxicadora da dereita rancia.

>>Apuntan, asimismo, que en el pleno de septiembre de 2005 "socialistas y nacionalistas votaron en contra de la convocatoria de la Comisión paritaria, integrada por Pontedeume, Cabanas y Aquagest, para abordar las irregularidades de la depuración en la EDAR de A Macuca"<<
Explicación:
IVC quere que se convoque unha pantomima: a comisión paritaria dos alcaldes de Pontedeume-Cabanas e Aquagest. Aí non está o pobo nin ninguén que fiscalice a situación só quen a propiciou de costas a todo o mundo. Esa comisión nin é operativa nin ten competencias sobre a fiscalización das taxas e dos custos do servizo que é labor dos respectivos funcionarios municipais: interventor (Pontedeume) e secretario-interventor (Cabanas).
Non obstante, resulta que IVC pediu a convocatoria da comisión paritaria xusto antes de que se elaborasen os estudos da bióloga, do presidente da comisión e do biólogo... Para que era entón esa reunión cando faltaban os informes e documentación? Pódese dicir claramente: para frear o proceso de fiscalización da Comisión da Auga posto que coincide no tempo coa proposta da empresa concesionaria de eliminar a comisión investigadora e convocar a comisión paritaria Cabanas-Pontedeume-Aquagest.
Por que os funcionarios públicos non fiscalizan o que pasa co servizo? Acaso non é o traballo deles? Hai algo máis gordo que ocultar?

>>Al mismo tiempo, propondrán [IVC] que se le dé traslado a la Fiscalía de los hechos expuestos, por si pudieran derivarse responsabilidades penales y patrimoniales a los concejales que se negaron a auditar el servicio, así como de la ocultación al pleno de que el perito José Fernández Argibay es cuñado del concejal nacionalista Xosé Manuel Pérez Sardiña.<<
Explicación:
Se a fiscalización do Consello de Contas foi rexeitada no Pleno da Corporación cos votos de PP e IVC e a abstención do PSOE como xa expuxemos e explicamos en noticias anteriores entón haberá que trasladarlle á fiscalía anticorrupción a actitude opaca destes grupos... Porque 462.000 euros son moitos euros...

>>Por todo ello, anuncian su intención de solicitar un pleno extraordinario para abordar en profundidad el "caso Argibay" y todas las causas que generaron la indefensión de la institución municipal.<<
Explicación:
Xosé Manuel Pérez Sardiña explicoulle ao Pleno para que se lle trasladase aos servizos xurídicos da Deputación da Coruña a situación. Os de IVC parecen duros de oídos e failles falta outro pleno á conta de todos para non aclarar nada e montar follón.
Cando o BNG reclamou un Pleno extraordinario polas taxas IVC e PP calaron... Agora segundo eles vén mellor...
Quen ten problemas persoais non lle fai falta acusar a ninguén, ven se lle ven.

29 de nov. de 2006

Augas turbas...

A concesionaria defende con uñas e dentes os emolumentos que lle pagan os aboados de Cabanas por un servizo "virtual" de depuración de augas pluviais. Esta é a relectura máis salientable do único informe que se enfronta á realidade do servizo de abastecemento, saneamento e depuración no Concello de Cabanas, feito polo biólogo José Fernández Argibay.
Os partidos políticos locais (PP, IVC e PSOE) non queren defenderse con outros informes que destapen a crúa realidade (Consello de Contas, estudo de custos imparcial, informe da Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos, etc), por iso non os exixen nin os piden e queren tapar e meter debaixo da alfombra máis lixo para que non se vexa.
Crían que tiñan resolto o problema da depuradora:
1. Modesta e algún máis con dicir que o problema era de Sardiña coa concesionaria...
2. IVC con dicir que Sardiña ocultou o seu parentesco co biólogo...
3. A concesionaria con tratar de desacreditar o bo facer e a independencia do biólogo...
4. O PP tapando a ocultación das facturas de tratamento de lodos do xerente dunha empresa das Somozas (ex-portavoz popular da Capela)...

Pero Xosé Manuel Pérez Sardiña exerceu democraticamente a transparencia aclarando en Pleno, diante do pobo que o queira escoitar ou ler, a verdade. Logo en La Opinión o pasado sábado diante da prensa e cando faga falta diante de calquera. E doe moito que ao pobo se lle describan as cousas como son non como nolas queren pintar...
Temos claro que o escándalo é descomunal e por moito que o queiran tapar IMBRA!

Lembrade que 462.000 euros en tres anos son moitos euros, preto de 80 millóns de pesetas e non chega calquera zulo para tapalos.
Esa cheirenta maseira atrae moscas do máis variado espectro e descobre vencellos perigosos... Os políticos dos saiotes poñen moitas caretas pero vai sendo hora que vaian caendo...
Tamén www.sospontedeume.com
A nota completa ao voso dispor:
COMUNICADO DE PRENSA
BNG CABANAS
SOBRE PRONUNCIAMENTO PÚBLICO DO PORTAVOZ DO BNG NO PLENO DE NOVEMBRO DE 2006
Para corrixir fundamentos de feito falsos e contribuír á defensa dos intereses do pobo e do Concello de Cabanas Xosé Manuel Pérez Sardiña realizou un pronunciamento público a través dun rogo para que lle trasladasen as seguintes aclaracións á Asesoría Xurídica da Deputación Provincial da Coruña en relación co recurso presentado pola empresa concesionaria do Servizo de abastecemento de augas, rede de sumidoiros e depuración do Concello de Cabanas en que esta lle reclama á institución municipal 142.000 euros de revisión mínima (a concesionaria presenta tacha do perito xudicial por considerar que é cuñado de Xosé Manuel Pérez Sardiña):
1º O Grupo municipal do BNG foi quen pediu a redacción do informe do biólogo D. José Fernández Argibay. Así, non foi a título particular como indicaron a empresa concesionaria e D. Juan María Campos Vilar (portavoz de IVC) en distintos escritos e Plenos da Corporación.
2º O Grupo municipal do BNG tivo unha relación profesional co citado biólogo ao longo do ano 2005 que se concretou en consultas e informes orais sobre diversos asuntos municipais entre os que se atopaba a xestión da EDAR da Macuca. As consultas e informes orais sobre a EDAR foron compilados por pedimento do Grupo municipal do BNG nun informe escrito co título “Informe sobre a EDAR de “A Macuca” Cabanas-Pontedeume” solicitado polo Grupo Municipal BNG de Cabanas, datado o 15/02/2006 e visado no Colexio Oficial de Biólogos de Galicia o 23/02/2006 polo colexiado núm. P0904X. Este informe, entre outros, acompañou á “PROPOSTA DO GRUPO MUNICIPAL DO BNG SOBRE REVISIÓN DE ACORDOS RELATIVOS A CONCECIÓN DE ABASTECEMENTO DE AUGA, REDE DE SUMIDOIROS E DEPURACIÓN” que entrou no Rexistro xeral do Concello de Cabanas o 16 de marzo de 2006 asinada polo portavoz suplente do Grupo municipal do BNG, José Antonio Doce Luaces (o título completo da proposta era “Revisión dos acordos de 16.03.2000 e 28.06.2000 do Pleno da Corporación que fundamentaron a aplicación das taxas de abastecemento, saneamento e depuración de augas pluviais”). Foi tratada e aprobada esta proposta na Comisión da Auga de 20 de marzo de 2006 e no Pleno da Corporación de 23 de marzo de 2006 (PP, BNG e IVC a favor; PSOE en contra).
Así, a relación de parentesco (cuñado) esgrimida pola Concesionaria do servizo municipal e por D. J. M. Campos V. non existe cando o profesional realizou e entregou o informe e cando o Grupo municipal llelo trasladou para o debate aos órganos colexiados da Corporación.

3º Xosé Manuel Pérez Sardiña considera que a defensa xurídica do Concello de Cabanas tamén se pode basear en informes públicos doutros profesionais que reforzan e reafirman as bases obxectivas, independentes e imparciais do informe do colexiado núm. P0904X:
a) Estudo público promovido por Augas de Galicia, Xunta de Galicia, sobre o Plan de saneamento de Galicia 2000-2015 do ano 2001 sobre establecemento de prezo unitario de depuración para a EDAR da Macuca.
b) Auditoría da EDAR da Macuca promovida pola Xunta de Galicia e realizada por Adantia S.L.-ATC S.A. e dirixida por Augas de Galicia que, con analíticas e datos propios, conclúe o mesmo ca o informe do colexiado nº P0904X (baseado nos datos que achegou a concesionaria do servizo).
c) Informe promovido polo Consello de Contas de Galicia sobre xestión do mesmo servizo en Santiago de Compostela que relaciona irregularidades análogas ao que está acontecendo no Concello de Cabanas no establecemento das taxas de abastecemento, sumidoiros e depuración e na definición dos custos do citado servizo entre outras cousas.

4º Trátase dun informe técnico e numérico obxectivo que emprega os datos achegados pola propia concesionaria do servizo e que foi asumido polo BNG sen custo para os veciños de Cabanas.

Por outra banda, consideramos desde o BNG que o desgoberno de Cabanas e o Grupo municipal de IVC deberían explicar por que votan en contra da fiscalización selectiva do Consello de Contas, non reclaman o informe da Empresa pública de obras e servizos hidráulicos e un novo estudo de custos do servizo para o que hai consignación no presuposto, estudos pedidos e exixidos dende o BNG a través de diversas iniciativas.
A deteriorada situación política municipal prexudica a transparencia, a defensa dos intereses do pobo de Cabanas e a resolución dos problemas que lle afectan de maneira directa. E campan ás súas anchas as intoxicacións de J. M. Campos nos Plenos que serven aos argumentos da concesionaria do servizo de depuración.
O compromiso do BNG coa cidadanía é rematar a investigación avanzada nesta lexislatura, axustar as taxas aos custos reais do servizo e depurar as responsabilidades a que houbera lugar.

X M P S
Voceiro do Grupo municipal do BNG

CONTRADICIÓNS DE J. M. CAMPOS
Comisión de 20 de marzo de 2006
1.- PROPOSTA GRUPO MUNICIPAL DO BNG SOBRE REVISIÓN DE ACORDOS RELATIVOS A CONCECIÓN DE ABASTECEMENTO DE AUGA, REDE DE SUMIDOIROS E DEPURACIÓN.
Iniciado o estudo do asunto o voceiro do grupo IVC Sr. Campos V. considera que non é de recibo que a presidencia presente un informe dun biólogo a través do grupo municipal do BNG, e opina que o informe da bióloga do concello era tan enriquecedor, está de acordo co informe de Secretaría e indica que se está a demostrar que o Concello de Cabanas de acordo cos informes da bióloga e do biólogo está a pagar máis do que lle corresponde pola depuración facendo referencia a porcentaxes e m3, concluíndo que resulta imposible acadar a contía que se lle imputa pola capacidade das bombas, e por elo procede pedir un estudo anual dos custos da depuradora porque este informe é o mesmo que o da bióloga, fala das tarifas non axeitadas e da falta de informes de funcionamento da planta e alégrase de que se revise que era o que pedía IVC, e necesario achegar datos do custo real da depuradora e por eso propoñen o estudo total de custos para determinar o que corresponde a Cabanas que non debe representar máis da terceira parte xa que non ten capacidade para bombear máis.
(...)
O portavoz do BNG Sr. Pérez Sardiña manifesta que este informe do biólogo solicitouno o grupo do BNG e a proposta está asinada polo portavoz suplente e pagarao o grupo do BNG,

DECLARACIÓN DE CAMPOS QUE SERVE DE BASE Á CONCESIONARIA PARA ARGUMENTAR A SÚA DEFENSA
Pleno de 23 de marzo de 2006
2.- PROPOSTA GRUPO MUNICIPAL DO BNG SOBRE REVISIÓN DE ACORDOS RELATIVOS A CONCECIÓN DE ABASTECEMENTO DE AUGA, REDE DE SUMIDOIROS E DEPURACIÓN.
(...)
Iniciado o debate o portavoz do grupo IVC Don J. María Campos V. critica a ausencia do concelleiro Sr. D. Luaces que é o ponente e podería haber empate e decidir a Alcaldía e polo tanto unha traizón mais os veciños de Cabanas. Alude a suxestión do Valedor do Pobo do 17-2-2004 advertindo a este concello que de non existir estudo económico procede a nulidade da taxa, o Sr. P. Sardiña xa o sabia pero preocupábase polo aire dos contadores, veu o pacto de goberno e ninguén quere traballar para audita-lo servízo, sen embargo o protagonismo electoral leva ó Sr. P. Sardiña a manifestar na Opinión que Aquagest cobrou 462.000 euros mais por depuración, esa contia pode ser certa ou non, temos moitos datos pero o Sr. Sardiña non quixo atender a suxestión do Valedor e encarga pola súa conta un informe a un biólogo particular e non fai caso do da bióloga que non rematou porque non lle achegou os datos que faltaban; este informe fotocopia a documentación da bióloga e para denunciar un contrato son necesarios outros datos. Desde o pacto o Sr. Sardiña non mirou polos intereses de Cabanas, votou en contra da moción de IVC para revisar o convenio con Pontedeume segundo suxestión do Valedor, vostede sabe todo eso pero nada fixo polos abonados de Cabanas e agora presenta unha proposta con interese partidista, denunciamos en 2003 que Aquagest cobraba auga que se vertía nos Alimpadoiros, eso e un fraude, a diferencia de potencia das bombas deixa a descuberto que os datos de Aquagest son inventados, había que facer informes e non esperar ó final de lexislatura, queremos que se revise todo porque estamos para representar ó pobo de Cabanas.
(...)
O portavoz do grupo BNG Sr. P. Sardiña manifesta que o seu grupo está a traballar no problema que xurdiu a partir da aplicación dunhas taxas e do descubrimento dunha serie de cuestións das que xa falaron no pleno do 13-11-2001, no que denunciou a introducción de augas pluviais na rede de saneamento, logo veñen oportunistas, aquí veñen a traballar, considera unha falta de respecto a esta Corporación as alusións do voceiro de IVC ó seu compañeiro xa incorporado. Desde a constitución da Comisión tratouse por tódolos medios de acadar documentación para facer unha diagnose do servizo, informes houbo moitos e debíanse alegrar por elo e non criticar, todos son enriquecedores, todos chegan a algo incluso o da bióloga que vostedes mencionan di que Aquagest non entregaba a documentación que era necesaria para establece-los custos do servizo, desde a presidencia da comisión díxose que había que establecer un prezo unitario e fíxose un informe [DA PRESIDENCIA DA COMISIÓN DA AUGA], mentres vostedes perdíanse en discusións, solicitamos [O BNG] a opinión dun técnico e tamén informe a empresa de obras e servizos hidráulicos da Xunta, todo para determinar o prezo unitario de depuración, alude que o informe do biólogo di que o prezo unitario e claramente disparatado e refirese as consideracións feitas ó efecto, afirma que a auga pluvial non debe computar para establecer o custo da depuración porque non incrementa a carga contaminante, solo afectaría ó custo de bombeo; a outra cuestión é o que pasa na depuradora e que se relata no informe, que non impoñemos a ninguén pero que motiva a proposta, pedimos un novo estudo de custos de acordo cos criterios do informe e da comisión da auga, considera a proposta necesaria, coherente e consecuente coa actuación do seu grupo.
(…)
O Sr. P. Sardiña considera que se está evidenciando unha clara diferencia entre os que queremos establecer un prezo axeitado ós custos reais do servizo e os que non, pódense referir ao estado e acordos do ano 2000 pero daquela non don se dispoñia da documentación de hoxe e que xustifican o recurso de revisión cando aparecen ou se aportan documentos de valor esencial para a resolución adecuada do asunto que evidencian un erro na resolución recorrida, no informe do biólogo cando fala do xeito correcto da facturación evidénciase un erro do pleno o non diferenciar a auga pluvial e a auga residual, a empresa coñece os volumes de auga que se bombean desde o concello e a diferencia coa auga residual facturada daría a auga pluvial que actúa como- diluinte da carga contaminante polo cal os valores analíticos de DBO son baixos, incluso hai un dato da propia Aquagest onde nunha entrada ten unha DBO mais baíxo que cando sae, e dicir que acabou limpando a depuradora, este informe era para evidenciar o que está pasando co servizo pero non solo nos quedamos con eso senón que se pide un estudo de custos que haberá que incluír nos orzamentos municipais aparte do informe de Augas de Galicia que sería a culminación do traballo que vimos desenvolvendo nesta lexislatura.

27 de nov. de 2006

Salgado quéixase das romarías, pero...

Este domingo puidemos ler as opinións do candidato de IVC Sr. Salgado Cortizas sobre a romaría de Santa Marta http://www.laopinioncoruna.es/secciones/noticia.jsp?pNumEjemplar=2226&pIdSeccion=2&pIdNoticia=80280&pVar=1164518635141:

La propuesta recibió los votos favorables del PSOE y el BNG y la abstención del PP e IVC. Este último partido asegura que parte de este dinero financiará los gastos que quedan pendientes de la romería de Santa Marta, que se celebra en agosto. "Es escandaloso que en una fiesta se inviertan casi cuatro millones de las antiguas pesetas", señaló el concejal de IVC Luis Salgado.

Vivir no país dos ananos e rexeitar a única festa municipal por antonomasia, á que acoden veciños e veciñas de tódalas parroquias, por tres míseros millóns de pesetas... Aí o tedes.
O que non sabe o pobo é que o compañeiro deste señor, Juan María Campos, fixo un ensaio sobre o asunto digno de publicar que versaba sobre as vondades dunha romaría de ofrendas dos paisanos aos curas (poñerase o texto literal).
A que vén tanto dispendio cando
IVC QUERE PAGAR MÁIS CURAS PARA SANTA MARTA...

SERÁ PORQUE ASÍ É MELLOR O ENTERRO DA ROMARÍA?

O texto:
Autor: Juan María Campos, agosto de 2006 (é certo!)
"Terceiro erro ANTIDEMOCRÁTICO
É propio de persoas non creéntes e irrespetuosas utilizar a romaría de santa Marta para agradar e chegar a quenes teñen creénzas relixosas como recoñece a concelleira/delegada no seu escrito co fin de que o seu partido non sexa "castigado" polos veciños/as nesta lexislatura.
Neste sentido espetolle o seguinte: A tradición de santa Marta como calquer outra romaria relixosa ten por finalidade obter da santa todo tipo de favores celestiais coa ofrenda das colleitas da terra e dos animais cebados no inverno que ofrecían os devotos/as en xeonxollos ou a pe os romeiros/as rematando as promesas xantando no piñeiral da Magdalena. De hai a tradición sin máis fins que os relixosos. Pero nunca con fins partidistas como fan os socialistas locais tratando de gañar o voto cos cartos dos veciños/as, facendolles concursos de hípica, noites pop/rock, degustación de chourizos criollos de mel ou de queixo, e dándolles pipotes de viño a esgallo..."

NON VOS ASUSTEDES É LITERAL E TAL E COMO O ESCRIBEU O PORTAVOZ DE IVC. PARA TALES DÁDIVAS FANLLE FALTA MOITOS CURAS. ASÍ PARAFRASEANDO A ESTE SEÑOR, O CONCELLO TERÍA QUE OFRENDARLLE "TRES MILLÓNS DE PESETAS" EN PORQUIÑOS E TRIGUIÑOS AO CLERO.

Velaí unha mostra máis da "dereita rancia".

O BNG traballa para dar servizos aos veciños de Cabanas

Xosé Manuel e o Vicepresidente da Deputación da Coruña

Parece que o alcalde por accidente quere apañar obras que xa estaban aprobadas e xestionadas dende a Deputación polos acordos PSOE-BNG, así que é bo facer un recordatorio de todo o que hai pendente ou que xa está rematado.

Aquí temos un resumo das cifras de toda a lexislatura, resultado do obxectivo do BNG de priorizar a dotación de servizos básicos aos veciños:

1. OBRAS DE SANEAMENTO
Vicepresidencia da Deputación (Xaime Bello)
Dentro do Plan de Obras e Servizos (POS):
2004 Saneamento A Pena – Carballo – Lamelas 131.354,51 €
2005 Saneamento Pereiro de Abaixo 114.473,25
2005 Ampliación rede saneamento núcleo Pereiro 45.482,22
2006 Conexión saneamento Laraxe – EDAR A Veiga 134.031,00 (1ª, 2ª, 3ª e 4ª fases)
2006 Conexión saneamento Laraxe – EDAR A Veiga 41.957,05 (5ª fase)
2007 A Torre (Porto), A Pena (Irís), Os Verxeles (Cabanas) 158.756,86
TOTAL OBRAS POS 626.054,89 €

Dentro do Programa Operativo Local (POL) 2004-2006:
EDAR A Veiga 104.809,20
Rede saneamento Laraxe – EDAR A Veiga 86.252,49 €
TOTAL OBRAS POL 191.054,69 €

De Promoción Económica (PAI) 2004:
Reposición saneamento no Oito 20.700 €

Consellería do Medio Rural (Alfredo Suárez Canal)
Reposición saneamento do Cruceiro do Oito aos Verxeles 45.855,81 €


TOTAL OBRAS DE SANEAMENTO (2004-2007): 883.672,39 EUROS
CASE 150 MILLÓNS DE PESETAS NESTA LEXISLATURA

2. OBRAS DE CAMIÑOS
Vicepresidencia da Deputación (Xaime Bello)

Dentro do Plan de Investimentos Locais (P.I.L.) 2005:
Pavimentación de camiños Pau da Guía e Os Sauces 48.366,00

De Promoción Económica (P.A.I.):
2005 Aglomerado Camiño As Modias-Río Castro 18.000 €
2006 Aglomerado Camiño a Porcar 22.000 €

De Promoción Económica (P.I.E.M) 2004:
2005 Reposición Camiño a Teloi 31.000 €

TOTAL (2004-2006): 119.366,00 €

Consellería do Medio Rural (Alfredo Suárez Canal)
2006 Camiños Xabarís, A Rúa, Sobor da Riba, Lodeiro e Xicos 120.000 €
2007 Camiños ou saneamento por definir 100.000 €

TOTAL CAMIÑOS (2004-2007): 339.366,00 €

TOTAL SANEAMENTO-CAMIÑOS (2004-2007): 1.223.038,39 €
(MÁIS DE 200 MILLÓNS DE PESETAS)


3. OUTROS
Dentro do Plan de Investimentos Locais (P.I.L.) 2005:
Adquisición dun vehículo para o servizo de obras 14.000,00 €
Adquisición tractor, remolque e desbrozadora para o servizo de obras 70.000,00
(SUBTOTAL MAQUINARIA PIL 84.000,00 €)

O PP non subvencionou tanto cando estaba nestas institucións, aínda así hai grupos como IVC e PP que queren agardar a que goberne outra vez Fraga... Os veciños de Cabanas non imos agardar polos seus desexos.

23 de nov. de 2006

Todo é legal

Cando todo é legal, aínda que estea mal, porque o goberno amigo da Xunta ou do concello non dixo nada (tampouco o dixo en Miño, en Cabanas, en Sanxenxo, en Tui, en Nigrán...) demostran que a legalidade non está ao servizo do pobo:

http://www.lavozdegalicia.es/ed_ferrol/noticia.jsp?CAT=122&TEXTO=5308807

En Redes non te quedes, en Ares non pares e en Cervás quedarás...

22 de nov. de 2006

Ares, a dereita sempre igual

O arruallo da dereita non ten límites... Tanto os populares coma os independentes acólitos fan legal o que tocan cando se meten nas institucións e diso temos exemplos en Miño (antes gobernado polo PP e agora por independentes acólitos) ou Ares (PP) por non ir máis lonxe.
En Miño, a Costa Anácara pon medo o "urbanismo legal" por riba do pobo e coa anuencia das institucións. En Ares temos a última viñeta da traxicomedia popular:

http://www.lavozdegalicia.es/se_galicia/noticia.jsp?CAT=102&TEXTO=5305136

A irrespponsabilidade municipal
O señor alcalde de Ares (PP) pasa polo arco do triunfo os requirimentos da Xunta de Galiza, que hai uns meses lle ordenou paralizar a construcción da nova casa do concello.
Vaina inaugurar o día 6 (da Constitución) "porque tengo el repaldo del PPartido y porque ya invité a la casa Real" (Sic.). Isto é un escándalo peor có Malayo á conta de todos os aresás.

Que sexa legal non quere dicir automaticamente que sexa bo, digno, axeitado, sostible, social... e construír auténticas barbaridades pode ser legal.
Pola contra, para facer un servizo social hai que inventar auténticos trapecismos para integrar leis transformadoras na estrutura legal española (caso da proposta da Conselleira nacionalista Táboas e os atrancos socio-estudantís que atopou).
Non hai que esquecer que os do PP-IVC votan todos e non quedan na casa... e nas municipais hai que evitar catro anos da xa denominada "operación canalla".

21 de nov. de 2006

Pleno de novembro de 2006

Estes son os asuntos que vai tratar o pleno do xoves a partir das 19.30 h:


1. Acta anterior do pleno ordinario de outubro e pleno de elección de alcalde do 23 de novembro.

2. Expediente modificación de crédito
(sen número!!, é o primeiro)
Con cargo ao remanente de tesourería e a unha baixa relacionada coa adxudicación do tractor, remolque e desbrozadora o alcalde accidental propuxo repartir 163.367,00 euros en diferentes partidas (actividades municipais, suplemento esixido pola Deputación provincial para a execución de saneamentos en Laraxe e outros...)
Ten o ditame favorable da Comisión de Facenda e Contas (abstención: PP, IVC e BNG, a favor Rey e PSOE).

3. Proposta POS 2007.
A proposta é do pleno de outubro, acordada polos portavoces do PSOE e do BNG.
Os proxectos ascenden ao seguinte:
Saneamento Verxeles á praia: 49.176,15 euros
Saneamento A Pena de Irís e arranxo do camiño da Fraga da Pena: 70.357,85
Saneamento da Torre-Porto á rede xeral: 39.222,86 euros.

4. Proposta POS adicional 2/2006.
A Deputación da Coruña reclámalle ao alcalde do Concello de Cabanas que certifique consignación dispoñibilidade de crédito no orzamento para a achega municipal e a conformidade coa execución dunha fase do saneamento no Feal-Laraxe.

O Concello ten que poñer a súa parte para poder facer ese saneamento do Feal.

5. Representante consello escolar CEIP
A directora do Colexio "Eladia Mariño" de Porto solicita designación de representante do Concello no Consello Escolar do centro.

6. Informes da presidencia (Resolucións)

7. Rogos e preguntas

19 de nov. de 2006

O urbanismo cívico do BNG de Cabanas

O obxectivo de medrar en poboación non se consegue coa construción de novas vivendas nun concello que no verán recibe aproximadamente 6.000 habitantes e onde das 2100 vivendas censadas, 1100 son segunda residencia. A razón para que a xente decida non quedar a vivir non é a falla de vivenda, senón a escaseza de servizos e o elevado prezo dos pisos e casas rurais de Cabanas. A intención do Bloque Nacionalista Galego é acadar 4000 habitantes a través dos seguintes obxectivos:
1. Cumprir as necesidades dos habitantes permanentes no que se refire a criterios sociais e ambientais.
2. Aumentar a calidade de vida para encher as vivendas baleiras.
3. Recorrer á construción de novas vivendas de protección oficial.
Os chalés de luxo son para quen os pode pagar e ademais non van ser nunca usados todo o ano, posto que os seus potenciais moradores traballan en centros neurálxicos con moitísimos máis servizos có Concello de Cabanas.

As enchentes...




Os ríos e regatos galegos sempre se botaron fóra do seu cando cae un enchoupe de auga... Igual pasa e igual seguirá mentres a auga responda ás leis da gravidade.
O que xa non responde ás leis da gravidade é a nova edificación e a nova transformación do territorio feita por viais que cruzan sen atender para o que pisan.
Velaí os resultados destes procesos modernos (os antigos tiñan cando menos maior precaución cando facían)
Agora manda o carto que pode con todo menos coas forzas da natureza, esas si son reais.

No Areal temos enchoupe de pluviais, as obras de Tragsa foron insuficientes e non resolveron o problema totalmente. Hai que achegar solucións.


Pola contra as fecais parece que xa non participan no estrago despois de executada a obra de Medio Rural para a reposición do saneamento entre o cruceiro e a Adeza entre abril e xuño de 2005. Esta obra foi atrasada pola anuencia entre ex-alcaldesa e contratista, e mentres alagou varias veces a zona (marzo-abril de 2005).

No paseo marítimo tamén hai que resolver o enchoupe co arranxo da rede deficiente de pluviais.



En Laraxe súmase agora a obra da estrada Vilar do Colo-Fonfría.

A cuadrilla municipal limpou o lavadoiro pero o río dos Carneiros segue arrastrando dioivo da estrada e atascando a pasaxe que ten neste punto...
Haberá que reclamarlle á empresa das obras e á Xunta.

16 de nov. de 2006

Confusión caduca...

O repaso das declaracións dos líderes políticos de hoxe:

1. Rajoy e o Tribunal Constitucional.

A conclusión é que a dereita non é ninguén sen os xuíces. Sempre está metendo o poder xudicial no medio do goberno do pobo (poder lexislativo e executivo). A súa debilidade é evidente en cuestións puramente políticas, se non pode impedilo polas boas avisa que vai polas bravas. País!

Esta dereita será capaz de asimilar a separación de poderes democráticos?

Non é de estrañar esta actitude, o exemplo das confusións tamén o vemos en Cabanas. Unha condena xudicial merece un día festivo (proposta de Salgado de IVC nunha comisión), a xustiza soluciona os problemas de Cabanas (Modesta Anca, Salgado, Cartelle...) ou os aplausos do Pleno de elección do alcalde de Cabanas foron para o elixido polo seu voto e tamén para o dedo que o upou.
Os nostálxicos queren que volvan os gobernadores civís franquistas para designar a dedo os representantes do pobo e os vellos escribientes para organizar a política que aqueles teñen que facer. Moito ollo!

2. Touriño e o exceso de vivenda protexida.


O Presidente da Xunta se ten unha proposta que fale dela e que non busque outras fórmulas. Está a eludir o debate real sobre o déficit de vivenda protexida para a mocidade e máis cando veñen unhas eleccións municipais nas que a confusión sobre os usos do solo está cada vez máis encerellada...
Se polo BNG é, en Cabanas haberá proposta de actuación antes das eleccións e o goberno nacionalista traballará para que a mocidade do noso concello e a doutros concellos poida acceder a unha vivenda social digna nunhas condicións económicas vantaxosas reservando como mínimo a porcentaxe do 40%.
O BNG de Cabanas ten que falar coa Consellería de Teresa Táboas da análise da situación e das potencialidades para actuar.

15 de nov. de 2006

Políticos ao servizo do pobo


O voceiro do BNG, Xosé Manuel Pérez Sardiña, vai presentar a súa candidatura na asemblea local do BNG e renderalles contas aos compañeiros da organización do traballo desenvolto na institución municipal nesta lexislatura.
Ademais, xa adiantou na pasada elección de alcalde que as bases programáticas xirarán ao redor de dous compromisos:
-- Urbanismo cívico.
-- Institucións ao servizo do pobo de Cabanas.
Xosé Manuel aposta pola claridade e polo servizo público dos políticos. Dous valores esquecidos polos partidos políticos municipais que estiveron cunha guerra oculta de intereses particulares poñendo ao seu servizo o Concello e o persoal que nel traballa.

Ruxe ruxe...

Un ruxe ruxe que anda polo pobo afirma que uns nacionalistas outrabandeiros buscan en Cabanas desesperadamente un Mister que lles tire as castañas das brasas.
Non saben que o que toparon é menos propio de Mr. Jekyll ca de Mister Hyde e non se conforma con querer un chanzo baixo do poleiro.
Agardemos que o entender desoutros nacionalistas arredaraios de tan sinistra e mísera comenencia.

14 de nov. de 2006

As leis da dereita

As premisas da dereita sociolóxica:
"1. Reconoced todo aquello de lo que os acusamos"
"2. Creed que estamos en posesion de la verdad absoluta y la infalibilidad papal, somos semidioses, o al menos, es lo que creemos."
"3. Haced lo que nosotros os digamos pero no como nosotros hacemos".

A ponte da Fontenova



Parece incrible, pero a ponte que fixeron no val da Fontenova foi unha das reivindicacións dos veciños e do BNG diante da Xunta de Galicia do PP (Modesta Anca non acreditaba nesta opción), á parte dos problemas da auga e do camiño de Magalofes.

Chegou o PSOE e eliminou o camiño que beireaba a mole de terra (aínda que estaba no proxecto construtivo da obra):


e en troques deixaron unha pasaxe tres por tres (o BNG non veu con bos ollos a limitación deste camiño veciñal):


Se non se conseguiron todas as reivindicacións foi por ter un concello gobernado por políticos preocupados polos seus xuízos, polos seus intereses e polos seus problemas...
Menos mal que estiveron os veciños presentes...

Río dos Carneiros



Este era o aspecto do lavadoiro do Río dos Carneiros, tamén coñecido como río Baa. As enchentes do mes de outubro trouxeron desde as obras da estrada Vilar do Colo-Fonfría unha lamugueira descomunal.
As responsabilidades esvaécense e o que fai mal a empresa das obras págao o Concello mandando unha cuadrilla de obras a limpar unha verdadeira fieiteira.

Así vai todo.
Solidariedade para os/as traballadores/as municipais.

Xogos de proporcionalidade

APAÑADO DA REDE
Para as eleccións xerais estas serían as porcentaxes de representación en votos e en escanos:

PSOE: 43,27% dos votos e 46,86% dos escanos.
PP: 38,31% dos votos e 42,28% dos escanos.
CiU: 3,28% dos votos e 2,86% dos escanos.
ERC: 2,56% dos votos e 2,29% dos escanos.
PNV: 1,65% dos votos e 2,00% dos escanos.
IU: 4,56% dos votos e 1,43% dos escanos
CC: 0,92% dos votos e 0,86% dos escanos.
BNG: 0,82% dos votos e 0,57% dos escanos.
EA: 0,32% dos votos e 0,29% dos escanos.
CHA: 0,37% dos votos e 0,29% dos escanos.
NA-BAI: 0,24% dos votos e ou,29% dos escanos.
Partido Andalucista: 0.70% dos votos e 0% dos escanos.
CONCLUSIÓN
1) O PP e o PSOE son os favorecidos pola lei electoral. Se o reparto fose realmente proporcional, o PP tería 14 escanos menos e o PSOE, 13.
2) As formacións prexudicadas son IU, que debería contar con 11 deputados máis e a maioría dos partidos nacionalistas, agás o PNV, que debería ter un escano menos. Pola contra, habería que aumentar o número de deputados de Partido Andalucista, CiU, ERC e BNG.

Cun pequeno retoque a diferenza votos/escanos computando que só o 96% dos votos están representados no parlamento:
PSOE +4%
PP +6%
CiU -18%
ERC -15%
PNV +15%
IU -230% (non é un erro)
CC -10%
BNG -49%
EA -13%
CHA -20%
NA-BAI +13%
Unha porcentaxe positiva indica que o partido obtivo máis representacion que votos, negativa que lle prexudicou e aí tedes ao BNG.

Que observamos?

Na nova situación municipal botamos en falta algo que a xente non dá diferenciado a simple vista:
"Unha cousa é ser vítima e outra ir de vítima".
O que vai do último evidentemente é un chantaxista e quen xoga con este concepto aínda máis porque engana ao pobo.
Menos mal que Europapress recolleu as contraindicacións habituais de Juan María Campos (IVC):
3 de novembro de 2006, Juan María Campos Vilar para Europa Press
>>calificó a José Rey de "víctima" de su propio partido y de la falta de compañerismo y tildó de "patraña" todo lo que armó el PSOE "tratando de influir sobre la corporación municipal".<<
E logo contraindícase el mesmo:
>>... Campos afirmó que José Rey es "culpable pero junto con el resto" --María José Cabana, Jesús Freire y Luciano José Díaz--, por lo que no tiene sentido que echen a uno y promocionen a Cabana, "que es tan culpable como los demás".<<
Estes da comenencia gañaron a oposición para toga de silveira.

Os galegos queremos máis vivenda protexida!

Teresa Táboas, Conselleira de Vivenda e Solo, apretou onde lles doe aos grandes munxidores do solo galego (concellos incluídos) cunha proposta de cando menos o 40% de reserva de solo para vivenda protexida.
A mágoa é que Caride non deu valorado a proposta, nin para ben nin para mal... A imaxe da conselleira Caride (PSOE) que ten que pensar e botar un tempo antes de sumarse á proposta da conselleira Táboas (BNG) parece surrealista.
Hai que poñerse na realidade:
O metro construído de vivienda vai dos 500 aos 700 euros, menos se o promotor aforra en materiais. Véndena a 4.000 euros/metro, ou máis se está en zona boa. O galego medio peñora media vida para pagar o piso.
¿Agarda entón a que outras cen mil familias empeñen os riles para ter un sitio onde vivir?
Nas nosas áreas metropolitanas habería demanda para un 40% e ata para un 60% de vivendas protexidas, sobre todo se a Xunta tomara en serio o control de cualidades.

Xa se vería despois se os lobos inmobiliarios seguirían a facer o agosto.

9 de nov. de 2006

Para a lembranza...

Os políticos meten a pata e equivócanse coma calquera e, para ser éticos, haberá que recoñecer uns casos e outros. As declaracións do portavoz do BNG, Xosé Manuel Pérez Sardiña, o día 3 de outubro foron proverbiais:


La Opinion 3/10/2006
LA ALCALDESA SE RETRACTA Y ANUNCIA QUE ABANDONARÁ EL CARGO PRESIONADA POR EL PSDEG
Modesta Anca dimite tras 23 años al frente del Ayuntamiento de Cabanas
Toma la decisión diez después de hacerse pública la sentencia que la condena a ocho años de inhabilitación. La resolución se hará efectiva en el pleno municipal del jueves 26.
[Salgado estaba feliz a medias e cargaba as tintas na situación ficticia de bancarrota e de problemas gravísimos para a institución]
[Cartelle seguía utilizando a sentenza xudicial contra o PSOE e opinando subxectivamente sobre un asunto estritamente xudicial].
El portavoz del BNG de Cabanas, Xosé Manuel Pérez Sardiña, anunció que su agrupación mantendrá el acuerdo alcanzado en 2003 con el PSdeG para "que el Concello no se paralice" y recalcó que "la crisis" en el Gobierno local "todavía no está resuelta". Los nombres que se barajan para sustituir a Anca son los de los ediles socialistas José Casimiro Rey, Jesús Freire y María José Cabana, cuya imputación en el proceso judicial que finalizó con la condena de Anca y el aparejador Juan José Rivera declaró nula el juez. En el Gobierno local entrará como concejal el número seis del PSdeG de Cabanas, Domingo Martínez Garabana, vecino de Regüela.

Hoxe 9/10/2006
Á vista do acontecido desde aquela a palabra crise no PSOE é acaída. Pero esa crise tamén se estende ao goberno local segundo as últimas declaracións dos concelleiros delegados (Freire e Cabana).
Así as cousas, o BNG non pode facer nada para que o "Concello non se paralice" porque o PSOE está inmerso en loitas intestinas polo poder e Pepe Rey non conta cos nacionalistas para gobernar. Evidentemente, o BNG manifestou que non votaría polo actual alcalde e que con el non ten nada.
Non valeu de nada discutir do xuízo e de cousas non reais cando a crise estaba por chegar e só a valorou o BNG como atranco para que se desenvolvan con normalidade os proxectos de transformación do Concello.
A responsabilidade de que se pare a transformación democrática de Cabanas é do alcalde expulsado do PSOE que accedeu ao cargo cuns subterfuxios que o empoleiraron por riba do pleno e do pobo.

8 de nov. de 2006

As persoas tamén viron o Pleno...

As persoas que observaron desde o público o Pleno tamén comentan:

-- "Estes plenos non teñen nada que ver cos doutros concellos, aquí non hai educación nin hai nada"

-- "O secretario municipal pasou toda a sesión mirando para PP e IVC"

-- "Pepe Rey sentou na banda de IVC e PP, a carón de Luís Salgado"

-- "Pepe Rey intercambiou unha animada conversa con Luís Salgado mentres o portavoz do BNG facía a súa exposición"

-- "Os aplausos da oposición (IVC e PP) foron para felicitar a alcaldía de Pepe Rey, mesmo Juan María Campos Vilar se ergueu da silla como un resorte...

-- Ao saír para fóra Campos Vilar dirixiuse a Pepe Rey e díxolle: "Pepe, chámame cando queiras"

-- O portavoz popular, Francisco Cartelle, indicáballe a Pepe Rey que subise ao piso superior e saíse do medio da xente que estaba no exterior da sala de sesións.

Os contactos entre Pepe Rey e PP-IVC discutiranse, o que pasou no Pleno é indiscutible porque o veu moita xente.

6 de nov. de 2006

O golpe de Concello

Unha situación comparable ao 23-F, pero foi un funcionario o que asestou o golpe que secuestrou a vontade popular depositada nos partidos políticos por unha argucia legal.
Xa se verá o que resolve a Xunta electoral central (10 días) e o Fiscal ("largo me lo fiais").
En todo caso, o PSOE meteu a pata ata o fondo cando sancionou a lista electoral de 2003.

Sábado 4 de novembro
La Opinión de A Coruña
Derecho de Rey a recurrir
El secretario municipal hizo hincapié en que una expulsión en contra de los estatutos puede ser objeto de sentencia e indicó que el recurrente tiene derecho a que la tramitación de la expulsión siga los trámites fijados en la ley. "Esta sujeción no es firme, así que, en principio, se mantiene al concejal cesado como representante del partido", recalcó el funcionario.


El Correo Gallego
"En el pleno de esta mañana se dio lectura a sendos escritos, uno del secretario de Organización del PSdeG, Ricardo, Varela y otro de la Ejecutiva Confederal del PSOE, firmado por Óscar López Águeda, en los que se manifestaba la expulsión del partido de José Casimiro Rey y se presentaba a María José Cabana, concejala de Cultura, como candidata a la Alcaldía de Cabanas.
No obstante, dichos documentos no fueron tenidos en cuenta por el secretario municipal que mantuvo a José Rey como candidato "a la vista de la documentación que obraba en el expediente"."

Galicia Diario
En el inicio del Pleno en el que se eligió al nuevo alcalde los socialistas leyeron dos escritos en los que se confirmaba la expulsión de Rey y la candidatura de Cabana, aunque no fueron tenidos en cuenta por el secretario municipal, que mantuvo la candidatura de José Rey "a la vista de la documentación que obraba en el expediente".

Diario de Ferrol
Además contaba con el visto bueno legal del secretario del Ayuntamiento ya que su expulsión del partido todavía no es firme, puede ser recurrida y el interesado no la conocía hasta el momento de la sesión plenaria.

La Voz de Galicia
Nada más empezar, el secretario sacó el primer as de la manga: una resolución firmada anteayer por la ejecutiva gallega del PSOE en la que se indicaba que el alcalde en funciones, José Rey, estaba expulsado del partido. Rezaba el documento que se le echaba porque no renunció a ser regidor -tenía que hacerlo, al ser el segundo de la lista, para que otro socialista pudiese ser alcalde- en favor de la compañera a la que el partido quería como candidata. Y también porque mantuvo contactos con la oposición en su empeño de salir electo.
Tras la decisión de la ejecutiva, todo parecía indicar que el PSOE, al fin, podría presentar a María José Cabana como candidata. Pero el secretario arrancó de jurisprudencia y dijo que, como la expulsión no es firme -Rey va a apelar-, éste podía ser alcaldable socialista.

Domingo 5 de novembro
La Opinión de A Coruña
Varela consideró que la designación de Rey como alcalde socialista de Cabanas se hizo "aprovechando un resquicio legal" y agregó que el secretario municipal "debería saber" que en ese momento José Rey ya no era militante socialista porque existía un acta de la comisión ejecutiva federal del partido en la que se informaba de que "esa persona" estaba separada de la militancia", por lo que este funcionario ya debió de haber propuesto a la siguiente en la lista.
El secretario del Ayuntamiento manifestó durante el pleno que una expulsión en contra de los estatutos puede ser objeto de sentencia e indicó que el recurrente tiene derecho a que la tramitación de la expulsión siga los trámites fijados en la ley. "Esta sujeción no es firme, así que, en principio, se mantiene al concejal cesado como representante del partido", añadió el funcionario.

Diario de Ferrol
Varela discrepó de la interpretación del secretario municipal en el sentido de que la posibilidad de que el afectado presente recurso contra la expulsión deja abierta la puerta a su continuidad en el PSOE, ya que, independientemente de lo que pueda suceder si Rey recurre, la decisión de la Ejecutiva Federal supone una separación inmediata del partido.

La Voz de Galicia
Pero los socialistas no dejarán que esa situación se mantenga. La ejecutiva gallega anunció ayer la presentación de dos recursos diferentes, ante la junta electoral central y ante la Administración de Justicia, para revocar la decisión del pleno y recuperar así la alcaldía de un ayuntamiento en el que son primera fuerza en todas las elecciones desde 1982. «Foi un procedemento irregular que temos que ordenar, e xa hai xurisprudencia sobre ese tema», explicó ayer en Ferrol Ricardo Varela, secretario de Organización de los socialistas gallegos. Se basa para ello el PSOE en que Rey García ya estaba fuera del partido, expulsado por la dirección federal, antes de la votación que, de forma sorprendente, lo elevó a la alcaldía.
«Entendemos que a decisión do secretario municipal de permitir esa elección non foi axeitada», agregó Varela. Porque en el pleno ese funcionario, el secretario municipal de Cabanas, informó primero de que Rey había sido expulsado del partido, pero que, al no ser una decisión firme, se podía proceder a la votación. Los grupos de la oposición se votaron a sí mismos, Rey a su persona y el PSOE se abstuvo. Resultado: alcaldía para el partido más votado en el 2003, los socialistas. Y Rey, como número 2 de la lista -Modesta Anca ya dimitió anteriormente- se quedó con el bastón de mando.

Alcalde polo seu voto...

Este post foi borrado accidentalmente. En esquema era o seguinte:

1. Por unha argucia legal avalada por un secretario que colocou a Pepe Rey á fronte da lista electoral socialista tivemos un alcalde expulsado do PSOE co seu propio voto.
2. Ademais cando tomou posesión houbo aplausos dos membros do PP e de IVC (Campos chegou a erguerse do sillón) e de parte do público presente.
PP e sobre todo IVC trincou os insultos de "corruptos", as denuncias, os improperios contra un pobre home de confianza de Modesta Anca que é ou non é do PSOE?... Por unha vez dispararon contra María José Cabana e sobre todo contra o BNG e o seu portavoz (isto non é ningunha novidade).
Haberá truculento comentario da prensa... Porque é de bo gusto evidenciar a realidade que nos queren ocultar.

O portavoz do BNG, Xosé Manuel Pérez Sardiña, expuxo que os grupos alí presentes non merecían o apoio do BNG porque utilizan a xustiza e a política para os seus fins partidistas e particulares ademais de non atender as necesidades reais do pobo de Cabanas. Xosé Manuel adiantou que o BNG aplicará un URBANISMO CÍVICO e poñerá AS INSTITUCIÓNS AO SERVIZO DA XENTE cando así o vote o pobo.