27 de feb. de 2008

Mitin central en Ferrolterra

DATA: XOVES 28 DE FEBREIRO DE 2008
LUGAR: CENTRO CULTURAL CARVALHO CALERO
INTERVIRÁN:
ANA VÉREZ
FRANCISCO RODRÍGUEZ
ANXO QUINTANA
FRANCISCO JORQUERA

25 de feb. de 2008

Mitin do BNG

Sábado, 1 de marzo

Ás 18.00 h, mitin na Escola de Laraxe, que contará coas seguintes intervencións:
Xosé Carbón (Responsábel local do BNG)
Iago Varela (Representante de Galiza Nova)
Xosé Manuel Pérez Sardiña (Voceiro do Grupo Municipal)
Ana Pontón (Deputada no Parlamento de Galiza)
Francisco Dasilva (Candidato ás Cortes Xerais)


19 de feb. de 2008

Galiza Nova demanda a mellora do transporte colectivo



Hoxe sae publicada unha nova na Voz sobre a mellora do transporte colectivo no Concello de Cabanas. O traballo presentado por Iago Varela, representante de Galiza Nova en Cabanas, evidencia as deficiencias do transporte nas parroquias do rural de Cabanas e mais a necesidade de aproveitar a pasaxe do camiño de ferro nos servizos de proximidade creando un apeadoiro nas Modias, parroquia de Porto.

O Grupo Municipal do BNG a través do seu voceiro, Xosé Manuel Pérez Sardiña, valorou positivamente o traballo da organización da mocidade e manifestou que é o Concello, como institución máis próxima á xente, quen se debe pronunciar tamén a prol de "atender as demandas e as necesidades da cidadanía".

Non todo van ser rallys e enterros da vía do tren.

12 de feb. de 2008

O BNG impulsa as novas políticas de acceso á vivenda en Galiza

A Consellería de Vivenda e Solo traballa aberto para a independencia d@s galeg@s que desexan acceder a unha vivenda. 1054 consultas diarias foron atendidas pola Consellería de Tareixa Táboas, á parte doutras moitas iniciativas que podedes consultar na propia web (que nos achegou Iago).

Pola contra, debemos informar que o servizo que anuncia o Concello de Cabanas ten un teléfono de pagamento e resolve deficientemente as dúbidas de moitos e moitas demandantes.
Ademais o goberno popular de Cabanas editou un cotroso informativo en fotocopia Branco/Negro e cun galego macarrónico sobre o acceso á vivenda:


Este informativo sobre a vivenda non é comparable ao do "CARNAVAL" que foi a toda cor!!!.


O teléfono de información é o mesmo para os dous asuntos (pufffff)....


Con enorme desatino, o goberno do Partido Popular converte en prioritario coidar e enxalzar a boa imaxe das festorras e descoidar a imaxe do acceso a dereitos básicos da cidadanía.

11 de feb. de 2008

Xa chegou o antroido!




Cando xa rematou o "Carnaval pobrete que rebautizou e reorganizou o goberno de comenencia do alcalde piloto, hai que apañar un novo número da revista Retranca.

Quen dixo que rematara o Antroido cando vai saír á rúa O antroido electoral?

Segundo nos informan, o primeiro acto do novo antroido parece que se produciu esta semana co secuestro da bandeira galega...





A seguinte antroidada tampouco é mala:

Pre-Campaña das Eleccións Xerais


Imos facer memoria para que ninguén se chame a equívoco co que está a acontecer na campaña para as Xerais:
-- “Antes España roja que rota” José Calvo Sotelo (dereita republicana e protomártir de la Cruzada).
-- Antes de consentir campañas nacionalistas que nos lleven a desmembraciones, que de ningún modo admito, cedería el paso a Franco” (Juan Negrín, Presidente Socialista do goberno Republicano Español entre 1937 e 1939).

Como se pode apreciar con total claridade, os cabezas visibles de dúas opcións homologables ás actuais xa facían prevalecer desvergonzada e frivolamente os intereses particulares das elites dirixentes do Estado aos intereses xerais da cidadanía, que tamén ten dereito a decidir o seu futuro sen que a manipulen.
Ninguén ben informado pode crerlle ao PP que está cos artistas das hipotecas porque foi o goberno popular en que participou a estrela de plastilina quen meteu as hipotecas-trampa na bouza. E tampouco se lle pode crer a un goberno, "socialista" el, que vive na inopia (calculada?) e a inocencia dos 400 euros. Os problemas da cidadanía foron creados por políticas de "Estado" bastante irresponsables en épocas de vacas ben cheas.

Con estes fíos non nos estrañe o que está a acontecer cos "dous de sempre", coa igrexa e cos ataques de libro a opcións alternativas...
-- "Caravana de mujeres" para un alcalde talibán do PSOE en Cervantes (talibán = 'aquel que trata as mulleres coma gando').
-- Voto emigrante para aquí e para alí.
-- Para o BNG son máis importantes os problemas da xente (das mulleres, dos estaleiros, etc) ca os de PP e PSOE con outros asuntos ou coas galescolas (puffff).
-- Grazas ao traballo do BNG a prol da cidadanía o "Programa Quérote" é modelo para outras comunidades.
Galeg@s decidamos a prol do noso futuro...