27 de set. de 2007

O PP tumba dúas propostas de urxencia do BNG


Vista da estrada

Ante a indiferenza dos demais grupos municipais foron tumbadas dúas propostas de urxencia do BNG, suficientemente argumentadas. A "porta aberta" de Castrillón convértese en fuciñada aos veciños e veciñas.
Posto que o Grupo municipal do BNG saíu defraudado da reunión co delegado provincial e co alcalde, decidiu propoñer lexitimamente a través dunha moción de urxencia no Pleno da Corporación, coa autorización previa dos veciños e veciñas de Santa Cruz do Salto, que tódolos grupos políticos se sumasen ás peticións feitas por 850 persoas á Conselleira de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes.
Por desgraza, o protagonismo baleiro do alcalde piloto foi feroz e estragou calquera principio de acordo entre os grupos políticos.

Ademais o BNG tamén propuxo noutra moción de urxencia, rexeitada polo grupo de goberno popular, destinar máis de 130.000 euros do Plan de Obras e Servizos que lle asigna a Deputación Provincial da Coruña ao Concello de Cabanas para novas obras de saneamento en Porto e Laraxe. A dotación de servizos básicos como o saneamento foi un compromiso programático do BNG nas eleccións. Na pasada lexislatura en cumprimento do acordo entre o PSOE e o BNG destináronse 883.672,39 de euros para dotación de saneamento no Concello de Cabanas (150 millóns de pesetas).

25 de set. de 2007

Os veciños de Santa Cruz presentaron 850 firmas

Unha enchente de persoas se solidarizaron coas peticións da parroquia de Santa Cruz. Agora á Xunta tócalle mover ficha... La Voz de Galicia.
A visita do delegado provincial de Política Territorial vai achegar algunha nova?
Terá o alcalde piloto un proxecto?
Conseguirán os veciños e veciñas de Santa Cruz uns accesos dignos?

Mañá máis novas en "La ciudad del motor", tamén coñecido como "el sitio en que los coches van a funcionar con agua".

O carricoche do futuro

Bancos escachizados na ribeira

Unha vez máis hai que aturar as valentías da fin de semana, un sensentido. Co doado que é compatibilizar pasalo ben e respectar o de todos, que é o que fai a maioría.


21 de set. de 2007

Pleno e xunta de portavoces

Novidades en "La ciudad del motor":
Xunta de portavoces o vindeiro mércores 26 de setembro, ás 9.30 h.
Asunto único: Estrada de Fonfría, con visita de delegado incluída.

Pleno da Corporación o mesmo día, 26 de setembro, a partir das 19.30 h

Asuntos escasos e festivos:
1. Acta anterior
2. Festas locais
3. Informes de presidencia
4. Rogos e preguntas

O alcalde piloto non convocou a Comisión bimensual de Facenda e Contas.

10 de set. de 2007

Nota de prensa do BNG

Diario de Ferrol, La Opinion e La Voz de Galicia fixéronse eco da nota de prensa do BNG estes días pasados. Posto que o goberno local non informou sobre a modificación de crédito, o BNG non tivo outra alternativa que redactar unha nota de prensa informativa baseada en datos económicos concretos.

O incrible é que o alcalde piloto se dese por aludido confirmando a información do BNG.

Ata o 24 de setembro non se fan os 100 primeiros días de goberno, mentres o BNG ten intención de seguir informando aos veciños e veciñas.

4 de set. de 2007

Pecharon a escola das Viñas


Hoxe en La Voz de Galicia
A nosa solidariedade e apoio ás nais e pais afectados.

Vese que na nova cidade do motor os centros de ensino sobran...

O BNG pronunciouse onte sobre o peche e responsabiliza a PP e AEC da desidia na promoción da escola: La Voz de Galicia.