19 de xuño de 2007

Alcaldía do PP

O sábado 16 de xuño de 2007 Pepe Rey renunciou a presentar a candidatura da Agrupación de Electores de Cabanas e sumou o seu voto e o do seu compañeiro Luís Fachal aos catro do Partido Popular de Germán Castrillón.
O PP sumou 6 votos fronte aos 3 do BNG, 1 de IVC. A anécdota deuna o voto en branco do PSOE que non se lembrou de retirar a súa candidatura.
Antes os concelleiros e concelleiras prometeron o seu cargo, facéndoo os do BNG (como xa é habitual) coa man sobre o Sempre en Galiza de Castelao e cun cravo vermello.
Ademais, despois da constitución da corporación houbo un acto en que se lle entregou un exemplar do Sempre en Galiza aos concelleiros que participaron na anterior corporación.


O luns comezou unha nova etapa, parece que moi apurada... Todo son carreiras no Concello nestes primeiros días.
O BNG presentou hoxe o documento de constitución do novo Grupo Municipal composto polos tres concelleiros que tomaron posesión o pasado 16 de xuño. Como portavoz municipal actuará Xosé Manuel Pérez Sardiña e como viceportavoces estarán Xosé Manuel Golpe e Teresa García.
O obxectivo do BNG para esta lexislatura é seguir transformando socialmente o Concello desde a oposición municipal e conseguir o avance económico, social e de servizos para tódolos veciños e veciñas.

13 de xuño de 2007

Despedímonos da pasada corporación

ÚLTIMA SESIÓN

Esta mañá, a partir das 10 horas, a actual corporación que foi presidida por Pepe Rey, e antes por Modesta Anca, despediuse cun acto sinxelo no que se deu conta das actas dos Plenos anteriores. Foi o último acto oficial para 5 dos 10 edís da cámara, que dirán adeus ben porque non foron nas listas, ben porque quedaron fóra tras o resultado electoral.

Foi un ata logo de José Antonio Doce quen lle puxo música ao evento coa banda sonora da serie Beny Hill, un bo toque de humor a un acto seco e distante.

Da foto inicial de xuño do 2003 só quedan 5 edís.

Moitas grazas para José Doce e Pedro Cal, dignos concelleiros nacionalistas nesta lexislatura que rematou.




José Doce

Pedro Cal

12 de xuño de 2007

432 grazas!!!

Comezamos unha nova andaina despois do longo proceso electoral e o primeiro que queremos facer é agradecer dende aquí ás 432 persoas que depositaron a súa confianza no proxecto do BNG o seu voto e o seu apoio.
Unha etapa de transformación e de cambio comeza para Cabanas posto que aí van estar 3 representantes do pobo que lle van devolver o concello á veciñanza.

Xosé Manuel Pérez Sardiña

Teresa García Pita

Xosé Manuel Golpe Acuña

Serie de resultados nas eleccións municipais dende 1987:


O resultado do 27-M é a segunda mellor votación ao BNG en Cabanas. E en pouco tempo o imos superar.
Millóns de grazas.