6 de mar. de 2007

Saneamento para o rural

O saneamento do rural é prioritario para o BNG tanto dende o Concello como dende a Deputación provincial.
Xosé Manuel Sardiña e Xaime Bello
Así, colaboramos para facer posible esta realidade:

Velaí tedes un módulo da depuradora da Veiga, en Laraxe. Esta vai ser a primeira en ser instalada pola Deputación da Coruña. Agardamos que o traballo iniciado polo BNG continúe por esta liña tanto para Porto como para as parroquias rurais. Para seguir hai que xestionar diante da Xunta e da Deputación os fondos necesarios para ter saneado todo o Concello no próximo mandato.


Hai que dar saneamento, é un dereito.


Fóronse co temporal

O temporal destes días pasados levou algo máis que follas e pólas secas...
Houbo algún aproveitado que apañou o que poido.
E coma sempre chama clamorosamente a atención o silencio da Demarcación de Costas, de asociacións que disque defenden a natureza (Avedena) e de partidos contentos co aplaudido rexedor (aínda que lle haxa que dar algún que outro tironciño de orellas por aquilo de disimular).

O traballo foi completo como podedes observar



E hai pino verde:

O mellor de todo foron as contradicións do alcalde solitario:
La Voz de Galicia

"Rey informó ... que solamente habían talado un par de ejemplares ..." e "El regidor aseguró que contaban con el permiso de la Demarcación de Costas ... un estudio previo antes de emprender la tala".
Saberemos cantos pinos ordenou cortar o Sr. Rey? Parece que foi o Seprona por alí o mesmo mércores pola mañá e fixo informe, xa se saberá con exactitude. Aínda que polos rumores que corren hai couces ocultos con terra e garuma. As persoas que se chegaron por alí declaran que non só eran exemplares secos ou que estorbaran e afirman que cortaron árbores sas e en perfecto estado que non lle estorbaban a naide.
O estrago que ordenaron non o merece Cabanas nin os seus homes e mulleres... O ridículo, unha vez máis, vai para o mesmo lado.
Quen lle dá igual o ocorrido ou mesmo o valora a menos pouco lle importa o ben público e o marabilloso pinar atlántico que temos en Cabanas.

Quedan menos de tres meses para que o pobo poña a cadaquén no seu lugar.

4 de mar. de 2007

Terreos públicos para crear emprego!

Non podemos resistir pegar unha interesante reflexión do empresario vigués publicada en GZnación

O presidente de Barreras asegura que en 2015 "Navantia será un polígono industrial"
[GZnación / Redacción / 4 Mar 07]

O presidente do estaleiro vigués Hijos de J. Barreras, José Francisco González Viñas, mostrouse convencido de que en 2015 o antigo Astano -actual Navantia- "será un polígono industrial, non un estaleiro", e manifestou o interese da súa compañía por construír compoñentes para aproveitar enerxía mareomotora, no caso de que fose posíbel facelo nesa localización.

Nunha entrevista publicada no 'País', González Viñas explicou que ao Clúster do Sector Naval de Galiza (Aclunaga) "lle interesaría moito" que nos actuais estaleiros de Navantia, en Fene (A Coruña), se construísen eses compoñentes, xa que actualmente en España "só existe a Canle de Experiencias de El Parda, en Madrid, e non chega". "Podería ser unha boa saída para Astano", engadiu.

Respecto ao interese mostrado recentemente por Barreras de comprar a antiga Astano, xustificouno subliñando a necesidade de terreos para que a súa compañía poida construír máis barcos e aludiu, ademais, ás dificultades de adquirir eses terreos en países do Leste ou ao "trapalleiras que son as negociacións con China para ese fin".

Así, explicou que cando o conselleiro de Industria, Fernando Blanco, lle formulou a posibilidade de desbloquear as restricións de Navantia-Fene para construír buques civís aceptou a proposta manifestándolle as condicións en que a súa empresa estaría disposta a adquirir os terreos.

Os xordos terían abondo que oír se quixeren!
___________________

Hoxe día 5 de marzo Francisco Rodríguez avanza:

Astano


A preguntas dos xornalistas, o deputado do BNG confirmou que esta forza política “non vai aceptar que se liquide Astano” e que se van mostrar os documentos que demostran que Astano non tería que devolver ningunha axuda pública, posto que xa están devoltas.