12 de xul. de 2007

De PPhrases

O lema deste blog dende agora vai ser a frase máis breve pola súa vixencia da historia do Concello de Cabanas :

D. Germán Castrillón (PP) na súa investidura. "No me creo en la posesión de la verdad absoluta y entre todos podremos entendernos".

Quen son eses "entre todos"? PP, AEC e Grupo mixto-IVC e algunha abstención do Grupo mixto-PSOE.

Co proxecto do BNG parece que non porque o que propuxeron e a maneira de aplicación, ROLO MAIORITARIO, xa os define. Moitas grazas pola claridade e sinxeleza das intervencións.

A frase coa que Germán Castrillón autoderrogou o dito o 16 de xullo foi ben clara: “[35.000 euros por 30 horas] é o salario que cobra un operario de 1ª en Bazán e deixádeme traballar”. Como era de agardar houbo sorpresa e abouxos do público: "pero que di!!!... veña xa!!!... por esas horas non o cres nin ti!!!"

Pero as brevísimas intervencións non teñen perda: para Luís Chillón, portavoz do PP, “decir simplemente que no somos antidemocráticos (...) porque estamos aplicando la ley”. De aplicar a lei baixo mínimos políticos como fai a dereita para proveito do grupo de goberno a aplicar a lei avanzando politicamente na democracia e no diálogo como facía o Regulamento que derrogaron PP-AEC-IVC hai grandes diferenzas:

Lei 7/85 (mod. LO 1/2003, LO 14/2003)

CAPÍTULO II.
Organización

Artículo 20.

1. La organización municipal responde a las siguientes reglas:

  1. El Alcalde, los Tenientes de Alcalde y el Pleno existen en todos los ayuntamientos.
  2. La Junta de Gobierno Local existe en todos los municipios con población superior a 5.000 habitantes y en los de menos, cuando así lo disponga su reglamento orgánico o así lo acuerde el Pleno de su ayuntamiento.
  3. En los municipios de más de 5.000 habitantes, y en los de menos en que así lo disponga su reglamento orgánico o lo acuerde el Pleno, existirán, si su legislación autonómica no prevé en este ámbito otra forma organizativa, órganos que tengan por objeto el estudio, informe o consulta de los asuntos que han de ser sometidos a la decisión del Pleno [ao PP isto chégalle e sóbralle], así como el seguimiento de la gestión del Alcalde, la Junta de Gobierno Local y los concejales que ostenten delegaciones [ao PP isto estórballe], sin perjuicio de las competencias de control que corresponden al Pleno. Todos los grupos políticos integrantes de la corporación tendrán derecho a participar en dichos órganos, mediante la presencia de concejales pertenecientes a los mismos en proporción al número de Concejales que tengan en el Pleno [ao PP estórbanlle 1/4 de concelleiros do BNG no Pleno que hai que reducir proporcionalmente á comenencia popular a 1/5 na Comisión].
  4. La Comisión Especial de Cuentas existe en todos los municipios, de acuerdo con la estructura prevista en el artículo 116. [ao PP isto tócalle por lei]

3. Los propios municipios, en los reglamentos orgánicos, podrán establecer y regular otros órganos complementarios, de conformidad con lo previsto en este artículo y en las leyes de las comunidades autónomas a las que se refiere el número anterior. [grazas a PP-AEC digámoslle adeus ao regulamento de participación veciñal]

(Des)Organización municiPPal




Orde do día do pleno extraordinario do pasado 9 de xullo de 2007 ás 19.30
1 Aprobación se procede da acta da sesión anterior. (...)
2 Existencia da Xunta de Goberno Local.
Hai Xunta de Goberno Local co voto a favor do Grupo municipal do PP, Grupo municipal mixto-PSOE e Grupo municipal de AEC (7), en contra do Grupo municipal do BNG (3) e abstención de Grupo municipal mixto-IVC (1).
O alcalde non deu opción a intervencións. Todos calados e a votar.
3 Derrogación do Regulamento Orgánico Municipal.
Derrogado co voto a favor do Grupo municipal do PP, Grupo municipal mixto-IVC e Grupo municipal de AEC (7), en contra do Grupo municipal do BNG e Grupo municipal mixto-PSOE (4).
O portavoz municipal, Xosé Manuel Pérez Sardiña, protestou por o alcalde non abrir quenda de palabras no punto anterior.
Intervención:
A proposta organizativa do BNG para o Concello apostaría pola modificación e mellora do Regulamento Orgánico Municipal desde o consenso e a participación de tódolos grupos políticos así como a redacción dun regulamento de participación veciñal.
Os argumentos para a súa derrogación son débiles e moi vagos ademais de falaces:
-- Mentres que o alcalde co Regulamento Orgánico Municipal que quere derrogar xa puido comezar a traballar e axilizar trámites nomeando a Xunta de Goberno Local o luns 18 de xuño, dous días despois de saír escollido, coa proposta que nos trae aquí dentro de catro anos, o seu sucesor terá que agardar case un mes ao Pleno de organización para que se constitúa a Xunta de Goberno Local.
-- Lexislativos: Nunca o Estado ou a Xunta renunciaron a tramitar unha lei ou un avance porque vaia haber outras leis nun futuro aínda sen determinar. O alcalde de Cabanas parece que si o fai así co perigo que representa este argumento. Ademais e para puntualizar unha gran confusión na exposición de motivos o Regulamento Orgánico trata do funcionamento dos órganos políticos, fundamentalmente do Pleno, e dos dereitos e deberes dos concelleiros e concelleiras, non da “Administración deste concello” que lle corresponde ao grupo de goberno.
-- Modernización e mellora: habería unha adaptación do organigrama do goberno municipal e unha mellora do seu funcionamento se se tivese como modelo a situación daqueles concellos que innovaron avanzando e adaptaron as súas estruturas organizativas á realidade e á evolución democrática, non seguindo como fai o alcalde o modelo daqueles outros concellos pequenos que nin tan sequera traballaron para adecuar o marco básico que data dos oitenta do século pasado á realidade actual de Cabanas do século XXI. Evidentemente elaborar unha análise do contorno político, social e administrativo resulta un traballo azaroso que poucos queren afrontar. Alá vostedes, como parece acontecer neste caso as propostas organizativas da alcaldía quedan igual no que era malo e atrasan o Concello derrogando o bo.
Avanzando un pouco máis na lectura desta proposta e adiantándonos ás propostas de organización que imos tratar neste Pleno, mentres que o Regulamento Orgánico garante o control e fiscalización dos órganos de goberno (nos plenos, nas comisións, etc), abre a porta para a participación veciñal nos asuntos públicos e establece a través dunhas regras e dun marco claros as canles do diálogo entre o goberno e a oposición, o PP proponnos reducir os mecanismos de control (rogos e preguntas cada dous meses, comisións e xuntas “a medida”, etc) porque precisa mans libres para gobernar co ordeno, mando e fago saber propio do atraso. O BNG vai desenvolver o seu traballo de oposición e non vai pasar unha, os veciños saben que traballamos para o pobo e non para os de sempre.
En consecuencia o Grupo Municipal do BNG vai votar en contra, a diferenza do cabeza de lista da Agrupación de Electores que primeiro votou a favor do ROM e agora vai votar en contra para derrogalo.
4 Delegación de atribucións do Pleno na Xunta de Goberno.
Delegada a contratación de obras, servizos e abastecementos co voto a favor do Grupo municipal do PP e Grupo municipal de AEC (6), en contra do Grupo municipal do BNG e Grupo municipal mixto-PSOE (4) e abstención de Grupo municipal mixto-IVC (1).
O portavoz municipal, Xosé Manuel Pérez Sardiña, expuxo o seguinte:
A proposta organizativa do BNG para o Concello apostaría pola participación de tódolos grupos nunha mesa de contratación nomeada polo pleno da corporación. O Grupo de Goberno do PP vai no camiño de negar a participación plena dos grupos municipais no control e na fiscalización dos asuntos públicos que son competencia do Pleno da Corporación con esta proposta retrógrada. Non hai ningún caso de problemas por axilidade ou por incumprimento de prazos, velaí as xustificacións débiles que ocultan outros intereses por detrás.
En consecuencia o Grupo Municipal do BNG vai votar en contra.
5 Réxime de sesións ordinarias do Pleno.
O Pleno realizará sesión ordinaria o último mércores dos meses impares ás 19.30 horas co voto a favor do Grupo municipal do PP e Grupo municipal de AEC (6), en contra do Grupo municipal do BNG e Grupo municipal mixto-PSOE (4) e abstención de Grupo municipal mixto-IVC (1)
O portavoz municipal, Xosé Manuel Pérez Sardiña, expuxo o seguinte:
A proposta organizativa do BNG para o Concello apostaría polo respecto ao Regulamento Orgánico Municipal derrogado. O Grupo de Goberno do PP vai no camiño de negar a participación plena dos grupos municipais no control e na fiscalización dos asuntos que son competencia do Pleno da Corporación. Ademais precisamente da análise rigorosa das necesidades reais de realizar sesións en lexislaturas anteriores é de onde se desprende que é necesario un pleno por mes, o único que xustifica esta proposta é a eliminación do apartado de rogos e preguntas mensual e así convertelo en bimensual entorpecendo e obstruíndo o control e fiscalización sobre os asuntos municipais con esta proposta retrógrada.
En consecuencia o Grupo Municipal do BNG vai votar en contra.
6 Creación e composición dos órganos complementarios.
Haberá Xunta de Portavoces (sen periodicidade nin funcións), Xunta de Delegados (con periodicidade establecida polo alcalde e sen funcións específicas) e Comisión de Facenda e especial de Contas (sen capacidade de seguimento dos órganos de goberno) co voto a favor do Grupo municipal do PP e Grupo municipal de AEC (6), en contra do Grupo municipal do BNG e Grupo municipal mixto-PSOE (4) e abstención de Grupo municipal mixto-IVC (1)
O portavoz municipal, Xosé Manuel Pérez Sardiña, expuxo o seguinte:
A proposta organizativa do BNG para o Concello apostaría polo respecto ao Regulamento Orgánico Municipal derrogado. O Grupo de Goberno do PP vai no camiño de negar a participación plena dos grupos municipais no control e na fiscalización dos asuntos que son competencia do Pleno da Corporación. As Comisións con plenas capacidades da pasada lexislatura pasan a ser obxectos decorativos, rebaixados do rango de órganos básicos no ROM a órganos complementarios nesta proposta retrógrada que nos retrotrae á Idade Media, á ditadura e ó escurantismo máis rancio cos cómplices de AEC e IVC.
Xunta de portavoces: con respecto ao ROM é un atraso porque non establece periodicidade, nin horario nin moito menos as atribucións que lle corresponden que no ROM estaban definidas. Non respecta os principios mínimos de formación dun órgano político operativo polo tanto considerámola baleira e decorativa.
Xunta de delegados: proposta baleira de competencias e parece unha duplicidade evidente da Xunta de Goberno local con fins recadatorios (150 euros) para completar emolumentos nos meses de paga extra (maio e novembro) para os concelleiros sen dedicación parcial.
Comisión de Facenda: con respecto ao ROM é un atraso porque lle elimina as atribucións de control e seguimento de acordos dos órganos de goberno e convértese en bimensual mentres antes era mensual. Logo utilízase como Comisión de Contas que é o que vén dado por unha lei que non poden derrogar, menos mal. Ademais non respecta os principios mínimos de formación dun órgano político posto que non atende á proporcionalidade do Pleno da Corporación onde o Grupo Municipal do BNG pode solicitar convocatoria extraordinaria ao representar un cuarto mentres que a proposta para a comisión mingua a representatividade do Grupo Municipal do BNG a un quinto (ao igual que AEC e Grupo Mixto) mentres que non está claro o número de representantes populares posto que aparecen 2 vogais máis a presidencia, en total poden ser 3 representantes. Para a periodicidade dun órgano colexiado habería que ter en conta tamén as posibles convocatorias extraordinarias, non obstante a oposición parece que pouco ou nada queren que conte nas súas Contas.
En consecuencia o Grupo Municipal do BNG vai votar en contra.
7 Retribucións, asistencias e indemnización dos membros da corporación e grupos políticos.
a) As retribucións de dedicación parcial de 35.000 euros por 30 horas semanais para o alcalde popular Germán Castrillón e de dedicación parcial de 9.450 euros por 20 horas semanais para o delegado Luís Fachal, a delegada popular Esperanza Gayoso e a delegada popular Concepción Bouza foron aprobadas co voto a favor do Grupo municipal do PP e Grupo municipal de AEC (6), en contra do Grupo municipal do BNG e Grupo municipal mixto-PSOE (3) e abstención de Grupo municipal mixto-PSOE-IVC (2).
O portavoz municipal, Xosé Manuel Pérez Sardiña, expuxo o seguinte:
Por fin atopamos un punto que implica unha modernización, especialmente para os seus beneficiarios principais que actualizan as contías destinadas a soldos nun 63.000%. Un exemplo a seguir para todos aqueles que levaban conxelados os seus salarios cos gobernos do PP. Animámolos a que lle expliquen a todo o mundo o que van cobrar, como e onde, e que publiquen as retribucións no taboleiro do Concello tódolos anos. Os veciños teñen dereito a coñecer e tamén a esixir. O BNG tamén esixirá fiscalizará e informará do que van facer os catro asalariados dados de alta na Seguridade Social mais os dous asalariados especiais, vai ser o noso deber democrático aínda que nos reduzan as asistencias. Neste caso xa cumpriron o programa PPopular no 63.000%, felicitámolos como o fan votantes seus que dá gusto oír.
En consecuencia o Grupo Municipal do BNG vai votar en contra.
b) As asistencias de 100 euros por pleno, comisión, órganos colexiados, mesas de contratación ou xunta de voceiros e 150 euros por Xunta de Goberno Local e Xunta de Delegados foron aprobadas co voto a favor do Grupo municipal do PP e Grupo municipal de AEC (6), en contra do Grupo municipal do BNG e Grupo municipal mixto-PSOE (4) e abstención de Grupo municipal mixto-IVC (1).
O portavoz municipal, Xosé Manuel Pérez Sardiña, expuxo o seguinte:
Debo puntualizar algunha intervención que indicaba a suba de retribucións para os concelleiros por ser imprecisa: soben as dedicacións especiais dos concelleiros non dados de alta na Seguridade Social: Rey García e Chillón a contías aínda non determinadas e pola contra baixan as retribucións dos concelleiros da oposición nun 33% (-40 euros/mes, antes 120 euros/mes e agora 80 euros/mes)
En consecuencia o Grupo Municipal do BNG vai votar en contra.
c) As indemnizacións por desprazamentos, axudas de custo e quilometraxe foron aprobadas co voto a favor do Grupo municipal do PP e Grupo municipal de AEC (6), en contra do Grupo municipal do BNG (3) e abstención de Grupo municipal mixto (PSOE-IVC) (2).
O portavoz municipal, Xosé Manuel Pérez Sardiña, expuxo o seguinte:
Apliquen directamente o Real Decreto que establece as contías xerais para tódalas administracións públicas.
En consecuencia o Grupo Municipal do BNG vai votar en contra.
d) As asignacións a grupos políticos de 300 euros por grupo e 300 por concelleiro/a foron aprobadas co voto a favor do Grupo municipal do PP e Grupo municipal de AEC (6), en contra do Grupo municipal do BNG (3) e abstención do Grupo municipal mixto (PSOE-IVC) (2).
O Grupo Municipal do BNG vai votar en contra.
8 Nomeamento de representantes da corporación en órganos colexiados.
Delegada no Consello Escolar do CEIP “Eladia Mariño”: Esperanza Gayoso
Delegado no Consorcio do Camiño Inglés: Luís Fachal
Delegado na Xunta Reitora das Fragas do Eume: José Rey
Voto a favor do Grupo municipal do PP e Grupo municipal de AEC (6) e abstención do Grupo municipal do BNG e do Grupo municipal mixto (PSOE-IVC) (5).
Nota: retrógrado,da adx. De ideas, de actitudes, etc., propias exclusivamente de tempos pasados. Inimigo de cambios e innovacións.