29 de ago. de 2007

A voltas co himno galego

É unha mágoa que os socialistas e os populares só teñan un monotema estéril neste verán: impedir a transmisión do himno galego a través da escola...
Canto nos acordan estes politiquiños a aqueles mestres que reprimían o falar galego na clase, ao mellor porque distraía a aprendizaxe da "lengua verdadera"... Estes neocensores coñecen ben que quen ten a opción de aprender ten a opción da liberdade. Por favor, ata en Andalucía cantan os rapaces o seu himno nos colexios.

Por desgraza aínda hai quen adopta a opción de restrinxir coñecementos, empobrecéndonos así a todos un pouco máis.

Hai unha consideración relevante que se lles escapou aos pepe-pesoístas: equiparar o ensino do himno galego co ensino dos rezos e do "Cara al sol" na etapa franquista. Certamente, os rezos e o "caralsol" non foron sancionados por ningún órgano elixido democraticamente, a diferenza do himno galego que foi aprobado polo Parlamento de Galiza como un símbolo da autonomía canda a bandeira galega. Igualar o himno galego con rezos ou carasoles di abondo de quen quere confundir con poucos fundamentos democráticos. Para quen o queira lembrar, igualar cousas que nada teñen que ver era propio dos nazis.

25 de ago. de 2007

La ciudad del motor, por Castrillón (IV)

Parabéns desde aquí aos traballadores do servizo do lixo polo acordo acadado coa empresa. Na negociación conseguiron unha mellora do servizo importante para Cabanas e ademais comezarán a traballar xa o domingo de madrugada, antes do que establecían os servizos mínimos asinados polo alcalde piloto.

24 de ago. de 2007

La ciudad del motor, por Castrillón (III)

Ultima hora en "La ciudad del motor"!!!

O alcalde piloto decretou servizos mínimos de recollida para a Madalena e para o xeriátrico de Laraxe. Estes servizos comezarán nos vindeiros días.
Vaia fin de semana lle agarda a Cabanas!

La ciudad del motor, por Castrillón (II)

Seguimos en "La ciudad del motor".
Por fin chegou o ansiado acordo entre empresa e traballadores do servizo do lixo, propiciado pola Consellería de Traballo da Xunta de Galicia: 23% de servizos mínimos... (O alcalde piloto aínda estaba onte de brazos cruzados).
Pero, hai unha pregunta clave en todo isto: Que zonas abarcarán estes servizos mínimos?
O alcalde piloto debería decidir por decreto eses servizos mínimos, e debería informar publicamente a través da prensa para que tódolos veciños de Cabanas saiban a que aterse.

Débese lembrar que o Concello a través dun portavoz anómino, atorizado polo alcalde piloto, dixo o martes 21 que era prioritario recoller na N-VI (chámanlle así para que non se perda o PPatrón?? Na actualidade N-651) ao seu paso polo núcleo e ademais na praia da Madalena.

La Opinión de A Coruña

"El municipio de Cabanas comienza a sufrir las consecuencias de la huelga de recogida de basuras convocada por UGT, que entró en vigor el pasado domingo. El Gobierno municipal afirma que las consecuencias de este paro "todavía no se notan mucho debido a que hace poco tiempo que ha comenzado", pero considera que las principales zonas de riesgo son la playa de A Magdalena, debido al "incremento poblacional y a los visitantes que recibe en esta época del año", así como la carretera N-VI, a su paso por el núcleo urbano."


Un día despois anunciou azarosamente o PP: "Que viene don Manuel el lunes!!!". Suponse que o fan así por se a presenza deste persoeiro aínda pode animar a folga.

Diario de Ferrol , 22 de agosto de 2007
"El PP organiza una cena para despedir el veraneo de Manuel Fraga"

Por desgraza para o portavoz anómino que tanto axita os medios, Cabanas son 32 km2, non só a zona de enchedoiro para "honoríficos populares".
Dende aquí queremos lembrar que é dramática a situación do Xeriátrico de Laraxe. Antonio Taboada descubriulle este xoves 23 ao portavoz anómino gobernamental a súa existencia e mais que alí hai 172 persoas maiores que requiren servizos mínimos. Certamente con contedores vellos non abonda...


É imposible resistir as solicitudes de publicación... aí van máis fotos de recordo.



23 de ago. de 2007

La ciudad del motor, por Castrillón

O novo alcalde xa conseguiu cumprir ao cento por cento o seu programa. Aquí tedes en primicia "Cabanas la nueva ciudad del motor":




Por aquí vai pasar Manuel Fraga o luns. Como siga de brazos cruzados vai levar un bon berro do Patrón:


Previsións meteorolóxicas: para satisfacción do alcalde de Cabanas, que leva pedindo bon tempo dende o mes de xuño (inda onte o fixo en Telecinco), esta fin de semana van subir as temperaturas e estarán os ceos soleados...