5 de set. de 2008

O BNG denuncia que o PP incumpre o seu programa electoral

No Pleno de onte pola tarde coméntannos que se aplicou novamente o rodillo de PP-AEC, coa abstención de IVC, para subir as taxas e o prezo público dos pavillóns, das actividades e dos cursos de informática. En resumo os globais son os seguintes:
Palilleiras, aeróbic, debuxo: +64,83%. 9,10 € a 15 €.
Informática: +119,78%. 9,10 € a 20 € ata 15 horas; máis de 15 horas a 30 € +239,67%.
Vela: =+0%.

As críticas e o voto en contra do BNG fundáronse na falta de datos sobre o custo real dos servizos, xa que son claramente insuficientes os estudos económicos asinados por Luís Chillón, delegado de Facenda, que ademais chegou media hora tarde ao Pleno, despois de ter que atrasar a corporación 5 minutos o inicio da sesión. Malia a demandar o BNG estudos máis profundos foron aprobadas as novas subas.

Defrauda así o Partido Popular aos votantes, tal e como manifestaron Xosé Manuel Golpe e Teresa García, posto que o partido do alcalde Castrillón incumpre o programa presentado ás pasadas eleccións municipais de 2007:
  • Promover de forma gratuita acciones de carácter educativo-cultural destinado a personas adultas.
  • Realización de cursos gratuitos para los habitantes de Cabanas de informática, idiomas, etc. según demanda.
O nerviosismo do PP e dos seus socios de goberno de AEC deixouse sentir con interrupcións á oposición, por parte da delegada de Cultura Esperanza Gayoso, e faltas de respecto do portavoz popular, Luís Chillón, abeiradas nun alcalde que non é quen de ordenar o Pleno imparcialmente, posto que, sen motivo, chegou a interromper ao portavoz do BNG, Xosé Manuel P. Sardiña, no uso da palabra cando estaba a pedir precisamente menos crispación ao PP.
Na súa intervención, relacionada cunha modificación de créditos, o voceiro municipal do BNG evidenciou a parálise que lle causa a coalición gobernante a Cabanas e os prexuízos que recaen sobre os veciños coa xestión nefasta dos recursos públicos que a coalición de comenencia PP-AEC está a levar a cabo. Criticou o rotundo fracaso na licitación do PXOM da coalición gobernante e a conseguinte imprevisión do equipo de goberno, que ademais é incapaz de dotala de melloras que beneficien ao conxunto do pobo. Reafirmouse en que o PP só mira para o pasado con enganos e falacias, o que evidencia unha ineptitude alarmante no tocante á xestión municipal. "Co PP Cabanas dificilmente pode ter un futuro mellor", sentenciou o voceiro nacionalista.
Por outra banda, Aetna, unha asociación de defensa dos ríos galegos, saíu denunciando o esmagamento do río Baa pola SEPES.

Ningún comentario:

Publicar un comentario