9 de set. de 2008

Desastre ecolóxico pola actuación da SEPES en Vilar do Colo

A entidade estatal do solo, SEPES, arrasou o contorno natural do río Baa e do Camiño de Santiago ao seu paso polas marxes do polígono industrial de Vilar do Colo, en Laraxe (Cabanas). Sen o informe de Patrimonio cometeu esta entidade estatal unha gamberrada brutal e cruel contra os valores culturais dun pobo, pero o secreto mellor gardado vai ser descubrir que informes poden abeirar semellante abuso contra o medio, reducindo a charqueiras o río Baa.
Ningunha medida de protección ambiental ou do patrimonio foron adoptadas no inicio das obras de urbanización do bloque Q e acondicionamento do río Baa. A SEPES actuou sen contemplacións e con saña contra todo o que se atopou por diante. Así o denuncian a Plataforma de Defensa dos Camiños, a Asociación Etnográfica e da Natureza Amigos e Amigas do río BaaLa Opinión e Diario de Ferrol.
No concello de Cabanas cobren todo cunha escura alfombra, como xa é habitual. Nin tan sequera reciben ás asociacións, porque os gobernantes, malia a cobraren ben en épocas de crise, están ausentes ou agachados detras das mesas cando hai auténticos problemas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario