2 de mar. de 2012

Transparencia real: Acta da sesión ordinaria do pleno de Cabanas do día 29 de novembro de 2011

Cabanas.- Afirmando a nosa liña de transparencia trasladamos a acta de novembro aprobada no pleno pasado.


GrM Popular Dª. Eva Mª. Pazos Bande Dª. Esperanza Gayoso Pereiro. D. Juan A. López Rodriguez. Dª. Ana Rosa Méndez Eiroa. D.Julian R.Seijas Criado. 
GrM BNG D. Xosé Manuel Pérez Sardiña. Dª. Mª.Teresa de J. García Pita.
GrM AEC D.José C. Rey García
GrM Mixto D. Delfín Feal Pereira.


No salón de sesións da Casa do Concello de Cabanas, sendo as dezanove horas e trinta minutos do día vinte e nove de novembro de dous mil once, en primeira convocatoria e baixo a presidencia do Sr. Alcalde D.German Castrillón Permuy, coa asistencia dos Sres. Concelleiros relacionados á marxe e do Secretario titular da Corporación Don Antonio López Vila, reúnese o Pleno deste Concello en sesión ordinaria de acordo coa correspondente convocatoria.

Unha vez comprobada a existencia de quórum para a válida constitución do Pleno, a Presidencia declara aberta e pública a sesión, procedéndose a trata-los asuntos incluídos na Orde do Día.

Non asiste o concelleiro D. Luis A. Fachal López por motivos de traballo. PARTE RESOLUTIVA.

1.- PROPOSTAS GRUPOS POLÍTICOS MUNICIPAIS SOBRE A VIOLENCIA DE XÉNERO. A continuación trátase en conxunto as mocións presentadas polos grupos: Mixto e Popular, sobre a violencia de xénero.

A) A moción presentada polo grupo Mixto na exposición de motivos fala do chamamento dende o PSdGPSOE á rebelión contra a violencia de xénero na que todos e todas deben comprometerse, a sociedade española non pode tolerar este regueiro de vítimas e o PSOE xa deu mostras do compromiso coa Lei contra a violencia de xénero o que permitiu a centos de miles de mulleres ser atendidas, protexidas e salvadas dese cerco de terror e violencia. Nos obstante os últimos recortes sociais de gobernos autonómicos e locais do partido popular, están a afectar negativamente ás mulleres e á igualdade, facendo máis difícil a loita contra a violencia de xénero.

Polo exposto, o PSdGPSOE a través do voceiro integrado no grupo Mixto propón ao Pleno a adopción dos seguintes acordos:

1. Esixir, sobre a base do art. 155 da Constitución Española que obriga ás Comunidades Autónomas ao cumprimento das Leis vixentes, a que a nosa Comunidade Autónoma de Galicia cumpra estrictamente a Lei integral contra a violencia de xénero sen ningún tipo de escusas, porque a integridade das mulleres e menores deberá estar garantida sen desculpas nin dúbidas.

2. Esixir ao noso Gobemo Autonómico e promover a nivel municipal que a aplicación efectiva da devandita Lei sexa unha prioridade na axencia política e no presuposto.

3. Instar ao noso Gobemo Autonómico e promover a nivel municipal seguir promovendo, a través dos medios públicos de comunicación, programas específicos de sensibilización da sociedade contra a violencia de xénero co fin de contribuír de xeito decisivo á erradicación desta terrible eiva.

4. Instar ao noso Gobemo Autonómico e promover a nivel municipal o cumprimento dos acordos que, sobre protección de menores expostos a ámbitos de violencia de xénero foron asumidos polas Comunidades Autónomas na reunión do Sectorial de Igualdade celebrada en abril de 2010, coa posta definitiva en marcha do sistema de protección especializada de menores e de elaboración do protocolo de atención a estes.

5. Instar ao noso Goberno Autonómico e promover a nivel municipal seguir conseguindo unha maior formación especializada e unha maior implicación da Policía Autonómica, ou no seu defecto municipal, na protección das vítimas de violencia de xénero, directa ou indirecta.

6. Instar ao noso Gobemo Autonómico e promover a nivel municipal a realizar un estudo socio-criminolóxico sobre violencia de xénero, en colaboración co Gobemo Central, co fin de poñer de manifesto a realidade existente sobre esta terrible problemática.

B) A moción do grupo popular alude a conmemoración o 25 de novembro como Día Internacional para eliminación da violencia contra as mulleres, que constitúe un dos ataques máis flagrantes aos dereitos fundamentais das persoas como son a liberdade, a igualdade, a vida, a seguridade e a non discriminación como proclama a Constitución, e tódolos poderes públicos teñen a obriga de adoptar medidas para facelos efectivos. A erradicación da violencia de xénero pasa por un proceso de socialización e de educación; a plena igualdade, respecto á dignidade humana e da liberdade das persoas ten que ser unha obxectivo prioritario.

Por todo o anterior, o grupo municipal Popular eleva ao Pleno a adopción dos seguintes acordos:

1. Instar ó Gobemo do Estado a desenvolver os dereitos previstos na Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de Medidas de Protección Integral contra a Violencia de Xénero.

2. Instar ó Gobemo da Xunta de Galicia a desenvolver os dereitos previstos na Lei 11/2007, do 27 de xullo, para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.

3. Instar ó Gobemo do Estado que estenda a Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de Medidas de Protección Integral contra a Violencia de Xénero, aos e ás menores.

4. Instar tanto ó Goberno do Estado como ó Gobemo da Xunta de Galicia a impulsar e priorizar todas aquelas medidas establecidas por lei no ámbito educativo para a concienciación e erradicación da violencia de xénero.

Polo grupo BNG a concelleira D a. Mª. Teresa de Jesús García Pita pide dar lectura a unha moción do seu grupo, indicándolle a Presidencia que non procede por non habela presentado a tempo, poderá expoñela na intervención no debate.

Na deliberación do asunto prodúcense as intervencións coas opinións que de forma sintetizada se recollen a continuación:

Polo grupo BNG: a concelleira D a. M a. Teresa de Jesús García Pita da lectura a unha moción do seu grupo na cal despois de aludir a que a violencia de xénero constitúe unha vulneración do dereitos fundamentais das mulleres, os pasos dados no eido legal, a lei aprobada en 207 polo Parlamento de Galicia e falta de posta en funcionamento de instrumentos previstos e desmantelamento de estruturas básicas, propoñendo o seguinte acordo:

1. Instar á Xunta de Galicia a que impulse a posta en funcionamento das obrigas impostas pola Lei 11/2007 que están pendentes de desenvolvemento; en concreto, a creación do Observatorio Galego da Violencia de Xénero e a posta en marcha do Centro de Recuperación Integral.

2. Que faga unha planificación para a realización de campañas periódicas de sensibilización contra a violencia de xénero, que se realice á formación das e dos profesionais implicados na atención e tratamento das vítimas, e que garanta o dereito á atención psicolóxica no ámbito sanitario público cuestión tamén recollida na lei.

3. Dar traslado deste acordo ao presidente da Xunta de Galicia, así como aos grupos parlamentarios do Parlamento de Galicia.

Polo grupo popular: o concelleiro D. Juan A. López Rodriguez non está de acordo con algún dos parágrafos da moción do PSOE en canto a recortes en políticas sociais por gobemos autonómicos, non sabe si fala da Xunta de Galicia, neste caso quere deixar claro que a conciliación do emprego feminino, axudas a mulleres vítimas de violencia de xénero e mulleres prostitutas van a centrar a política da Secretaría Xeral de Igualdade en 2012 cun lixeiro incremento orzamentario, o que demostra a prioridade en políticas de igualdade; na violencia de xénero as accións basearanse nos principios de prevención, integración social, cunha relevancia na axuda económica a vítimas da violencia de xénero con axudas mensuais de 300 a 800 euros cun importe de 1,8 millóns de euros, en 2011 percibiron esta axuda 158 mulleres, polo tanto gran parte das propostas xa se están levando a cabo, agora vaise abrir o centro de recuperación integral, o Observatorio galego de violencia de xénero está a punto de entrar en trámite de alegación e tamén campañas de sensibilización coma a dirixida a xente nova, explotación sexual, trata de persoas e eliminación da violencia de xénero.

A Sra. García Pita considera que as campañas de sensibilización e educación das que falou o representante do grupo popular parece que non fixeron moito efecto, non hai máis que escoitar as noticias sobre o estudo entre os adolescentes, parece que esas campañas non están ben dirixidas.

O concelleiro do PSdGPSOE do grupo mixto D. Delfín Feal Pereira non quere entrar en cifras porque falar de millón soa ben, pero segundo os datos do seu partido si hai recortes, hai que incentivar as politicas de igualdade e a falta de asistencia as actividades realizadas polo Concello o día 25, non sabe si debido a pouca publicidade ou pouco interese, a educación na escola é a base de todo o sistema social, e insiste en que diminuíu a consignación para estes servizos.

O Sr.López Rodriguez está de acordo no incentivar medidas e para iso se formulaba a actividade que tiveron o 25 no colexio, a erradicación da violencia de xénero tiña que pasar por un proceso de socialización e de educación comezando polos máis pequenos, a pena é a escasa afluencia de público, esperábase a participación dalgún maior máis.

A continuación pásase a votación por separado das mocións presentadas.

A).Moción do grupo mixto presentada polo concelleiro do PSdG-PSOE, sométese a votación ordinaria resultando catro votos a favor dos membros presentes dos grupos BNG, AEC e mixto, e seis abstencións dos membros do grupo popular, polo que resulta aprobada.

B) Moción do grupo popular, sométese a votación ordinaria resultando aprobada con oitos votos a favor dos membros presentes dos grupos popular, AEC e mixto, e dúas abstencións dos membros do grupo BNG.

2.-4.-6.- MOCIÓNS EN MATERIA DE SERVIZOS SOCIAIS. A continuación o Sr.Presidente propón o debater conxuntamente os puntos 2, 4, 6 da orde do día e logo a votación por separado, a concelleira do BNG Da. Ma. Teresa de Jesús García Pita non está de acordo, e o Sr.Presidente indica que os outros grupos si, polo tanto debateranse en conxunto. O portavoz do BNG D.Xosé Manuel Pérez Sardiña pide que conste a protesta formal pola modificación da orde do día que implica unha redución do tempo de debate, non comparten a opinión da Presidencia nin a dos outros grupos.

A continuación expóñense as mocións presentadas polos grupos: Mixto sobre o plan concertado de servizos sociais, BNG sobre recortes plan concertado da Xunta de Galicia, e Popular sobre coordinación entre Administracións en materia social.

A) A moción presentada polo grupo Mixto, fala de que o plan concertado constitúe un instrumento fundamental para a colaboración e coordinación entre as administracións con competencias en servizos sociais para a prestación de servizos públicos para o benestar das persoas; indica que o plan froito das políticas socialistas foi o soporte das politicas sociais municipais cuxos obxectivos son garantir servizos sociais de calidade e axeitados as necesidades de toda a poboación; a entrada de Feijóo no gobemo da Xunta vén supoñendo un ataque directo ao plan concertado, os recortes están a asfixiar aos concellos e as persoas que precisan deste plan, a media dos recortes aos concellos para este ano é dun 80%, tamén alude aos recortes na axuda a domicilio impedindo novas altas e a desaparición de programas.

Polo exposto, o PSdG-PSOE a través do seu voceiro integrado no grupo Mixto propón ao Pleno adopte os seguintes acordos:

1°. Rectificar, a través das medidas urxentes necesarias, os recortes implantados polo Gobemo galego no plan concertado e garantir, polo menos, a cobertura orzamentaria de

2009.

2°. Garantir o mantemento dos programas, actuacións e servizos dependentes do plan concertado que existían no ano 2009.

3°. Facultar ao Alcalde-Presidente para exercitar as accións legais que procedan en defensa dos dereitos sociais dos seus veciños/as.

B) A moción presentada polo grupo BNG na exposición de motivos alude a que o plan concertado é un instrumento fundamental de cooperación entre os concellos, a Xunta de Galicia e a administración do Estado que cubre custos de persoal, mantementos dos servizos, axuda no fogar, xestión de programas e investimentos. Estes días están chegando aos concellos resolucións con recorte drástico e inxustificado da Xunta de Galicia relativos aos citados gastos do plan concertado, xunto coa crise económica e necesidade de maiores prestacións obriga aos concellos a facer fronte ás necesidades con fondos propios o que vai afectar aos servizos e agravar o pagamento doutras partidas, hai que destacar que no mes de outubro os concellos aínda non recibiron da Xunta de Galicia as subvencións do plan concertado, e este problema debe resolverse de inmediato.

Por elo propoñen ao Pleno a adopción do seguinte acordo:

1. Instar á Xunta de Galiza á restitución inmediata dos créditos eliminados para o financiamento do Plan Concertado do ano 2011, que significou o recorte de 2,4 millóns de euros, que permitirá continuar cos programas englobados no citado plan de servizos sociais e de prestación básicas e atención ás familias e colectivos con problemas.

2. Instar á Xunta de Galiza a que nos Orzamentos do ano 2012:

- Garanta como mínimo as cantidades consignadas no 2009 para o Plan Concertado e o Programa de Servizos Sociais Comunitarios.

- Atender así mesmo á execución do Plan Especial de Atención á Comunidade Xitana e o Programa de Atención a Persoas sen Fogar, polo gran incremento sufrido.

- Restabelecer e incrementar os fondos destinados aos concellos para apoio ás familias.

3. Instar á Xunta de Galiza a que demande do Gobemo do Estado o mantemento das cantidades que a Administración do Estado tiña destinadas o pasado ano 2010 ao cofinanciamento dos plans e programas sociais, minorados polo acordo do Consello de Ministros no mes de febreiro pasado.

C) A proposta presentada polo grupo popular na exposición de motivos alude a estrutura do Sistema galego de Servizos Sociais mediante a Lei 13/2008, as competencias das deputacións provinciais en canto a asistencia económica, técnica e xurídica aos concellos e agrupacións de concellos, indicando que no desenvolvemento dos servizos sociais hai que ter en contra a entrada en vigor da Lei 39/2006, do 14 de decembro que contempla a participación das entidades locais na xestión dos servizos de atención ás persoas en situación de dependencia na súa modalidade de axuda no fogar cofinanciado pola Xunta de Galicia independente do plan concertado e cun escaso financiamento do Estado; o incremento na prestación dos servizos sociais comunitarios e específicos e o axuste orzamentario obriga as administracións establecer liñas de financiamento estables, coordinadas e planificadas.

Por todo isto o concello de Cabanas insta as distintas administracións a:

- Demandar do Gobemo Central a blindaxe do investimento que aporta á comunidade de Galicia para o financiamento do plan concertado, plan xitano e atención a menores, mediante transferencia anual á Xunta.

- Demandar así mesmo que garanta en relación co servizo de axuda a domicilio a persoas en situación de dependencia que están a prestar as entidades locais, o financiamento do 50% do custe deste servizo a través do nivel mínimo de financiamento de xeito que permita a viabilidade e suficiencia financeira do sistema para a autonomía e atención á dependencia.

- Establecer mecanismos de coordinación entre todas as administracións, Concello, Deputación provincial e Xunta, que permitan establecer liñas claras e estables de financiamento dos servizos sociais básicos que se prestan á cidadanía.

- Pór en marcha un sistema que axilice os pagamentos anuais aos concellos por parte da Xunta de Galicia que asegure unha porcentaxe de anticipo do que lle correspondería anualmente ao concello pola prestación de servizos sociais comunitarios básicos, no primeiro cuadrimestre de cada ano.

- Pór en marcha unha ferramenta que permita abonos trimestrais do servizo de axuda no fogar para os dependentes introducidos no sistema a 31 de decembro do ano anterior.

- Elaborar unha normativa que flexibilice nos concellos a aplicación do copagamento dos servizos sociais comunitarios básicos e específicos.

Na deliberación do asunto prodúcense as intervencións coas opinións que de forma sintetizada se recollen a continuación:



Polo grupo mixto: o concelleiro do PSdG-PSOE, D. Delfín Feal Pereira considera que todos están de acordo, indica que no relativo ao financiamento dispoñen de cifras diferentes pero si é certo que sen plan concertado non hai política social municipal, neste plan inclúense os programas de emerxencia social, axuda no fogar a dependentes ou atencións a anciáns; sinala que mentres o gobemo central mantén as axudas ao investimento a Xunta de Galicia está recortando nunha media do 80%, cita casos concretos de concellos, se poden discutir as cifras pero isto hai que sintetizalo nuns acordos, os que propón o PP parécenlle ben pero a guerra de cifras ou porcentaxes é absurda neste momento.

Polo grupo popular: o concelleiro D. Juan A. López Rodriguez sinala que a Xunta reduciu o plan concertado nun 5% e non no 80% motivado pola redución da achega con que se contaba do Gobemo central e houbo que tomar medidas de forma xeral para toda Galicia, pero aquí se está a tratar o problema de Cabanas, en axuda a domicilio libre concorrencia pasou de 32.951 € en 2010 a 7.295 € en 2011 e en dependentes pasou de 47.594 en 2010 a 80.120 en 2011, co cal en 2010 a Xunta achegou 80.594 € e en 2011 95.415 €, un 18,5 % máis, por elo agrádalle que a achega en Cabanas non se vexa minorada, sinte o doutros concellos pero aquí están a mirar polos veciños de Cabanas.

A continuación pásase a votación por separado das mocións presentadas.

A).Moción do grupo mixto presentada polo concelleiro do PSdG-PSOE, sométese a votación ordinaria resultando dou votos a favor dos membros presentes dos grupos AEC e mixto, seis en contra dos membros do grupo popular, e dúas abstencións dos membros do grupo BNG, polo que resulta rexeitada.

B) Moción do grupo BNG, sométese a votación ordinaria obtendo tres votos a favor dos membros dos grupos BNG e Mixto, seis en contra dos membros do grupo Popular e unha abstención do membro do grupo AEC, polo que resulta rexeitada.

C) Moción do grupo popular, sométese a votación ordinaria resultando aprobada con oitos votos a favor dos membros presentes dos grupos popular, AEC e mixto, e dous en contra dos membros do grupo BNG.

3.- MOCIÓN DO GRUPO MIXTO SOBRE O SISTEMA EDUCATIVO PÚBLICO. Dáse conta da moción presentada polo concelleiro do PSdGPSOE membro do grupo mixto, sobre o sistema educativo público, expoñendo que apostan por un novo modelo económico baseado na sociedade do coñecemento e non pode tolerarse a redución do investimento educativo, estímase que en 2010 o 80% dos postos de traballo precisarán persoal cualificado e en España, Galicia, conta cunha problemática de abandono do sistema educativo que hai que afrontar; alude a instrución 1/2011 da Consellería de Educación sobre normativa de comedores escolares citando o parágrafo correspondente e criticando que se chame actuación fraudulenta o retraso no pago cando unha familia puido quedar en paro; os recortes do gobemo de Feijóo en Educación están a provocar reducións de investimentos nos centros, agravándose a situación pola imposibilidade dos concellos de afrontar actuacións que corresponden á Consellería de Educación, menciona a necesidade de que se acometan neste Concello as obras de finalización do acondicionamento do retranqueo do peche do recinto, ampliación do centro con máis aulas, patio cuberto e biblioteca.

Polo exposto somete a consideración do Pleno esta moción para que adopte os seguintes acordos:

Instar á Consellería de Educación a:

1°. Instar ao Presidente da Xunta de Galicia a apostar de forma decidida polo sistema educativo público do nos pais e dar fin as políticas de continuos recortes que está a aplicar en materia educativa, nomeadamente no sector público.

2°. Arredor da instrución, que só está referida a aqueles comedores de xestión directa da Consellería de Educación:

- Suprimir a instrución 1/2011, nomeadamente no que atinxe ao referido parágrafo.

- Crear unha liña de becas, bolsas ou axudas para o comedor escolar a aquel alumnado cuxas familias pase por dificultades económicas por culpa da crise.

3°. Instar a Xunta de Galicia a presentar ante a comunidade educativa e ante o concello un calendario preciso no que se indiquen fases, orzamento e calendario para a realización das citadas obras que precisa o noso centro educativo CEIP "Eladia Mariño".

Na deliberación do asunto prodúcense as intervencións coas opinións que de forma sintetizada se recollen a continuación:

Polo grupo popular: a concelleira Da. Esperanza Gayoso Pereiro considera que non é unha unha actitude responsable no tema de educación, gustaríalle que non se politizase e non se utilizasen cuestións que antes non esixiron para desgaste da Xunta actual que está a apostar pola calidade do ensino con proxectos innovadores nunha época difícil; a moción fala de recortar que foi o que fixo o Ministerio de Educación minorando nun 23,7% o diñeiro para ensino non universitario, tamén fala de axustar que é o que se está facendo en Galicia, adaptando as políticas educativas aos orzamentos reais; no referente a Instrución 1/2011 crea unha liña de axudas para comedor, pero ademais o 88,1% dos usuarios reciben o servizo gratis e solo un 8% pasa do 50% o que supón 1,52 euros; en canto ao punto 3 son os máis interesados no funcionamento e no progreso do colexio, esperan que a Consellería acometa as obras de ampliación do centro, recorda as obras se fixeron en colaboración Colexio e Concello, e as previstas sen necesidade de moción.

D. Xosé Manuel Pérez Sardiña portavoz do grupo BNG apoia a moción porque no fondo están nesa liña de que non se recorte, non coma o PP que con votarlle a culpa a outros xa soluciona o problema, agora van ter que reclamarlle a Rajoy porque vai recortar sanidade, educación e todo o relativo a servizos sociais, aí e onde teñen que reclamar, din que non é un tema político e son os primeiros en politizala, fan política coa educación vendendo obras sen acabar como o asfaltado da entrada do colexio que xa tiña que estar feito sendo algo prioritario para entrada dos autobuses.

O Sr.Feal Pereira indica que volven co tema de politizar, o que sexa apolítico que non se dedique a nada porque é mentira que non sexamos políticos, a Xunta ten competencias en educación e a concelleira falou de proxectos innovadores pero a inmensa maioría das axudas foron a colexios concertados ou privados, moito máis que para os públicos de competencia da Xunta que debían ser os primeiros en recibir ese tipo de axudas, as obras todas son importantes e non debería haber ningún inconveniente para a súa realización.

A Sra. Gayoso Pereiro indica ao portavoz do BNG que van esperar que Rajoy tome posesión e despois vanlle esixir ou criticar, vostede non está aquí capacitado para falar de ningún tema do colexio, foi representante do concello no consello escolar e non foi nunca, non lle importou nunca — intervén a Sra. García Pita e o Sr.Presidente ordena silencio e a advirte por primeira vez, continúan as protestas da Sra.García Pita e do Sr. Pérez Sardiña, o Sr.Presidente fai unha segunda advertencia a Sra. García Pita e primeira advertencia ao Sr.Pérez Sardiña — prosegue a Sra. Gayoso sinalando que o portavoz do PSOE que nas obras do colexio non teñen inconveniente para facer o máximo posible e que a Xunta está dando resposta as necesidades que se lle demandan e está facendo un gran esforzo cos comedores.

O Sr.Pérez Sardiña solicita a palabra por alusións directas, manifestando o Sr.Presidente que non hai alusións.

Debatido o asunto, o pleno da Corporación en votación ordinaria, con cinco votos a favor dos membros dos grupos BNG, AEC e Mixto, e seis votos en contra dos membros do grupo Popular, acorda rexeita-la moción presentada.

A continuación prodúcense intervencións da Sra. García Pita e a Sra. Gayoso Pereiro, aí como do público, o Sr.Presidente ordena silencio ao público e a Sra. Gayoso Pereiro, recordando a Sra. García Pita que ten dúas advertencias e a terceira ten que marcharse.

5.- MOCIÓN DO GRUPO BNG SOBRE TRASLADO ANTECEDENTES MUNIQPAIS RELACIONADOS CO CASO AREA. Vista a moción presentada polo grupo BNG sobre o traslado dos antecedentes que obren na administración municipal relacionados co "caso Area" e o vertedoiro de materiais asfálticos de San Lourenzo, en cuxa exposición de motivos aluden a que o urbanismo non se desliga nin do ambiente nin dos dereitos da cidadanía e as empresas teñen que ter responsabilidade social respecto da actividade urbanística e ambiental do mesmo xeito que os poderes públicos, o BNG está por colaborar coa xustiza para clarificar responsabilidades de quen mirou para outro lado, xa solicitou un pleno extraordinario e reclamou documentación, sen atopar colaboración do rexedor local recibindo o habitual silencio e a negativa por resposta; a solicitude de amoreamento de áridos solicitouse en setembro de 2011 cando os imputados no caso de soborno estaban imputados dous anos despois da denuncia do Seprona, todo o contestado polo rexedor ao BNG en pleno desvélase como pantomima de Germán Castrillón para desviar atención e tolerar unha actividade sen licenza, refírese as respostas, denuncia Seprona, APLU e preguntas realizadas, así como a proposta de recualificación de terreos, considerando que o máximo responsable a nivel local presenta unha connivencia co principal actor do caso "Area" Fermín Duarte.

Á vista do exposto e sen menoscabo da depuración de responsabilidades políticas cando a Corporación teña acceso documentado a todos os antecedentes, propón o seguinte acordo:

m pleno da Corporación acorda instar a que se remita con urxencia aos grupos políticos municipais, ó xulgado n° 3 de Ferrol e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia tódolos expedientes administrativos e antecedentes que constan no Concello relacionados co "caso Area", co vertedoiro de materiais asfálticos holandeses de San Lorenzo; as actas e as gravacións de plenos e os informes relacionados deberanse remitir exclusivamente ao ámbito xudicial.

Na deliberación do asunto prodúcense as intervencións coas opinións que de forma sintetizada se recollen a continuación:

Polo grupo BNG: o portavoz D. Xosé Manuel Pérez Sardiña alude aos motivos e que despois de once anos neste concello se volve a tropezar na mesma pedra, neste caso a persoa de Germán Castrillón Permuy ten un paralelismo co señor Javier Escribano, porque foi padriño dos dous, tal como aparece nos medios o Sr.Juncal pediu apoios para que Javier Escribano fose presidente de Novas Xeracións na provincia da Coruña, e o Sr.Juncal tamén apostou por Germán Castrillón para a Alcaldía de Cabanas, as coincidencias son moitas, hai unha mala situación económica municipal e o Sr. Javier Escribano fixo xestións diante da



Xunta para que lle quitasen unha serie de impedimentos a Manmer S.L, o señor Germán Castrillón Permuy mirou para outro lado e permitiu facer algo sen licenza municipal con total impunidade, fala tamén de reunións con Diego Calvo na churrería do Areal que puideron dar moitos froitos ao mellor algunha relacionada con isto; a Xunta deu plantón e está tratando de pasar responsabilidades a nivel local cando ten moito que ver no asunto, insiste que o rexedor local mirou para outro lado e ao BNG contestoulle o que lle pareceu, aclara que desde o primeiro momento quixeron recordarlle cales eran os seus deberes e o que tiña que facer.

Polo grupo popular: o concelleiro D. Juan A. López Rodriguez considera isto unha mostra máis do afán de protagonismo, encántanlles as novelas, as tramas, crean paralelismos do Sr.Escribano, o Sr.Castrillón, o Sr.Juncal, unha película; alude ao escrito presentado o 2-11-2011 polos concelleiros do BNG no que solicitaban a Secretaría se lle remita ao xulgado de Ferrol encargado da operación Area tódolos antecedentes en relación co depósito de residuos asfálticos na parcela que ten Manmer así como convocatoria dun pleno para tratar este asunto, se abra unha investigación para depurar responsabilidades invocando o artigo 105 da CE, pero este artigo fai referencia a procedementos administrativos mentres que a operación Area é un procedemento penal e habería que referirse ao artigo 118 da CE; a disposición do concello de Cabanas para colaborar cos órganos xudiciais é absoluta e remitiría a documentación que lle reclamasen de inmediato, o BNG esquece que a cuestión está sub iúdice o que impide a tramitación de procedemento administrativo sen pronunciamento xudicial; os membros da Corporación teñen garantido o acceso a información en poder da Corporación polo que non entende o que insta nesta moción, non se está xulgando un problema urbanístico e así o advirte o xuíz, senón un posible tráfico de influencias de Javier Escribano sobre o que este concello non ten nada que aportar, alude tamén á exposición pública sen reclamacións da solicitude de autorización a Augas de Galicia.

O Sr.Pérez Sardiña indícalles que se non fan o que fixeron non sairían nos medios de comunicación, pero o que a el lle interesa é que se cumpra a legalidade polo cal debe velar a Corporación municipal, mentres que ao PP non é o monte de 60.000 toneladas en Laraxe senón que investiguen a un deputado do partido que tivo que dimitir, o deber do BNG é poñer en coñecemento tódolos documentos relacionados co caso e que a Corporación valore e obre en consecuencia, o vertedoiro leva anos sen licenza e van colaborar coa xustiza.

O concelleiro do PSdGPSOE do grupo mixto D. Delfín Feal Pereira está de acordo coa moción porque non di nada en contra senón de clarifica-los feitos, pódese esperar que pidan os documentos ou se non hai inconvenientes poñela encima da mesa e que determine o xuíz si é relevante a información que lle da o concello, non ve ningún inconveniente a proposta do BNG.

A concelleira do grupo popular Da. Esperanza Gayoso Pereiro manifesta que a información está aí e no momento que a requiran se enviará, considera que o BNG trouxo aquí unha película e quere recordarlle máis casos nos que intentou manipular a opinión pública con mentiras e falsidades como o cruceiro do Areal con notos de prensa, bolsa de restos, etc, mentres o grupo de goberno xestionou todo o proceso de restauración e non lle custou nada, a perda do investimento do paseo entre pontes, o intento co pintado da N­651, piñeiral da Madalena, reitoral de Soaserra, vostedes non poden vir aos plenos a confundir, e intentar bloquear e paralizar os traballos.

O Sr.Pérez Sardiña pide a palabra por cuestión de orden e a Presidencia non lla concede, ante o cal o Sr.Perez Sardiña pide conste en acta que a Sra. Gayoso Pereiro falou máis de dous minutos e medio e a el solo lle permitiu dous minutos, non gardou a equidade.

O Sr.Presidente advirte por segunda vez ao Sr.Pérez Sardiña e ten que aclarar, porque ao Sr.Pérez Sardiña éncheselle a boca de dicir mentiras, o 4 de agosto de 2009 a empresa que vostede di presentou solicitude para os áridos, o 1-10-2009 o concello requiriulle adopción de medidas urxentes para almacenamento de áridos en Vilar do Colo, o concello non estivo parado e a APLU estivo intervindo no caso e hoxe hai autorización de Augas de Galicia, o concello seguirá traballando neste tema e non está mirando para outro lado.

Debatido o asunto, o pleno da Corporación en votación ordinaria, con tres votos a favor dos membros dos grupo BNG e Mixto, seis en contra dos membros do grupo Popular e unha abstención do membro do grupo AEC, acorda rexeitar a referida moción.

7.- MOCIÓN DO GRUPO BNG SOBRE EDUCACIÓN E SANIDADE PÚBLICAS, GRATUÍTAS E DE CALIDADE. Dada conta a da moción presentada polo grupo BNG pola educación e pola sanidade públicas, gratuítas e de calidade, facendo referencia na exposición de motivos a que o pobo a estas alturas do século XXI ten que saber que como mínimo hai tres principios que han de ser públicos e iguais para todos, sanidade, educación e traballo; os políticos ultra-neoliberais que serven intereses da ditadura financeira están a dicir que sanidade e educación non poden ser gratuítas polo custo, non só menten senón tamén a ideoloxizar un negocio á conta de tódolos cidadáns. Un pais está formado por persoas e a educación é o primeiro, fai falla un acordo de tódalas forzas parlamentarias e da sociedade para unhas regras estables, a educación ha de ser pública, gratuíta, de calidade e coas mesmas oportunidades para tódalas persoas; considera vergoñentos os recortes en educación e sanidade mentres se aumentan as subvencións a colexios privados ou concertados ultrarrelixiosos.

Polos motivos expostos o grupo BNG, trasladando esta proposta veciñal, propón ao pleno a adopción dos seguintes acordos

1. Esixímoslle á Xunta de Galicia e ao seu Presidente a restitución inmediata do dereito fundamental á saúde ás persoas afectadas pola anulación da súa tarxeta sanitaria.

2. Rexeitamos a privatización da Sanidade e da Educación coma negocio duns poucos privilexiados.

3. Rexeitamos o clasicismo que se tenta volver a reinstaurar.

4. Esiximos un pacto galego e que se cumpra o mandato da Constitución, polo que a sanidade e a educación sexan públicas, gratuítas e de calidade.

Na deliberación do asunto prodúcense as intervencións coas opinións que de forma sintetizada se recollen a continuación:

Polo grupo BNG: o portavoz D. Xosé Manuel Pérez Sardiña pide igualdade nas intervencións, considera que educación, sanidade pública e os servizos sociais relacionados co estado do benestar deben ser intocables para calquera goberno do Estado; alude ao borrado de datos da sanidade pública e os problemas cando chegaron as farmacias e non aparecían, denuncias públicas e perda de prestacións sanitarias a parados, reposición de tarxetas pola Consellería de Sanidade en farmacias pero non en centros de saúde, unha situación denigrante, da lectura o artigo 41 da CE e engade cinco puntos en defensa da sanidade pública, primeiro o Estado español é un dos países desenvolvidos que menos inviste en saúde só o 9,7 % do PIB, o sistema público cústalle a cada cidadán uns 1.500



euros ao ano cando a media europea é moi superior, por 1.500 euros o Estado español consegue unha cobertura pública, gratuíta e universal cunhas prestacións moi superiores a media da Unión Europea, nos países sen sanidade pública non hai seguro privado que ofreza servizos sanitarios da mesma calidade a prezo tan baixo, o investimento é pequeno pero a rendibilidade alta, o Estado español está entre os mellores países en canto a saúde, esperanza de vida, vacinación infantil, transplantes, etc. temos unha sanidade pública eficaz e barata, e a súa eficiencia desminte as falsidades de que sexa un luxo ou que o privado funcione mellor.

Polo grupo Popular: o concelleiro D. Juan A. López Rodriguez está de acordo en que en España, en Galicia, ten que haber unha educación, unha sanidade e uns servizos sociais de calidade e a Xunta é unha das poucas comunidades que estabilizou os seus investimentos en anos anteriores e vai poder mante-lo orzamento para 2012, pero este aforro non estivo nin en educación, nin en sanidade nin en servizos sociais, e de feito o gasto social para 2012 se vai incrementar; respecto a tarxeta sanitaria observa que non teñen idea da lexislación española, dende o ano 1989 os parados de longa duración, por lexislación estatal non da Xunta, pasados tres meses desde a última prestación quedan sen sanidade, agora son moitas as persoas nesa situación e por iso o PSOE en outubro tivo que facer unha rectificación a cal da lectura e que foi publicada no BOE do 5-10-2011, indica que a Xunta o que fixo foi adiantarse a esta situación sacando unha normativa en setembro para que os parados nesta situación poidan ter a prestación antes do 1-1-2012, interesa do portavoz do BNG que fale de casos de Cabanas porque como concelleiro de sanidade non coñece ningún caso nin queixa algunha na farmacia nin no centro de saúde, a Xunta non desactiva tarxetas é o INSS.

O Sr.Perez Sardiña reitera o contido do artigo 41 da Constitución Española considerando que non o entenden, non ten que explicar máis, indica que na farmacia de Cabanas houbo casos, hai meses que sucede isto e é unha responsabilidade da Xunta de Galicia que ten transferidas as competencias, vostedes non teñen interese en informar á veciñanza solo escorrer o bulto e non mirar polos dereitos das persoas que están sufrindo coa crise, o seu obxectivo é confundir ante un atentado contra un dereito fundamental e o mesmo pasa coa educación, todo son recortes.

O concelleiro do PSdGPSOE do grupo mixto D. Delfín Feal Pereira en relación coa sanidade e a tarxeta sanitaria indica que cando unha persoa quedaba sen emprego tiña un tempo limitado pero tamén é certo que nunca quedaba sen prestación; a xente quedou sen prestación de menciñas e a sanidade é un piar básico da sociedade como é a educación, a tarxeta sanitaria reactivada en Galicia non cubre a prestación fora da Comunidade, ese é o problema, a sanidade ten que ser como aquí está ben reflectido, pública, gratuíta, de calidade e universal.

O Sr. López Rodriguez está de acordo en que a sanidade ten que ser pública, universal e gratuíta, pero resulta que temos unha lexislación que non cubre todo o que di a Constitución, un dos casos é este, a única forma que había agora era demostrar a carencia de recursos, agora hai moitos casos e por iso fixeron a modificación para dar cobertura a tódolos desempregados, a Xunta estableceu un protocolo para adiantar a situación, hai un convenio co INSS para activar tarxetas dentro da Comunidade asinado a finais do ano pasado, a Xunta non quere facer diso unha falta de gratuidade na sanidade e insiste en non ter coñecemento de ningún caso en Cabanas.



Debatido o asunto, o pleno da Corporación en votación ordinaria, con catro votos a favor dos membros dos grupos BNG , AEC e Mixto e seis en contra dos membros do grupo Popular, acorda rexeita-la devandita moción.

PARTE DE CONTROL ÓRGANOS DA CORPORACIÓN.

8.- INFORMES DA PRESIDENCIA.

a) Resolucións da Alcaldía. Dáse conta das resolucións ditadas desde a número 284 do 26-09-2011 ata a número 334 do 24-11-2011.

b) Informes sobre a morosidade. Igualmente de acordo co establecido no artigo 5°.4 da Lei 15/2010 dáse conta a Corporación dos informes de Tesourería e Intervención sobre o cumprimento dos prazos previstos legalmente para o pago de obrigacións correspondentes ao 4° trimestre de 2010 e 1° Trimestre de 2011.

9.- ROGOS E PREGUNTAS.

a). Preguntas por escrito.

a.1. Preguntas presentadas polo grupo municipal do BNG en escrito do 28 de novembro de 2011.

a.1.1. Dende hai meses a Lei da Dependencia vén sendo posta en cuestión sibilinamente dende varias frontes do PP, de feito as principais empresas que prestan este servizo levan meses sen atender novos domicilios. Que previsión ten o Concello de Cabanas cara ao ano 2012, sobor da prestación de servizos da Lei de dependencia?.

Resposta concelleiro delegado Sr. López Rodriguez: pregunta si está a falar de forma xeral ou de Cabanas, non levan meses en Cabanas sen atender novos domicilios, a previsión para o próximo ano e atender tódalas persoas que veñan pola lei da dependencia, non espera que haxa problema, é posible que se incrementen pero cos datos dispoñibles serían atendidos tódolos casos a nivel do grao que está previsto na lei da dependencia.

a.1.2. Á parte de bloquear o debate dunha moción do BNG, hai que lembrar que o Sr. Alcalde na pasada lexislatura púxose á fronte da manifestación pola voka á construción naval dos Estaleiros, facendo culpábel da parálise ao PSOE. Que medidas pensa tomar o PP dende o Gobemo central, a Xunta mailos concellos da bisbarra, pra impulsar o sector Naval nos Estaleiros de Fene e Ferrol?

Resposta Sr.Alcalde: temos claro que non faremos o que fixo o vosos socios de gobemo en Madrid, sería correcto esperar que sexa elixido presidente o Sr. Rajoy para tomar decisións, esta pregunta está fora de lugar porque o obxectivo das preguntas é coñecer as actuacións que correspondente a este gobemo municipal, non para xerar un debate politico.

a.1.3. A tarxeta sanitaria en Galicia, tema de actualidade en tódolos medios e na sociedade. As derradeiras verbas da Conselleira Farjas na Voz de Galiza foron: "Trabajamos intensamente para activar de oficio todas las tarjetas sanitarias desactivadas, y de hecho estamos a punto de terminar". Lembramos que o artigo 41 da Constitución establece o dereito irrevogable á asistencia sanitaria gratuíta. Están vostedes, grupo popular de Cabanas, de acordo coa política da Xunta de desactiva-la tarxeta sanitaria a desempregados de máis dun ano e persoas sen recursos?.

Resposta concelleiro delegado Sr. López Rodriguez: a Xunta non desactivou ningunha tarxeta sanitaria, é o INSS quen as desactiva, é o que leva a xestión, antes preguntaba polos casos de Cabanas e parece que vostede os coñece, espero que tomase boa nota desas persoas para que non estean desatendidas.

a.1.4. Que fixo ou que medidas vai adoptar o Alcalde pra poñer solucións ao escándalo de corrupción política, ambiental e urbanística do caso AREA?.

Resposta Sr.Alcalde: este punto foi debatido anteriormente e quedou claro que non houbo ningunha corrupción nin política, nin ambiental, nin urbanística, ademais non ten sentido esta pregunta despois do debate anterior.

a.1.5. E se mañá outra empresa viñera a facer o mesmo que a compañía importadora de refugallos asfálticos holandeses. Que procedemento ou protocolo de actuación seguiría o Concello?.

Resposta Sr.Alcalde: o que corresponda nese caso.

a.1.6. Que valoración fai o Alcalde da sentenza executiva e firme do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza, ao respecto da súa inhabilitación pra ocupar cargos na organización de actividades deportivas por tres anos e medio, ao incumprir a Lei 11/1997 Xeral do Deporte de Galicia, artigo 70.2.1, cando xa era Alcalde?.

Resposta Sr.Alcalde: Sr.Sardiña, ten preocuparlle de traballar máis polo pobo e non esperar que saian as noticias na Opinión, no seu día se debateu e non ten nada que ver co concello de Cabanas todo o que vostede acaba de preguntar, sego tendo a licenza que tiña para actuar nos casos que tiña que actuar sen ningún problema.

A.1.7. Despois de coñecer este contratempo. Ten a súa inhabilitación algo que ver con que no presente 2011 o Concello de Cabanas non organizase ningún rallyde terra?.

Resposta Sr.Alcalde: vostede que quere?, os anos anteriores protestaban porque había rallys e agora porque non os hai, diga que quere si é que o sabe.

a.1.8. Por certo, o PXOM que se foi adiando ano tras ano sen máis explicación e a "solución-Castrillón" ao derrubo do Penso. Pasaron ao limbo dos patriarcas ou que é deles?.

Resposta Sr.Alcalde: o PXOM está a seguir os prazos de tramitación correspondentes e nada teñen que ver con esta Alcaldía e sigo dicíndolle que acataremos a sentenza referente ao Penso e seguiremos traballando.

a.1.9. Sabemos que pasou o día 15 de setembro e non se fixo efectiva a orde de demolición da segunda fase do Penso, hai dous meses, co prazo xa pasado, contestounos que o gobemo local acataba a sentenza e que seguía traballando para conseguir o financiamento. Así mesmo anunciou nos medios de comunicación unha nova solución. Pódenos explicar en que consiste esa nova solución, cando foi presentada diante do tribunal e que vai facer para acatar as resolucións do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia?.

Resposta Sr.Alcalde: hai un ha solución que a debe coñecer vostede, está presentada no tribunal en tempo e prazo e canto teñamos resposta a faremos pública, mentres tanto temos que mantemos.

a.1.10. Sabemos que o día 31 de decembro ten que facer efectiva a orde de demolición da primeira fase do Penso. Hai unha providencia do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que lle esixe información sobre o estado de execución e lle advirte dunha sanción por non cumprir o plan de etapas que o seu gobemo presentou e que esta Corporación descoñece. Pódenos explicar en que consiste o Plan de Etapas e trasladamos unha copia del?.

Resposta Sr.Alcalde: cando sexa posible se lle comunicará.

a.1.11. Novamente reclamamos información en Pleno e o goberno non contesta porque non está no guión que traen escrito. Con que recursos humanos e materiais vai xestionar o Gobemo de Cabanas a ordenanza de animais?.

Resposta Sr.Alcalde: vólvollo a repetir, ten que sumarse ao cambio, este concello ten medios suficientes para administrar dita ordenanza.

a.1.12. Para demagoxia a do PP cos datos do paro, disque invisten un 411% máis e resulta que por primeira vez non baixa das 210 persoas en todo o ano. Moléstense en consultan os datos oficiais e deixen de xogar ós sudokus. Se o que dicimos os demais non lles vale e se os resultados das súas políticas van camiño de superar todas as marcas pensan modificar as medidas de loita contra o desemprego?.

Resposta concelleiro delegado Sr.López Rodriguez: non se decata Sr.Sardiña, fala de demagoxia e o primeiro que se lle ocorre e sacalo na Opinión denunciando a suba do paro en Cabanas, dando informacións negativas do municipio, ademais falsificando a información, entende que sexa noticia que suba o paro en Cabanas porque leva catro meses baixando, no que vai de ano pasou de 249 en xaneiro a 235 en outubro, un 5,6%, en Galicia baixou 1,5% en España subiu un 17,66%, desde outubro 2008 a outubro de 2011 en Galicia sube un 43,77%, en España un 91,56% e en Cabanas un 32%.

a.1.13. Á vista da sentenza que obriga a pagar 229 euros por danos a un vehículo que introduciu a roda na fochanca da rúa Río dos Cameiros, na saída da AP9-F de Vilar do Colo, en xaneiro de 2009. Polo gobemo local non se levou a cabo actuación ningunha e a sentenza constata a deficiente conservación do vial. O gobemo local cumpriu a sentenza? Que medidas van adoptar para evitar este tipo de sentenzas por deficiente funcionamento dos servizos municipais?.

Resposta Sr.Alcalde: alegrarse deses feitos di moi pouco das ganas de traballar a favor de mellorar o funcionamento dos servizos do concello de Cabanas, sería máis produtivo que cando lle correspondía a vostedes responsabilidades de gobemo non se preocuparon de mellorar dito acceso nin propuxo alternativa, este goberno conseguirá resolvelo.

a.1.14. O comezo das actividades culturais e deportivas tivo lugar no mes de outubro e o BNG quere coñecer o estado desas actividades. Cantas actividades están en funcionamento? O Concello cobra con regularidade as taxas correspondentes?.

Resposta concelleira delegada Sra. Gayoso Pereiro: actividades en funcionamento 31, cobran regularmente as taxas.

a.1.15. Sobre a actuación dun membro de Protección Civil de Cabanas o pasado 9 de agosto, a súa contestación en Pleno non deixa lugar a dúbidas, a suposta farola ía boa que estaba alí e o dispositivo servíalle a unha obra privada, así o comprobou o portavoz municipal persoalmente por chamada de varios veciños. O seu nerviosismo ante a pregunta do BNG traizoouno e encerellou o conxunto da Agrupación local coa actuación dun dos seus membros, feito que lamentamos dobremente. Para desencerellar a súa resposta está a ordenanza local e mais o Decreto 56/2000 que establecen que "Tódalas actuacións que realice a AVPC en materia de protección civil no ámbito local serán sempre autorizadas e coordinadas, ou, se é o caso, dirixidas pola autoridade local correspondente". Deixe de encerellar e conteste concretamente, non se faga cómplice. Ten coñecemento do desprazamento que lle describimos? Quen o autorizou? Vainos trasladar copia da suposta acta de actuación?.

Resposta Sr.Alcalde: aquí temos a sensación de que o seu interese é torpedear e entorpecer o traballo da AVPC, busca que a disposición non sexa áxil e operativa, parece empeñado en facer complicado o traballo poñendo sempre trabas, no anterior pleno xa ensinou o parte de actuación, non lle vai dar copia.

a.1.16. A confusión entre intereses privados e públicos é negativa para unha democracia sa e modema. A praxe cuestionable do rexedor na merca dun vehículo a unha empresa coa que a súa compañía ten relación directa como sucursal vese agora acrecentada por unha contestación claramente encubridora que deixa moito que desexar. No proceso que leva a ditar o decreto 276/2011 de 15 de setembro o rexedor e socio de Motor Racing SL, sucursal da adxudicataria Gonzacar SL, tiña o deber legal de abstención. Pódelle explicar á Corporación por que non se abstivo de intervir no procedemento negociado sen publicidade de adquisición dun vehículo para labores ambientais?.

Resposta Sr.Alcalde: vaille explicar literalmente como é a lei e como son os artigos para que non quede dúbida — intervén a concelleira Da. Ma. Teresa de Jesus García Pita e o Sr.Presidente ordénalle que abandone o pleno — da lectura ao artigo 49.1 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público que establece as persoas físicas ou administradores que non poderán contratar co sector público, indicando que como alcalde non é accionista nin administrador de Gonzacar S.L., nin ten ningunha outra empresa contratista ou subcontratista de contratos financiados total ou parcialmente polo concello de Cabanas polo que non concorre causa de incompatibilidade, é máis, Motor Racing S.L. tampouco é accionista nin administrador de Gonzacar S.L. polo tanto non concorre ningunha causa de incompatibilidade que fundamente a abstención do alcalde de Cabanas, que neste caso son eu, no contrato para adquisición dun vehículo para labores ambientais.

a.1.17 Rogo. Pregámoslle que responda, por respecto á veciñanza, claramente as preguntas que facemos os veciños e o BNG, en exercicio da democracia participativa que polo que se comproba o PP ignora.

b) Preguntas orais.

b.1.Grupo BNG. Intervención do portavoz D. Xosé Manuel Pérez Sardiña.

b.1.1. ¿Poderíanos explicar cando ten previsto o concello de Cabanas cumprir o seu compromiso coa Consellería de Educación e tamén coa comunidade escolar de arranxar a fronte do colexio público de Porto?

Resposta Sr.Alcalde: está previsto si todo vai ben e o tempo o perrnite nas vacacións de Navidade.

b.1.2. Cando chegamos aquí ao concello comprobamos que unha das farolas novas está sen capuchón e ademais ten os cables ao aire, e cal é o motivo de que estea nesas circunstancias?.

Resposta Sr.Alcalde: un golpe que lle deu un coche.

b.1.3. ¿Que medidas van adoptar?.

Resposta Sr. Alcalde: estase a espera de que o seguro a repare.

b.1.4. O 19 de outubro tivo entrada neste concello un escrito da QG pola que se lle advirte dunha serie de normativa que ten que cumprir o concello de Cabanas para a posta en marcha da embarcación que queren utilizar para os paseos pola ría, ¿vai dar cumprimento a estas consideracións que presenta aquí a CIG ?.

Resposta Sr. Alcalde: vamos cumprir a lexislación vixente que sexa para ese caso.

b.1.5. ¿Cal foi o motivo de que na nova praciña do cruceiro se abrise coa radial unha marxe desa praza e déixase un cano polo que pode un pequeno ou calquera persoa que pase por alí sufrir un dano, evai a quedar así, porque entendemos que non é a maneira máis idónea de deixalo ?.

Resposta Sr.Alcalde: sería raro que estivera adecuado, non queriades que se puxera o cruceiro nese sitio, os edificios están feitos como están e as beirarrúas están a nivel por iso houbo que facer esa obra.

b.1.6. Rogo. Que procedan a limpeza do vertedoiro do Portiño que está xusto debaixo da autoestrada na parroquia de Irís polo camiño da beira do mar, ali hai de todo, pedímoslle que tomen nota e desapareza o antes posible.

b.1.7. Rogo. Que se reconsidere a colocación dos bancos na praza do cruceiro porque están diante xusto do acceso a unha vivenda.

Resposta Sr.Alcalde: hai un acceso peonil que entran perfectamente, non ten vado nin nada e entra un turismo sen problema, por encima da beirarrúa non pode entrar outro tipo de coche.

b.1.a. Pregunta concelleiro D. Xosé Manuel Pérez Sardiña. Cando vai tratar de arranxar un pouco o camiño de Ventín que está esbarrancado pola auga, xa o reiterou en varias ocasións e quere que lle concrete cando vai enviar unha cuadrilla para que non se meta a auga polo medio e desfaga todo?.

Resposta Sr.Alcalde: cando o tempo o permita.

b.1.b. Rogo concelleiro D. Xosé Manuel Pérez Sardiña. Que se adopten as iniciativas oportunas para garantir que o sinal da TDT acade o 100% da cobertura no municipio porque hai zonas de sombra tal como puidemos observar nos escritos que chegaron á Xunta de Gobemo.

a.1.a. Pregunta concelleira D a. M a. Teresa de Jesús García Pita. O muro que hai debaixo do tren onde une a praia de Cabanas e o río está derruído Por qué non se lle comunica a Costas que o amañe?.

Resposta Sr.Alcalde: A area non creo que a poidamos tocar nos, o muro comprobarase como está.

b.2. Grupo Mixto. Intervención do concelleiro do PSdGPSOE D. Delfín Feal Pereira.

b.2.1. Quedoulle a dúbida sen concretar do pleno anterior sobre o borrador de convenio no punto 3° onde se fai referencia as contías, pódeme clarificar eses 130 euros para espazos para enterramentos que significa?

Resposta Sr.Alcalde: pois si falece unha persoa nesa parroquia que non ten sitio para ser enterrada, ese cemiterio ten un espazo para poder enterrala, normalmente tódolos cemiterios o teñen.

b.2.2. O arquivo municipal, está xa catalogada a documentación?, t Alguén que queira consultalo para calquera estudo ten acceso a el, está catalogado, está inventariado?.

Resposta Sr.Alcalde: a parte que está inventariada si, no ano 2009 fíxose un traballo, non hai problema, hai que presentar solicitude por rexistro.

b.2.3. Onde se atopa o arquivo?

Resposta Sr.Alcalde: aquí abaixo.

Non habendo mais asuntos que tratar a Presidencia levanta a sesión sendo ás vinte e unha horas e corenta e cinco minutos, da cal levanto a presente acta e como Secretario dou fe.V° e Prace,

O Alcalde, O Secretario,

Ningún comentario:

Publicar un comentario