2 de mar. de 2012

Entra en vigor a reforma laboral do PP, repunta o paro

Cabanas.- O paro volve a zona de risco, así o acreditan as edicións dixitais que cualifican os datos de "máximos históricos". Neste momento, a crise do naval podería darlle un golpe de graza á situación nunha comarca castigada pola crise crónica.
Tamén é máximo histórico o dato de febreiro en Cabanas, con 26 persoas desempregadas máis ca en xaneiro e seis máis ca hai un ano.
No vindeiro Pleno volveranse escoitar novos sudokus ad hoc para evadir responsabilidades.

Nos últimos Plenos da Corporación tivemos as seguintes contestacións do PP a preguntas e inciativas do BNG sobre o emprego (tamén o PP bloqueou o debate dunha moción do BNG en prol do sector naval):
Setembro, 2011
b.1.6. No ano 2010, segundo as contas de gastos do Concello adicaron ao fomento do emprego 35.282 euros, dos cales 12.931 euros foron para gastos de material de oficina, plastificados, recibos de teléfono e alugueres informáticos. É este o concepto de fomento de emprego do PP? 35.000 euros parécenlles dabondo para un problema social coma o desemprego, namentres gastan o que faga falla en rallys, xantares…?.
Resposta concelleiro delegado Sr. López Rodriguez: está de acordo en que o paro é un dos problemas sociais máis importantes de Cabanas, preocúpalle que a información que teña se pare en datos de 2010, é inútil por atrasada, as partidas para este ano incrementáronse nun 411% ata a cantidade de 145.107 euros, recorda que este ano non houbo nin está previsto ningún rally, debe actualizar os seus argumentos ou non lles interesa facelo para seguir coa demagoxia.
b.1.7. Cales son as seguintes actuacións do goberno municipal no eido de fomentar o emprego e atallar o desemprego galopante en Cabanas?.
Resposta concelleiro delegado Sr.López Rodriguez: unha vez máis ten que actualizar a información, en xaneiro de 2010 había 225 parados en Cabanas, en decembro 231, en abril de 2011, 269 e despois foi baixando maio 256, xuño 247, agosto 210 e segue baixando, non cabe falar de desemprego galopante, hai 21 parados menos que decembro de 2010 e 15 menos que en xaneiro de 2010, as medidas levadas a cabo este ano están dando resultados e continuarase coa orientación laboral e co plan integral do emprego, conseguiuse a colocación de 94 persoas das cales 56 de emprego estable, hai persoas que rexeitaron a inclusión no plan, e continuarase con cursos de formación, agora estase co de conservación de espazos naturais con 15 desempregados en formación, tamén se solicitou un novo plan de emprego para 2012 e están abertos a calquera medida adicional que queiran aportar.

Novembro, 2012
a.1.12. Para demagoxia a do PP cos datos do paro, disque invisten un 411% máis e resulta que por primeira vez non baixa das 210 persoas en todo o ano. Moléstense en consultan os datos oficiais e deixen de xogar ós sudokus. Se o que dicimos os demais non lles vale e se os resultados das súas políticas van camiño de superar todas as marcas pensan modificar as medidas de loita contra o desemprego?. 

Resposta concelleiro delegado Sr.López Rodriguez: non se decata Sr.Sardiña, fala de demagoxia e o primeiro que se lle ocorre e sacalo na Opinión denunciando a suba do paro en Cabanas, dando informacións negativas do municipio, ademais falsificando a información, entende que sexa noticia que suba o paro en Cabanas porque leva catro meses baixando, no que vai de ano pasou de 249 en xaneiro a 235 en outubro, un 5,6%, en Galicia baixou 1,5% en España subiu un 17,66%, desde outubro 2008 a outubro de 2011 en Galicia sube un 43,77%, en España un 91,56% e en Cabanas un 32%. 


Xaneiro, 2012
B) O portavoz do grupo BNG D. Xosé Manuel Pérez Sardiña presenta outra moción de urxencia relacionada coa inminente reforma do que son os acordos relativos ao mercado laboral, sería para tratar de debater sobre o dereito ao emprego digno, xusto e con dereitos. 

O Sr.Alcalde entende que non é cousa deste pleno nin deste Concello debater iso. 

Sometida a votación a ratificación da urxencia da moción, o pleno da Corporación con tres votos a favor dos membros do grupo BNG, e o concelleiro do PSdGPSOE do grupo mixto, seis votos en contra dos membros do grupo popular, e dúas abstencións dos membros do grupo AEC, acorda rexeita-la urxencia da moción. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario