7 de mar. de 2012

Oito de Marzo: Día Internacional das Mulleres

MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES
CELEBRACIÓN DO DÍA INTERNACIONAL DAS MULLERES

"EN LOITA POLOS NOSOS DEREITOS!"
CONCENTRACIÓN EN FERROLTERRA
XOVES 8 DE MARZO ÁS 20.00 HORAS
CANTÓN DE MOLÍNS (FERROL)
 A Coordinadora Comarcal de Ferrolterra da Marcha Mundial das Mulleres convídate a sumáreste á Concentración que terá lugar o xoves 8 de Marzo ás 20.00 horas no Cantón de Molíns de Ferrol, co gallo da celebración do Día Internacional das Mulleres.
Nesta ocasión, como resposta ao recrudecemento do machismo nas institucións e á ausencia de políticas de igualdade reais, a Marcha Mundial das Mulleres, xunto a outros colectivos da Galiza, lanza unha campaña nacional conxunta para o 8 de Marzo baixo o lema MULLERES GALEGAS, EN LOITA POLOS NOSOS DEREITOS!.

Nesta campaña realizaranse numerosas actividades nas diversas localidades e comarcas galegas, e rematará nunha gran Manifestación Nacional contra os efectos do capital nas nosas vidas, en defensa dos nosos dereitos políticos, sociais e reprodutivos, para construirmos un mundo máis xusto dende o feminismo e o anticapitalismo.

MANIFESTACIÓN NACIONAL
DOMINGO 11 DE MARZO ÁS 12.00 HORAS
SAÍDA DA ESTACIÓN DE TRENS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
PARTICIPA!
De haber suficiente xente interesada en acudir a esta Manifestación desde a comarca, a MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES e a CONFEDERACIÓN INTERSINDICAL GALEGA fletarán un autobús gratuíto para desprazármonos a Compostela, con saída do edificio de Correos de Ferrol ás 10:30 horas e volta ao remate da Manifestación.
Para apuntarte, chama ao teléfono XX667-685-430XX antes do 8 de Marzo


Moción rexistrada polo Grupo Municipal do BNG rexistrada en febreiro:


A criseeconómica e social que estamos a vivir e a falta de alternativas xustas esociais dende os gobernos do Estado e de Galiza, golpea de maneira especial ásmulleres. A feminización da pobreza é xa un feito na nosa sociedade facendodesaparecer avances acadados en decenios de esforzos de acción positiva.
O parofeminino medra por riba do masculino así como o número de mulleres inactivasque desisten de buscar emprego. A nova precarización do mercado laboral e orecorte nas pensións afectará máis negativamente ás mulleres, que son maioríanos traballos a tempo parcial e na economía somerxida, cun promedio de menosanos de cotización e tamén son maioría como perceptoras de pensións noncontributivas. Os recortes de servizos sociais e de atención á dependenciaforzan a máis mulleres a asumir de novo o papel de coidadoras non retribuídas.Todos eles son pasos atrás na procura da independencia económica imprescindíbelpara rachar situacións de convivencia de parella violentas.
Ante estedeterioro das condicións de vida das mulleres galegas, a Xunta de Galizarenuncia a utilizar as súas competencias para fortalecer as políticas deigualdade e redistributivas e convértese en axente activo do recorte dosdereitos da cidadanía.
Neste 8 deMarzo de 2012, Día Internacional das Mulleres, o BNG quere facer especialincidencia no retroceso democrático que supoñerá a anunciada derrogación danorma que actualmente regula a interrupción voluntaria do embarazo. Unhademanda de décadas das mulleres que se cumpriu hai escasos meses e que oPartido Popular anuncia que desmantelará como tantas outras políticas públicasde igualdade.
Adespenalización do aborto democratizou o acceso á prestación e aliviou apresión moral que se exercía sobre as mulleres que decidían non continuar cunembarazo. A normativa ameazada incorpora políticas de información e prevenciónde embarazos non desexados, elemento clave en calquera política que pretendadiminuír a súa incidencia. Non hai razóns sanitarias ou sociais, non haipolémica alén da provocada polos grupos radicais conservadores e a xerarquíacatólica, que xustifique un retroceso de tal calibre.
Dende asinstitucións onde o BNG ten presenza, dende a rúa xunto coas mulleresmilitantes feministas que non renuncian a reivindicar os dereitos de cidadaníada outra metade da humanidade, reclamamos o mantemento da lexislación actual ereclamamos que esas Institucións se pronuncien no mesmo sentido.
Polo o exposto, o grupo municipal do BNG solicita doPleno da Corporación municipal a adopción do seguinte
 ACORDO
1.        OConcello comprométese a defender os dereitos das mulleres e manifestarse contraa derrogación da Lei Orgánica 2/2010, de 3 de marzo, de Saúde Sexual eReprodutiva e da Interrupción Voluntaria do Embarazo, que garante para elas alibre decisión sobre a súa maternidade.
2.        Pedirlleá Xunta de Galiza que inste ao Goberno do Estado ao mantemento da devanditalei.
3.        Demandardo Goberno da Xunta de Galiza o desenvolvemento de medidas relativas áinformación e á educación afectivo sexual e reprodutiva, garantindo o accesouniversal aos servizos e programas de saúde sexual e reprodutiva, o acceso amétodos seguros e información sanitaria sobre a anticoncepción e prevención deenfermidades de transmisión sexual.
4.        OConcello apoia a mobilización reivindicativa dos dereitos das mulleresconvocada para o 11 de Marzo, Día Internacional das Mulleres, polasorganizacións feministas actuantes en Galiza.
5.        Enviarlleeste acordo ao Presidente da Xunta de Galiza e ao Presidente do Goberno doEstado.





Ningún comentario:

Publicar un comentario