2 de mar. de 2012

Transparencia real: Acta da sesión ordinaria do pleno de Cabanas do día 25 de xaneiro de 2012

Cabanas.- Seguindo coa liña de transparencia trasladamos a segunda acta aprobada no pasado pleno. Nela recóllense as intervencións e votacións da vergoña.

Asistentes:
GrM Popular Dª. Eva Mª. Pazos Bande Dª. Esperanza Gayoso Pereiro. D. Juan A. López Rodriguez. Dª. Ana Rosa Méndez Eiroa. D.Julian R.Seijas Criado. 
GrM BNG D. Xosé Manuel Pérez Sardiña. Dª. Mª.Teresa de J. García Pita.
GrM AEC D.José C. Rey García D. Luis A. Fachal López
GrM Mixto D. Delfín Feal Pereira.

No salón de sesións da Casa do Concello de Cabanas, sendo as dezanove horas e trinta minutos do día vinte e cinco de xaneiro de dous mil doce, en primeira convocatoria e baixo a presidencia do Sr. Alcalde D. German Castrillón Permuy, coa asistencia dos Sres. Concelleiros relacionados á marxe e do Secretario titular da Corporación Don Antonio López Vila, reúnese o Pleno deste Concello en sesión ordinaria de acordo coa correspondente convocatoria.

Unha vez comprobada a existencia de quórum para a válida constitución do Pleno, a Presidencia declara aberta e pública a sesión, procedéndose a trata-los asuntos incluídos na Orde do Día.

PARTE RESOLUTIVA.

1.- ACTA DE SESIÓN ANTERIOR. Dada conta da acta de sesión anterior realizada o día 28 de decembro de 2011, da cal entregouse copia coa convocatoria a tódolos concelleiros, a Presidencia pregunta se algún membro da Corporación ten que formular algunha observación, e non presentándose alegacións, o Pleno da Corporación en votación ordinaria, co voto a favor de tódolos membros, acorda aproba-la referida acta.

2.- MOQÓN DO GRUPO BNG CONTRA A SUBA DO IMPOSTO DE BENS INMOBLES DEQDIDA POLO GOBERNO DO ESTADO. Vista a moción presentada polo grupo BNG sobre o incremento do Imposto de Bens Inmóbeis de Natureza, e cuxa exposición de motivos aluden a suba dos tipos de gravame do IBI que aprobou o goberno Central a través do Real Decreto-Lei 20/2011 e que afecta gravemente aos concellos galegos nos que máis do 70% fixeron a última valoración catastral antes de 2002. A medida bota por terra as previsións que fixeron os concellos na actualización de taxas e impostos e agora os seus habitantes veñen a sufrir unha nova suba; esta medida supón un ataque a autonomía local xa que son os concellos os que teñen a posibilidade de fixar os tipos impositivos do IBI, vai repercutir gravemente na economía das familias, resulta inoportuna e escapa das súas responsabilidades de reforma do financiamento local, existe tamén a alternativa de incremento da PIE, recoñecemento de criterios específicos para Galicia e cesión de novos tributos para que os concellos equilibren os seus orzamentos con responsabilidade fiscal.

Por todo o exposto, o grupo municipal do BNG solicita do Pleno da Corporación a adopción do seguinte acordo:

1. Manifestar o rexeitamento ao incremento do tipo de gravame do IBI que figura no RDL 20/2011 por se tratar dunha medida absolutamente inxusta que invade as competencias dos concellos e obriga a unha política impositiva onerosa para as economías da cidadanía.

2. Instar ao Gobemo Central á retirada do incremento do IBI fixado polo RDL 20/2011.

3. Solicitar do Presidente da Xunta de Galicia a:

a. Instar do Gobemo do Estado á retirada do incremento do IBI fixado no RDL 20/2011.

b. Instar do Gobemo do Estado a proceder a unha reforma urxente do financiamento local, de tal xeito que se incremente a contía de participación nos ingresos do Estado por parte dos concellos e dita participación se integre plenamente nos orzamentos da Xunta de Galicia. Tendo en conta nos criterios de reparto o maior custe dos servizos no noso país, derivado da dispersión poboacional e do envellecemento da mesma.

c. Impulsar un Plan de Financiamento Local coa cesión de novos tributos e capacidade normativa sobre os mesmos, así como medidas para a mellora efectiva da loita contra a fraude fiscal.

4. Dar traslado deste acordo ao Presidente da Xunta de Galicia, Presidente do Gobemo do Estado e portavocías dos grupos parlamentares do Parlamento galego.

Na deliberación do asunto prodúcense as intervencións coas opinións que de forma sintetizada se recollen a continuación:

Polo grupo popular: o concelleiro D. Juan A. López Rodriguez sinala que o IBI é un recurso de natureza tributaria propio das Entidades Locais, un imposto obrigatorio segundo o Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, que aproba o TRLRFL, queda reflectida a autonomía local en poder ditar normas propias mediante a ordenanza fiscal reguladora nos supostos que recolle dita norma; é un imposto que recada integramente o concello para o seu financiamento, afectando a bens do territorio municipal. A suba dos tipos de gravame prexudica aos cidadáns dos concellos que son as administracións máis próximas e os servizos que prestan veranse reforzados con estes recursos para saír da crise, alude aos tipos de gravame que establece o artigo 72 do TRLRFL e que a suba aprobada polo Gobemo está en función do ano de revisión catastral, afectando minimamente aos casos coma o concello de Cabanas onde a revisión se fixo en 2008, pasando do 0,55 ao 0,57, non é unha presión fiscal excesiva, nunca poderá superar o tipos máximos establecidos e limitada a dous anos; esta modificación trata de contribuír a suficiencia das facendas locais; indica tamén a ampliación de prazo para devolución de liquidación negativa da participación nos tributos do Estado, hai un compromiso do gobemo co financiamento local moi lonxe do comportamento demagóxico do BNG que no mesmo escrito solicita a reforma e o mesmo tempo critica as medidas.

D a. M. Teresa de Jesus García Pita, concelleira do grupo BNG critica que o representante do grupo popular tivera que ler, unha cousa é lelo e outra entendelo, pois dixo que como o IBI grava uns bens que están dentro do concello tiña que ser un imposto local, o suxeito pasivo do IRPF tamén vive no concello, moitos traballan no concello e non por iso é un imposto local, pídelle que escoite porque non hai contradicións, estamos en época de crise non se pode gravar a xente desa maneira, miren polos veciños e non polo seu xefe.

D. Xosé Manuel Pérez Sardiña portavoz do grupo BNG manifesta que unha vez máis o PP carga a crise sobre os de abaixo e non se atreve en ningún caso a tocar aos reais culpables desta crise, seguramente seguirase vendo bastante tempo porque parece que teñen problemas para resolver algo que dixeron ían resolver nada máis chegar ao goberno, terán que explicar que están facendo.

O Sr. López Rodriguez aclara que entendeu a situación, están falando de que é un imposto local porque todo o que se recada vai para o concello, non é un imposto estatal ou autonómico que haxa que repartir; teñen que rexeitar esta moción tal como está pero é posible aceptala si os acordos quedan no relativo ao apartado de instar ao gobemo de España para que proceda a unha reforma do financiamento local, con ese apartado estarían de acordo.

O portavoz do grupo BNG, Sr. Pérez Sardiña entende que a proposta é concreta e polo tanto cobra sentido segundo a exposición, os acordos son tal como están, unha parte sen a outra non ten sentido.

Debatido o asunto, o pleno da Corporación en votación ordinaria, con tres votos a favor dos membros dos grupos BNG e Mixto, seis en contra dos membros do grupo Popular e dúas abstencións dos membros do grupo AEC, acorda rexeitar a referida moción.

3.- MOCIÓN DO GRUPO BNG SOBRE AS GARDAS NOCTURNAS DE OFIQNAS DE FAMACIA. Dada conta a da moción presentada polo grupo BNG sobre as gardas noctumas das oficina de farmacia, na que aluden á modificación da Lei de ordenación farmacéutica polo Parlamento de Galicia cos únicos votos do partido popular, que permite eliminar as gardas nocturnas das oficinas de farmacia en determinadas circunstancias, entre outras, cando non existe PAC no concello. O BNG votou en contra deste recorte sanitario ao considerar as farmacias un servizo complementario das prestacións dos centros sanitarios; os únicos argumentos do gobemo autonómico son económicos pola baixa do nivel de beneficios coas medidas de redución do gasto farmacéutico, esta medida afecta directamente a poboación rural e constata que o goberno galego do PP non asume a obriga de garantir á poboación galega uns dereitos iguais e independentes do lugar de residencial. Este peche aparte dun trato inxusto e desigual para as persoas que residen nos concellos afectados, provocará maior acceso aos servizos de urxencias para problemas que se podían resolver nas farmacias que agora pechan, só é unha cesión aos empresarios das oficinas de farmacia que agora pechan.

Por todo isto, propóñenlle ao Pleno da Corporación a adopción do seguinte acordo:

1. Instar á Xunta de Galicia a que utilice as súas competencias para que na reorganización que se realice das gardas noctumas das Oficinas de Farmacia se garanta o servizo en todos os concellos galegos.

2. Comunicar este acordo ao Presidente da Xunta de Galiza e ás portavocías dos grupos parlamentares do Parlamento galego.

Na deliberación do asunto prodúcense as intervencións coas opinións que de forma sintetizada se recollen a continuación:

Polo grupo Popular: o concelleiro D. Juan A. López Rodriguez alude a aprobación polo Parlamento Galego da modificación da lei de ordenación farmacéutica que permite organizar gardas das oficinas de farmacia con criterios de poboación, existencia de PAC e a demanda nos distintos tramos de garda, pretende manter a cobertura asistencial e evitar prexuízos nalgunhas farmacias con gardas sen apenas servizos, pois aos usuarios se lle facilitan as primeiras doses no PAC ou acoden a farmacia do concello do PAC; está de acordo en que as farmacias prestan un servizo sanitario importante na educación sanitaria, información aos pacientes e vida saudable, servizo que non debe derivar nunha intrusión profesional, nin valoración de cadros clínicos nin prescrición de fármacos, resulta demagóxico defender que se produciría maior acceso ao servizo de urxencia, o problema de saúde nocturno que necesita urxencia ou non é tal ou poucas veces vai poder resolverse na farmacia sen caer na intrusión profesional, igual de demagóxico é dicir que non se garanten os dereitos da poboación por igual, o importante é que o cidadán teña garantido e dispoñibles os servizos sanitarios situados con criterios de equidade e de eficiencia máis alá dos criterios localistas.

Da. Ma. Teresa de Jesus García Pita, concelleira do grupo BNG indica que están a falar dun servizo sanitario mínimo, a vostedes por un están preocupándose polos beneficios dos farmacéuticos e por outro aásanos de intrusión profesional, hai que saber distinguir, moitas veces a xente vai con preguntas que se resolven a través da farmacia pero non se mete en intrusión profesional, preocúpalle que a xente careza deste servizo e vostedes miran para onde non deben.

D. Xosé Manuel Pérez Sardiña portavoz do grupo BNG manifesta que en Cabanas a farmacia realiza as gardas con Pontedeume, pero hai moitos veciños de zonas de Cabanas que van a urxencias de Fene por proximidade, por iso se fala de discriminación xeográfica, e Fene vai quedar sen farmacia de 24 horas, pide solidariedade e que se deixen de apelar a demagoxias.

O concelleiro do PSdGPSOE do grupo mixto D. Delfín Feal Pereira considera que a farmacia é un punto importante dentro da atención primaria, a xustificación do portavoz do PP para redución de horarios das farmacias é simplemente económico, e iso é inaceptable, que digan que hai outras farmacias ou que non hai vendan é dicir que vostede non sabe o que é unha urxencia, a urxencia pódese dar ou non pero hai que dar un servizo por si existe, isto é unha mostra de como o PP intenta privatizar e buscar solo a parte económica en sanidade, educación, etc.

O Sr. López Rodriguez indica que están falando das gardas de urxencias das farmacias en xeral en Galicia, pero neste concello hai unha sola farmacia e a situación vai seguir como estaba, é dicir aberta 365 días do ano co sistema de gardas que viña realizando, preocúpalle o que pasa en Cabanas e por iso falou coa farmacéutica, vai seguir co réxime de gardas que viña realizando coas farmacias de Pontedeume, deben informase antes.

Debatido o asunto, o pleno da Corporación en votación ordinaria, con tres votos a favor dos membros dos grupos BNG e Mixto, seis en contra dos membros do grupo Popular e dúas abstencións dos membros do grupo AEC, acorda rexeitar a referida moción.

PARTE DE CONTROL ÓRGANOS DA CORPORAQÓN.

8.- INFORMES DA PRESIDENQA.

a) Resolucións da Alcaldía. Dáse conta das resolucións ditadas desde a número 335 do 24-11-2011 ata a número 006 do 20-01-2012.

MOCIÓNS DE URXENCIA.

A) O portavoz do grupo BNG D. Xosé Manuel Pérez Sardiña presenta unha moción de urxencia relacionada coa situación que neste momento teñen os refugallos asfálticos traídos de Holanda e localizados en San Lourenzo, a urxencia ven dada polo agravamento de agresións ao medio ambiente e tamén á saúde das persoas, así mesmo, esixen a apertura dunha investigación para determinar a comercialización deses refugallos no termo municipal.

O Sr.Alcalde entende que non é urxente porque están tramitados tódolos documentos que hai que tramitar.

Sometida a votación a ratificación da urxencia da moción, o pleno da Corporación con tres votos a favor dos membros do grupo BNG, e o concelleiro do PSdGPSOE do grupo mixto, seis votos en contra dos membros do grupo popular, e dias abstencións dos membros do grupo AEC, acorda rexeita-la urxencia da moción.

B) O portavoz do grupo BNG D. Xosé Manuel Pérez Sardiña presenta outra moción de urxencia relacionada coa inminente reforma do que son os acordos relativos ao mercado laboral, sería para tratar de debater sobre o dereito ao emprego digno, xusto e con dereitos.

O Sr.Alcalde entende que non é cousa deste pleno nin deste Concello debater iso.

Sometida a votación a ratificación da urxencia da moción, o pleno da Corporación con tres votos a favor dos membros do grupo BNG, e o concelleiro do PSdGPSOE do grupo mixto, seis votos en contra dos membros do grupo popular, e dúas abstencións dos membros do grupo AEC, acorda rexeita-la urxencia da moción.

C) O concelleiro do grupo popular D. Juan Antonio López Rodriguez tamén presenta unha moción do grupo popular cunha proposta que consideran de urxencia porque afecta directamente a membros desta Corporación, é unha reprobación do comportamento do grupo municipal BNG de Cabanas, como afecta directamente a membros desta Corporación cree que canto antes deben ser postos en aviso tamén desta situación.

Sometida a votación a ratificación da urxencia da moción, o pleno da Corporación con seis votos a favor dos membros dos grupos popular, dous en contra dos membros do grupo BNG e tres abstencións dos membros do grupo AEC e o concelleiro do PSdG PSOE do grupo mixto, acorda ratifica-la urxencia da moción e incluír dito punto na orde do día

A continuación o Sr. López Rodriguez da conta da moción, expoñendo que na páxina web bngcabanas.blogspot.com publicouse o 4-1-2012 fotocopia dun escrito de Augas de Galicia no que consta entrada no rexistro do concello de Cabanas en data 28-12- 2011, en data 9-1-12 un escrito de Gas Natural Fenosa con rexistro entrada do 30-12-2011, en ámbolos casos as publicacións non están asinadas por persoa concreta, á vista dos datos dispoñibles os documentos en cuestión poden ter sido facilitados polos concelleiros do BNG que fotocopiaron documentos que tiveron acceso no exercicio das funcións públicas, tendo en conta o Real Decreto 2568/1986, do 28 de novembro, polo que se aproba o regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais, e o disposto no seu artigo 16 (ao cal da lectura), tendo en conta ademais a Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, artigo 78.4, e artigo 227 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de administración local de Galicia, (aos cales tamén da lectura), polos motivos expostos o grupo municipal do PP somete para a súa toma en consideración polo pleno da Corporación a seguinte proposta de acordo:

A reprobación da conduta do grupo municipal do BNG por empregar o blog que xestiona para publicar documentos municipais sobre os que os concelleiros teñen a obriga de gardar reserva e advertir aos seus concelleiros que no caso de continuar co incumprimento da súa obriga de gardar reserva en relación coas informacións que se lles faciliten para facer posible o desenvolvemento da súa función, así como de evitar a súa reprodución da documentación que poida serlles facilitada podería impoñérselle unha sanción de multa por incumprimento dos seus deberes como concelleiros.

Na deliberación do asunto prodúcense as intervencións coas opinións que de forma sintetizada se recollen a continuación:

Polo grupo mixto: o concelleiro do PSdGPSOE D. Delfín Feal Pereira non ve a urxencia e si se abstivo foi por saber de que se trataba, non pode falar sobre os documentos que cita o representante do grupo popular pero isto sóalle a censura, pensa que hai outros medios antes de chegar a unha moción de urxencia para estes temas, indícalles teñen a maioría e van aplicala, pero el tamén ten a potestade de protestar por isto, censura pura.

Polo grupo BNG: o portavoz D. Xosé Manuel Pérez Sardiña manifesta que vendo que lle merece tanta atención catro cifras que están aí colocadas e ningunha atención sesenta toneladas de merda que trouxeron de Holanda, falando mal e rápido, xa están dicindo quen son, non hai que explicar máis, é a pura realidade da súa decrepitude mental, legal e de todo tipo, como persoas o único que serven é para amedrentar, indícalles que non teñen medo a que se saiban as cousas, a liberdade e a información, vostedes si, se teñen algún problema con eses documentos vaian a onde teñen que ir que é o xulgado, politicamente non teñen entidade moral suficiente nin integridade ética para facer o que están facendo despois de rexeitar a moción de urxencia relacionada co de San Lourenzo e a relacionada coa reforma laboral, é a mesma maneira de proceder de hai moitos anos, non foron capaces de avanzar e seguen cos seus medos e censura.

Polo grupo popular: o concelleiro D. Juan A. López Rodriguez pregunta si coñecen cales son as súas obrigas como concelleiros de Cabanas, da a impresión que non é así, preocupación pola legalidade pero nas formas de actuar esquécense dos seus deberes como concelleiros, máis que un documento rexistrado saia do Concello, preocupa que se utiliza para informacións enganosas sobre o que ocorre —hai intervención do público e o Sr.Presidente ordena silencio — non se pode mentir e enganar aos veciños e a opinión pública, alude ao publicado na Voz de Galicia e no blog do BNG sobre débedas coa Xunta polo abastecemento de auga e mellora polígono de Vilar do Colo que o único que busca e prexudicar e desacreditar ao concello de Cabanas, di moi pouco do seu traballo como concelleiro e non foi elixido para iso, antes de publicar documentos internos debe preguntar pola situación e ver o que está ocorrendo, a argumentación que publicou é falsa, o concello pagou o 30 de decembro 240.000 euros e a diferenza de 237.575 euros acordouse co organismo de Augas de Galicia facer o pago en 2012, vostede minte e esconde a verdade ao seu entoxo, como pasou co cruceiro do Areal ou o piñeiral da Madalena, é lamentable e triste que alguén democrático faga célebre a frase do ministro de propaganda do propio Hitler, minte, minte, minte que algo quedará.

O Sr. Pérez Sardiña pide que conste a súa protesta porque a intervención do representante do grupo popular excedeu do tempo regulamentado.

O Sr.Alcalde indica que foron dous minutos e medio, exhibe o xustificante do ingreso á Xunta de Galicia de 240.000 euros o 30-12-2011, a débeda son 237.575 e non 477.575 como publica vostede.

Debatido o asunto, o pleno da Corporación con seis votos a favor dos membros do grupo Popular, tres en contra dos membros do grupo BNG e o concelleiro do PSdG‑PSOE do grupo mixto, e dúas abstencións dos membros do grupo AEC, acorda aproba-la referida moción.

5.- ROGOS E PREGUNTAS.

A concelleira D a. Eva Ma. Pazos Bande auséntase da sesión por motivos persoais. a) Preguntas orais.

a.1. Grupo BNG. Intervención do portavoz D. Xosé Manuel Pérez Sardiña.

a.1.1. No mes de novembro solicitamos a retirada de entullos de materiais de construción abandonados no lugar do Portiño en Irís, o Alcalde non retirou os refugallos por seguen ali, é sabe onde está o Portiño en Irís?, ¿en que prazo ten prevista a retirada deses entullos?.

Resposta Sr.Alcalde: primeiro estamos investigando quen os tirou e despois vamos a ver quen é o que os ten que retirar, si encontramos ao causante non os vai retirar o concello.

a.1.2. ¿Pódenos explicar os motivos polos que Cabanas queda fora do plan de parques empresariais da Xunta e Fene foi incluído?.

Resposta Sr.Alcalde: creo que está vostede confundido, non quedamos fora.

a.1.3. Rogo. Que se revise o funcionamento da iluminación pública nas parroquias de Soaserra, Laraxe, Regoela, Irís, etc, porque ten moitos fallos e hai moitas farolas que están fallando, fundidas e levan meses nesa situación.

a.1.4. Rogo. O remate dos ramais de abastecemento de auga para o Xestal e Teloi en Laraxe que quedaron en principio sen facer.

a.1.5. Rogo..

a.1.a. Rogo concelleiro D. Xosé Manuel Pérez Sardiña. Roga unha vez máis que amañen as recollidas de auga do camiño de Ventín que levan bastante tempo e levamos insistindo en varios plenos sobre este asunto.

a.1.b. Pregunta concelleira Da. Ma. Teresa de Jesús García Pita. Pregunta ao portavoz do grupo Popular si sabe distinguir entra a non obriga de abrir unha farmacia e o bo desexo da Sra. farmacéutica de abrir un día si e outro tamén, é podíame responder?.

Resposta concelleiro Sr. López Rodriguez: comenteillo e argumenteillo na primeira exposición e na segunda comenteille como queda o caso na situación no resto de Galicia e comenteille como queda o caso para Cabanas.

a.1.c. Rogo concelleira D a. M a. Teresa de Jesús García Pita. Rógaríalle ao Sr.portavoz do partido Popular que abandone a política, é máis nefasto inda que o Sr.Alcalde que xa é dicir.

a.2. Grupo AEC. Intervención do portavoz D. Luis A. Fachal López.

a.2.1. Queriamos saber si había algún avance ou algún cambio de status no proceso de concesión de crédito por parte das entidades bancarias ao concello de Cabanas?.

Resposta Sr.Alcalde: Estamos pendentes de aproba-lo orzamento definitivamente e despois facer a xestión para sacar o prego de condicións, creo que o cambio é importante.

a.2.2. é Cal é a situación actual na que se atopa o proceso de derribo ou a situación actual, dos chiringuitos da praia?.

Resposta Sr.Alcalde: temos que facer un prego de condicións para que se fagan uns chiringuitos novos e a partir de aí seguir o proceso.

a.2.3. é Cal é a situación do embarcadoiro que foi aprobado polo pleno, poñerase en marcha antes do verán?.

Resposta Sr.Alcalde: estamos pendentes de Portos de Galicia e agora mesmo do Estado para ver si se retoma outra vez ese tema para sacalo para adiante, gustaríanos que fora para o verán pero non o podo confirmar.

a.2.4. Cal é a situación actual do punto limpo?.

Resposta Sr.Alcalde: hai resolución da Xunta e que ía empezar en 2012, estes días non teño noticias, procurarei falar co Director xeral haber que me pode contar.

a.2.5. Rogo. Como a situación do punto limpo se leva arrastrando dende hai anos, formulamos estudar a viabilidade de colocar mini puntos limpos para a recollida selectiva de obxectos comúns, pilas, baterías, bulbos, etc., hai uns paneis informativos e neles se pode recoller, introducilos polo menos de forma experimental, ver cal é o valor destes paneis porque incluso se podería compensar con publicidade.

a.2.6. Rogo. Volver a retomar o tema dos furados na estrada de saída da autoestrada, xa son algo máis que furados, entendemos que ninguén se quere facer cargo deles, pero alguén terá que facerse cargo por iso cada vez vai máis fondo.

a.2.7. Rogo. No tema da humanización 651, rogaría que inda que fora informalmente, non é necesario convocar comisión de portavoces, pero que nos reuniramos un día e poder visualizar un pouco como foron contestadas por parte do gobemo esas modificacións que se pedían no status inicial.

Resposta Sr.Alcalde: están practicamente recollidas tódalas alegacións, cando teñamos os planos oficiais teremos unha reunión de portavoces oficial, hai algún tema máis e intentaremos incluír dous ou tres temas nesa reunión, adiántovos que creo que practicamente están recollidas tódalas alegacións que se presentaron, si había algún problema solucionouse.

a.3. Grupo Mixto. Intervención do concelleiro do PSdGPSOE D. Delfín Feal Pereira.

a.3.1. Gustaríalle que o responsable lle explicara e numerara as accións que están levando para a promoción económica e cales son os compartimentos que vostedes consideran prioritarios para esta promoción económica no concello?.

Resposta Sr.Alcalde: creo que é coñecido por todos que o tema máis importante que ten este concello é o turismo, temos que promocionamos, si traemos turismo crece economicamente o concello, as empresas están aí, o polígono de Vilar do Colo, hai unha promoción que estamos facendo, vamos a intentar facer rotas polo río Eume que é unha forma de atraer turismo e que a xente veña a Cabanas, despois estase facendo un esforzo cos empresarios do polígono, que se poñan actividades a funcionar, e despois hai algún curso desde o programa de emprego relacionado con este tema.

a.3.2. ¿Pode explicar o responsable cales son os motivos pola mala conservación dos espazos dos parques e xardíns do concello ?.

Resposta Sr.Alcalde: creo que en xeral están ben conservados, se se refire a caso concreto como un banco que romperon na área recreativa da Veiga, temos que solucionalo, pero é que hai 8 días e os medios son os que son, tamén romperon un cerramento no parque de Irís, algún fallo deses pode haber pero os de maior actividade están limpos e en orden para podelos utilizar.

a.3.3. Cal é o motivo polo que inda non se pavimentou o aparcadoiro fronte ao colexio Eladia Mariño?

Resposta Sr.Alcalde: o motivo é coñecido, pero ademais tes que poñerte de acordo na casa coa túa señora para que ela non veña pedir unhas cousas ao concello e ti nos pidas



outras ou que votas en contra, o problema foi que non tivemos tempo material para facelo en vacacións, houbo unhas reformas e queremos facelo todo, facer canalización, meter tubos, poñer a rexa, non deu tempo a aglomerar, está previsto nas vacacións de carnaval.

a..3.4. Con respecto a esta pregunta rogo que non meta cousas persoais neste tema, estoulle preguntando un motivo, non lle dixen nada da miña muller nin de todo o resto, non mestura cousas persoais por favor.

Resposta Sr.Alcalde: temas persoais non, pero si ti votas en contra dunha cousa que ela pide teño que dicilo, non lle gusta pero entonces teña coherencia.

a.3.5. Pode confirmar o desmentir o Sr.Alcalde o publicado no Diario de Ferrol e na Opinión respecto a "este grupo de goberno está estudando requirir responsabilidades aos anteriores grupos de goberno pola actitude tomada ante a sentenza do Penso" ?

Resposta Sr.Alcalde: si o podo explicar, está explicado o suficiente, tal cal.

a.3.6. Rogo. Que tome en consideración que estamos nun pleno do concello, somos representes dos veciños e creo que temos que vir aquí a debater, non temos medo a debater nin a dicir nada, nin con cortapisas de nada, polo tanto rógolle que antes de tomar unha serie de iniciativas apuntando nunha dirección tome pasos previos.

Resposta Sr.Alcalde: xamais nos vai preocupar cando a xente fale e diga a verdade, agora cando se conta mentira non me vou calar porque eu si que digo a verdade e teño documentos que o testifican, os documentos son para información non para publicar, si o concello debe 237.000 euros a Augas de Galicia non son 477.000 por exemplo, o dos alumados públicos eu non estou de acordo nin o grupo de goberno, hai facturas que revisar e non as aceptamos mentres non as modifiquen, aquí non se oculta nada, vostede cando pide algo se lle concede e vai seguir sendo así, aquí vimos para gobernar e mellorar os servizos aos veciños.

b). Preguntas por escrito.

b.1. Preguntas presentadas polo grupo municipal do BNG en escrito do 24 de xaneiro de 2012.

b.1.1. Sobre o vertedoiro de San Lourenzo, a sucesión de preguntas veciñais son motivadas polo silencio absoluto do Concello coa cidadanía durante os dous últimos anos:

Que medidas adoptou o Concello de Cabanas co fin de facer cumprir as esixencias de Medio Ambiente e Augas de Galicia sobre a vertedura en solo rústico de materiais sen reciclar?.

¿É o municipio un vertedoiro incontrolado tapado polo Alcalde cando conveña?. Deulle o Concello licenza a Manmer SL para o vertedoiro?.

Coñece o Sr. alcalde as analiticas do material?.

Como non adoptou as medidas oportunas para salvagardar o contorno, as augas e a saúde?.

Dado o escurantismo practicado polo Alcalde no caso Area, considera que este é un caso de maioría absolutísima do "ordeno e mando" e polo tanto a cidadanía non ten dereito a coñecer a verdade?.

Por que o Alcalde está agochado e non lle explica á cidadanía cabanesa a súa visión do tema achegándolle documentación, se é posíbel?.

Resposta Sr. Alcalde: o Alcalde e o equipo de goberno non ten ningún problema porque se coñezan as cousas que son verdade, non estamos de acordo que se conten mentiras, se difame, se queira incomodar e desacreditar esta Casa Consistorial, vostede está traballando para desacreditar o Concello, xa é coñecedor da resolución 365/2011 onde houbo suspensión de obras e de actividades e deuse traslado a APLU porque é zona rústica onde eles teñen a potestade para facer todo o que teñan que facer sobre ese tema.

b.1.2 Sobre a área de Servizos Sociais: Á veciñanza gustaríalle saber con que persoal conta o Concello para a axuda e atención de persoas discapacitadas.

¿En caso de ter ese persoal que cualificación posúe?.

¿Cales son os datos no Concello de Cabanas canto a persoas atendidas por A Lei de Dependencia e Axuda a domicilio?.

¿Cantas solicitudes de dependencia e Axuda a Domicilio houbo no 2011?.

Resposta concelleiro delegado Sr.López Rodriguez: temos 8 persoas, 6 delas auxiliares de axuda a domicilio con curso de auxiliar de axuda a domicilio estando en proceso de conseguir todas elas a certificación profesional, unha traballadora social licenciada en psicoloxía clínica, diplomada en traballo social, e unha educadora familiar diplomada en educación social; persoas atendidas 116, solicitudes ano 2011, 23.

b.1.3. O pasado mes de nadal o novo Ministro de Economía Luis de Guindos (Ex­director de Lehman Brothers para España e Portugal, de onde foi despedido) afirmou que "Los dos próximos trimestres, que nadie se engañe, no van a ser sencillos ni para el PIB ni para el empleo", rematou xa que logo o efecto máxico de Rajoy nada máis chegar á Moncloa. é Que medidas, dentro das posibilidades municipais vai tomar o Concello de Cabanas para apoiar o emprego? é Que opinión lle merecen ao gobemo do PP?.

Resposta concelleiro delegado Sr. López Rodriguez: en setembro preguntou pola evolución do para e medidas que se ían adoptar para apoiar o emprego en Cabanas, díxenlle cales eran as medidas e emendeille os datos que tiña nese momento; en novembro volveu a preguntar sobre as medidas despois da suba do paro en setembro, na Opinión a cualifica de descontrolada, volvinlle a responder as medidas e díxenlle os datos da evolución anual, voulle dar os datos a finais de ano (xaneiro a decembro), en Galicia sube un 5% , en España un 4,52%, en Cabanas baixa un 9,23 %, as medidas son as mesmas porque estamos tendo éxito coa evolución do paro.

b.1.4. Imos polo ano cinco da era PP para sacar adiante o Plan Xeral Ordenación Municipal de Cabanas, mentres que o IBI se actualizou de contadiño cun 100% de suba xa no ano dous da mesma era. ¿Que queda do PXOM cando o PP o ía aprobar en seis meses despois das eleccións?.

Resposta Sr.Alcalde: no exercicio 2011 enviouse á Secretaría Xeral de Urbanismo todo o plan para que emita o seu preceptivo informe para seguir os trámites correspondentes.

b.1.5. Ademais de traballar o gobemo do PP nel todo este tempo. ¿Como van os traballos para implantar o canon da privatización da auga?.

Resposta Sr.Alcalde: está afirmando algo que non está previsto que se implante neste Concello ou que implante este Concello, nin o ten previsto facer o grupo de goberno.

b.1.6. O pasado luns 16 de xaneiro houbo un aviso á policía local sobre os coches que estaban na beirarrúa á altura do edificio de Manuel Jove. Despois de dez minutos chegou o garda, aparcou ó lado do taller-expositor coñecido pola Ford e sen baixar do coche púxose a falar con alguén. Pouco despois marchou pero os coches mal aparcados quedaron no sitio. ¿Abriuse expediente de infracción da ordenanza de tráfico? ¿Hai autorización especial para aparcar na beirarrúa nesa zona do Areal?.

Resposta Sr.Alcalde: non hai constancia de ningún expediente e hai a mesma autorización que había no ano 1989.



b.1.7. En relación ós expedientes de reposición da legalidade abertos nos últimos anos. ¿Poderianos concretar o número de expedientes abertos en 2010? E en 2011?. Resposta Sr .Alcalde: hai 6 no 2010 e 9 no 2011.

b.1.8. En relación ós ingresos do Imposto de Construcións e Obras que en 2011 tiña fixada unha previsión de 85.000 € na sección de ingresos. ¿Poderianos concretar o gobemo que cantidade ingresou o Concello en 2011?.

Resposta Sr.Alcalde: os ingresos no 2011 a 23 de decembro segundo o documento que teño aquí é de 23.951,15 euros e o 29 de decembro 24.330,61 euros, ben é certo que non está pechado o exercicio 2011, pero isto son os ingresos que é o que vostede me pregunta.

b.1.9. A fundación adxudicataria do Punto de Atención á Infancia solicita a revisión económica do contrato que ten co Concello por un déficit na prestación do servizo de 8.486,00 €. Poderíanos detallar cal é a posición do grupo de goberno? Que medidas concretas van adoptar para garantir o servizo?.

Resposta concelleiro delegado Sr. López Rodriguez: estase estudando a proposta da empresa.

b.1.10. Os pasados 9 e 10 de novembro de 2011 produciuse unha vertedura de augas residuais no río Baa, dende a rede de saneamento municipal do polígono industrial de Vilar do Colo. ¿Que medidas adoptaron por requirimento de Augas de Galiza para retirar os refugallos?.

Resposta Sr.Alcalde: remitiuse a comunicación á empresa concesionaria do servizo que é Aquagest e estamos a espera de que nos presente o informe máis os traballos realizados alí.

b.1.11. Son numerosas as facturas reclamadas por rexistro ao Concello que goberna o Partido Popular. pódenos concretar a canto ascende a débeda que lle reclama QDE HCEnergia a través dun bufete de avogados? ¿E Gas Natural SURDG S.A.?.

Resposta Sr.Alcalde: si que é certo que hai facturas pero con moitas delas non estamos de acordo, de feito recentemente producíronse unha rectificacións desas facturas por parte das empresas, polo tanto non é posible concretar a cantidade, xa dixen que non van as eléctricas vir a gobernar o orzamento do concello de Cabanas.

b.1.12. Sabemos pola prensa que o gobemo local do PP deixou sen pagar a débeda con Augas de Galiza para cubrir os custos da obra de abastecemento de Vilar do Colo. Pódenos concretar a canto ascende a débeda coa facenda autonómica e como se vai realizar o pagamento sen dispoñer de préstamo bancario?.

Resposta Sr.Alcalde: é incrible que faga esta pregunta con ese cinismo porque foi vostede quen lles deu os datos á prensa, eu din os datos verdadeiros, ingresamos 240.000 € e polo tanto debemos 237.575 €, é un acordo con Augas de Galicia para pagarlle este ano, xa lle diremos como os vamos a pagar este ano, recórdolle que este concello non ten débeda con ningún banco e nin este grupo de gobemo nin o anterior pediu ningún crédito, amortizáronse os pendentes de antes e agora empezamos de cero.

b.1.13. No pasado 2011 aprobaron un modelo de convenio cos cemiterios veciñais. pódenos detallar se todas as sociedades veciñais asinaron o convenio? ¿En caso de non teren todas convenio cal é o motivo?.

Resposta Sr.Alcalde: a única que non firmou foi a de Regoela, mo motivo é mellor que lle pregunte vostede a eles eu non llo vou a dicir, eles o saberán.



b.1.14. Sobre comunicacións xudiciais. ¿Que ordena o auto sobre execución definitiva 56/2011,P.O. 368/2009?.

Resposta Sr.Alcalde: consulte a resolución 7/2012 na que se establece o que ordena o xulgado, ten esa resolución e pode comprobala, solicítea e non ten problema.

b.1.15. Sobre os derrubos de edificios fóra de ordenación. é a situación xudicial da segunda fase do Penso despois de esgotar o pasado 15 de setembro de 2011 os tres anos de prazo dados polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia?.

Resposta Sr.Alcalde: en data 31-10-2011 presentouse escrito ante a Sala do Contencioso-Administrativo do TSXG solicitando a ampliación de prazo para poder executar as obras sen que ata esta data o citado tribunal ditara resolución sobre o fondo da petición realizada polo Concello, unicamente en data 5-12-11 ditou providencia tendo por presentado o citado escrito concedendo prazo de 10 días a contraparte para alegacións.

b.1.16. Dado cambio de gobemo no Estado sería interesante para a cidadanía aclarar prazos para a Humanización da N-651, paralizada dende hai meses porque o PP non asinou o proxecto. ¿Houbo algunha reunión ou contacto ao respecto? En que prazos teñen previsto levar a cabo o boulevar da N-651?.

Resposta Sr.Alcalde: non é certo o que vostede di, o proxecto non estivo paralizado, vostede sabe que houbo unhas alegacións presentadas por algúns veciños que hai que resolver, que están resoltas, que as hai que traer a pleno, non se preocupe en breve vai ter vostede noticias deste tema.

b.1.17. O día 18 de xaneiro de 2012, sobre as 13.30 h a nova furgoneta municipal marca Ford transportaba enseres cara a un lugar descoñecido da banda de Laraxe. tPódelle concretar á Corporación que concelleiro/a deu a orde deste transporte? Que transportaba e con que finalidade?.

Resposta Sr.Alcalde: non é certo o que vostede di, o proxecto non estivo paralizado, vostede sabe que houbo unhas alegacións presentadas por algúns veciños que hai que resolver, que están resoltas, que as hai que traer a pleno, non se preocupe en breve vai ter vostede noticias deste tema.

b.1.18. O Concello organizou varias actividades do programa integrado de emprego financiado pola Consellería de Traballo que ascenden a un total de 54.128,00 €. Estas actividades foron repartidas en varios contratos menores a través das resolucións da Alcaldía número 361/2011, (o deseño e elaboración de material formativo adaptado a oferta formativa do programa integrado de emprego "Comarca do Eume Emprega" por un importe de 5.546,00 euros, ive incluído), 370/2011 (impartir a acción formativa de buscadores de emprego na rede dentro do programa integrado de emprego "Comarca do Eume Emprega", polo prezo de 13.182 euros) e 371/2011 (impartir a acción formativa de alfabetización dixital dentro do programa integrado de emprego "Comarca do Eume Emprega", polo prezo de 17.700 euros), debendo estar finalizadas en data 31 de decembro de 2011 cando foron contratados poucos días antes. é a xustificación para o rexedor do PP dividir destas actividades en contratos menores cando en realidade pertencen ao mesmo programa e foi a mesma empresa adxudicataria en todas as contratacións sen publicidade e só a tres ofertas? ¿Pódelle concretar ao Pleno que duración en horas lectivas tiveron os dous cursos devanditos e mais o curso de "buscadores de emprego na rede"?

[Resposta de Juan Antonio López: ...]

Non habendo mais asuntos que tratar a Presidencia levanta a sesión sendo as vinte e unha horas e cinco minutos, da cal levanto a presente acta e como Secretario dou fe.

Vº e Prace,

O Alcalde, O Secretario,

Ningún comentario:

Publicar un comentario