O Eume alfombrárono de verde, deste xeito pódese pensar xa o peor... Canto máis arriba máis tupido. Hai fundadas sospeitas de que a desidia xa non ten remedio a curto prazo e as medidas aplicadas non dan parado a desfeita ambiental.
Debe ser o río máis analizado de toda Galiza neste momento, pero as mil analíticas non fan máis que constatar a crónica dunha morte anunciada.
Agora ben, falta saber que medidas se van adoptar con respecto ao banco marisqueiro e á captación de auga de abastecemento no Eume. A incerteza medra e a verdade é que aquí van ter que empezar a saír conselleiros con aclaracións fundadas, ben fundadas.
Os alcaldes do PP xa sabemos que o deles é cobrar e saír hai uns meses na foto pedindo unha ampliación da captación do Eume por 5 millóns de euros...
Fai falta máis irresponsabilidade no Eume?
Ningún comentario:
Publicar un comentario